Créditos ECTS Créditos ECTS: 7.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 167.5 Horas de Titorías: 20 Total: 187.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral, Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O TFG consistirá na elaboración, por parte do alumnado, de forma individual, dun traballo orixinal cunha carga lectiva de 7,5 ECTS no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Filosofía. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública ante un tribunal.
O TFG debe ser un traballo orixinal e versar sobre un tema relacionado co Grao.
O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas ofertadas no centro no curso académico da súa realización. A cada alumno adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e un/unha titor/a (podendo haber, nalgúns casos, un/unha cotutor/a). Posteriormente, o/a alumno/a e o/a titor/a delimitarán o título do TFG, que debe ser aprobado pola Comisión de Calidade e Grao.
Cervera Rodríguez, A. (2019): Cómo elaborar trabajos académicos y científicos: TFG, TFM, tesis y artículos, Madrid: Alianza Editorial, 504 pp.
XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións propostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
BÁSICAS
CB1 - Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - De tipo Instrumental: capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escritura. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT3 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividad, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes problemáticos e/ou adversos.
O TFG debe ser realizado individualmente por cada estudante baixo a dirección dun titor e estará concibido de modo que poida ser elaborado no número de horas correspondentes aos 7,5 créditos ECTS que ten asignados no Plan de Estudos.
Unha vez asignadas as liñas temáticas de TFG, cada estudante deberá contactar co/a titor/a do TFG co fin de delimitar o traballo para realizar. Estudante, titor/a e, no seu caso, cotutor/a, asinarán un documento de inscrición e inicio do traballo, que remitirán á Comisión de Calidade e Grao no prazo dun mes desde a aprobación da asignación, coa seguinte información: a) Referencia do Traballo; b) Breve planificación; c) Propiedade intelectual do traballo; d) Firma do/da titor/a e, de ser o caso, co tutor/a, e do alumno/a, e data.
Responsabilidades do alumnado e dos titores/as
É responsabilidade do alumnado:
• Asistir ás sesións de traballo concertadas co/coa titor/a.
• Desenvolver o TFG conforme á planificación acordada co/coa titor/a e, de non ser así, xustificar as desviacións.
• Atender as indicacións do/a titor/a.
• Tomar a iniciativa na resolución de problemas.
• Cumprir cos prazos, requisitos formais e de presentación establecidos na normativa e nesta guía docente.
• Elaborar e presentar un TFG orixinal e inédito polo que o/a alumno/a responde en canto á autoría e orixinalidade.
É responsabilidade do titor/a:
• Reunirse co alumnado nas ocasións acordadas.
• Aconsellar ao alumnado sobre as cuestións relativas á realización do TFG.
• Advertir ao/á estudante cando o progreso do TFG estea por debaixo do estándar esperado e aconsellarlle sobre o modo de resolver o problema.
• Emitir o informe preceptivo segundo o prazo establecido no calendario publicado na web da Facultade.
Nota: para máis detalle, consultar o apartado 6 da guía docente.
Presentación
O TFG terá unha extensión de entre 8000 e 12000 palabras (incluídos títulos nas distintas linguas, autor/a, titor/a, resumos e palabras chave nas distintas linguas, contido do TFG e bibliografía). De ter anexos, estes non computan para o número de palabras do TFG.
A presentación do TFG deberá acomodarse á seguinte estrutura:
- Portada na que figuren: o logo da USC coa indicación da Facultade; denominación do Grao, título do traballo, nome completo de autor/a, nome completo do/a titor/a, e curso académico.
- Portada interior co título na lingua usada e en inglés.
- Compromiso de cumprimento da Lei de Propiedade Intelectual e Lei de Protección de Datos.
- Índice paxinado dos capítulos e apartados.
- Resumo (unhas 200 palabras) na lingua usada e en inglés (de estar redactado en inglés, nalgunha das linguas oficiais de Galicia).
- Palabras chave na lingua usada e en inglés (de estar redactado en inglés, nalgunha das linguas oficiais de Galicia).
- Introdución.
- Obxectivos do traballo.
- Desenvolvemento dos contidos.
- Conclusións (incluíndo os logros acadados e posibles traballos futuros).
- Bibliografía consultada e referencias documentais completas. Para a elaboración de citas e referencias bibliográficas, o/a alumno/a deberá seguir dunha maneira coherente calquera dos usos establecidos no ámbito académico (normas APA, Chicago, Harvard). O/a alumno/a pode seguir tamén o modelo establecido pola revísta Ágora para a elaboración do manuscrito e, especificamente, do apartado bibliográfico
- Anexos se procede (que non computarán para a extensión máxima prevista).
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
O tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponda conforme aos criterios de avaliación recolleitos máis abaixo. O sistema de cualificacións será, como no resto das materias da titulación, conforme á seguinte escala numérica, de cero (0) a dez (10), con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
- Non Presentado
- 0 - 4,9: Suspenso
- 5,0 - 6,9: Aprobado
- 7,0 - 8,9: Notable
- 9,0 - 10: Sobresaliente
Os membros do tribunal de avaliación realizarán un informe no que se terán en conta os seguintes aspectos:
1. Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.
2. Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.
3. Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.
4. O informe do/a titor/a será tido en consideración no momento de cualificar o TFG. O tribunal contará, no momento da valoración, co informe sobre o traballo elaborado polo/a titor/a do mesmo.
A cualificación final outorgada ao TFG por cada membro do tribunal obterase de acordo coa seguinte ponderación:
I. Traballo escrito, 75%:
- Desenvolvemento do tema e estrutura, achegas orixinais, método, manexo das fontes e bibliografía, 60%.
- Presentación formal e corrección lingüística, 15%.
II. Presentación oral, 25%:
- Exposición, 10%.
- Defensa, 15%.
A cualificación resultará de aplicar a media aritmética entre as cualificacións atribuídas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. O tribunal publicará as cualificacións provisionais nun prazo non superior a 7 días lectivos desde o seu defensa a partir da defensa do alumno/a.
No caso de que se dea unha das seguintes circunstancias, o TFG será cualificado como suspenso:
- Cando os seus contidos non se adecúen aos da liña temática escollida e/ou ao título aprobado.
- Cando coincida cun traballo realizado polo alumno noutras materias ou actividades da titulación, ou cando non sexa orixinal (en caso de plaxio, aplicarase o artigo 16 da Normativa de Avaliación da USC).
- Cando, unha vez solicitada a defensa, o/a alumno/a non chegue a facer a defensa pública do TFG na data prevista, sen que exista xustificación escrita presentada polo/a interesado/a ante a Secretaría do Decanato da Facultade e aceptada pola Comisión de Calidade e Grao.
A mención de Matrícula de Honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFGs que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos. O seu número non poderá exceder o límite establecido pola USC. Se o número de alumnos/as é inferior a 20, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez finalizadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. De constituírse un tribunal único para todas as convocatorias, será este o que outorgue as matrículas de honra que correspondan, noutro caso, a atribución desta cualificación corresponderalle á comisión con competencias nos TFG, oídas as propostas dos diferentes tribunais.
Este sistema de avaliación será válido para as tres convocatorias de cada curso.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Traballo escrito: CX1, CX2, CX3, CB1, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CE1, CE3, CE7
Presentación oral: CX3, CX4, CB1, CB2, CB4, CT1, CT2, CE6, CE10
REVISIÓN
O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e contemplarán como mínimo dúas datas opcionais. O mes de agosto non computará neste prazo.
A revisión será persoal e o alumnado poderá realizala ante un ou varios membros do tribunal. En todo caso, deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a súa realización. O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa vixente relativa a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo total de estudo e traballo persoal para a realización dun TFG é de 187,5 horas.
1. Para poder formalizar matrícula do TFG o/a estudante poderá ter pendentes como máximo 75 créditos para completar os estudos (incluídos os 7,5 correspondentes ao TFG) e superados 150 créditos, entre eles os 120 correspondentes aos dous primeiros cursos da titulación.
2. Para a presentación e defensa pública do TFG será requisito necesario ter superados todos os demais créditos do Grao.
Observacións relacionadas coa situación de pandemia do covid-19:
As anteriores indicacións sobre metodoloxía e avaliación corresponden ao Escenario 1. De acordo co establecido nas Bases e nas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-21, se se dan os escenarios 2 e 3, o proceso de tutorización será preferentemente telemático (esc. 2) ou completamente telemático (esc. 3).
MODALIDADE DE AVALIACIÓN TFG 2020/21:
(RR. 22/4/20, Art.8. Presentación e defensa de TFG)
(instrucción supeditada á normativa aprobada nese momento pola USC en relación coa situación de pandemia)
No momento de realizar a solicitude de defensa do TFG,o alumno/a deberá escoller, enviando un correo electrónico ao decanato da Facultade de Filosofía,a modalidade de defensa:
•Modalidade A: Defensa pública diante do titor/a, que poderá ser presencial ou telemática e o alumno/alumna poderá acadar ata 8 puntos.
•Modalidade B: Defensa pública diante dun tribunal, que poderá ser presencial ou telemática e o alumno/a poderá acadar ata 10 puntos.
Marcelino Agis Villaverde
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rafael Victor Martinez Castro
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812512
- Correo electrónico
- rafael.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Agra Romero
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812527
- Correo electrónico
- mx.agra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luis Modesto Garcia Soto
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812534
- Correo electrónico
- alejandro.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ma De La Luz Pintos Peñaranda
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- mariluz.pintos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martin Gonzalez Fernandez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812517
- Correo electrónico
- martin.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Nieves Herrero Pérez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812531
- Correo electrónico
- mnieves.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Luis Falguera López
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812536
- Correo electrónico
- joseluis.falguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De La Concepcion Martinez Vidal
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812530
- Correo electrónico
- mconcepcion.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martin Pereira Fariña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Óscar Horta Alvarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Luis Pastoriza Rozas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Oscar Parcero Oubiña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Correo electrónico
- oscar.parcero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Busto Miramontes
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- beatriz.busto.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ángel Enrique Carretero Pasín
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- angelenrique.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Rocio Carolo Tosar
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- rocio.carolo.tosar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Javier De Donato Rodríguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- xavier.dedonato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guadalupe Jiménez Esquinas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Benito Arbaizar Gil
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU