Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Introdución á metafísica: filosofía e metafísica. Reflexión sobre o seu significado e reconstrución da súa problemática a partir dalgúns textos que nos remiten aos seus momentos esenciais co obxectivo fundamental de que, tanto con distanciamento crítico como destreza hermenéutica, o alumnado desenvolva a capacidade de articular de xeito autónomo os problemas metafísicos fundamentais no contexto da historia da filosofía.
2) Que o alumnado aborde e asista á configuración dos problemas/conceptos fundamentais da filosofía e da metafísica: a) ser, verdade, tempo. B) phýsis/natureza, pólis, idea, causalidade, libertade, existencia, sustancia, Deus, universal/particular, razón, suxeito/liberdade, absoluto.
3) Que o alumnado adquira recursos para situarse no horizonte actual da metafísica.
T1. FILOSOFÍA E METAFÍSICA EN GRECIA.
1.1. Physis e alétheia .
1.2. O xiro platónico.
1.3. Filosofía primeira, Filosofía segunda, ontología e metafísica en Aristóteles.
T2. METAFÍSICA E MONOTEÍSMO.
2.1. O devir da filosofía no helenismo e en la nova era cristiá.
2.2. O problema dos universais e o nominalismo.
T3. DESCARTES E A FUNDAMENTACIÓN DO DISCURSO MODERNO.
3.1. A construción do paradigma da física matemática clásica.
3.2. A fundamentación metafísica da ciencia en Descartes.
3.3. O excluído en Descartes.
T4. O REVERSO DE LA MODERNIDADE E O PENSAMENTO DE LA DIFERENZA.
4.1. A polémica Foucault-Derrida ao redor de Descartes.
4.2. A reacción anticartesiana segundo Deleuze.
4.3. O xiro antihegeliano de Schelling.
4.4. A destrución heideggeriana da historia da filosofía.
ARISTÓTELES
Metafísica, Madrid, Gredos, 1982.
DELEUZE, G.
Empirismo y subjetividad, Barcelona, Gedisa, 2007.
HEIDEGGER, M.:
‘El nihilismo europeo’, en Nietzsche, vol. II, Barcelona, Destino, 2000, pp. 31-206.
La pregunta por la cosa, Buenos Aires, Alfa Argentina, 1975.
‘La pregunta por la técnica’, en Conferencias y artículos, Barcelona, Ediciones del Serbal, 1994, pp. 9-38.
‘El final de la filosofía y la tarea del pensar’, en ¿Qué es filosofía?, Madrid, Bitácora, 1985, pp. 97-120.
PLATÓN
República, en Diálogos, vol. IV, Madrid, Gredos, 2008.
AMPLIADA
AUBENQUE, P.
El problema del ser en Aristóteles, Madrid, Taurus, 1974.
GILSON, É.
La filosofía en la Edad Media, Madrid, Gredos, 1985.
LEYTE, A.
• Heidegger, Madrid, Alianza, 2005.
MARTINEZ MARZOA, F.
Historia de la filosofía, Madrid, Istmo, 1990.
Historia de la filosofía antigua, Akal, Madrid, Istmo, 1995.
CX1. Que os/as graduados adquiran unha visión panorámica da metafísica desde a súa orixe en Grecia ata a actualidade, así como dos problemas fundamentais en torno aos cales esta se debate.
CX2. Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX5. Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberé e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6. Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Competencias transversais.
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e deigital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
Competencias específicas.
CE1. Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
CE2. Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE6. Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7. Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expoñer e resolver problemas.
CE8. Desenvolvemento do argumento crítico e o compromiso ético.
Baixo á asunción da vella máxima kantiana segundo á cal “non se aprende filosofía, apréndese a filosofar” o traballo do curso desenvólvese mediante:
• Exposicións teóricas do profesor, que deben de ser seguidas con sentido crítico. Estas exposicións non pretenden en ningún caso sentar doutrina. Trátase de marcar unha liña expositiva para configurar problemas.
• A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará das novidades e na medida do posible se proporcionarán materiais. Cómpre, porén, subliñar que a lexislación vixente impón severos límites legais para subir textos publicados á Aula Virtual. O alumnado debe facer uso da biblioteca e asumir a responsabilidade das ocasionais reproducións. Recoméndase a adquisición de certas obras de uso intensivo no curso, así como daquelas que deben formar parte da biblioteca persoal dun estudante de filosofía. Non parece abusivo contar con que un/unha estudante universitario/a adquira libros cando menos na medida que os adquiren os estudantes de secundaria.
• Lecturas de textos e bibliografía.
• Participación do alumnado en clase e actividades.
• Diálogo permanente, tanto nas aulas –presencial e virtual– como nas titorías.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
A asistencia á clase non é unha obriga, senón propiamente un dereito que se adquire polo feito de matricularse. A “obriga” de asistir ten un carácter técnico, máis ben que obriga a asistencia á clase –igual ca o acceso á AV, ás titorías, á biblioteca etc...– é, ao tempo, un dereito e unha condición.
Con respecto ao alumnado que poida e queira exercer o dereito de asistencia, o seu traballo articularase deste xeito:
(1) Nas sesións interactivas: Seguimiento dos contidos das sesións e das referencias bibliográficas respectivas.
(2) Lectura de textos e activo traballo de estudo e documentación.
(3) Realización das actividades que se indiquen dentro da aula virtual –AV–.
(4) Realización dos exames.
(5) O profesor está ao servicio do alumnado. o profesor debe de ser interpelado, débese requerir del axuda e asistencia mantendo con este unha tensión crítica.
REQUISITOS PARA AS AULAS
• Ter vontade de enfrontarse con textos filosóficos complexos.
• Participación activa (que obviamente require asistencia).
• A materia require necesariamente da participación activa do alumnado.
• A participación significa responder habitualmente as preguntas que propoña o profesor, así como realizar achegas relevantes críticos ou non en relación á materia que se está impartindo.
AVALIACIÓN CONTINUA
Se trata dun sistema de avaliación so que poderán acceder alumnas/os cunha asistencia regular a, cando menos, un 80% das sesións.
Un 50 % da nota dependerá das clases interactivas. Nestas traballaranse textos que ilustren as temáticas abordadas nas clases expositivas e que desenvolvan unha didáctica que permita avaliar as seguintes competencias: CX1,CX2,CX5, CX6, CE1, CE2, CE7, CE8, CT1, CT2, CT3.
Co fin de verificar o grao de comprensión dos textos, o alumnado realizará ao final do cuadrimestre consistente nun comentario sobre un ou varios textos dos traballados nas sesións interactivas.
Un 50 % da nota dependerá dun exame final no que se deberá desenvolver un dos temas da materia e facer un comentario de texto. Tanto este exame como o devandito comentario permitirá avaliar con máis precisión as competencias CX1, CE1 e CE2.
Con especial atención as competencias CX2 e CE6, haberá unha bonificación dun 10% para aqueles alumnos que acreditaran unha participación positiva durante as sesións interactivas.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Examen final. 100% de la nota final.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
Dado que, por unha banda, o estudiantado, segundo o artigo 33.g) dos Estatutos da Universidade, ten dereito unha atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral", e por outra banda, de acordo co seu artigo 130.2, tamén ten o deber da "asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obligatorias na programación docente", o alumnado poderá solicitar (ao principio de curso nas datas establecidas por cada Centro ou, posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevenidas) dispensa de asistencia á clase, mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decano ou ao Director de Escola segundo o disposto na Instrución nº1/2017 da Secretaría Xeral.
Os alumnos aos que a Xunta de Centro (ao amparo dá instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) conceda unha dispensa da asistencia a clase, serán informados, atendendo ás súas circunstancias persoais, de como elaborar e entregar aqueles traballos que permitan compensar a falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito a unha avaliación continua segundo as porcentaxes establecidas.
6 créditos ECTS, 150h.
- Horas presencialles: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presencialles: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudo, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h
Preparación do exame 24h.
CONSELLOS PARA SUPERAR A MATERIA
1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a súa acumulación.
2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor, mais tamén de acordo con as propias necesidades e intereses
3) Participación activa nas clases. Isto significa presentar textos, e participar na discusión dos mesmos con vistas á súa interpretación; pero significa sobre todo atender ao profesor tratando de que quede claro o que este quere dicir e preguntando no caso de que así non sexa.
4) Preparación dos exames e traballos seguindo rigorosamente as pautas indicadas.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINXENCIA.
Con respecto ao impacto que diversos escenarios poderían ter tanto na metodoloxía docente como no sistema de avaliación, indicar o seguinte:
METODOLOXÍA DOCENTE
ESCENARIO II: DISTANCIAMENTO
EN XERAL, A METODOLOXÍA TRATARÁ DE MANTER O CRITERIOS E PROCEDEMENTOS SINALADOS NO PRIMEIRO ESCENARIO, COA CONDICIÓN DE QUE NESTE SEGUNDO ESCENARIO OPTARÍASE POR GRAVAR AS SESIÓNS EXPOSITIVAS ASINCRÓNICAMENTE EN STREAM E TANTO AS INTERACTIVAS COMO A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS SERÍAN LEVADAS A CABO SINCRÓNICAMENTE EN TEAMS.
ESCENARIO III: PECHE.
NESTE TERCEIRO ESCENARIO, TRATARÍASE, IGUALMENTE DE MANTER A ALUDIDA METODOLOXÍA. CON TODO, GRAVARÍA AS SESIÓNS EXPOSITIVAS ASINCRÓNICAMENTE EN STREAM E DESENVOLVERÍA TANTO AS INTERACTIVAS, COMO AS TITORÍAS E AS PRESENTACIÓNS DOS TRABALLOS DOS ALUMNOS SINCRÓNICAMENTE EN TEAMS. NA AULA VIRTUAL, ADEMAIS DOS MATERIAIS AO USO, DEIXARÍA TAMÉN POWER POINTS CON GRAVACIÓN DE AUDIO.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
ESCENARIO II: DISTANCIAMENTO
TANTO AS INTERACTIVAS COMO A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS SERÍAN LEVADAS A CABO SINCRÓNICAMENTE EN TEAMS. PARA AQUELES ALUMNOS QUE, POR NON ACOLLERSE Á AVALIACIÓN CONTINUA, TEÑAN QUE SER EXAMINADOS, O EXAME LEVARÁ A CABO NA AULA VIRTUAL EN MODO TAREFA NO TEMPO DE ENTREGA ESTABLECIDO.
ESCENARIO III: DISTANCIAMENTO
TANTO AS INTERACTIVAS COMO A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS SERÍAN LEVADAS A CABO SINCRÓNICAMENTE EN TEAMS. PARA AQUELES ALUMNOS QUE, POR NON ACOLLERSE Á AVALIACIÓN CONTINUA, TEÑAN QUE SER EXAMINADOS, O EXAME LEVARÁ A CABO NA AULA VIRTUAL EN MODO TAREFA NO TEMPO DE ENTREGA ESTABLECIDO.
Benito Arbaizar Gil
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
30.05.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
30.05.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
30.05.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
12.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |
12.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
12.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |