Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A hermenéutica filosófica tivo historicamente dúas orientacións ben definidas. Por unha parte, a hermenéutica foi unha disciplina auxiliar encargada da correcta interpretación dos textos filosóficos. Pola outra, e canto máis nos achegamos á contemporaneidade, foi adquirindo un lugar central na construción dialóxica do discurso filosófico. Rematada a época dos grandes sistemas filosóficos e instalados no permanente "conflito de interpretacións" que xeran os textos filosóficos varios autores achegáronse a hermenéutica como koiné da filosofía actual. Por esta razón, o programa da materia ofrece unha visión histórica e as razóns que levaron a esta disciplina a converterse nunha das correntes actuais da filosofía
Tema 1. A Hermenéutica Filosófica: concepto e problema.
Tema 2. Teorías antigas e medievais da interpretación.
Tema 3. O nacemento da Hermenéutica Filosófica.
Tema 4. A Hermenéutica Contemporánea.
Obras de referencia e consulta
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Historia de la Hermenéutica. Madrid, Sindéresis, 2020.
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol I. O discurso filosófico, Vigo, Galaxia, 2019.
AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO, Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol II. Historia da interpretación filosófica. Vigo, Galaxia, 2020.
Básica
SCHLEIERMACHER, F.: Los discursos sobre Hermenéutica, Universidad de Navarra, Pamplona 1991.
DILTHEY, W.: El surgimiento de la hermenéutica, Istmo, Madrid 2000.
HEIDEGGER, M.: Ontología. Hermenéutica de la facticidad, Alianza, Madrid 1982.
GADAMER, H.-G.: Verdad y método. Fundamentos de una hermenéutica filosófica, Sígueme, Salamanca 1988.
GADAMER, H.-G.: Verdad y Método II, Ed. Sígueme, Salamanca 1992.
RICOEUR, P.: Del texto a la acción. Ensayos de Hermenéutica, FCE, México, 2002.
RICOEUR, P.: La metáfora viva, Europa, Madrid 1980.
Complementaria
BECHOT, M., e ARENAS-DOLZ, F. (dirs.) 10 palabras clave en Hemenéutica Filosófica, Estella, Verbo Divino, 2006.
FERRARIS, Maurizio, Historia de la Hermenéutica, Siglo XXI Eds. Madrid 2002.
FERRARIS, M., La hermenéutica, Madrid, Cristiandad, 2004
MACEIRAS FAFIÁN, M. y TREBOLLE BARRERA, J.: La hermeneutica contemporánea, Ed. Cincel, Madrid 1995.
MURA, G.: Ermeneutica e verità. Storia e problemi della filosofia dell'interpretazione, Roma 1990.
VV.AA, Diccionario de Hermenéutica, Universidad de Deusto, Bilbao, 1997.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Hermenéutica Filosófica como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE1.- Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Hermenéutica Filosófica, seguindo a súa historia e o seu reflexo nas formulacións contemporáneas.
CE3.- Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4.- Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6. - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8.- Desenvolvemento do razoamento crítico.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na Hermenéutica Filosófica. A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais baseado en problemas e orientado á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita e presentación oral de 5 disertacións filosóficas onde se apliquen os conceptos fundamentais das teorías hermenéuticas presentadas nas sesións expositivas polo docente.
Ao comezo do curso, cada alumno e alumna deberá seleccionar unha obra filosófica, literaria, manga, etc., que xa teña lido previamente e que sexa coidado polo alumna ou alumno como un “clásico”.
- Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa con base nunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado en formato dixital a través do Campus Virtual da materia. Tamén se facilitará ao alumnado o material didáctico elaborado polo docente.
- Nas aulas interactivas o alumnado presentará oralmente cada unha das súas disertacións elaboradas consonte ao instrutivo facilitado polo docente para cada tema. Este instrutivo conterá tres preguntas xeradoras para orientar a súa elaboración. As presentacións orais terán unha duración máxima de 5 minutos e realizaranse consonte ao instrutivo facilitado polo docente. Ao remate de cada presentación, o alumnado e o docente darán “feedback” ao relator ou relatora tanto en relación ás súas competencias e habilidades para a presentación en público como en relación ao contido da súa disertación. O ambiente nas sesións interactivas desenvolverase nun clima de respecto mutuo, crítica construtiva e participación activa de todo o alumnado co obxectivo de fortalecer as competencias e habilidades para a presentación en público, o feedback e o diálogo construtivo. En caso de persoas que sintan medo escénico ou experimenten sentimentos de timidez, recoméndase poñerse en contacto co docente para procurar alternativas á presentación oral en aula.
-Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas cos docentes sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración das disertacións filosóficas, e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
1.- Avaliación continua:
Terá dereito á avaliación continua da materia o alumnado que asista regularmente ás sesións presenciais (expositivas e interactivas) cun máximo de 4 ausencias non xustificadas.
A asistencia é requisito fundamental para acadar o desenvolvemento das competencias e obxectivos de aprendizaxe da materia.
A avaliación continua consistirá na elaboración de 5 disertacións filosóficas cunha extensión máxima de entre 900 e 1.000 palabras cada unha relativas á aplicación das teorías e conceptos hermenéuticos explicados nas sesións expositivas.
Estas disertacións realizaranse con base na lectura, audición ou visionado da obra (libro, novela, manga, película, obra de arte, novela gráfica, etc.) seleccionada polo alumno/a ao comezo do curso e sobre o que se realizará a aplicación das teorías e conceptos hermenéuticos explicados nas sesións expositivas.
As disertacións serán entregadas a través do Campus Virtual unha vez realizada a presentación oral. O docente devolverá corrixidas as disertacións xunto coa rúbrica de valoración das disertacións.
En caso de non aprobar a materia pola avaliación continua, o alumno/a deberá realizar unha nova entrega das disertacións suspensas nas datas oficiais dos exames de 1ª ou 2ª oportunidade. A nota das disertacións aprobadas conservarase.
O alumno/a que non estea exento de docencia e non asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e non entregue en prazo as tarefas vinculadas á avaliación continua perderá o dereito a ser avaliado na convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade.
2.- Exame final: exclusivamente para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade. As datas oficiais dos exames (1ª e 2ª oportunidade) son consultables na web do Grao e na secretaría administrativa. O exame consistirá en 2 preguntas con base nos epígrafes dos temas descritos na sección 4 desta Guía Docente. Para aprobar o exame deberase obter como mínimo un 5 en cada unha das 2 preguntas.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a aulas deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia. Este alumnado poderá concorrer á avaliación continua mediante a entrega das 5 disertacións filosóficas ou ben será avaliado a través dun exame final. Para o seguimento do curso, terá os materiais empregados nas aulas expositivas e interactivas dispoñibles no Campus Virtual da materia. O alumnado deberá comunicar ao docente responsable da materia por que modalidade de avaliación opta. Ao alumnado dispensado de aulas permitirase a entrega única e conxunta das actividades que integran a avaliación continua até o último día de aulas do semestre. De todos os xeitos, recoméndase o cumprimento dos prazos de entrega fixados para o alumnado sen dispensa de asistencia co fin de facilitar a efectiva avaliación continua do alumnado que goce da dispensa.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
- Asistencia e participación: Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. 10%
- Disertación filosófica: Elaboración de 5 disertacións filosóficas dun máximo de entre 900 e 1.000 palabras cada unha. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema e o rigor argumentativo. 90%. (Cada disertación ten un valor do 18%)
- Exame final: Para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade de avaliación. 100%
O tempo de traballo estimado para esta materia de 4,5 créditos é de 112,50 horas, distribuídas do seguinte xeito:
Traballo presencial na aula
Aulas expositivas: 18 h.
Aulas interactivas: 18 h.
Titorías: 2.25 h.
Total: 38.25 horas
Traballo persoal do alumnado
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.): 34.25 h.
Traballos escritos: 40 h.
Total: 74.25 h.
1. Asistir regularmente ás aulas expositivas e interactivas. Pola natureza aplicada e participativa da metodoloxía de ensino-aprendizaxe da materia a asistencia é requisito esencial para un mellor aproveitamento da mesma.
2. Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
3. Realizar exercicios de lectura comprensiva dos textos con base no modelo que facilitará os docente.
4. Realizar exercicios de práctica de escritura da disertación filosófica conforme ás indicacións do docente.
5. Realizar exercicios de autoavaliación conforme á rúbrica de valoración da disertación filosófica que será facilitada ao alumnado.
6. O alumnado deberá entregar xunto coas disertacións filosóficas unha declaración persoal de ausencia de plaxio e orixinalidade que será facilitada polo docente. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Luis Pastoriza Rozas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 5 |
25.05.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
25.05.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
07.07.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
07.07.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |