Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
PRIMEIRA PARTE
1. Introdución á Filosofía Política. Modelos normativo e realista.
2. Aristóteles e a polis
1.1. Oikos-polis
1.2. Réximes políticos: oligarquía, democracia e república
3. Maquiavelo e a autonomía da política
2.1. A herdanza de Aristóteles e a escolástica
2.2. Os fins e os medios. A razón de Estado
2.3. Fortuna e virtù
2.4. Republicanismo
3. Hobbes e a soberanía
3.1. Razón, autoridade e verdade
3.2. O nacemento do Estado moderno
3.2.1. O estado de natureza
3.2.2. As leis e a liberdade
3.3. Autorización, representación e persoa civil
4. Contratualismo
4.1. Rousseau e a orixe da desigualdade
4.2. Locke a tolerancia
SEGUNDA PARTE
5. Concepcións actuais da xustiza.
5.1. Xustiza distributiva
5.2. Igualdade contra liberdade
5.3. Os individuos futuros e os animais na teoría política
6. Teoría da decisión racional: nocións básicas
1. Bibliografía básica
- Aristóteles: Política. Madrid, Alianza, 2012.
____ La constitución de Atenas, Madrid, Instituto de Estudios Políticos, 1970.
- Hobbes, T.: Leviatán. Editora Nacional, 1983.
- Maquiavelo, N.: El príncipe. Madrid, Alianza, 2010.
_________ Los discursos de la primera década de Titio Livio, Madrid, Alianza, 2020.
2. Bibliografía complementaria
- Agra, M. X.: “Prólogo”, en T. Hobbes, Leviatán. Santiago de Compostela, Fundación BBVA, USC, 2017.
_______ “El feminismo y/en la filosofía política”, en Revista Laguna, 30, 2012, pp. 31-45.
_______ “Ciudadanía: ¿un asunto de familia?”, en Isegoria, 38, 2008, pp. 139-154.
- Álvarez, J.: Política y República. Aristóteles y Maquiavelo, Madrid, Biblioteca Nueva, 2012.
- Amorós, C. y de Miguel, A. (Eds.): Teoría feminista: De la Ilustración a la Globalización.
Madrid: Minerva Ediciones, 2005, 3 vols.
- Bermudo, J.M.: Filosofía política, Barcelona, Ediciones del Serbal, 2001-2005, 3 vols.
- Camps, V.: Introducción a la filosofía política, Barcelona, Crítica, 2001.
- Cardoso Rosas, J.: Manual de Filosofía Política, Coimbra, Almedina, 2020.
- Castells, C. (Comp): Perspectivas feministas en teoría política. Barcelona, Paidós, 1996.
- Cobo, R.: Fundamentos del patriarcado moderno. Jean Jacques Rousseau, Madrid, Cátedra, 1995.
- Durán, A.: Si Aristóteles levantara la cabeza, Madrid, Cátedra, 2000.
-Fraisse, G.: Los dos gobiernos: la familia y la ciudad. Madrid, Cátedra, 2003.
- Ferry L.: Filosofía Política I. El derecho: la nueva querella de los antiguos y los modernos, México. F.C.E., 1991.
- Ferry L. e Renaudet A.: Filosofía Política III. De los Derechos del hombre a la idea republicana, México, F.C.E., 1991.
- Franzé, J.: ¿Qué es la política? Tres respuestas: Aristóteles, Weber y Schmitt. Madrid, Catarata, 2004
- González, J. M.: Metáforas del poder. Madrid, Alianza, 1998.
- Hirschmann, N. J. e Wright, J. H.: Feminist Interpretations of Thomas Hobbes, University Park, USA: Penn State University Press, 2021.
- Kymlicka, W.: Filosofía política contemporánea, Barcelona, Ariel, 1995.
- Moreno, A.: La otra política de Aristóteles. Cultura de masas y divulgación del arquetipo Viril. Barcelona, Icaria, 1988.
- Pateman, C.: El contrato sexual. Ménades Editorial, 2019.
- Petrucciani, S.: “Territorios y preguntas de la filosofía política” en Modelos de filosofía política. Buenos Aires, Amorrotu, 2008, pp. 17-41.
- Pitkin, H. F.: Fortune Is a Woman: Gender and Politics in the Thought of Niccolò Machiavelli. Berkeley, University of California Press, 1984.
- Pocock, J.G.A.: El momento maquiavélico. El pensamiento político florentino y la tradición republicana atlántica, Madrid, Tecnos, 2002.
- Quesada, F. (ed.): Ciudad y ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid, Trotta, 2008.
- Raynaud, P. & Rials, S.: Diccionario Akal de filosofía política, Madrid, Akal, 2001.
- Skinner, Q.: Maquiavelo, Madrid, Alianza, 1984.
- Strauss, L. & Cropsey, J. (comp.), Historia de la filosofía política, México, F.C.E, 1993.
- Vallespín, F. (ed.): Historia de la teoría política, Madrid, Alianza, 1990-1995, 6 vols.
- Viroli, M.: De la política a la razón de Estado. La adquisición y transformación del lenguaje político (1250-1600), Madrid, Ediciones Akal, 2009.
-Wolff, J.: Filosofía Política. Una introducción. Barcelona, Ariel, 2021.
- Zarka, Y.: Figuras del poder. Estudios de filosofía política de Maquiavelo a Foucault, Madrid, Biblioteca Nueva, 2004.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
AULAS EXPOSITIVAS
O fin das aulas expositivas é a presentación dos problemas tratados na materia, e a clarificación da natureza destes, na aula. Aínda que a profesora expoña certos contidos e poida orientar a discusión, a clarificación para o alumnado deses contidos non pode ser acadada sen a participación activa do alumnado nas aulas expositivas. Na aula expositiva de cada semana será exposto un aspecto que logo será discutido na aula interactiva correspondente.
AULAS INTERACTIVAS
As aulas interactivas teñen como obxecto o traballo colectivo nos contidos impartidos coa participación activa do estudantado (como veremos abaixo, tal participación é obrigada para que esta sexa contabilizada para a nota).
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alumnado nas aulas interactivas. Esta é así mesmo moi recomendable nas expositivas.
TITORÍAS DE GRUPO
Para a preparación dos ensaios e dos exames terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía práctica a seguir para superar a materia e se exporá a bibliografía que se pode empregar para a preparación dos exames. Estas terán lugar na metade do curso.
AVALIACIÓN CONTINUA
A materia dividirase en dúas partes con respecto á súa avaliación.
PRIMEIRA PARTE
Contará o 70% da nota final (ou sexa, 7 puntos).
TEORÍA
O exame consistirá en dúas preguntas de desenvolvemento (3 puntos cada unha) e un comentario de texto (4 puntos) e será avaliado sobre 10. Dado que a primeira parte conta o 70% da nota final, o exame contará 4,2 puntos da nota final total.
Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE4, CE5, CE10.
PRÁCTICA
Para superar a materia, en réxime de avaliación continua, será preciso
(1) ter asistido a un 80% das clases interactivas e (2) ter entregado os correspondentes comentarios/tarefas (un por clase interactiva) que se indicarán ao longo do curso. A entrega dos comentarios/tarefas farase pola plataforma no día de asistencia á interactiva correspondente. Para que os comentarios de cada interactiva e a nota da participación oral sexan tidas en conta é requisito cumprir coas dúas condicións: asistencia á clase interactiva e entrega da tarefa correspondente, oral ou escrita, en tempo e forma. De novo, dado que a primeira parte conta o 70% da nota final, a nota da práctica desta primeira parte equivalerá a 2,8 puntos sobre o total de 10.
Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9.
EXAME FINAL
Para as persoas que non vaian superar a materia consonte ás tarefas e exames parciais, da modalidade de avaliación continua, (incluído o alumnado con dispensa (ou exención) de asistencia a clases presenciais) está dispoñible a opción de concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito carreta unha dificultade notable considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Así, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
SEGUNDA PARTE
Contará o 30% da nota final (ou sexa, 3 puntos)
Para superar a segunda parte da materia será precisa a entrega de dúas cousas; cada unha delas contará 5 puntos. Dado que a segunda parte da materia conta o 30%, cada unha destas dúas cousas contará na nota final 1,5 puntos:
(1) Un ensaio sobre un dos problemas tratados no curso que será redactado presencialmente en base a unha pregunta que se fará na aula un día concreto adicado á avaliación. Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos:
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordenada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
(2) Un conxunto de resumos dos contidos impartidos no curso e tarefas específicas vencelladas a estes que se indicarán ao longo do curso.
As persoas que non aproben a materia ao longo do curso, terán a posibilidade de presentar as tarefas e unha nova posibilidade de facer o ensaio na data oficial do exame.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Desta maneira, a distribución da nota fica como segue:
Primeira parte:
Parte teórica (60%)+ Parte práctica (40%).
Para facer media entre teoría e práctica é prerrequisito que se asista e se entreguen as prácticas de como mínimo o 80% das sesións interactivas e que se obteña un mínimo de 4 no exame/ensaio.
Segunda parte:
Ensaio (50%)+Tarefas relativas ás interactivas (50%)
Para superar a materia hai que obter un mínimo de 4/10 na primeira parte.
Deste xeito, nota final sería a suma dos seguintes ítens:
Exame da primeira parte: 4,2
Tarefas das interactivas da primeira parte: 2,8
Ensaio da segunda parte: 1,5
Tarefas das interactivas da segunda parte: 1,5
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calquera momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algún texto escrito por outras persoas (en ensaios ou prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
- Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas
(Total: 51 horas)
- Traballo non presencial: 99 horas
(1) Seguimento das presentacións expositivas
(2) Asistencia e preparación dos exercicios para as interactivas seguindo as pautas indicadas
(3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia
(4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Óscar Horta Alvarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Martinez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Emma Cepeda Mouriño
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- emma.cepeda [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán, Galego | Aula 2 |
31.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
31.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
31.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
28.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
28.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |