Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Transmitir os contidos fundamentais sobre a Filosofía da Intelixencia Artificial.
- Amosar as cuestións abertas que alimentan a investigación neste eido.
- Alentar a imaxinación e o debate para tratar de facer aportacións propias e contrastar ideas.
- Proporcionar unha formación sólida en Filosofía da Intelixencia Artificial, situándoa no conxunto dos saberes científicos e humanistas, no tecido cultural e na práctica social do mundo contemporáneo.
- Combinar a formación en Filosofía da Intelixencia Artificial co ensino das habilidades precisas para aplicar os coñecementos adquiridos na práctica profesional.
- Xerar capacidade de análise e crítica no eido da Filosofía da Intelixencia Artificial.
- Ser quen de aprender de xeito autónomo as bases da Filosofía da Intelixencia Artificial, usando criterios propios e aplicándoos ao longo da vida.
- Promover os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais na igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Docencia expositiva:
1. Intelixencia Artificial: mito e logos.
1.1 Dos primeros inxenios á conferencia de Dartmouth.
1.2 Punto de inflexión: o Lóxico Teórico.
1.3 A importancia dos xogos.
2. Problemas filosóficos asociados á I.A.: Poden as máquinas...
2.1 pensar?
2.2 ter capacidade lingüística?
2.3 ter conciencia do que fan?
2.4 ser libres ou autónomas?
3. Problemas actuais da Filosofía da Intelixencia Artificial
3.1 O papel da corporalidade en Dreyfus.
3.2 A singularidade tecnolóxica de Kurzweil e o risco existencial de Bostrom.
3.3 A privacidade no capitalismo da vixiancia de Zuboff.
3.4 Chats conversacionais tipo GPT-X e o test de Turing
Docencia interactiva
Básicos de Prolog (PROgrammation en LOGique).
Titorías en grupo para por en común a experiencia formativa
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Bibliografía básica:
Bostrom, N., Superinteligencia: caminos, peligros, estrategias. Teel, 2016. V. orix, 2014.
Clocksin, W. & Mellish, C.S., Programación en Prolog. Gustavo Gili, 1993.
Copeland, J., Inteligencia Artificial. Una introducción filosófica. Alianza Editorial, 1996. V. orix., 1993
Dreyfus, H. L., What computers still can't do : a critique of artificial reason. Cambridge, Massachusetts: MIT, cop. 1992
Dreyfus, H., On the Internet. Routledge, 2001, 2009 (2nd. ed.). Versión en español en editorial UOC, 2003
Floridi, L. & Chiriatti, M., ‘GPT-3: Its Nature, Limits and Consequences’. Minds and Machines, 2020, 30, 681-684
Kurzweil, R., La singularidad está cerca. Lola Books, 2012. V. orix., 2006
McCorduck, P., Máquinas que piensan. Una incursión en la historia y las perspectivas de la inteligencia artificial. Tecnos, 1991. V. orix. 1979.
Searle, J., Mentes, cerebros y ciencia. Cátedra, 1985. V. orig., 1984.
Searle, J. ‘La conciencia’, Diálogos de Bioética, 2007, junio, 1-34. Ver. inglesa en Annual Review of Neuroscience, 2000, vol. 23, 557-578.
Turing, A. M., ¿Puede pensar una máquina?, en A. M. Turing et al., Mentes y máquinas. Tecnos, 1985. V. orig., 1950.
Weizenbaum, J., La frontera entre el ordenador y la mente. Pirámide, 1977. V. orig., 1976.
Zuboff, S. “Big Other: surveillance capitalism and the prospects of an information civilization”, Journal of Information Technology, vol. 30, 2015, pp. 75–89.
Bibliografía complementaria:
Arkin R., Governing letal behaviour in autonomous robotics. CRC Press, 2008
Assimov, I., Yo Robot. Edhasa, 2004
Berners-Lee, T., Tejiendo la Red. Siglo XXI ed., 2000
Boden, M. (comp.), Filosofía de la Inteligencia Artificial, FCE, 1994
Bynum, T. W., and Moor, J. H. (eds.), The Digital phoenix: how computers are changing Philosophy. Blackwell, 1998.
Capelen, H, & Dever, J., Making AI intelligible. Philosophical Foundations. Oxford U. P., 2021
Carter, M. Minds and Computers: An Introduction to the Philosophy of Artificial Intelligence. Edinburgh University Press, 2007
Cave, P. ¿Puede ser Humano un Robot?, 33 rompecabezas filosóficos desconcertantes. Ariel, 2009.
Christakis, N. A. & Fowler, J. H., Conectados. El sorprendente poder de las redes sociales y cómo nos afectan. Taurus, 2010
Dreyfus, H. L., Intelligence artificielle, Mythes et Limites. Flammarion, 1984
Dreyfys, H. L. & Taylor, Ch., Retrieving realism. Harvard University Press, 2015.
Elkins, K. & Chun, J., ‘Can GPT-3 pass a writer’s Turing Test? Journal of Cultural Analytics 5.2, 2020.
Fritz, S. (comp.), Understanding Artificial Intelligence. Warner Books, 2002
Geraci, R., Apocaliptic AI. Visions of Heaven in Robotics, AI and Virtual Reality. Oxford University Press, 2010.
Gunkel, D. The machine question. Critical Perspectives on AI, Robots and Ethics. The MIT Press, 2012.
Himanen, P. La ética del hacker y el espíritu de la era de la información. Destino, 2002
Kaiser, B., La dictadura de los datos. La verdadera historia desde dentro de Cambridge Analytica y de cómo el Big Data, Trump y Facebook rompieron la democracia y cómo puede volver a pasar, Harper_Collins Ibérica, 2019
Mayor, A., Gods and Robots. Myths, machines and ancient dreams of technology. Princeton University Press, 2018.
Minsky, M. La máquina de las emociones. Sentido común, inteligencia artificial y el futuro de la mente humana. Ed. Debate, 2010
Moor J. H. (ed), CyberPhilosophy: The Intersection of Philosophy and Computing, Blackwell, 2002.
Nath, R., Philosophy of Artificial Intelligence: A Critique of the Mechanistic Theory of Mind. Boca Raton, 2009
Nichols, R. & Smith, F. M., Philosophy through Science Fiction: a coursebook with readings, Routledege, 2009.
Nilsson, N., The Quest for Artificial Intelligence. A History of Ideas and Achievements. Cambridge University Press, 2010.
Schneider, S. Artificial You. AI and the future of your mind. Princeton University Press, 2019
Schneier, B. Haz clic aquí para matarlos a todos. Un manual de superviviencia. Temas de Hoy, 2019.
Snowden, E., Vigilancia permanente, Booket, 2020
Shieber, S. M. (ed.), The Turing test: behaviour as the hallmark of intelligence. The MIT Press, 2004
Storrs Hall, J., Beyond AI. Creating the conscience of the machine. Prometheus Books, 2007.
Trillas, E. La inteligencia artificial. Máquinas y personas. Temas de Debate, 1998.
Véliz. C., Privacidad es poder. Datos, vigilancia y libertad en la era digital. Debate, 2019
Zuboff, S., La era del capitalismo de la vigilancia. La lucha por un futuro humano frente a las nuevas fronteras del poder, Paidós, Barcelona, 2020.
Competencias de tipo xeral
1. Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía da Intelixencia Artificial.
2. Aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver os problemas que se presentan na Filosofía da Intelixencia Artificial a un nivel xeral e non especializado.
3. Ter capacidade de transmitir coñecementos, ideas, cuestións e solucións tanto a un público xeral como especializado en temáticas propias da Filosofía da Intelixencia Artificial
4. Amosar capacidade de continuar a formación en Filosofía da Intelixencia Artificial cun alto grao de autonomía.
5. Ter habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía da Intelixencia Artificial.
Competencias de tipo específico
1. Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións e correntes da Filosofía da Intelixencia Artificial.
2. Explicar e estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos propios da Filosofía da Intelixencia Artificial.
3. Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora da Filosofía da Intelixencia Artificial.
4. Saber expresar, comunicar, debater e dialogar acerca da Filosofía da Intelixencia Artificial.
5. Desenvolver razonamiento crítico e compromiso ético no eido da Filosofía da Intelixencia Artificial.
6. Ter sentido social e fomentar a cooperación e a mediación.
7. Ter un espírito construtivo, amosando creatividade e adaptación a novos contextos no eido da Filosofía da Intelixencia Artificial
Traballo presencial nas aulas
(1) Aulas expositivas. Cada tema do programa será obxecto de exposición oral por parte dos/as alumnos/as. A exposición estará sempre aberta á participación e ao debate e será asistida e guiada polo profesor, que suscitará preguntas para que sexan respondidas por todos/as nun debate fructífero.
(2) Aulas interactivas. Propiciarase a participación activa do alumnado, propondo tarefas nas que teñan un papel protagonista, como:
- A resolución de problemas coa linguaxe de programación Prolog.
- O visionado de material audiovisual sobre o que terán que facer anotacións e comentarios para responder a preguntas plantexadas polo profesor na aula.
Traballo autónomo do alumnado
- Resolución de exercicios de programación.
- Exposicións de diferentes puntos do programa.
Actividade titorial en grupo:
Á metade do cuadrimestre programaranse titorias en grupo, para por en común a experiencia formativa recibida ata ese momento e recoller suxestións para a segunda parte do curso, facilitando o profesor asesoramento e orientación sobre as cuestións plantexadas.
(3) A materia dispón de aula virtual.
É posible superar a materia mediante (I) avaliación continua ou (II) realizando o exame final. A avaliacion continua require a asistencia ás aulas.
A avaliación continua constará de:
- Probas de preguntas curtas sobre os diferentes bloques teóricos da materia. Cuestionarios. Exercicios.
- Exposicións de temas do programa
- Optativamente, un traballo breve e orixinal que conteña unha pequena indagación persoal sobre o contido xeral ou parcial da materia. O traballo terá que ser previamente admitido polo profesor.
O exame final constará de 10 preguntas de resposta breve sobre os diferentes contidos da materia.
Dimensións da avaliación:
Avalicación continua:
- Preguntas curtas sobre os diferentes bloques teóricos da materia. Cuestionarios, exercicios de programación: 60%
- Exposicións: 30%
- Traballo breve e orixinal: engadirá ata 1 punto (10%) á cualificación obtida en 1+2.
Examen final:
O alumnado que non opte pola avaliación continua ou que desexe mellorar a nota acadada poderá concorrer ao exame final. Nese caso, a nota definitiva será a do exame final. O exame final constará de 10 preguntas, e cada unha puntúa, como máximo, 1 punto.
Alumnado con exención de asistencia á clase: terá que presentarse ao exame final e será calificado ccn el.
As competencias da materia son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación continua e no exame final.
Normas a ter en conta:
- Non será obxecto de avaliación continua quen non asista ás aulas e que non entregue as tarefas acordadas nos prazos establecidos.
- O/a alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respectando o traballo dos demáis, evitando todo tipo de plaxios e apropiacións indebidas e actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observancia desta norma conlevará non superar a materia nas dúas convocatorias anuais.
Horas presenciais semanais: 51 h.
- Horas expositivas de docencia: 24
- Horas interactivas de seminario de docencia: 24
- Horas de titorías de grupo: 3
Horas non presenciais semanais: 99 h.
- Horas de estudo: 70 h.
- Preparación de probas: 29 h.
1. Actitude activa na aula.
2. Seguimento ó día da materia.
3. Asistencia ás tutorías.
4. Ler, pensar, programar, debatir, escribir.
Non hai.
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812534
- Correo electrónico
- alejandro.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
27.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
04.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
04.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |