Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS COINCIDENTES COS DO GRAO
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecimentos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecimentos, ideas, cuestións e solucións, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a sua formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
1) Coñecer os autores, textos e conceptos característicos da investigación do problema do coñecemento tanto na época antiga, como na moderna e contemporánea.
2) Comprender a significación que o problema do coñecemento ten en cada época.
3) Desenvolver a capacidade de análise, comprensión e explicación de textos fonte da filosofía.
4) Desenvolver a capacidade de debate encol de temas filosóficos.
Tema 1) Aparición da expresión “Teoría do coñecemento” (Erkenntnistheorie) e o problema do coñecemento en perspectiva histórica.
Tema 2) A relación entre a percepción e o pensamento en Platón.
Tema 3) O problema dos principios e da demostración en Aristóteles.
Tema 4) Descartes e a tradición do escepticismo,
Tema 5) A noción de experiencia no empirismo moderno (Locke, Berkeley, Hume).
Tema 6) Kant: o problema do coñecemento puro, as condicións de posibilidade da experiencia e o problema do coñecemento empírico.
Tema 7) A renovación da epistemoloxía no contexto do empirismo lóxico (Russell, Wittgenstein I e o Círculo de Viena).
Tema 8) A superación da epistemoloxía no pensamento contemporáneo (Heidegger, Dewey e Wittgenstein II).
ARCE CARRASCO, J. L.: Teoría del conocimiento, Madrid, Síntesis, 1999.
ARISTOTELES, Tratados de lögica (Organon), 2, vols., Tecnos, Madrid, 1988.
BERKELEY, Tratado sobre los principios del entendimiento humano, Gredos, Madrid, 1982.
BLASCO, J. L. & GRIMALTOS, T: Teoría del conocimiento, Universidad de Valencia, 2004.
CASSIRER, E.: El problema del conocimiento (4 vols.), México, FCE, 1986.
CHISHOLM, R.: Teoría del conocimiento, Madrid, Tecnos, 1982. DANCY, J.: Introducción a la epistemología contemporánea, Madrid, Tecnos, 1995.
DESCARTES, R.: Meditaciones Metafísicas con objeciones y respuestas, Alfaguara, Madrid, 1977.
DEWEY, J. Lógica: teoría de la investigación, F. C. E., México, 1950.
GADAMER, H.G.: Verdad y método, (cap. 10), Sígueme, Salamanca,1992.
GETTIER, E.: ¿Una creencia verdadera justificada es conocimiento? (edición bilingüe) en Disputatio. Philosophical Research Bulletin3 (2013), pp. 185-193. HEGEL, F.: Fenomenología del Espíritu, (Introducción), FCE, México, 2010.
HEIDEGGER, M.: De la esenica de la verdad.Sobre la parábola de la caverna y el Teeteto de Platón, Herder, Barcelona, 2007.
— La época de la imagen del mundo, en Caminos del bosque, Alianza, Madrid, 2005, pp. 63-90.
HUME, D.: Tratado de la naturaleza humana, Tecnos, Madrid, 1988.
KANT, I: Crítica de la Razón Pura, Alfaguara, México-Madrid, 1996.
LOCKE, J.: Ensayo sobre el entendimiento humano, F. C. E., México, 1992.
MUÑOZ, J. & VELARDE, J. (eds.): Compendio de epistemología, Trotta, Madrid, 2000.
POPKIN, R.: Historia del escepticismo desde Erasmo hasta Spinoza, México: F.C.E., 1983.
QUESADA, D.: Saber, opinión y ciencia. Ariel, Barcelona, 2000.
QUINE, W. V. O.: Dos dogmas del empirismo, en Desde un punto de vista lógico. Paidós, Barcelona, 2002, pp. 61-92.
QUISPE, H.: Descartes y el escepticismo, en Areté, 8-2 (1996), pp. . 293-307.
PLATON, Teeteto, Biblioteca Nueva, Madrid, 2003.
— Cuestiones de teoría del conocimiento, Tecnos, 2009.
PRITCHARD, D.: What is this Thing Called Knowledge?, Routledge, Londres – New York, 2009.
RORTY, R.: La filosofía y el espejo de la naturaleza, Cátedra, Madrid, 2001.
— Superando la tradición: Heidegger y Dewey, en Consecuencias del pragmatism, Tecnos, Madrid, 1996, pp. 99-125.
RABADE, S.: Teoría del conocimiento, Akal, Madrid, 1995.
RUSSELL B.: Los problemas de la filosofía, Labor, Barcelona, 1994.
SANFÉLIX, V.: Mente y conocimiento, Madrid, Biblioteca Nueva, 2003.
SELLARS, W.: Ciencia, percepción y realidad, Tecnos, Madrid, 1971.
SOSA, E.: Conocimiento y virtud intelectual, México, FCE, 1992.
— Con pleno conocimiento, Prensas de la Univ. De Zaragoza, Zaragoza, 2014
VILLORO, Luís: Creer, saber, conocer, s. XXI, México, 1992.
WITTGENSTEIN, L.: Tractatus logico-philosophicus, Alianza, Madrid, 2012.
— Investigaciones filosóficas, Instituto de investigaciones filosóficas, México, 1988.
— Sobre la certeza, Gedisa, Barcelona, 1995.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes. CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado. CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía. CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía. CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas. CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar. CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
A adquisición do conxunto de competencias aquí referido avaliarase a través das diferentes actividades a realizar durante o curso.
As SESIONS EXPOSITIVAS adicaranse a desenvolver os contidos por parte da profesora, que colgará na aula virtual materiais idóneos para o estudo de cada tema, complementarios da exposición na aula e fará as indicacións pertinentes para a localización dos conceptos fundamentais nos textos fonte.
As SESIONS INTERACTIVAS adicaranse ao traballo de comentario de texto, na modalidade de seminario, da Crítica da razón pura de Kant (Dedución trascendental das categorías).
As TITORIAS (ou ben no despacho ou ben online) servirán para resolver dúbidas de xeito personalizado, así como para orientar na planificación dos traballos obrigatorios da asignatura.
TRABALLO AUTONOMO DO ALUMNADO
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de elaboración propia.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
- Capacidade de xestión do tempo.
As competencias avaliadas nesta materia son as seguintes:
CG1 (avaliarase mediante o exame da materia), CG2 (avaliarase mediante o traballo da materia), CG4 (idem), CB1 (avaliarase mediante o exame da materia), CB2 (avaliarase mediante o traballo da materia), CB4 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia),
CB5 (avaliarase mediante o exame da materia), CE1 (idem), CE6 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia), CE7 (avaliarase mediante o traballo da materia), CT01 (avaliarase mediante o traballo e o exame da materia), CT02 (avaliarase mediante o traballo da materia), CT03 (idem).
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Na oportunidade de xuño existen dúas modalidades de avaliación: contínua e non-contínua, tal como se detalla a continuación.
AVALIACION CONTINUA
A avaliación realizarase atendendo a tres aspectos:
Asistencia: Non computa para a nota. Realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 4 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
Participación: (VALOR: 40 % da nota) Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito que desenvolva algún aspecto significativo da Crítica da razón pura de Kant. O traballo terá unha extensión máxima de 15 pxs. (Tipo de letra Times New Roman, interliñado 1,5). Os alumnos/as terán a posibilidade de realizar o traballo sobre calquera outro dos autores e textos fundamentais que van ser tratados no curso.
Exame escrito: (VALOR: 60 % da nota) este constará de dúas preguntas teóricas e unha parte práctica consistente nun comentario de texto sobre algún dos textos traballados previamente na aula.
AVALIACION NON CONTINUA
100% Exame final
ALUMNOS/AS REPETIDORES E CON DISPENSA DE DOCENCIA
Teñen a obriga de realizar o exame escrito oficial da materia (60 % da nota) e asemade de presentar un traballo escrito (40% da nota), previo acordo coa profesora.
OPORTUNIDADE DE XULLO
A avaliación de xullo realizarase exclusivamente mediante un exame teórico-práctico similar ao da convocatoria anterior, consistente por tanto nuhna parte teórica (dúas preguntas) e unha parte práctica (comentario de texto). O exame realizarase no mes de xullo na data fixada previamente pola Secretaría do Centro.
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo impresdincible de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura e ordeación das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura da bibliografía e de elaboración de ficheiros e arquivos propios.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos foros da aula virtual e na aula (ben sexa presencial, ben sexa online) e á consulta de dúbidas, tanto na aula (ben sexa presencial, ben sexa online) como nas titorías. Uso intensivo da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral como escrita. Boa disposición para o traballo en grupo, cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2:
Desenvolverase na aula, segundo as quendas que se establezan.
Distínguese entre sesións expositivas e interactivas.
Sesións expositivas (transmisión de contidos fundamentais)
Se a situación obriga a recebir na aula presencial únicamente a unha parte do alumnado e por quendas, a docencia expositiva desenvolverase de xeito síncrono utilizando a plataforma Teams xunto co apoio power points ou eventualmente vídeos que garantan a dispoñibilidade dos contidos para todo o grupo con independencia da quenda de asistencia (presencial ou online). Eses materiais serán depositados tamén na aula virtual para que podan ser recuperados en calquera momento.
Sesións interactivas (traballo de seminario).
- Traballar con textos fonte (páxinas seleccionadas) que ilustren o tema que se está a tratar.
- Formular e resolver dúbidas e preguntas de comprensión tanto dos temas como dos textos.
- Debatir os textos.
Os textos fonte estarán a dispor dos alumnos/as con antelación dabondo na aula virtual.
Arbitraranse foros da materia, de participación obrigatoria (mínimo 3 achegas) sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exploración dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais. Se a situación obriga a recebir na aula presencial únicamente a unha parte do alumnado e por quendas, a docencia expositiva desenvolverase de xeito síncrono utilizando a plataforma Teams.
O sistema de avaliación da aprendizaxe é o que se detalla in supra. O control de asistencia necesario para discriminar entre avaliación continua e non continua farase mediante o autorrexistro dos alumnos/as (anotando o seu nome no chat de Teams e indicando o espazo no que se atopan: aula, espacio online …) Este autorrexistro cotexarase co “informe de asistencia” que emite a plataforma Teams (anovación recente).
En tódalas modalidades de avaliación (continua, non continua, repetidores e con dispensa de docencia) contémplase a realización dunha proba escrita ou exame. De darse os escenarios 2 ou 3 e se o número de alumnos/as o permite, o exame farase presencialmente na aula. De contar cun número excesivamente amplio para os espazos dispoñibles na Facultade optarase por realizar o exame de xeito virtual e síncrono. Os alumnos/as terán a obriga de estar visibles mediante cámara e evitaranse as preguntas de tipo memorístico que podan dar lugar a plaxios, optando por preguntas que obriguen a pensar e redactar de xeito autónomo.
Escenario 3:
Peche de instalacións.
Tal como está concebido o plan de continxencia para o Escenario 2 permite a súa aplicación para o Escenario 3 sen modificación, ca salvedade de que nese caso non haberá presenza na aula de ningún grupo de alumnos e toda a actividade desenvolverase mediante a plataforma Teams, sempre de xeito síncrono nos horarios estipulados pola secretaría do centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 3 |
21.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
21.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
21.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
21.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
21.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
21.01.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
22.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
22.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
22.06.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |