Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
En calquera escenario, os contidos serán os seguintes:
1. A autoridade, os fins da política e a xustiza
2. Concepcións da xustiza
3. O igualitarismo contemporáneo
4. A discriminación
5. A extensión da xustiza
6. Nacionalismo e xustiza global
7. A guerra
8. Teoría da decisión
9. A democracia e o futuro da política
10. Paradigmas da política I. A política clásica
11. Paradigmas da política II. A política moderna
12. Paradigmas da política III. A crise do Leviatán
Amorós, C. & de Miguel, A., (eds.) (2005) Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización, Madrid: Minerva Ediciones.
Barry, B. (2002) Culture and equality: An egalitarian critique of multiculturalism, Cambridge: Harvard University Press.
Castells C. (comp.) (1996) Perspectivas feministas en teoría política, Barcelona: Paidós.
Cochrane, A. (2010) An introduction to animals and political theory, Basingstoke: Palgrave Macmillan.
Cohen, G. A. (2001) Si eres igualitarista, ¿cómo es que eres tan rico?, Barcelona: Paidós.
Dworkin, R. (1993) Etica privada e igualitarismo político, Barcelona: Paidós.
Fieser, J. & Dowden, B. (2018 [1995]) Internet Encyclopedia of Philosophy, http://www.iep.utm.edu.
García Soto, L. (2003) Paz, guerra e violencia, A Coruña: Espiral Maior.
Holtug, N. & Lippert-Rasmussen, K. (eds.) (2006) Egalitarianism: new essays on the nature and value of equality, Oxford: Oxford University Press.
Kymlicka W. (1995) Filosofía política contemporánea: una introducción, Barcelona: Ariel.
Lippert-Rasmussen, K. (2014) Born Free and Equal? A Philosophical Inquiry Into the Nature of Discrimination. Oxford: Oxford University Press.
Miller, D. (2003) Filosofía política: una breve introducción, Madrid: Alianza.
Nagel, T. (1996) Igualdad y parcialidad: bases éticas de la teoría política, Barcelona: Paidós.
Nozick, R. (1974) Anarquía, Estado y utopia, Cidade de México: Fondo de Cultura Económica.
Nussbaum, M. C. (2006) Las fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión, Barcelona: Paidós Ibérica.
Petrucciani, S. (2008) Modelos de filosofía política, Buenos Aires: Amorrortu.
Resnik, M. D. (1998) Elecciones: una introducción a la teoría de la decisión, Barcelona: Gedisa.
Roemer, J. E. (1986) Analytical Marxism, Cambridge: Cambridge University Press.
Rosas, J. Cardoso (2008) Manual de filosofia política, Coimbra: Almedina.
Sen, A. K. (1999 [1992]) Nuevo examen de la desigualdad, Madrid: Alianza.
Wolff, J. (1996) Filosofía política: una introducción, Madrid: Ariel.
Young, I. M. (2000 [1990]) La Justicia y la política de la diferencia, Barcelona: Cátedra.
Zalta, E. N. (ed.) (2018 [1995]) Stanford Encyclopedia of Philosophy, http://plato.stanford.edu.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Aulas expositivas
O fin das aulas expositivas é a apresentación dos problemas tratados na materia, e a clarificación da natureza destes, na aula. Ainda que o profesor expoña certos contidos e poida orientar a discusión, a clarificación para o alunado deses contidos non pode ser acadada sen a participación activa do alunado nas aulas expositivas. Na aula expositiva de cada semana será exposto un tema que logo será discutido na aula interactiva da semana seguinte.
Aulas interactivas
As aulas interactivas teñen como obxecto o traballo colectivo nos contidos impartidos coa participación activa do estudantado (como veremos abaixo, tal participación é obrigada para que esta sexa contabilizada para a nota).
Requerimentos para as aulas
Panticipación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alunado nas aulas interactivas. Esta é asi mismo moi recomendábel nas expositivas.
Titorías de grupo
Para a preparación dos ensaios e dos exames terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía prática a seguir para superar a materia e se exporá a bilbiografía que se pode empregar para a preparación dos ensaios ou exames. Estas terán lugar na metade do curso.
A materia dividirase en dúas partes con respecto á súa avaliación. A avaliación basearase nas seguintes tarefas correspondentes a cada unha destas partes:
Temas 1-9:
Para cada tema entregarase unha práctica correspondente a unha sesión interactiva. Constará dun exercicio relativo a cada tema. O exercicio incluiría unha parte oral. Nese caso, na avaliación de segunda oportunidade esa parte oral sería substituída por outra tarefa a maiores a incluír no exercicio. En total, estes exercicios contarán 3,5 ptos. na cualificación final da materia.
Realizaráse tamén un ensaio longo, con formato académico, tratando en profundidade un problema do temario, de entre 4000 e 8000 palabras. Os requisitos para este ensaio serán os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Contará 4 ptos. na cualificación final da materia.
Temas 10-12:
Para cada tema entregarase unha práctica correspondente a unha sesión interactiva. Constará dun exercicio relativo a cada tema. O exercicio incluiría unha parte oral. Nese caso, na avaliación de segunda oportunidade esa parte oral sería substituída por outra tarefa a maiores a incluír no exercicio. Cada un destes exercicios contará 0,25 ptos. na cualificación final da materia.
Realizaráse tamén un ensaio longo, con formato académico, tratando en profundidade un problema do temario, de entre 2000 e 3000 palabras. Os requisitos para este ensaio serán os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Contará 1,75 ptos. na cualificación final da materia.
Nos traballos entregados avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
Exame final
Para as persoas que non vaian superar a materia consonte ás dúas maneiras anteriores (incluido o alumnado con dispensa (ou exención) de asistencia a clases presenciais) está disponíbel a opción de concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito conleva unha dificuldade notábel considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Asi, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
Realizaráse tamén un ensaio longo, con formato académico, tratando en profundidade un problema do temario, de entre 2000 e 3000 palabras. Os requisitos para este ensaio serán os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Contará 1,75 ptos. na cualificación final da materia.
Nos traballos entregados avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
- Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas
(Total: 51 horas)
- Traballo non presencial: 99 horas
(1) Seguemento das presentacións expositivas
(2) Preparación dos exercicios para as interactivas seguindo as pautas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Plan de continxencia
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza
Seguiranse, na medida do posible, pautas semellantes ás do escenario 1 (o desenvolvemento normal), agás no seguinte:
Docencia: presencial e telemática (en función das posibilidades e do que fixe a Facultade de Filosofía.) Para a docencia telemática empregarase videoconferencia a través de MS-Teams. Cando a docencia sexa por videoconferencia, será preferentemente de xeito sincrono. Apoiarase a docencia por videoconferencia, con materiais no Campus Virtual e titorías.
Titorías: Preferentemente por correo-e ou videoconferencia.
Sistema de avaliación da apendizaxe
Actividades e exames: As actividades para avaliación continua serán como no escenario 1 (desenvolvemento normal) e os exames finais serán presenciais. (Se non fora posible, serán telemáticos facendo uso do Campus Virtual)
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 3
Metodoloxía da ensinanza
Seguiranse, na medida do posible, pautas semellantes ás do escenario 1 (o desenvolvemento normal), agás no seguinte:
Docencia: Será telemática (en función das posibilidades e do que fixe a Facultade de Filosofía.) Para a docencia telemática empregarase (na medida en que sexa posible) videoconferencia a través de MS-Teams. Cando a docencia sexa por videoconferencia, será preferentemente de xeito sincrono. Apoiarase a docencia por videoconferencia, con materiais no Campus Virtual e titorías.
Titorías: Por correo-e ou videoconferencia.
Sistema de avaliación da apendizaxe
Actividades e exames: As actividades para avaliación continua serán como no escenario 1 (desenvolvemento normal) e os exames finais serán telemáticos facendo uso do Campus Virtual.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Yolanda Martinez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 1 |
24.05.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
24.05.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
24.05.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
28.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
28.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |