Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais coincidentes cos do grao
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecimentos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecimentos, ideas, cuestións e solucions, tanto a un público xenral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a sua formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
Obxectivos xerais da materia
1) Afondar na comprensión das actividades que se poden denominar respectivamente 'pensamento filosófico' e 'pensamento científico' e na interrelación entre ambalasdúas.
2) Coñecer os fitos principais no desenvolvemento da historia da filosofía e da historia da ciencia con especial atención á denominada 'revolución científica' e o subseguinte cambio epocal (paso da Edade Media ao Renacemento e á Modernidade).
3) Comprender os vencellos existentes entre unha determinada cosmosivión e a filosofía e a ciencia que se produce nese marco.
4) Comprender a repercusión cultural e social da ciencia e da filosofía.
5) Coñecer os autores, textos, problemas e conceptos mais relevantes para a tematización da relación entre pensamento filosófico e científico.
6) Comprender a diferente visión da natureza na ciencia antiga e na ciencia moderna e contemporánea.
7) Desenvolver un punto de vista crítico sobre o desenvolvemento da ciencia e do binomio ciencia-tecnoloxía.
8) Dotarse de ferramentas para calibrar o alcance e a validez da reflexión filosófica en relación coa ciencia.
9) Desenvolver as destrezas de lectura, comprensión e explicación de textos filosóficos.
10) Fomentar a capacidade de diálogo/debate sobre temas, conceptos e problemas filosóficos (emprego do léxico axeitado, capacidade de argumentación, coñecemento das fontes, escoita atenta e activa dos argumentos contrarios, capacidade para formular réplicas que centren a análise dos temas evitando a dispersión, cultivo do respecto aos interlocutores, valoración do traballo no eido da filosofía como un esforzo real que require unha formación pertinente).
Tema 1: Filosofía e ciencia nos Prolegómenos a toda metafísica futura de Immanuel Kant (introdución teórica para as aulas interactivas).
Tema 2: Orixe e desenvolvemento común de filosofía e a ciencia no mundo antigo.
Tema 3: Galileo Galilei: a constitución da ciencia moderna e as súas repercusións na filosofía.
Tema 4: Descartes: a universalidade do método matemático, ideal de sistema, física copernicana e metafísica moderna.
Tema 5: Newton: ¿ciencia sin metafísica?
Tema 6: Recapitulación sobre Kant: o xuízo sintético a priori como criterio de cientificidade (matemáticas, física, metafísica wolffiana). Xiro copernicano e idealismo trascendental. A noción kantiana dunha metafísica moral. O xuizo reflexionante: ciencias empíricas, estética, teleoloxía. A concepción kantiana da filosofía como sabedoría (Weisheit).
Tema 7: Prospectiva sobre ciencia e filosofía despois de Newton-Kant (ss. XIX-XXI), con especial atención ás claves do desenvolvemento da física contemporánea e ás súas repercusións sobre a filosofía.
ARANA, J. (2005) Los filósofos y la libertad, ed. Síntesis: Madrid.
*ARISTOTELES (1996) Acerca del cielo. Meteorológicas, ed. Gredos: Madrid.
―— (2007) Física, ed. Gredos: Madrid.
AYALA, F. (2009) Darwin y el diseño Inteligente, ed. Alianza: Madrid.
BELTRAN, A. (1983) Galileo, ed. Barcanova: Barcelona.
*BURTT, E. M. (1960) Los fundamentos metafísicos de la ciencia moderna, ed.
Sudamericana: Buenos Aires.
*BRECHT, B. (2012) Vida de Galileo, ed. Alianza: Madrid.
BROOKS, M. (2011) Grandes cuestiones: Física, ed. Ariel: Barcelona.
*CALVO MARTINEZ, T. (1996) Aristóteles y el aristotelismo, ed. Akal: Madrid.
*CANDEL SANMARTIN, M. (2004) Aristóteles y el sistema del saber, en Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía, vol. 14, ed. Trotta: Madrid.
CANGUILHEM, G. (1976) El conocimiento de la vida, ed. Anagrama: Barcelona.
CAPEK, E. (1965) El impacto filosófico de la física contemporánea, ed. Tecnos: Madrid.
CAPELLETTI, A. (1994) Mitología y filosofía: los presocráticos, ed. Cincel: Madrid.
CLARK. S. (2010) Grandes cuestiones: universo, ed. Ariel: Barcelona.
COHEN, B. (1983) La revolución newtoniana y la transformación de las ideas científicas, ed. Alianza: Madrid.
COLLINGWOOD, R. G. (1950) La idea de naturaleza, ed. F. C. E.: México.
COPERNICO, N. (1997) Sobre las revoluciones, ed. Altaya: 1997.
*CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000): Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder: Barcelona, 2000.
CROMBIE, I. M. (1979) Análisis de las doctrinas de Platón, ed. Alianza: Madrid.
FANCOIS, J. (1977) La lógica de lo viviente, ed. Laia: Barcelona.
FERRATER MORA, J. (1979): Diccionario de filosofía, 4 vols., ed. Alianza: Madrid.
FISCHER, K. (1986): Galileo Galilei, ed. Herder: Barcelona.
FORMIGARI, L. (1984) O mundo depois de Copérnico, ediçoes 70: Lisboa.
GALILEO (2003) Diálogos acerca de dos nuevas ciencias, ed. Losada: Buenos Aires.
―— & KEPLER, J. (1990) El mensaje y el mensajero sideral, ed. Alianza: Madrid.
COPERNICO, N. (1997) Sobre las revoluciones, ed. Altaya: 1997.
*CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000): Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder: Barcelona, 2000.
CROMBIE, I. M. (1979) Análisis de las doctrinas de Platón, ed. Alianza: Madrid.
FANCOIS, J. (1977) La lógica de lo viviente, ed. Laia: Barcelona.
FERRATER MORA, J. (1979): Diccionario de filosofía, 4 vols., ed. Alianza: Madrid.
FISCHER, K. (1986): Galileo Galilei, ed. Herder: Barcelona.
FORMIGARI, L. (1984) O mundo depois de Copérnico, ediçoes 70: Lisboa.
GALILEO (2003) Diálogos acerca de dos nuevas ciencias, ed. Losada: Buenos Aires.
―— & KEPLER, J. (1990) El mensaje y el mensajero sideral, ed. Alianza: Madrid.
*GEYMONAT, L.: (1969) Galileo, ed. Península: Barcelona.
—— (1983) Historia del pensamiento filosófico y científico, 3 vols., ed. Crítica: Barcelona.
GUYENOT, E. (1956) Las ciencias de la vida en los siglos XVII e XVIII, ed. UTEHA: México.
*HADOT, P. (1998) ¿Qué es la filosofía antigua?, ed. F.C.E.: México.
HAMELIN, O. (1949) El sistema de Descartes, ed. Losada: Buenos Aires.
JAEGER, W. (1993) Aristóteles, bases para la historia de su desarrollo intelectual, ed. F.C.E.: México.
*JASPERS, K. (1993-1998): Los grandes filósofos, 3 vols., Madrid, Tecnos.
*KANT, I. (1999): Prolegómenos a toda metafísica futura que haya de poder presentarse como ciencia, ed. Akal: Madrid.
*KOYRE, A. (1977) Estudios de historia del pensamiento científico, ed. Siglo XXI: Madrid.
—— (1979) Del mundo cerrado al universo infinito, ed. Siglo.XXI: Madrid.
—— (1990) Estudios galileanos, ed. Siglo XXI: Madrid.
*MARTINEZ MARZOA, F. (1973): Historia de la filosofía, 2. vols., Madrid, Istmo, 1973.
—— (1974) Iniciación a la filosofía, ed. Istmo: Madrid.
—— (1983) “En torno al nacimiento del título 'Filosofía', en Anales de la filosofía, 1 (1983), pp. 177-204.
MAYR, E. (1992) Una larga controversia. Darwin e el darwinismo, ed. Crítica: Barcelona.
—— (1998) Así es la biología, ed. Debate: Madrid.
*REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder.
—— Guía de lectura de la Metafísica de Aristóteles, Barcelona: Herder.
*RIOJA, A. (1999) Teorías del Universo, Vol. 1.: De los pitagóricos a Galileo, y Vol 2: De Galileo a Newton, ed. Síntesis: Madrid.
RUSE, M. (2008) Charles Darwin, ed. Katz: Buenos Aires.
SOLIS, C & SELLES, M. (2005) Historia de la ciencia, ed. Espasa Calpe: Madrid.
SAMBURSKY, S. (1999) El mundo físico de los griegos, ed. Alianza: Madrid.
*TURRÓ TOMAS, S. (1985) Descartes: del hermetismo a la nueva ciencia, ed. Anthropos: Barcelona.
TREFIL, T. (1985) De los átomos a los quarks, ed. Salvat: Madrid.
VV. AA. “La filosofía de los científicos”, Número monográfico de Themata, Revista de Filosofía, 14 (1995).
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes. (Avaliarase mediante a participación nos foros da materia, o exame tipo test e o exame final).
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado. (Avaliarase mediante a realización do traballo obrigatorio da materia) CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía. (Avaliarase mediante a realización do traballo obrigatorio da materia) CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía. (Avaliarase mediante a participación nas aulas interactivas e o traballo obrigatorio da materia) CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (Avaliarase mediante a realización do exame tipo test e do traballo obrigatorio da materia) CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (Avaliarase mediante a participación nas aulas interactivas e nos foros, así como ca realización do exame da materia) CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (Avaliarase mediante a realización do traballo obrigatorio da materia) CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado (Avaliarase mediante a participación nas aulas interactivas e nos foros, a realización do traballo e o exame da materia) CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía (Avaliarase mediante a realización do traballo obrigatorio e do exame da materia).
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas. (Avaliarase mediante a realización dos traballos obrigatorios da materia) CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar (Avaliarase mediante a realización dos foros). CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas. (Avaliarase mediante a realización dos traballos obrigatorios da materia).
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. (Avaliarase mediante a participación nas aulas interactivas e a realización do traballo obrigatorio e o exame da materia) CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. (Avaliarase mediante a participación nas aulas interactivas e nos foros da materia) CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e medioambientais. (Avaliarase mediante a realización do traballo obrigatorio da materia).
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
As sesións expositivas serán desenvoltas pola docente e nelas presentaranse os temas proporcionando asemade indicacións para o seu estudo. O obxectivo destas sesións é proporcionar algúns coñecementos útiles para poder facer balance, de xeito autónomo, encol da orixe común e do desenvolvemento mutuamente condicionado de dous fenómenos tan salientables da cultura occidental como son o pensamento filosófico e o pensamento científico, así como para ser quén de formular de xeito autónomo unha definición preliminar e aproximativa dos mesmos.
As sesións interactivas teñen como función primordial o traballo na modalidade de ‘seminario’ co texto fonte elexido para as mesmas (Prolegómenos a toda metafísica futura, de Immnauel Kant). Máis específicamente:
- Formular e resolver dúbidas e preguntas de comprensión tanto do texto como dos temas que nel aparecen.
- Debatir o texto.
- Formular dúbidas e preguntas de comprensión relacionadas co traballo da materia,
Complementariamente as titorías no despacho servirán para resolver dúbidas de xeito máis personalizado.
TRABALLO AUTONOMO DO ALUMNADO:
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de cara ao exame final.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Para a convocatoria de xuño ofrécense DUAS modalidades de avaliación diferentes.
AVALIACION CONTINUA
A modalidade de avaliación continua ten como prerrequisito a ASISTENCIA, realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 3 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua. Sendo prerrequisito para esta modalidade de avaliación e a asistencia non computa na cualificación.
A avaliación continua comporta os seguintes APARTADOS:
A realización dun EXAME TIPO TEST (VALOR ASIGNADO = 30 % DA NOTA) de coñecementos básicos sobre a filosofía teórica de Kant en xeral e sobre os Prolegómenos a toda metafísica futura en particular. Este exame realizarase nas aulas interactivas da quinta semana do curso e ten como obxectivo garantir a asimilación de conceptos fundamentais para poder proseguir as aulas interactivas nas restantes semanas e meses con coñecemento do autor e do texto e, deste xeito, poder profundar nos problemas filosóficos que se plantexan no mesmo. O test constará de 30 preguntas (0.1 puntos por resposta correcta, as respostas erróneas restaranse da puntuación total). Un bo resultado no exame tipo test garante boas condicións para o seguimento participativo nas aulas interactivas. Os alumnos/as recibirán indicacións sobre os materiais de estudo acaídos para a preparación do exame tipo test.
A realización dun TRABALLO DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 40 % DA NOTA). Este traballo versará sobre o texto de Immanuel Kant, Prolegómenos a toda metafísica futura. As indicacións de tipo formal, así como as referntes ao tratamento do texto e á rúbrica de cualificacións atoparanse a dispor do alumnado na aula virtual da materia. A data de entrega do traballo coincidirá coa data oficial de exame estipulada polo centro.
A realización dun EXAME DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 20 % DA NOTA). O exame consistirá en 4 preguntas de resposta concreta e breve sobre os contidos impartidos nas sesións expositivas da materia. Duración: 1 hora. A data será a estipulada polo centro.
Computarase asemade a PARTICIPACION (VALOR ASIGNADO 10 % DA NOTA) A profesora tomará nota das intervencións pertinentes nas aulas interactivas e alén diso arbitraranse foros para a discusión dos temas fundamentais. Para obter o total da nota (1 punto) serán necesarias 2 achegas en foros diferentes.
AVALIACION NON CONTINUA:
Para alumnos/as que non asistan regularmente ás aulas ou que perdan o dereito á avaliación continua a avaliación constará dos mesmos apartados que no caso anterior, salvo o apartado de participación, pero variando as porcentaxes de cualificación tal como se indica:
EXAME TIPO TEST (VALOR ASIGNADO = 30 % DA NOTA)
TRABALLO DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 40 % DA NOTA)
EXAME DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 30 % DA NOTA)
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA:
(IDEM AV. NON CONTINUA)
EXAME TIPO TEST (VALOR ASIGNADO = 30 % DA NOTA)
TRABALLO DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 40 % DA NOTA)
EXAME DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 30 % DA NOTA)
OPORTUNIDADE DE XULLO:
A avaliación de xullo terá dous apartados, ca seguinte porcentaxe de cualificación:
TRABALLO DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 50 % DA NOTA)
EXAME DA MATERIA (VALOR ASIGNADO 50 % DA NOTA)
As pautas para o traballo da materia serán as mesmas que en xullo. O exame consistirá en 6 preguntas de resposta breve sobre os contidos das aulas expositivas, cunha duración de hora e media e a realizar na data estipulada a este efecto polo centro. O alumnado que se tivera presentado na oportunidade de xuño poderá gardar para xullo aquela nota parcial (ou ben do traballo ou ben do exame) que superara o límite do aprobado.
O dobre do tempo lectivo.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula (presencial ou online) e á consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso intensivo da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral (na aula e nas presentacións) como escrita (nos informes escritos e no exame). Boa disposición para o traballo en grupo, cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
01.06.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
01.06.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
01.06.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
01.06.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
03.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
03.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
03.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
03.07.2023 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |