Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Reconstrución filosófica do problema da beleza, como determinación ontolóxica fundamental.
2) Elaboración e comprensión da constitución da Estética como disciplina filosófica.
3) Familiarizarse cos conceptos principais da Estética e os textos fundamentais
4) Comprensión dos problemas estéticos relacionados coas artes no contexto actual.
5) Articulación da problemática da estética en relación co resto das materias filosóficas do grao.
Abordaxe da problemática da estética a partir dunha reconstrución filosófica das grandes liñas do problema da estética na modernidade, dende a súa xenealoxía ata a súa crise, dende a pregunta polo suxeito da experiencia estética ata a crise da arte moderna como culminación do ideal da modernidade estética.
O (dis)curso se articula en tres tempos centrados en tres ideas chave: beleza, gusto, arte.
ESTÉTICA E MODERNIDADE
Tema 1.-
O belo clásico: as súas orixes, a súa natureza, as obras.
Os avatares da mímeses.
Plotino: «a nova estética»
A «estética» cristiana: do Pseudo Dionisio á Escolástica
Tema 2. A constitución da estética como disciplina filosófica: «nacemientos» da estética
Estética e modernidade: a emerxencia do problema do gusto.
O problema do gusto no Elightenment-: Shaftesbury, Addison, Hutcheson, Hume, Burke.
El século da crítica. «Estética» na Aufklärung-: Baumgarten: acta de nacemento da estética. Winckelmann: a «historia del arte». Lessing: “arte pola arte»
Fundamentación do xuízo de gusto, Kant. Crítica do Xuízo: as dúas nocións da estética.
Os catro momentos do xuízo de gusto na “Analítica do belo”. Xuízo de coñecemento e xuízo de gusto. Diferencia: belo, bo, útil e agradable. O xuízo de gusto como xuízo desinteresado. Validez universal obxectiva e validez universal subxectiva. A “finalidade sen fin”. Beleza libre e beleza adherente. O xuízo de gusto como xuízo puro: pracer contemplativo e pracer sensual. A necesidade subxectiva no xuízo de gusto: como se procura a aprobación xeral dun xuízo estético.
A analítica do sublime. A escala humana e o inhumano. A dor que provoca pracer. Definicións e exemplos kantianos do sublime. O sublime matemático e a idea de infinitude. O sublime dinámico na natureza. O sublime e as vangardas. O sublime e a arte contemporánea. O sublime kantiano na filosofía contemporánea.
A teoría kantiana do xenio como teoría kantiana da arte..
A OBRA DE ARTE
Tema 3.- A estética despois de Kant. Idealismo: do “eu absoluto” á “filosofía da arte”.
A lectura de Kant na época da Bildung. Schiller e a educación estética do home.
O romanticismo de Iena, Frühromantik. Invención da crítica e da literatura. A nova categoría do belo: a perda do feo como categoría límite do estético. O novo concepto de obra de arte.
A ironía no romanticismo temperán. A crítica da ironía romántica: Hegel e Deleuze.
O concepto de crítica de arte no romanticismo alemán. A criticabilidade da obra de arte.
Estética e sistema. A estética como filosofía da arte. A arte no “sistema do idealismo”: a filosofía da arte de Schelling.
Tema 4.- A “modernidade estética”
Benjamin. Estética e grande cidade. Valor exhibitivo e valor cultural na obra de arte.
Adorno. Os problemas estéticos na Teoría estética. A perda de obviedade da arte; particularidade e historicidade do seu concepto. A crítica do goce artístico
Mimese e racionalidade na obra de arte. O carácter enigmático da obra de arte. A comprensión e a interpretación da obra de arte. A relación arte e sociedade. O problema da modernidade artística na Teoría estética. A obra de arte autónoma. A arte moderna como expresión do non idéntico.
Tema 5.- Fronte á modernidade estética:
A “superación” da estética en Heidegger. Heidegger e a verdade da obra de arte. A perspectiva ontolóxica sobre a arte.
A crise da modernidade estética e o tema da fin da historia. Xenealoxía de la crisis da modernidade estética. Vangardas e política. Os anos sesenta como configuración estético-política. Ruptura coa idea moderna de obra de arte autónoma. Principio e fin da posmodernidade. A lóxica cultural do capitalismo tardío. Arte histórica e arte poshistórica. A arte despois da morte da arte.
Tema 6.- Crítica á modernidade estética como crítica radical á estética. Perspectivas nietzscheanas e postnietzscheanas.
Da arte no“nacemento da traxedia” á arte como reliquia do pasado en Humano demasiado humano. Contra da catarse: a arte como estimulante para a vida. Beleza, gusto e desinterese como “arte de espectadores”. Contra do pesimismo schopenhaueriano e o “culto romántico do xenio”.
Modos postnietzscheanos de pensar a “tarefa” da arte. A arte como testimonio. O problema del corpo. El problema da imaxe. Pegadas de Benjamin e Heidegger na filosofía da arte contemporánea.
ADORNO, T. W., Teoría estética, Akal, 2004,
AGAMBEN, GIORGIO, El hombre sin contenido, , Barcelona, Áltera, 2005
AGAMBEN, GIORGIO, Idea de la prosa, trad. L. Silvani, Barcelona, Península, 1988
ARENDT, HANNAH, Walter Benjamin; Bertolt Brecht; Hermann Broch; Rosa Luxemburgo, Barcelona, Anagrama, 1971, pp. 7-71
AUMONT, J. La estética hoy (Cátedra)
AZÚA, F.. Diccionario de las Artes (Anagrama)
BENJAMIN, WALTER, El concepto de crítica de arte en el romanticismo alemán, Barcelona, Península, 1988
BENJAMIN, WALTER, La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica, en Discursos interrumpidos(Taurus)
BENJAMIN, WALTER, Libro de los Pasajes, edición de Rolf Tiedemann, trad. L. Fernández Castañeda, I. Herrera, y F. Guerrero, Madrid, Akal, 2005, pp. 37-63
BENJAMIN, WALTER,: Poesía y capitalismo. Iluminaciones II, Madrid, Taurus,
BERLIN, ISAIAH, Las raíces del romanticismo, Madrid, Taurus, 2000
BODEI, R. La forma de lo bello (Antonio Machado libros)
BOURDIEU, P. Las reglas del arte (Anagrama)
BOWIE, ANDREW, Estética y subjetividad. La filosofía alemana de Kant a Nietzsche y la teoría estética actual, trad. E. Leonetti, Madrid, Visor, 1999
BOZAL, VALERIANO (ed.), Historia de las ideas estéticas y de las teorías artísticas contemporáneas, Madrid, La Balsa de la Medusa, Visor, 1996
BRAUDILLARD, J La transparencia del mal (Anagrama)
BRUYNE, E.: La Estética de la Edad Media. Madrid, Visor, 1988.
BÜRGER, PETER, Teoría de la vanguardia, Buenos Aires, Las cuarenta, 2010
BURKE, EDMUND, De lo sublime y de lo bello, Barcelona, Altaya, 1998
CLAIR, JEAN, La responsabilidad del artista. Las vanguardias entre el terror y la razón, Madrid, Visor, 2000
D’ANGELO, PAOLO, La estética del romanticismo, Madrid, Visor, 1998
DANTO, A. C.: El abuso de la belleza. La estética y el concepto del arte. Barcelona,
DANTO, ARTHUR, Después del fin del arte. El arte contemporáneo y el linde de la historia, trad. E. Neerman, Barcelona, Paidós, 1999, especialmente caps. 2 y 8.
DE MAN, PAUL, La ideología estética, Madrid, Cátedra, 1998
DEBORD. G. La Sociedad del espectáculo (Pretextos)
DELEUZE, GILLES, Lógica del sentido, Barcelona, Planeta-Agostini, 1994.
DERRIDA, J.: De la Gramatología. Buenos Aires, S. XXI, 1975
DERRIDA, J.: La diseminación. Madrid, Fundamentos, 1975.
EAGLETON, TERRY, La estética como ideología, Madrid, Trotta, 2006,
ECO, U. Historia de la fealdad (Lumen)
ECO, U.: Historia de la Belleza. Barcelona, Lumen, 2004
FOSTER, HAL, El retorno de lo real. La vanguardia a finales de siglo, Madrid, Akal, 2001.
FRISBY, DAVID, Paisajes urbanos de la modernidad. Exploraciones críticas, Universidad Nacional de Quilmes / Buenos Aires, Prometeo, 2007
GIVONE, S.: Historia de la Estética. Madrid, Tecnos, 1990
GOMBRICH., E. Arte e Ilusión (Debate)
GROYS, BORIS, Obra de arte total Stalin, Pre-textos, Valencia, 2008
GROYS, BORIS, Sobre lo nuevo. Ensayo de una economía cultural, Valencia, Pre-textos, 2005,
Guerrero, Luis Juan, Qué es la belleza, Buenos Aires, Columba, 1956 (Buenos Aires, Las cuarenta, 2011)
HEGEL, G. W. F., Lecciones sobre la estética, Akal, 1989.
HEIDEGGER, M.: Nietzsche. 2 vols., Barcelona, Destino, 2000
HEIDEGGER, MARTIN, “El origen de la obra de arte”, en: Caminos de Bosque, trad. H. Cortés y A. Leyte, Madrid, Alianza, 1996
HEIDEGGER, MARTIN, “Hölderlin y la esencia de la poesía”, México, FCE, 1973, pp. 124-148
HEIDEGGER, MARTIN, “La época de la imagen del mundo”, en: Caminos del bosque, Madrid, Alianza, 2000
HEIDEGGER, MARTIN, “La voluntad de poder como arte”, en: Nietzsche I, Barcelona, Destino, 2000, pp. 19-198
HOBSBAWM, ERIC, A la zaga. Decadencia y fracaso de las vanguardias del siglo XX, Barcelona, Crítica, 2000
JAMESON, FREDRIC, El giro cultural. Escritos seleccionados sobre el posmodernismo 1983-1998, trad. H. Pons, Buenos Aires, Manantial, 1999.
JAMESON, FREDRIC, El posmodernismo o la lógica cultural del capitalismo tardío, Madrid, Trotta, 1996
JIMÉNEZ, M.: ¿Qué es la estética? Barcelona, Idea, 1998
KANT, IMMANUEL, Crítica del juicio, Madrid, Espasa Calpe, 1984; Crítica del discernimiento, Madrid, A.Machado Libros, 2003.
LEYRA, A. Mª: Tiempo de Estética. Madrid, Fundamentos, 1999
LUKÁCS, GEORG, El alma y las formas/ Teoría de la novela, México, Grijalbo, 1985,
LYOTARD, JEAN-FRANÇOIS, La condición posmoderna, Madrid, Cátedra, 1984
Machado Libros. La balsa de medusa)
MARCHÁN, S. Del arte objetual al arte de concepto (Akal)
MARCHÁN, S. La Estética en la cultura moderna (Alianza)
MARCUSE, HERBERT, La dimensión estética, Barcelona, Materiales, 1978
MASOTTA, OSCAR, Revolución en el arte. Pop-art, happenings y arte de los medios en la década del sesenta, Buenos Aires, Edhasa, 2004
MOLES, A. El Kitsch (Paidós)
NEUMANN. E. Mitos de artista (Técnos)
NIETZSCHE, FRIEDRICH, Aurora. Pensamientos sobre los prejuicios morales (1881), trad. G.
NIETZSCHE, FRIEDRICH, El nacimiento de la tragedia, trad. Andrés Sánchez Pascual, Madrid, Alianza, 1994,
NIETZSCHE, FRIEDRICH, Humano demasiado humano, Madrid, Akal, 1996,
ONFRAY, M.: La construcción de uno mismo. La moral estética. Buenos Aires, Perfil, 2000.
Paidós, 2005.
PAJON MECLOY, E.: El irrealismo. Madrid, Fundamentos, 2000
PARDO, J.L. Nunca fue más hermosa la basura (Galaxia Gutenberg)
PAREYSON, L. Conversaciones de estética (Antonio Piedras, Universidad de Puerto Rico, 1979.
RANCIÈRE, JACQUES, El espectador emancipado, Buenos Aires, Manantial, 2010,
RANCIÈRE, JACQUES, El malestar en la estética, Buenos Aires, 2011
RICHTER, HANS, Historia del dadaísmo, Buenos Aires, Nueva Visión, 1973
ROSENKRANZ, K Estética de lo feo (Julio Ollero ed.)
SCHAEFFER, J.P. Adiós a la estética (A. Machado libros)
SCHAEFFER, JEAN-MARIE El arte de la edad moderna. La estética y la filosofía del arte desde el siglo XVIII hasta nuestros días, Caracas, Monte Ávila, 1999
SCHELLING, F. W. J., Filosofía del arte, trad. Virginia López Domínguez, Madrid, Tecnos, 1999,
SCHLEGEL, FRIEDRICH, Poesía y filosofía, Madrid, Alianza, 1994, pp. 47-67
SCHLEGEL, FRIEDRICH, Sobre el estudio de la poesía griega (1797), Madrid, Akal, 1995.
SCHOPENHAUER, ARTHUR, Metafísica de lo bello y estética, trad. J. A. García Martínez, Buenos Aires, CEAL, 1968
SONTAG, SUSAN, Contra la interpretación, Buenos Aires, Alfaguara, 1996,
SONTAG, SUSAN, Estilos radicales, Buenos Aires, Punto de Lectura, 2005,
SOURIAU, E. Diccionario de la Estética (Akal)
SOURIAU, E.. Diccionario de la Estética (Akal)
TATARKIEWICKZ, WLADISLAW, Historia de seis ideas. Arte, belleza, forma, creatividad, mimesis, experiencia estética, Madrid, Tecnos, 1987
TATARKIEWICZ, W.: Historia de la Estética. 3 vols., Madrid, Akal, 1987
TRÍAS, E.El artista y la ciudad (Anagrama)
VATTIMO, GIANNI, Diálogo con Nietzsche, Buenos Aires, Paidós, 2002, pp. 159-196
VATTIMO, GIANNI, El fin de la modernidad. Nihilismo y hermenéutica en la cultura postmoderna, Buenos Aires, Gedisa, 1986, pp. 49-59.
VATTIMO, GIANNI, La sociedad transparente, Barcelona, Paidós, 1990
WAGNER, RICHARD, El arte del futuro, Buenos Aires, Prometeo, 2011
WELLMER, ALBRECHT, Sobre la dialéctica de modernidad y postmodernidad. La crítica de la razón después de Adorno, Madrid, Visor, 1993FUNDAMENTAL
AMPLIADA
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia ás achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións presentadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, apoiándose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que los estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade para problemas de igualdade e medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos se indican nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, presentar e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Baixo á asunción da vella máxima kantiana segundo á cal “non se aprende filosofía, apréndese a filosofar” o traballo do curso desenvólvese mediante:
Exposicións teóricas do profesor, que deben de ser seguidas con sentido crítico. Estas exposicións non pretenden en ningún caso sentar doutrina. Trátase de marcar unha liña expositiva para configurar problemas. Estas exposición serán presenciais, agás que, consonte ao previsto -escenarios 2 e 3-, a situación obrigue a facelas -parcialou totalmente- on line.
A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará das novidades e na medida do posible se proporcionarán materiais. Cómpre, porén, subliñar que a lexislación vixente impón severos límites legais para subir textos publicados á Aula Virtual. O alumnado debe facer uso da biblioteca e asumir a responsabilidade das ocasionais reproducións.
Recoméndase a adquisición de certas obras de uso intensivo no curso, así como daquelas que deben formar parte da biblioteca persoal dun estudante de filosofía. Non parece abusivo contar con que un/unha estudante universitario/a adquira libros cando menos na medida que os adquiren os estudantes de secundaria.
Lecturas de textos e bibliografía.
Participación do alumnado en clase e actividades de AV.
Diálogo permanente, tanto nas aulas –presencial e virtual– como nas titorías, cuxo uso se recomenda vivamente.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
A asistencia clase é un dereito e unha obriga. O curso é algo que sucede, que ten lugar na clase. A avaliación é unha avaliación do rendemento no curso, non das cualidades de ninguén, nin do saber en xeral dos/das alumnos/as. As obrigas, responsabilidades e competencias do profeso circunscríbense ao curso.
Estar ausente dos lugares nos que se desenvolve o curso, significa non seguir o curso. A efectos de avaliación resulta irrelevante a causa pola que un/unha alumno/a non sigue adecuadamente o curso –i.e. non asiste ou non asiste con regularidade–.
Na aula é onde o curso se materializa, toma corpo, se concreta. A partir de aí comeza o traballo autónomo da/do alumno/a. Aquelas persoas que non manteñan a asistencia regular es desvinculen do desenvolvemento do curso, aparte de non poder ser avaliado/as pola participación no mesmo, han de ter en conta que, na medida en que estean fóra do réxime normal do curso, o profesor non se pode comprometer a establecer programas persoalizados de preparación da materia.
Partindo pois dun seguimento regular do curso, o traballo do alumnado articularase deste xeito:
(1) Sesións EXPOSITIVAS: asistencia activa e crítica.
(1) Sesións INTERACTIVAS: a) presentación de textos e comentarios; b) lectura dos textos, acreditada mediante a participación e a eventual elaboración de “fichas de lectura”.
(2) Lectura dos textos; traballo de estudo e documentación. Cómpre ter en conta que o desenvolvemento dunha materia comporta esixencias que non poden nin deben ser programadas porque basicamente teñen un carácter persoal. O estudoso de calquera disciplina, pero moi especialmente no caso da filosofía, debe saber recoñecer as súa necesidades e tratar de satisfacelas, coa axuda do profesor, pero tamén ca máxima autonomía. O “topos” referencial do estudante non debe ser a aula, senón a biblioteca, a cal hoxe ten unha gran extensión virtual.
(3) Participación asidua e activa na AULA VIRTUAL. Realización das actividades que se indiquen dentro da aula virtual –AV– En calquera dos chamados “escenarios” a AULA VIRTUAL constitúe un esencial instrumento de traballo e intercomunicación. Ademais de servir para manter unha via de comunicación permanentemente aberta e facilitar a distribución de materiais, permite o desenvolvemento de tarefas. Entre estas cómpre subliñas os FOROS DE CONSULTA E DEBATE.
(4) Realización dos exames.
(5) O profesor está ao servicio do alumnado. Os/as alumnos/as deben seguir o traballo do profesor con actitude crítica e autonomía intelectual: deben seguir as pautas, pero tamén discutilas; o profesor debe de ser interpelado, débese requerir del axuda e asistencia mantendo con este unha tensión crítica.
REQUISITOS PARA AS AULAS
Participación activa.
Por asistencia entendemos “asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia de como mínimo el 80% das sesines habidas.
Aqueles/as alumnas/os que asistan a menos da metade (50%) das sesiónes habidas serán considerado/as “absentistas”
En todas as sesións -incluídas as eventualmente on line- haberá un control de asistencia.
A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”.
Con respecto ás CLASES PRESENCIAIS: na primeira sesión estableceranse acordos firmes no relativo ao momento de comezo e final efectivos das sesión, sempre no ben entendido de que: a) unha vez pechada a porta da aula ninguén debe entrar, b) unha vez comezada a clase só se poderá abandonar a aula excepcionalmente e por motivos xustificados. Quen polo motivo que sexa excepcionalmente abandone a aula non pode volver a entrar na mesma sesión O abandono inxustificado da aula será considerado como inasistencia e afectará á avaliación continua.
O control de asistencia farase ao principio da clase.
A) Norma xeral: “avaliación continua” asistencia regular: [alumnas/os con asistencia igual ou superior ao 80% das sesións]
• Asistencia regular a clase 10 ptos.
• Participación 0-30 ptos.
• Exames 0-60 ptos.
Para acadar a suficiencia é necesario: 1) Obter no cómputo global un mínimo de 50 puntos. 2) Aprobar (10 puntos sobre 20) cando menos unha das tres cuestións e obter unha cualificación superior aos 7 puntos (sobre 20) e todas e cada unha das cuestións.
Exame final presencial: tal e como está legalmente establecido haberá un exame final presencial na data oficial. Esta será unha proba complementaria do ‘non presencial’; tratarase de desenvolver dúas ou tres cuestións análogas non as mesmas ás desenvolvidas no exame ‘no presencial’, que constitúe a base de cualificación.
Na convocatoria de segunda oportunidade os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non tiveran acadado a suficiencia terán que reelaborar as mesmas cuestións formuladas para a primeira oportunidade.
B) Norma excepcional asistencia irregular [alumnas/os con asistencia superior ao 50% pero inferior ao 80% das clases habidas → sen “avaliación continua”:]
Estas/os alumnas/os tendo renunciado á asistencia regular renuncian tamén á avaliación continua asistencia e participación; quedando a súa avalición reducida ao exame final puntuación: 0-60 puntos
Estos/as alumnos/as ademais das probas non presenciais, deberán facer un exame final convencional: cuestións formuladas e respondidas na aula no día e na hora do exame. A puntuación final será la media das obtidas no presencial e no non presencial.
C) Alumnas/os absentistas: asistencia inferior ao 50%: non avaliables.
Aqueles/as alumnos/as que estando matriculados/as non seguen o curso: (a) no teñen dereito a ser avaliados/as, basicamente porque (b) non poden ser avaliados/as, posto que a avaliación se refire ao rendemento no curso no que están matriculados/as.
N.B. Na USC aqueles/as alumnas/os que por xustificados motivos non poidan asistir á clase poden solicitar “dispensa de asistencia”, nos términos que a propia norma prevé e sen que, en todo caso, se abra para eles/as un curso distinto. Os/as profesores/as só estamos obrigadas/os a establecer unha forma específica de avaliación. Ademais deso, obviamente, na medida ase nosas posibilidades, atendemos e axudamos a estas/os alumnas.
Este procedemento de avaliación responde aos siguintes criterios:
Calquera alumna/o que sega regularmente o curso, cunha mínima participación, cunha lectura regular de textos e dedicando un tempo de estudio razonable poderá superar a materia sen dificultade.
Os criterios de avaliación son: participación, lectura de textos, traballo continuado -tamén de documentación e ampliación-, comunicación, coñecementos, claridade e rigor conceptual, orde expositiva, calidade da expresión (escrita e oral).
Os exames non presenciais son exames (desenvolvemento de cuestión tratadas, na forma e no marco en que foron tratadas) non “traballos”. No seu momento daranse pautas de realización que convén seguir rigorosamente. Propoñerase unha ou varias cuestións relativas aos temas e problemas tratados no curso e que han de ser respondidas sobre a base dos textos e as liñas marcadas no curso. Isto non significa que cada quen non poida orientar a súa exposición da maneira que mellor se acomode á súa comprensión. O que nunca debe facer é reformular –implícita ou explicitamente– a cuestión temática proposta.
Por iso cómpre recordar que se trata dun exame e non dun traballo. Un exame que só se diferencia dos convencionais exames presenciais en que non o é. E non ó é para evitar determinados trazos do exame presencial que resultan prexudiciais para avaliación nunha materia desta índole. No exame “non presencial” prima a composición, a articulación do tema; e a calidade da articulación correlaciona coa claridade conceptual e a capacidade expositiva. Se trata de saber ata que punto cada alumno/a comprende os problemas; e para iso non sirve de nada saber o que non sabe; só importa saber como sabe o que sabe.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
Quen teña “dispensa de asistencia” a clase será avaliado/a mediante un exame final na data oficial sobre os contidos da materia; a menos que en función do traballo desenvolvido en conexión cos profesores estes establezan outra(s) proba(s) complementaria(s) ou alternativa(s) ao exame final; sempre, claro está, coa explícita conformidade da persoa interesada.
Recomendamos, en consecuencia, aos/ás alumnos/as con “dispensa de asistencia” que canto antes -dende o mesmo momento en que decidan solicitala- se poñan en contacto cos profesores para establecer obxectivos e unha metodoloxía de traballo que permita superar o curso da maneira máis satisfactoria e proveitosa posible.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
EXAMES CG1 CG4 CB1 CB5 CT01 CE1 CE2
Participación e actividades na AULA VIRTUAL CG2 CG3 CG4 CG5 CB2 CB3 CB4 CB5 CT01 CT02 CT03 CE1 CE2 CE4 CE5 CE6 CE7
Participación e actividades na AULA PRESENCIAL CG5 CB4 CT01 CT02 CT03 CE5 CE6 CE7
6 créditos ECTS, 150h.
- Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h
Preparación do exame 24h.
1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a acumulación
2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3) Participación activa nas clases.
4) Participación activa na AV, a empezar polo(s) foro(s).
Todas as dúbidas e/ou consideracións relativas á comprensión dos textos e en xeral das materias do curso deben de ser trasladadas aos) foro(s), ámbitos abertos ao debate, nos que cualquera pode y debe responder calquera intervención, xa sea dun/unha compañeiro/a ou do profesor.
5) Preparación dos exames seguindo rigurosamente as pautas indicadas
Este programa está suxeito ás adaptación necesarias segundo as circunstancias epidemiolóxicas e as normas dictadas polas autoridades académicas.
PLAN DE CONTINXENCIA
Consonte ao PLAN DE CONTINXENCIA, aprobado en Consello de Goberno de 30 de abril de 2021, para o caso en que a situción sanitaria nos leve ao chamado “Escenario 2” ou ao chamado “Escenario 3” a metodoloxía de traballo permite unha acomodación espontánea. O uso da Aula Virtual será basicamente o mismo pero cobrará unha importancia relativa maior a participación na mesma. As titorías serán telemáticas en ambos os dous escenarios. Con respecto á bibliografía non é necesario introducir cambios sustanciais. Insistimos na importancia da participación activa en calquera dos escenarios.
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza: As clases presenciais serán sustituídas por sesións telemáticas en Teams.
Sistema deavaliación e aprendizaxe: non hai cambios
Escenario 3
Metodoloxía da ensinanza: As clases presenciais serán sustituídas por sesións telemáticas en Teams.
Sistema de avaliación e aprendizaxe: Os/as alumnos/as con asistencia irregular -menor do 80% e maior do 50%- o exame presencial será sustituído por un exame a redactar no día e horario fixados para o exame final, coa cámara encendida. Cumprida a hora límite o examen será subido á Aula Virtual. Con vistas a una más rigurosa avaliación do mesmo os/as alumnas/os poderán ser chamados/as para, en sesión telemática, comentar o exame co profesor.
No Escenario 3 os/as alumnos/as con dispensa de asistencia terán dereito a un exame análogo ao dos/das alumnos/as con asistencia irregular.
Rafael Victor Martinez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812512
- Correo electrónico
- rafael.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
29.05.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
29.05.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
29.05.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
13.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
13.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
13.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |