Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura e o comentario de textos filosóficos.
3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.
Primeira parte
Tema 1. Revisión dos conceptos básicos en ética
Tema 2. Concepcións contemporáneas da xustiza
Tema 3. O debate actual entre distintas teorías éticas
Tema 4. O igualitarismo contemporáneo
Tema 5. Imparcialidade e parcialidade
Tema 6. Introdución á teoría da decisión
Tema 7. Teoría da guerra xusta
Tema 8. A consideración moral: problemas prácticos
Segunda parte
1. Éticas clásicas da xustiza
1.1. Aristóteles: a virtude da xustiza
1.2. Kant: o deber e a responsabilidade
1.3. Mill: o principio de utilidade
2. Éticas dos coidados
2.1. Coidar e curar
3. Ética feminista
3.1. Nacemento e morte
En galego/portugués
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Sidgwick, Henry, Os métodos da ética, Lisboa: Gulbenkian, 2013.
Singer, Peter, Escritos sobre uma vida ética, Lisboa: Dom Quixote, 2000.
G. Soto, Luís, Guerra, paz e violencia, A Coruña: Espiral Maior, 2003.
En castelán (inclúese nesta lista a bibliografía non dispoñible en galego/portugués)
Amorós, Celia, “Ética sartreana de la ayuda y ética feminista del cuidado”, en Investigaciones fenomenológicas: anuario de la Sociedad Española de Fenomenología, 2005, n. 4, pp. 57-85.
Aristóteles, Política. Madrid: Alianza, 2012.
Aristóteles, Ética a Nicómaco. Madrid: Alianza, 2014.
Benhabib, Seyla, "El otro generalizado y el otro concreto: La controversia Kohlberg‐Gilligan y la teoría feminista.”, en Seyla Benahabib e Drucilla Cornell (eds.), Teoría feminista, teoría crítica. Valencia: Alfons el Magnànim, 1990, pp. 119-150.
————"Una revisión del debate sobre las mujeres y la teoría moral", Isegoría, 6, Noviembre 1992, Madrid, pp. 37-73.
Camps, Victoria (ed.), Historia de la ética. 1, De los griegos al Renacimiento. Barcelona: Crítica, 1988.
———— Historia de la ética. 2, La ética moderna. Barcelona: Crítica, 1992.
———— Historia de la ética. 3, La ética contemporánea. Barcelona: Crítica, 1989.
Canto-Sperber, Monique (dir.), Diccionario de ética y de filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2001.
Dworkin, Ronald M., Ética privada e igualitarismo político, Barcelona: Paidós, 1993.
Fraser, Nancy, “Sobre la justicia. Lecciones de Platón, Rawls e Ishiguro” en Los talleres ocultos del capital. Madrid: Traficantes de sueños, 2020, pp. 191- 201.
Gilligan, Carol, La moral y la teoría. Psicología del desarrollo femenino. México: Fondo de Cultura Económica, 1985.
Held, Virginia, “Nacimiento y muerte”, en Dilemata, Revista internacional de Éticas Aplicadas, 31, 2020, pp. 1-25.
Jaggar, Alison M., “Ética feminista: algunos temas para los años noventa”, en Carme Castells (comp). Perspectivas feministas en teoría política, Barcelona: Paidós, 1996, pp. 167-184.
———— “Ética feminista”, en Debate feminista, Vol. 49, pp. 8-44, 2014.
Kant, Immanuel, Fundamentación de la metafísica de las costumbres, México: Editorial Porrúa, 1975.
Mill, John Stuart, El utilitarismo, Madrid: Alianza, 2005.
Nagel, Thomas, La muerte en cuestión: ensayos sobre la vida humana, Ciudad de México: FCE, 1981.
Nozick, Robert, Anarquía, Estado y utopía, Ciudad de México: Fondo de Cultura Económica, 1988.
Parfit, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
———— Personas, racionalidad y tiempo, Madrid : Síntesis, 2004.
Singer, Peter (ed.), Compendio de ética, Madrid: Alianza, 1995.
Resnik, Michael D., Elecciones: una introducción a la teoría de la decisión, Barcelona: Gedisa, 1998.
The Care Collective, El manifiesto de los cuidados, Barcelona: Bellaterra Edicions, 2020.
Williams, Bernard, Nagel, Thomas & Rosell, Sergi, La suerte moral, Oviedo: KRK, 2013.
Young, Iris Marion, Justicia y política de la diferencia. Madrid: Cátedra, 2000.
En inglés (inclúese nesta lista a bibliografía non dispoñible en galego/portugués nin en castelán)
Crisp, Roger, Reasons and the good, Oxford: Oxford University Press, 2006.
Fieser, James & Dowden, Bradley, Internet Encyclopedia of Philosophy, 1995-2015, htt
1. Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2. Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Aulas expositivas
O fin das aulas expositivas é a presentación dos problemas tratados na materia, e a clarificación da natureza destes, na aula. Na aula expositiva de cada semana será exposto un tema que logo será discutido na aula interactiva da semana seguinte.
Aulas interactivas
As aulas interactivas teñen como obxecto o traballo colectivo dos contidos impartidos coa participación activa do estudantado. Tal traballo levarase adiante mediante diferentes medios, como a análise de casos, o debate, a análise de textos, ou a redacción colectiva de contidos, entre outros.
Hai dúas maneiras de superar a materia. A primeira, no transcurso do curso, a segunda, no exame final. Quen non supere a materia do primeiro xeito, poderá facelo do segundo, tanto na primeira como na segunda oportunidade. No transcurso do curso, cada unha das partes será avaliada consecutivamente e de xeito separado. No exame final, haberá unha pregunta relativa a cada parte. Se alguén aproba unha parte mais non a outra no transcurso do curso, poderá presentarse ao exame para avaliarse unicamente da outra parte da materia.
AVALIACIÓN NO TRANSCURSO DO CURSO
Primeira parte
Para superar a primeira parte da materia será precisa a entrega de dúas cousas:
(1) Un ensaio sobre un dos problemas tratados no curso. Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos:
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordenada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algún dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está dispoñible na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
· Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interliñado 1,5, parágrafo xustificado, sen portadas).
· Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
(2) Un conxunto de resumos dos contidos impartidos no curso e tarefas específicas vencelladas a estes que se indicarán ao longo do curso
Segunda parte
Para superar a segunda parte da materia, en réxime de avaliación continua, será preciso
(1) ter asistido a un 80% das clases interactivas e ter entregado os correspondentes comentarios/tarefas (un por clase interactiva) que se indicarán ao longo do curso e
(2) aprobar o exame parcial, que avaliará a comprensión dos contidos da segunda parte da materia mediante o formato de dúas preguntas (3 puntos cada unha) e un comentario de texto (4 puntos) que se fixará na primeira semana da segunda parte.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Na cualificación final do curso a primeira parte contará o 60% da nota, e a segunda parte o 40%.
· Nos resumos e ensaios avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise. A experiencia na presentación oral non será avaliada, mas adquirirase nas prácticas.
· Nos exames valorarase a exactitude e amplitude en coñecementos das respostas, avaliándose o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, mais tamén a capacidade de comprensión das fontes lidas e a capacidade de composición de textos.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
Se alguén copia en calquera momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algún texto escrito por outras persoas (en ensaios ou prácticas); (b) responder as cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos e prácticas similares que vulneren a honestidade intelectual.
Tempo de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS). Estas horas repártense da seguinte maneira:
1) Horas presenciais semanais: 2 horas (docencia expositiva) e 2 horas por grupo (docencia interactiva). No total, 72 horas no semestre. Incluíndo 3 horas de tutorías grupais por grupo, 75 horas.
2) Horas non presenciais semanais: 2 horas, recomendadas para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 24 horas no semestre (traballo do/a aluno/a).
3) Tempo de estudo semestral: aproximadamente, 51 horas (traballo do/a aluno/a).
1) Lectura previa ás aulas, e relectura posterior, dos textos.
2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindiblemente nas clases prácticas.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.
Polo que respecta á actividade formativa (desenvolvemento da docencia, realización de probas, etc.), serán de aplicación todas as disposicións da USC (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, etc.) e da lexislación xeral atinentes.
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Dayron Aldebar Teran Pintos
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- dayron.teran.pintos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Martes | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
23.01.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
23.01.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
23.01.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
23.01.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
23.01.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
23.01.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
11.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
11.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |