Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Incentivar o coñecemento e lectura dalgúns autores e textos fonte que foron ou son clave na reflexión filosófica sobre a historia en relación
aos tres eixos sobre os que se fará virar esta materia: (a) Progreso- Nihilismo, (b) Modernidade-Posmodernidade, (c) Pensamento débil-Racionalidade.
2) Comprender cales son as vías de reflexión posibles dentro da Filosofía da Historia.
3) Pasar a practicar, de feito, polo menos una destas vías, (a) despois de comprender, fronte á actual confusión desta materia con outras materias de denominación semellante, que é e que non é Filosofía da Historia e ( b) como medio idóneo para irse facendo cun certo criterio valorativo, ben fundado, sobre o actual rumbo que leva a nosa historia.
Análise da experiencia do nihilismo da nosa época fronte á tradicional crenza no progreso enmarcando esta análise na reflexión que é propia da Filosofía da Historia, seguindo estas vías:
1) Contraste entre a actual perda do sentido da cultura occidental e a crenza no progreso procedente da concepción xudeu-cristiá medieval e moderna.
2) Contraste entre unha concepción filosófica da historia moderna e unha concepción posmoderna.
3) Contraste entre diferentes posturas actuais en relación á historia presente: un pensamento débil fronte a unha racionalidade forte.
Que se concretan nos seguintes temas:
Bloque I. Principais concepcións da Filosofía da historia.
Tema 1. A Historia na Antigüidade e no Renacemento.
A historia no pensamento grego como teleoloxía natural.
A concepción da historia pasada como magistra vitae do presente.
A historia como salvación no pensamento cristián (Agostiño de Hipona).
Tema 2. A nova experiencia da Historia na modernidade.
Vico: a historia como proba da boa vontade de Deus.
A crenza no progreso dos ilustrados. Montesquieu, Voltaire e Condorcet.
A historia como desenvolvemento da razón e da sociedade civil en Kant.
Tema 3. Da historia universal á humanidade común.
A crítica á idea ilustrada de progreso de Herder: progreso pre-humano, humano e sobrehumano.
Espírito absoluto, providencia e astucia da razón en Hegel.
Tema 4. O materialismo histórico:
A loita de clases como motor da historia na tradición marxista.
Teoloxía e política na concepción ateleolóxica da historia de Benjamin.
Tema 5. A fin da historia.
A tese da fin da historia: Derrida contra Fukuyama
Bloque II. A orixe do totalitarismo.
Tema 6. O contexto intelectual na xénese do fascismo europeo: o caso alemán.
A crise da república de Weimar: Schmitt, Jünger, Heidegger.
Tema 7. O totalitarismo segundo a Escola de Frankfurt e Hannah Arendt.
O fascismo como verdade oculta do sistema capitalista.
A construción da personalidade autoritaria.
A superación do estado pola masa: antiestado (Neumann) e terror (Arendt).
Tema 8. Os fascismos que veñen.
Bibliografía básica.
Selección de textos para cada sesión interactiva facilitada no campus virtual.
Bibliografía complementaria.
Manuais:
Muñoz, J. (2010). Filosofía de la historia. Origen y desarrollo de la conciencia histórica. Biblioteca Nueva.
Koselleck, R. (1979/1993). Futuro pasado. Para una semántica de los tiempos históricos. Paidós.
Löwith, K. (1973). El sentido de la historia. Aguilar.
Nisbet, R. (1980). Historia de la idea de progreso. Gedisa.
Reyes-Mate, M. (1993). Filosofía de la historia. Trotta.
Schnäedelbach, H. (1980). La filosofía de la historia después de Hegel. El problema del historicismo. Alfa.
Wahls, W. H. (1968), Introducción a la Filosofía de la historia. Siglo XXI.
Thyssen, J. (1954). Historia de la Filosofía de la historia. Espasa-Calpe.
Por temas:
Bloque I.
Tema 1.
Fontes:
De Hipona, A. (2007). Ciudad de Dios. Volumen I: Libros I-VIII. Editorial Gredos.
De Hipona, A. (2012). Ciudad de Dios. Volumen II: Libros VIII-X. Editorial Gredos.
Secundaria:
Koselleck, R. (1979/1993). “Historia magistra vitae” en Futuro pasado, Paidós, pp. 41-66.
Dujovne, L. (1958). La Filosofía de la historia en la Antigüedad y en la Edad Media. Galatea / Nueva Visión.
Tema 2.
Fontes:
Condorcet (1795/1980).Bosquejo de un cuadro histórico de los progresos del espíritu humano. Editora nacional.
Kant, I. (1784/2006).Ideas para una historia universal en clave cosmopolita y otros escritos sobre Filosofía de la Historia. Editorial Tecnos.
Montesquieu, (1734/2020). Consideraciones sobre las causas de la grandeza y decadencia de los romanos. Tecnos.
Vico, G. (1725/1995). Principios de ciencia nueva. En torno a la naturaleza común de las naciones. Tecnos.
Voltaire (1756/1990). Filosofía de la historia. Tecnos.
Secundaria:
Sevilla, , J.M. (2010). “El concepto de filosofía de la historia en la Modernidad”, en Manuel Reyes Mate (ed.), Filosofía de la historia, Siglo XXI, pp. 65-84.
Tema 3.
Fontes:
Herder, (1774/1982). “Otra filosofía de la historia” en Obra selecta, Alfaguara.
Herder, (1774/2007). Filosofía de la historia para la educación de la humanidad. Espuela de plata.
Hegel, G.W.F. (1821/2017). Fundamentos de la Filosofía del Derecho. Editorial Tecnos.
Hegel, G.W.F. (1830/2017). Enciclopedia de las ciencias filosóficas. Abada.
Hegel, G.W.F. (1837/2013). Introducción general y especial a las "Lecciones sobre la filosofía de la historia universal". Alianza Editorial.
Hegel, G.W.F. (1833-36/2012). Introducción a la historia de la filosofía. Escolar y Mayo.
Secundaria:
Brauer, D.: "La filosofía idealista de la historia", en Reyes Mate (ed.): Filosofía de la historia, op. cit., pp. 85-118.
Hyppolite, J. (1968). Introducción a la Filosofía de la historia de Hegel. Calden.
Marcuse, H. (1941/2017). Razón y revolución. Alianza editorial.
Marquard, O. “Historia universal e historia multiversal”. En Apología de lo contingente, Institució Alfons el Magnànim, Valencia, 2000, pp. 69-88.
García-Morán, J. (2000). “Frágil idea de humanidad”. Revista Internacional de Filosofía Política, nº 15 (julio), pp. 73-98.
Tema 4.
Fontes:
Marx, K. (2012). Textos de filosofía, política y economía. Manuscritos de París. Manifiesto del Partido Comunista. Crítica del Programa de Gotha. Madrid: Gredos.
Benjamin, W. (1940/2007). “Sobre el concepto de historia”. En Obras completas. Libro II, vol. 1. Abada.
Habermas, J. (1963/2008) : "Presuposiciones de una filosofía de la historia materialista", en Teoría y Praxis. Estudios de filosofía social, Tecnos, pp. 258-266.
Muñoz, J. (2010). "Karl Marx". En Filosofía de la historia. Origen y desarrollo de la conciencia histórica, Biblioteca Nueva, pp. 238-254.
Tema 5.
Fontes:
Fukuyama, F. (1992/2015). ¿El fin de la Historia? y otros ensayos. Alianza Editorial.
Derrida, J. (1993/2012). Espectros de Marx. El Estado de la deuda, el trabajo del duelo y la nueva internacional. Trotta.
Secundaria:
García-Morán, J. (2015). "El gran relato rehabilitado: Francis Fukuyama y el fin de la Historia". En Francis Fukuyama: ¿El fin de la Historia? y otros ensayos, Alianza Editorial. pp. 9-49.
Anderson, P. (1996). Los fines de la historia. Anagrama.
Bloque II.
Tema 6.
Fontes:
Heidegger, M., (1927/2009). Ser y tiempo. Trotta.
Jünger, E. (1932/2003). El trabajador. Dominio y figura. Tusquets.
Schmitt, C. (1922/2009). Teología Política, Cuatro Capítulos sobre la doctrina de la soberanía. Trotta.
Adorno, Th. W, (1964/2005). La jerga de la autenticidad. Obra completa, 6
Ediciones Akal.
Secundaria:
Villacañas, J. y Maiso, J. (eds). (2020). Laboratorio Weimar. Editorial Tecnos.
Traverso, E. (2002/2003).La violencia nazi, una genealogía europea. Fondo de Cultura Económica.
Tema 7.
Fontes:
Adorno, Th.W. y Horkheimer, M. (1944/2016). Dialéctica de la ilustración. Fragmentos filosóficos. Trotta.
Arendt, H., (1949/1989). Origens do totalitarismo. Companhia das letras.
Neumann, F.L. (1944/2014). Behemoth. La estructura y la práctica del Nacional Socialismo, 1933 - 1944. Anthropos.
Secundaria:
Paxton, R. O. (2019). Anatomía del fascismo. Capitán Swing.
Polanyi, K. (1935/2021). La esencia del fascismo seguido de nuestra obsoleta mentalidad de mercado. Guillermo Escolar.
Polanyi, K. (1944/1989). La gran transformación. La Piqueta.
Solé, J. (2020). El ascenso de los totalitarismos. Shackleton.
Tema 8.
Fontes:
Adorno, Th. W. (1967/2020). Rasgos del nuevo radicalismo de derecha. Taurus Ediciones.
Secundaria:
Julliard, J. (1994/1994). El Fascismo que Viene. Acento Editorial.
Traverso, E. (2018). Las nuevas caras de la derecha. Siglo XXI
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os/as graduados/ as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
Os contidos desta materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos, posto que non se trata de memorizar os contidos, senón de saber localizar e discutir as ideas básicas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación, posto que se propón efectuar un traballo de investigación de aprofundamento nalgún dos temas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar, posto que se pretende que os alumnos fagan exposicións sobre os contidos e participen nas aulas.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas, posto que os contidos serán transmitidos mediante a proposta de problemas e preguntas a resolver, non unicamente como doutrinas.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS (51h.)
Tipo Nº. horas Actividades Aclaracións
Expositivas 24 As sesións expositivas serán desenvoltas polo docente e nelas presentarase o tema a estudar nesa semana. Os materiais pertinentes para o estudo do tema estarán dispoñibles para o alumno na aula virtual. A temporalización dunha sesión expositiva de 1h30min será a seguinte:
5 min. – Presentación e esquema da sesión.
1h. – Exposición por parte do docente dos contidos teóricos.
15 min. - Preguntas e aclaracións
Interactivas 24 Cada sesión interactiva serán desenvolta por un alumno ou alumna que exporá un texto e polo docente que discutirá a exposición elaborada. Dependendo do número de matriculados as exposicións serán individuais ou en parella. A temporalización dunha sesión interactiva de 1h30min será a seguinte:
45min-1h. Presentación do texto programado apoiándose nunha presentación dixital.
30 min. Preguntas e discusión por parte do alumnado restante.
Titorías 3 Nas sesións de titoría en aula prepararanse as presentacións e o traballo final. Posta en común dos temas dos traballos de investigación e o intercambio de ideas entre os alumnos e alumnas sobre eles.
TRABALLO NON PRESENCIAL (99h.)
Nº. horas Actividades Aclaracións
20h. Lectura semanal do texto programado para a sesión interactiva. Estarán dispoñíbeis en pdf na aula virtual.
9h. Preparación dunha exposición sobre un dos textos do programa (lectura do texto e elaboración dunha presentación dixital). O alumnado anotarase no calendario do curso dispoñíbel no campus virtual
30h. Elaboración de traballo final Consensuarase o tema co docente
40h. Preparación de exame final. Estudo dos temas. Colgarase na aula virtual un listado de preguntas tipo.
ALUMNADO ORDINARIO
PRIMEIRA OPORTUNIDADE.
Porcentaxe Competencias avaliadas
Exame 40% CE2, CE6
Traballo de investigación 30% CE3, CE7
Presentación na clase 20% CE2, CE6
Participación 10% CE2, CE6
SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Porcentaxe Competencias avaliadas
Exame 70% CE2, CE6
Traballo de investigación 30% CE3, CE7
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE E ALUMNADO REPETIDOR.
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Porcentaxe Competencias avaliadas
Exame 70% CE2, CE6
Traballo de investigación 30% CE3, CE7
Traballo de investigación.
Sobre calquera aspecto do temario, previo consensuado do tema co docente por correo electrónico.
Tamaño: 7000-7500 palabras.
Portada co título do traballo, nome do autor, d(n)i, correo electrónico, curso, materia e ano académico.
Índice:
1. Hipótese do traballo.
2. Desenvolvemento.
3. Conclusión.
4. Bibliografía.
Entregarase por correo electrónico en formato texto (preferentemente odt, non en pdf) antes do día do exame final.
Avaliación do traballo:
Ortografía/sintaxe 1 punto
Desenvolvemento 1,5 puntos.
Manexo de bibliografía 0,5 puntos
NON SE ACEPTARÁN BAIXO NINGÚN MOTIVO TRABALLOS ENTREGADOS DESPOIS DA DATA DO EXAME FINAL.
O ALUMNADO DEBERÁ OBTER UNHA NOTA MÍNIMA DE CINCO EN TODOS E CADA UN DOS COMPOÑENTES DA AVALIACIÓN PARA PODER APROBAR (EXAME, TRABALLO, PRESENTACIÓN).
Estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
(1) Lectura semanal dos textos a traballar nas sesións interactivas.
(2) Preparación das exposicións.
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
(4) Completar os apuntes das clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada.
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas.
(6) Realización semanal das tarefas programadas
11. OBSERVACIÓNS.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
Metodoloxía da ensinanza.
Toda a actividade docente transcorrerá de modo virtual e síncrono a través da Plataforma Microsoft Teams.
Sistema de avaliación da aprendizaxe.
Todas as actividades de avaliación, agás o exame final, terán lugar de maneira virtual. As porcentaxes serán as mesmas ca no escenario 1.
Escenario 3. Peche das instalacións.
Metodoloxía da ensinanza.
Toda a actividade docente transcorrerá de modo virtual e síncrono a través da Plataforma Microsoft Teams.
Sistema de avaliación da aprendizaxe.
Todas as actividades de avaliación terán lugar de maneira virtual. A proba final realizarse a través do campus virtual da USC. As porcentaxes serán as mesmas ca no escenario 1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Francisco Conde Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- francisco.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 5 |
12.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
12.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
21.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |