Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou prática das seguintes competencias:
A.COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B.COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
C.COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
PROGRAMACIÓN TEÓRICA
BLOCO I
1. Cuestións preliminares.
1.1. Filosofía e filosofía política.
1.2. A filosofía política e outros saberes afins.
1.3. As preguntas da filosofía política.
1.4. Caracterización xeral da filosofía política clásica e da filosofía política moderna.
1.5. Unha proposta de conceptualización sobre o saber do poder.
2. Conceptos políticos: libertade, tolerancia e xustiza.
2.1. Libertade dos antigos e dos modernos.
2.2. Libertade negativa e libertade positiva.
2.3. Libertade e igualdade.
2.4. A xustiza política e a xustiza distributiva.
3. Poder político, soberanía e Estado.
3.1. Da cidade (polis/civitas) ao Estado (imperium/respublica) moderno.
3.2. A soberanía política na modernidade. A natureza política do Estado.
3.3. As políticas da palabra e as narrativas contractualistas da institución do Estado.
3.4. Concepcións non xurídicas do poder político.
3.5. Coda sobre as dificultades dos relacionamentos entre a Ética e a Política (A propósito da autonomía da política).
BLOCO II
4. A cidadanía: historia conceptual, problemas e modelos.
4.1. Rasgos e dimensións do concepto de cidadanía.
4.2. A constitución histórica da idea de cidadanía.
4.3. Cidadanía e xustiza. A cidadanía social.
4.4. Cidadanía, pluralidade e identidade.
4.5. As fronteiras da cidadanía: políticas de inclusión e apertura da cidadanía.
4.6. Modelos de cidadanía.
5. A democracia: historia conceptual, problemas e modelos.
5.1. Teoría da democracia: principios básicos.
5.2. A democracia na súa historia conceptual.
5.3. Democracia e representación.
5.4. Participación, deliberación e decisión.
5.5. Modelos de democracia.
6. A crise do Leviatán na era da globalización e os problemas na construción dunha sociedade política internacional.
6.1. A soberanía política en cuestión: mundialización económica e globalización das tecnoloxías da información e da comunicación.
6.2. Sobre a guerra e a paz: internacionalismo, pacifismo, multiculturalismo.
6.3. De polis a cosmopolis: Kant revisitado.
6.4. Democracia e cidadanía na Res Publica contemporánea.
1.Bibliografía básica (lecturas obligatorias).
(01) Strauss, L.: ¿Qué es filosofía política?, en ¿Qué es filosofía política? y otros ensayos, Madrid, Alianza, 2014, pp. 77-153 (Outra trad. ó castelán en Strauss, L.: “¿Qué es la filosofía política?”, Sin ciudades no hay filósofos, Madrid, Tecnos, 2014, pp. 87-139 ).
(02) Platón, Carta VII, Madrid, Cátedra, 2014 (ed.bilingüe grego-castelán). Existen outras traducións ó castelán, como por exemplo: Madrid, Gredos, 1992 (Diálogos, vol. VII, Dudosos. Apócrifos. Cartas); Madrid, Alianza, 1998 (Protágoras. Gorgias. Carta séptima); Madrid, Aguilar, 1979, 2ª ed. (Obras completas).
(03) La Boétie, E. de: A servidume voluntaria, Trifolium, 2013 (traducións ó castelán do Discurso de la servidumbre voluntaria: Barcelona, Tusquets, 1980; Madrid, Tecnos, 1986; Madrid, Trotta, 2008).
(04) Berlin, I.: Dos conceptos de libertad, en Cuatro ensayos sobre la libertad; Madrid, Alianza, 1988, pp.187-243. Existen outras edicións e compliacións de ensaios do autor publicados na mesma editora, baixo diferentes títulos: Dos conceptos de libertad. El fin justifica los medios. Mi trayectoria intelectual, Madrid, Alianza, 2005; Sobre la libertad, Madrid, Alianza, 2004. Tamén noutras editoras, como por exemplo, Strauss, L.: Ensayos sobre la libertad, Barcelona, Círculo de Lectores, 1999.
(05) Rousseau, J.J.: Discurso sobre el origen de la desigualdad entre los hombres, en Discurso sobre las ciencias y las artes. Discurso sobre el origen de la desigualdad entre los hombres, Madrid, Alianza, 2012, pp. 109-209 (notas do autor: pp. 211-258). Existen outras traducións en castelán, como exemplo: Barcelona, Península, 1973; Madrid, Tecnos, 1987;...
(06) Habermas, J.: “La constelación posnacional y el futuro de la democracia”, en La constelación posnacional, Barcelona, Paidós, 2000, pp. 81-146.
(07) Taylor, Ch., El multiculturalismo y “la política del reconocimiento”, México, F.C.E., 1993.
(08) Foucault, M.: Es necesario defender la sociedad. Curso del Collègue de France (1975-1976), Madrid, Akal, 2003. Outra trad. ó español, baixo outro título: Genealogía del racismo. De la guerra de razas al racismo de Estado, Madrid, La Piqueta, 1992 (versión sin as notas de Foucault).
(09) Kant, I.: La paz perpetua, Madrid, Alianza, 2001 (outras traducións ó castelán en: Madrid, Akal, 2012; Madrid, Biblioteca Nueva, 1999; Madrid, Tecnos, 1985;…)
(10) Constant, B.: “De la libertad de los antiguos comparada con la de los modernos”, en Escritos políticos, Madrid, CEC, 1989, pp. 257-285.
2. Bibliografía complementaria de carácter xeral.
- Águila, R. del & outros: La democracia en sus textos, Madrid, Alianza, 1998.
- Althüsser, L.: Política e historia. De Maquiavelo a Marx. (Cursos en la Escuela Normal Superior 1955-1972), Buenos Aires, Katz Editores, 2007.
- Arteta, A. (ed.): El saber del ciudadano, Madrid, Alianza, 2008.
- Arteta, A., García Guitián, E., Máiz, R. (eds.): Teoría política: poder, moral, democracia., Madrid, Alianza, 2003.
- Bermudo, J.M., Filosofía política, Barcelona, Ediciones del Serbal, 2001-2005, 3 vols.
- Bobbio, N.: Estudios de historia de la filosofía, Madrid, Debate, 1985.
- Bodei, R., : Geometría de las pasiones. (Miedo, esperanza, felicidad: filosofía y uso político), México, F.C.E., 1996.
- Boron, AtilioA. (comp.): Teoría y filosofía política. La tradición clásic a y las nuevas fronteras, Buenos Aires, CLACSO – EUDEBA, 2001.
- Díaz, E. e Ruiz Miguel, A. (eds.): Filosofía Política II: Teoría del Estado, Madrid, Trotta, 1996.
- Dunn, J. (ed.): Democracia. El viaje inacabado (508 a.C.-1993 d.C.), Barcelona, Tusquets, 1995.
- Ferry L.: Filosofía Política I. El derecho: la nueva querella de los antiguos y los modernos, México. F.C.E., 1991.
- Ferry, L.: Filosofía Política II. El sistema de las filosofías de la historia, México, F.C.E., 1991.
- Ferry L. e Renaudet A.:, Filosofía Política III. De los Derechos del hombre a la idea republicana, México, F.C.E., 1991.
- Foucault, M.: Hay que defender la sociedad. Curso del Collège de France (1975-1976) Madrid, Ediciones Akal, 2003.
- Foucault, M.: Seguridad, territorio, población. Curso del Collège de France (1977-1978), Madrid, Ediciones Akal, 2008.
- Gargarella, R.: Las teorías de la justicia después de Rawls, Barcelona, Paidós, 1999.
- Habermas, J.: Ensayos políticos, Barcelona, Península, 1988.
- Habermas, J.: La inclusión del otro, Barcelona, Paidós, 1999.
- Hirschman, A.O.: Las pasiones y los intereses. Argumentos políticos a favor del capitalismo previos a su triunfo, Barcelona, Península, 1999.
-Kymlicka, W.: Filosofía política contemporánea, Barcelona, Ariel, 1995
- Peña, J.: La ciudad sin murallas. Política en clave cosmopolita, Madrid, El Viejo Topo, 2010.
- Pocock, J.G.A.: El momento maquiavélico. El pensamiento político florentino y la tradición republicana atlántica, Madrid, Tecnos, 2002.- Quesada, F. (ed.): Ciudad y ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid, Trotta, 2008.
- Raynaud, P. & Rials, S.: Diccionario Akal de filosofía política, Madrid, Akal, 2001.
- Rawls, J.: El liberalismo político, Barcelona, Crítica, 1996.
- Rawls, J.: Lecciones sobre la historia de la filosofía política, Barcelona, Paidós, 2009.
- Skinner, Q.,: Los fundamentos del pensamiento político moderno, México, F.C.E., 1985-1986, 2 vols.
- Strauss, L. & Cropsey, J. (comp.), Historia de la filosofía política, México, F.C.E, 1993.
- Vallespín, F. (ed.): Historia de la teoría política, Madrid, Alianza, 19901995, 6 vols.
- Viroli, M.: De la política a la razón de Estado. La adquisición y transformación del lenguaje político (1250-1600), Madrid, Ediciones Akal, 2009.
En relación ca bibliografía complementaria, de carácter máis específico, necesaria para o estudo de cada un dos temas do programa, a preparación dos exames e das aulas de seminario de textos, ademáis da preparación dos ensaios e a realización doutras actividades prácticas, o profesor suministrará durante as clases referencias de utilidade, proporcionando ademais aos alumnos que o requiran, en horario de tutorías, a información e documentación que precisen.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filo-sofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recen-tes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver pro-blemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solu-cións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou nou-tros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que impli-can coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou voca-ción dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha refle-xión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Reso-lución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capa-cidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capaci-dade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibi-lidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deli-berar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver pro-blemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creati-vidade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Las aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte dos alumnos dos temas/textos nas distintas sesións. Isto requiere, ademais, a presentación por parte deles das reseñas personais dos temas da parte teórica do programa, co obxecto de debatilos nas aulas de docencia práctica, así como a lectura dialóxica e o comentario conxunto das seguintes das obras de filosofía política relacionados na bibliografía básica, textos dos cales os alumnos deberán tamén presentar en cada sesión un pequeño resumo (de 2 follas como máximo) das partes examinadas en cada unha delas, que entregarán ao profesor ao remate das mesmas.
As presentacións faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e dos textos de lectura obrigatoria. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte dos alumnos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto dos estudantes terán que formularlles perguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias perguntas que formulará o profesor. A sesión rematarán cunha pequena reflexión personal escrita por parte dos alumnos, de carácter conclusivo, que entregarán ao profesor ao remate de cada sesión
En consonancia coa metodoloxía de traballo apuntada no apartado anterior, así como coas ferramentas fundamentais establecidas con carácter xeral para aquilatar a avaliación contínua e que, tradúcense, na parte teórica, na realización de dous ensaios ou de dous exames (o alumno pode elixir que opción prefire), e na parte interactiva, na presentación de pequenos comentarios escritos, realizados no aula, e na participación en todas as sesións prácticas sobre os textos e temas previamente consignados.
Hai tres maneiras de superar a materia. As dúas primeiras, no transcurso do curso, e a terceira, no exame final. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte práctica. Para superar a materia no transcurso do curso hai que aprobar ambas partes.
PARTE TEÓRICA
A parte teórica pode ser superada de dúas maneiras:
(1) Mediante a entrega de dous ensaios sobre o contido impartido no curso, cada un destes virase corresponder con blocos distintos da materia. Este é o método recomendado polo profesor para aproveitar mellor o curso e obter as maiores competencias neste.
Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos:
Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algun dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está disponíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
(2) Mediante a realización de dous exames (un no meio do curso e outro no final deste). Como no caso dos traballos, cada un contará 3.
PARTE PRÁCTICA
Nesta parte avaliaranse os resumos e as recensións entregadas ao final de cada unha as aulas interactivas conxuntamente coa participación nestas. Nesta parte 3 puntos da avaliación a constituirán os traballos entregados e 1 a participación activa na aula.
Cada práctica á que non se asiste reduce puntuación, se estas baixan da precisa para aprobar a parte práctica da materia iso supón que non se pode superar a materia. Malia isto, haberá a posibilidade de recuperar unha práctica de cada unha das partes da materia nunha sesión especial adicada a tal efecto.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Desta maneira, de se faceren os ensaios ou exames a distribución da nota queda como sigue:
1º ensaio/exame: 3 + 2º ensaio/exame: 3 + Prácticas: 4 (resumos: 3 + participación activa: 1)
En ambos casos para superar o curso resulta obrigatorio ter aprobado as prácticas.
EXAME FINAL
As persoas que non den superado a materia consonte ás dúas maneiras anteriores poderán concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito conleva unha dificuldade notábel considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Asi, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Quen teña dispoensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (comentario de texto dun deles; ate 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaldas nunha primeira titoría, ao comenzó do curso, co/a aluno/a (dúas cuestión; ate 3 puntos cada una delas).
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calqueira momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas (en ensaios ou práticas); (b) respostar a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
-Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas
(Total: 51 horas)
- Traballo persoal alumno: 99 horas
1) Asistencia diaria e parcipativa nas clases. Participación nas presentación
2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia
4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Actividade tutorial: O profesor atoparase a disposición dos alumnos no seu despacho, no horario de tutorías (que se consignará na páxina do campus virtual da USC), con obxecto de clarificar dun modo personalizado todas as cuestións referentes aos contidos da materia, e supervisará periodicamente o traballo persoal dos alumnos, en orde a maximizar os seus esforzos de aprendizaxe e dispor dun mellor e máis amplo (xunto ás probas obxectivas realizadas nas clases teóricas e nas aulas interactivas) coñecemento dos seus progresos. Ademáis, organizará actividades tutorias en grupos (en particular, nas primeiras semanas de clase), en orde a explicar convenientemente todos os aspectos relativos aos modos (formais) de composición dos ensaios e a preparación dos exámes, así como á organización das actividades propias das clases interactivas, estructurando metodolóxicamente o desenvolvemento das mesmas.
- Plan de Continxencia
No que atinxe á “Metodoloxía da Ensinanza”, no escenario 2, nas que algunhas das aulas e titorías serán on line, estas se impartirán en remoto por medio de MS Teams (sincrono). Este será tamén o caso, no escenario 3, en que todas as aulas non presenciais haberán de impartirse on line.
No que atinxe ao “Sistema de Avaliación”, tanto no escenario 2 como no 3 o exame final terá unha doble función (a mesma que no esc. 1): permitir a recuperación de parte da materia pendente ós alumnos con avaliación contínua; mais tamén dar a posibilidade de conquerir o aprobado ós alumnos que, moi excepcionalmente, teñen renunciado a avaliación contínua.
- Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alberto Jose Franco Barrera
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 4 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Sala Hipatia |
30.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
30.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
30.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
30.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
13.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
13.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
13.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
13.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |