Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 297.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral, Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obx. 1.: Que os/as estudantes apliquen os coñecementos adquiridos nas diversas materias da titulación na realización dunha actividade profesional.
Obx. 2: Estimulalos a buscar saídas profesionais distintas da ensinanza, principal orientación laboral para moitos dos titulados.
Obx. 3: Familiarizar aos/as estudantes co mundo laboral.
As actividades concretas a desenvolver nas PAE indicaranse no plan formativo de cada unha das prácticas publicado xunto coa convocatoria, segundo o acordado coa institución ou empresa coa se estableceu o correspondente convenio de colaboración.
Non hai
A) Relación da PAE coas competencias básicas do título
Comp. 1 Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
Comp. 2: Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
Comp. 3: Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
Comp. 4: Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
B) Transversais
Comp. 1: Instrumentais: capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
Comp. 2: Persoais: curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
Comp. 3: Sistémicas: capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
- As PAE deben ser realizadas individualmente por cada estudante baixo a dirección dun/ha titor/a externo/a, pertencente á institución ou empresa onde o/a estudante realice as prácticas, e un/ha titor/a académico/a.
As PAE están concibidas de modo que poidan ser realizadas no segundo semestre e o seu número de horas (150 h.) correspóndese cos 6 créditos ECTS que ten asignados no Plan de Estudos.
Unha vez asignadas as prazas correspondentes a cada convocatoria das PAE, cada estudante deberá contactar co/a titor/a académico e co/a titor/a externo co fin de concretar o traballo para realizar, período no que vai realizar as PAE .
Estudante, titor/a académico e titor/a da entidade colaboradora asinarán por triplicado o anexo ao convenio de colaboración entre a USC e a empresa/institución para a realización das PAE, de forma que un exemplar quede en poder do/a estudante, outro da empresa/institución colaboradora e outro no decanato.
O/a titor/a da entidade colaboradora e o/a estudante acordarán o período de realización das PAE e o horario de cada estudante, establecendo, asemade, a programación das tarefas para realizar e orientará o traballo.
O/a titor/a da entidade colaboradora será responsable de expoñer a cada estudante as características do traballo, de orientalo/a no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir un informe final das PAE.
1. Finalizadas as prácticas o/a titor/a externo, no prazo de 15 días naturais, presentará ou remitirá en sobre pechado á Secretaria do Decanato da Facultade de Filosofía, un informe sobre as actividades realizadas polo/a estudante durante o período de prácticas. Con esta finalidade deberá cubrir o formulario establecido para o efecto polo Centro.
O/A alumno/a unha vez rematou as súas prácticas na empresa ou entidade colaboradora terá que presentar unha Memoria final de prácticas, na que describirá e reflexionará sobre o labor desenvolvido ao longo das mesmas. A Memoria deberá presentala impresa na Secretaría do Decanato da Facultade nun prazo non superior a 15 días naturais dende a data de finalización da realización das prácticas, así como enviala en pdf por correo electrónico no mesmo prazo á/ao seu/súa titor/a académico/a. A Memoria final terá unha extensión mínima de 3.000 palabras e máxima de 5.000, e deberá conter, cando menos, a seguinte información:
a) Datos persoais do/a estudante.
b) Entidade colaboradora onde realizou as prácticas, localización e período de realización.
c) Descrición concreta e polo miúdo das tarefas e traballos desenvolvidos e departamentos da entidade aos que estivo asignado/a.
d) Valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e competencias adquiridos en relación cos estudos universitarios.
e) Relación dos problemas expostos e do procedemento seguido para a súa resolución.
f) Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
g) Valoración das prácticas e suxestións de mellora.
2. A avaliación das prácticas será realizada polo/a titor/a académico/a á vista da memoria final de actividades realizada polo/a alumno/a, que suporá un 40% da nota global, e do informe do/a titor/a externo/a, que suporá o 60%.
O/A titor/a realizada a avaliación deberá cubrir o formulario establecido para o efecto na páxina web do Centro. Este formulario deberá ser remitido a Secretaría do Decanato da Facultade.
3. Para cada alumno/a elaborarase unha acta que será asinada polo/a profesor/a da USC responsable da súa titorización. As actas cualificaranse utilizando o réxime ordinario de cualificacións.
4. A mención de “matrícula de honra” poderá outorgarse a aqueles/as estudantes que obteñan unha cualificación igual ou superior
a 9,0 puntos. O seu número non poderá exceder o límite establecido pola USC. Se o número de alumnos/as é inferior a 20, poderase conceder unha matrícula de honor. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas todas as PAE correspondentes ao curso académico. A atribución de outorgar esta cualificación corresponderalle ao/á coordinador/a de prácticas, oídas as propostas dos diferentes titores/as académicos/as.
TIPO DE ACTIVIDADE: PORCENTAXE NA NOTA FINAL
Informe do titor/a externo: 60%
Avaliación da memoria final do/a estudante por parte do titor/a académico/a: 40%
A) Traballo presencial do alumno/a:
- 135 h presenciais na institución/empresa onde realiza as PAE
B) Traballo persoal do alumno/a
- 15 h para elaborar o informe final das PAE
Recomendacións de cara a avaliación das PAE
1) Manter ao longo do período de realización das PAE unha comunicación fluída co/a titor/a externo/a e co titor/a académico/a.
2) Elaboración dunha memoria final que describa de xeito detallado as actividades realizadas e inclúa unha valoración da actividade desenvolvida na institución ou empresa
Recomendacións para o aproveitamento das PAE
1) Coñecemento da/s materia/s relacionadas coa actividade que se desenvolverá nas PAE.
2) Boa disposición para o traballo
3) Adoptar actitudes colaborativas para o traballo en equipo.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Nieves Herrero Pérez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812531
- Correo electrónico
- mnieves.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Barcia Gonzalez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martin Pereira Fariña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Conde Soto
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- francisco.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Javier De Donato Rodríguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- xavier.dedonato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guadalupe Jiménez Esquinas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor