Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou prática das seguintes competencias:
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
En calquera escenario, os contidos serán os seguintes:
Tema 1. Moral, ética e metaética
1. Intención e fins
2. A relación entre moral e ética
3. A definición do moral: tipos de fins
4. Estados de cousas e acción
5. Ética e metaética
Tema 2. O bon e o correcto
1. A ética e a teoría do valor
2. Valor e desvalor
3. Distinción entre concepcións do valor intrínseco e concepcións da distribuición do valor
4. Concepcións impersonais do valor
5. Consecuencialismo e non consecuencialismo
Tema 3. As concepcións do valor intrínseco
1. Experiencialismo
2. Preferencialismo
3. Concepcións do valor da lista obxectiva
Tema 4. Paradigmas consecuencialistas
1. Consecuencialismo e nonconsecuencialismo
2. Restricións relativas ao tempo e á/ao axente
3. Utilitarismo
4. Igualitarismo
5. Perfeicionismo
Tema 5. Paradigmas non consecuencialistas
1. Deontoloxismos
2. Ética da virtude
3. Teorias da lei natural e contractualismo
Tema 6. Éticas feministas
1. Ética e feminismo
2. Ética do coidado
3. A xustiza
4. A cuestión da discriminación e a acción afirmativa
Tema 7. A consideración moral dos animais
1. Critérios para a considerabilidade moral
2. O argumento da superposición de especie
3. O argumento da relevancia
4. O concepto de especismo
5. Oposición entre a consideración moral dos animais e as éticas ambientais.
Tema 8. Os límites da consideración moral
1. Distintas focaxes das éticas ambientais
2. Oposición entre a consideración moral dos animais e as éticas ambientais
3. Ética da intelixencia artificial
Tema 9. A bioética, a identidade e a considerabilidade moral
1. A bioética e as concepcións do dano da morte
2. A relevancia moral das distintas metafísicas da identidade
Tema 10. Priorización en ética
1. A procura do maior ben
2. Priorización entre causas
3. Impacto marxinal
4. Posíbeis vías de acción
5. A importancia do futuro
Tema 11. Método en ética: o caso do paradoxo da mera adición
1. O paradoxo da mera adición
2. Transitividade, niveis críticos e conclusións contraintuitivas
3. Método en ética
Tema 12. A imputabilidade
1. Responsabilidade
2. Axencia moral
3. Sorte moral
4. Intención e motivación
5. Perdón e gratitude
Tema 13. Principais teorias metaéticas
1. Realismo moral
2. Subxectivismo
3. Teoría do erro
4. Cognitivismo e non-cognitivismo
5. Ética e evolucionismo
Os textos básicos a traballar na materia serán os materiais subidos á aula virtual. Alén destes, a bibliografía complementaria da materia é a seguinte:
EN GALEGO/PORTUGUÉS
Aristóteles, Ética a Nicômacos, Brasília: Universidade de Brasília, 1984.
Galvão, Pedro (ed.), Os animais têm direitos?: perspectivas e argumentos, Lisboa: Dinalivro, 2011.
Horta, Oscar, Na defensa dos animais, Rianxo: Axóuxere, 2019.
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
Kant, Immanuel, Fundamentação da metafísica dos costumes, Lisboa, Edições 70, 1988.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Sidgwick, Henry, Os métodos da ética, Lisboa: Gulbenkian, 2013.
Singer, Peter, Escritos sobre uma vida ética, Lisboa: Dom Quixote, 2000.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS)
Amorós, Celia & de Miguel, Ana (eds.) Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización,
Madrid: Minerva, 2005.
Canto-Sperber, Monique (dir.), Diccionario de ética y de filosofía moral, Ciudad de México:
FCE, 2001.
Guisán, Esperanza, Introducción a la ética, Cátedra Madrid, 2002.
MacIntyre, Alasdair C., Historia de la ética, Barcelona: Paidós, 2002.
Mackie, John L., Ética: la invención de lo bueno y lo malo, Barcelona: Gedisa, 2000
Moore, G. E., Principia ethica, Barcelona: Crítica, 2002.
Nagel, Thomas, La muerte en cuestión: ensayos sobre la vida humana, Ciudad de México: FCE, 1981.
———— La posibilidad del altruismo, Ciudad de México: FCE, 2004.
Parfit, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
Rachels, James, Introducción a la filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2007.
Singer, Peter, Liberación animal, Taurus, Madrid, 2011.
———— Vivir éticamente: cómo el altruismo eficaz nos hace mejores personas, Barcelona: Paidós, 2017.
———— (ed.), Compendio de ética, Madrid: Alianza, 1995.
Smart, J.J.C. & Williams, Bernard, Utilitarismo: pro y contra, Madrid: Tecnos, 1981.
Williams, Bernard & Nagel, Thomas, La suerte moral, Oviedo: Krk, 2013.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN)
Almond, Brenda, Exploring ethics: a traveller’s tale, Oxford: Blackwell, 1998.
Driver, Julia, Consequentialism, Abingdon-on-Thames: Routledge, 2012.
Fieser, James & Dowden, Bradley, Internet Encyclopedia of Philosophy, 1995-2015, http://www.iep.utm.edu
Hursthouse, Rosalind, On virtue ethics, Oxford: Oxford University Press, 1999.
Korsgaard, Christine, Creating the kingdom of ends, Cambridge: Cambridge University Press, 1996.
Mayerfeld, Jamie, Suffering and moral responsibility, Oxford: Oxford University Press, 2002.
Miller, Alexander, An introduction to contemporary metaethics, Cambridge: Polity Press, 2007.
Persson, Ingmar, The Retreat of Reason: A Dilemma in the Philosophy of Life, Oxford University Press, Oxford, 2005.
Shafer-Landau, Russ, The fundamentals of ethics, New York: Oxford University Press, 2012.
Temkin, Larry S., Rethinking the good: moral ideals and the nature of practical reasoning, New York: Oxford University Press, 2012.
Thomson, Anne, Critical reasoning in ethics: a practical introduction, New York: Routledge, 1999.
Zalta, Edward N. (ed.), Stanford Encyclopedia of Philosophy, 1995-2015, http://plato.stanford.edu
Outras referencias bibliográficas poderán ser facilitadas na aula.
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/ as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que teñan a capacitación para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros eidos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que o estudantado demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo instrumental:
Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais:
Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas:
Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividad, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
AULAS EXPOSITIVAS
O fin das aulas expositivas é a apresentación dos problemas tratados na materia, e a clarificación da natureza destes, na aula. Ainda que o profesor expoña certos contidos e poida orientar a discusión, a clarificación para o alunado deses contidos non pode ser levada acadada sen a participación activa do alunado nas aulas expositivas. Na aula expositiva de cada semana será exposto un tema que logo será discutido na aula interactiva da semana seguinte.
AULAS INTERACTIVAS
As aulas interactivas teñen como obxecto o traballo colectivo nos contidos impartidos coa participación activa do estudantado.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
A participación na aula levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:
· Non se falará cando outra persoa estexa a facelo.
· Na participación na aula ningunha clase de atitude irrespectuosa co resto que se detecte será aceitada. Pode ser, sen dúbida, que se den atitudes dese tipo que pasen sen ser detectadas. Mais toda atitude sexista ou discriminatoria doutra maneira co resto do alunado que sexa detectada será considerada inaceitábel, e se actuará en consecuencia.
· Hai que ter en conta que distintas personas expoñen as súas posicións de distintas maneiras. Hai persoas mais asertivas e seguras de si proprias, que falan sen problema en primeira persoa e que sinten urxencia por expresar as súas ideias. Hai outras persoas que someten a forte autocrítica as súas opinións antes de expresalas, que valoran escuitar o que as outras persoas teñen que dicer e que poden expresar o que pensan de maneira moi dubitativa. A priorización da atención as posicións expresadas de maneira mais asertivas resulta de maneira xeral perxudicial para unha parte importante do grupo dunha maneira non xustificada, dado que maior asertividade non implica maior interese ou competencia. As opinións expresadas por aquelas persoas que falen de maneira mais prudente ou tímida non son menos correctas ou menos interesantes que as de quen se exprese de xeito mais asertivo. E tais opinións son igualmente merecedoras ou mais de seren escuitadas e receberen atención.
Á luz disto, na aula atenderase a todas as opinións, sexan expostas dun modo ou outro, e potenciarase que todo o mundo poida expresar os seus pontos de vista. As persoas con maior tendencia a falar en público e expór as súas opinións deberán facer iso limitándose a si proprias para deixaren espazo para que as outras persoas que non teñan esa disposición, e ás que lles resulte menos doado o falar en público e expresar os seus pontos
de vista poidan tamén facelo. No debate terase que prestar atención a non dar maior importancia ás opinións expresadas de maneira mais asertiva, en voz alta e con maior seguridade que as plantexadas de maneira mais dubitativa, humilde, en voz baixa, mediante perguntas retóricas, etc.
· De xeito relacionado co anterior, non será aceitábel na discusión o uso de instrumentos retóricos externos á propria discusión das ideias deste para defender unha certa posición como o uso do proprio tono de voz ou de argumentacións ad hominem para tal fin.
· As opinións que parezan estrañas ou aparentemente moi erradas deverán ser obxecto de consideración e atención tanto como as que estexan mais en liña co que comunmente pensamos ou que parezan correctas de maneira mais aparente.
TRABALLO PREVIO ÁS AULAS INTERACTIVAS
Para que as aulas interactivas poidan levarse adiante é preciso que nelas o tempo inicial adicado á clarificación do problema non se alongue en exceso. Do contrario non se pode dispór do tempo suficiente para o resto da sesión. Para iso, é preciso que na aula expositiva prévia se traballe e se expoñan as dúbidas, e que entre a aula expositiva e a seguinte interactiva se repasen as cuestións repasándose os apuntamentos tomados nas aulas expositivas, para non chegar á interactiva sen teren ideia do contido a tratar nesta.
TITORÍAS DE GRUPO
Para a preparación dos ensaios terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía prática a seguir para superar a materia e se exporá a bilbiografía que se pode empregar para a preparación do traballo para a superación do curso. Estas terán lugar na metade do curso.
Hai dúas maneiras de superar a materia. A primeira, no transcurso do curso, a segunda, na avaliación final na data oficial. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte prática. Para superar a materia no transcurso do curso hai que aprobar ambas partes.
PARTE TEÓRICA
A parte teórica pode ser superada mediante a entrega dun ensaio sobre o contido impartido no curso, sobre cuestións indicadas polo profesor.
Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos (o seu non cumprimento imposibilitará superar a materia):
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algun dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que seprefira), que está disponíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón:
dspace.usc.es/handle/10347/384
· Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
· Terán unha extensión de 5.000 palabras en diante.
PARTE PRÁTICA
Nesta parte avaliaranse unha serie de tarefas vencelladas ao traballo nas aulas interactivas, que serán entregadas ao longo do curso ou, alternativamente, con outra serie de tarefas coincidentes en parte con estas a entregar na data final da avaliación (esta será a situación de quen se atope en situación de dispensa académica).
Na avaliación, os traballos e resumos amosarán o coñecemento dos conceptos básicos e o carácter específico da ética. Tamén amosarán a capacidade para analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos. A participación na aula amosará isto último, asi como o aprecio do valor da ética na formación, e o coñecemento dos principios de respecto e igualdade.
Coa participación nas prácticas e cos resumos e as recensións das prácticas avaliarase a capacidade para explicar os seus coñecementos, a de analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, a de saber expresarse, comunicar, debater e dialogar, a de tomar decisións, e presentar e resolver problemas, e o dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
Deste xeito, cos ensaios avaliaráse o conxunto das competencias xerais, básicas e específicas. Nas tarefas das interactivas avaliaráse o conxunto das competencias xerais, básicas e transversais.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
O ensaio contará a metade da nota final, e as interactivas a outras metade. Todas estas tarefas serán entregadas en remoto no campus virtual.
En ambos casos para superar o curso resulta obrigatorio ter aprobado as interactivas.
Nos resumos e ensaios avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise. A experiencia na presentación oral non será avaliada, mas adquirirase nas práticas.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calqueira momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas (en ensaios ou práticas). Para os casos de realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS):
Horas presenciais: 51 horas
Horas de titorías: 3 horas
Aulas expositivas: 24 horas
Aulas interactivas: 24 horas
Horas non presenciais: 99 horas
A materia pode ser superada dun xeito que é perfeitamente asequíbel de prepararse os textos para as aulas interactivas cada semana. Facendo iso non só se poderá ter unha boa nota nas práticas, senón que tamén se obterá unha familiaridade cos contidos da materia que fará moi sinxela a superación desta.
Plan de continxencia
ESCENARIO 2
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Será total ou parcialmente presencial ou virtual por medio da plataforma designada pola USC (nestes intres, MS Teams), en función do que decida o centro. Polo demáis, será en todo igual ao que se indicou arriba.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APENDIZAXE
Será en todo igual ao que se indicou arriba.
ESCENARIO 3
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Será virtual por medio da plataforma designada pola USC (nestes intres, MS Teams), alternando docencia sincrónica e asincrónica. Polo demáis, será en todo igual ao que se indicou arriba.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APENDIZAXE
Será en todo igual ao que se indicou arriba.
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Dayron Aldebar Teran Pintos
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- dayron.teran.pintos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán, Galego | Sala Hipatia |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
24.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |
01.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
01.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
01.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
01.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |