Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou prática das seguintes competencias:
A.COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B.COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
C.COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
BLOCO I. As sementes renacentistas do imaxinario político moderno: Maquiavelo.
1. Os textos: O príncipe e os Discursos sobre a primeira década de Tito Livio.
2. Contextos teóricos e linguaxes filosófico-políticos.
3. Recepción e crítica das concepcións teóricas herdadas da tradición antigua e escolástica.
4. Os fundamentos filosóficos e antropolóxicos da política.
5. Unha lectura do Príncipe.
6. Unha lectura dos Discorsi.
7. Fortuna e virtù no republicanismo de Maquiavelo.
8. Maquiavelismo e razón de Estado.
BLOCO II. Hobbes e as políticas da palabra na filosofía política moderna.
1. Os textos: O cidadán, os Elementos de Dereito natural e político, o Leviatán.
2. Contextos teóricos e linguaxes filosófico-políticos.
3. Recepción e crítica das concepcións teóricas herdadas da tradición antiga e escolástica.
4. Os fundamentos filosóficos: o home como ser de desexo e como ser de palabra.
5. O campo semántico do Dereito e a teoría dos dereitos naturais.
6. A condición concurrencial e conflictual do espazo dos relacionamentos inter-individuais.
7. O problema da institución do Estado: a evolución da teoría política hobbesiana.
8. Despois de Hobbes: as metamorfoses da narrativa contractualista nos séculos XVII e XVIII (Locke, Rousseau e Kant).
BLOCO III. A filosofía política de Espinosa.
1. Os textos: O Tratado teolóxico-político e o Tratado político.
2. A filosofía política no corpo textual da Ética III e da Ética IV.
3. Contextos teóricos e linguaxes filosófico-políticos.
4. Recepción e crítica das políticas dos filósofos antigos e contemporáneos.
5. Os fundamentos filosóficos: ontoloxía da potencia e teoría da cupiditas.
6. Imaxinación e razón nos relacionamentos interindividuais.
7. A potencia da multitude e as configuracións da potencia.
8. O Estado “mais natural”: unha libre Res Publica democrática.
1. Bibliografía básica.
1. Maquiavelo.
Maquiavelo, O Principe
- Versión en galego: O príncipe, Santiago de Compostela, USC – Fundación BBVA, 2002.
-Versión en portugués: Lisboa, Circulo de Leitores & Temas e Debates, 2008.
-Versións en castelán: Madrid, Alianza, 1981; Madrid, Espasa-Calpe, 1991; Madrid, Cátedra, 1985; ed. bilingüe, Madrid, Tecnos, 2011; Madrid, Ariel, 2011.
Maquiavelo, Discursos sobre a primeira década de Tito Livio
-Versión en castelán: Madrid, Alianza, 1987; Buenos Aires, Losada, 2003; Madrid, Akal, 2016.
2. Hobbes, Locke, Rousseau, Kant.
Hobbes, O cidadán.
-Versión en portugués: Sao Paulo, Martíns Fontes, 1992 (reedición en 2002).
- Versións en castelán: El ciudadano, versión bilingüe latín-castelán, Madrid, Debate & C.S.I.C., 1993 (reed. monolingue en castelán: Tratado sobre el ciudadano, Madrid, Trotta, 1999; derradeira reedición: Madrid, U.N.E.D., 2009); De cive. Elementos filosóficos sobre el ciudadano, Madrid, Alianza, 2000; De cive (Del ciudadano), Madrid, Tecnos, 2014.
Hobbes, Os elementos de Dereito natural e político.
-Versión portuguesa: Sao Paulo, Ícone Editora, 2002.
-Versión en castelán: Madrid, C.E.C., 1979 (reedición: Madrid, Alianza Editorial, 2005).
Hobbes, Leviatán.
- Versións portuguesas: Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1999, 2ª edición; Sao Paulo, Ícone Editora, 2000; Sao Paulo, Livraria Martins Fontes Editora, 2003.
- Versións en castelán: México, F.C.E., 1940; Madrid, Alianza Editorial, 1989; Madrid, Editora Nacional, 1979 (reedición en: Buenos Aires, Losada, 2004).
3. Espinosa
Tratado político.
-Versión portuguesa: Lisboa, Circulo de Leitores & Temas e Debates, 2008.
-Versións en castelán: Madrid, Alianza, 1986; Santiago de Chile, Editorial Universitaria, 1989
Tratado teolóxico-político.
-Versión portuguesa: Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2004 (3ª ed., íntegramente revisada).
-Versión en castelán: Madrid, Alianza Editorial, 1986.
2.Bibliografía complementaria
En relación ca bibliografía complementaria, de carácter máis específico, necesaria para o estudo de cada un dos temas do programa, a preparación dos exames e das aulas de seminario de textos, ademáis da preparación dos ensaios e a realización doutras actividades prácticas, o profesor suministrará durante as clases referencias de utilidade, proporcionando ademais aos alumnos que o requiran, en horario de tutorías, a información e documentación que precisen. Igualmente, subirá a aula virtual da materia os materiais e recursos necesarios.
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou prática das seguintes competencias:
A.COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B.COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
C.COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alunado dos temas/textos nas distintas sesións. Isto requiere, ademais, a, presentación por parte deles das reseñas personais dos temas da parte teórica do programa, co obxecto de debatilos nas aulas de docencia práctica, así como a lectura dialóxica e o comentario conxunto das obras paradigmáticas da filosofía política consinadas nos contados da programación.
As presentacións faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e dos textos de lectura obrigatoria. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alunas ou alunos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles perguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias perguntas que formulará o profesor.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUNADO
(1) Preparación das presentacións nas sesións prácticas.
(2) Leitura de textos e traballo sobre estes. A cada sesión levaranse resumos do impartido na sesión expositiva correspondente.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alunado. Esta levarase a cabo conforme aos seguintes critérios:
· Non se limitará a un grupo reducido de persoas, todo o mundo terá que participar.
· Non se falará cando outra persoa estexa a facelo.
. Na aula atenderanse todas as opinións, sexan expostas dun modo ou outro, e potenciarase que todo o mundo poida expresar os seus pontos de vista.
· Nas aulas expositivas está permitido o uso de ordenadores ou outros dispositivos electrónicos; mais non asi nas aulas interactivas (agás no caso de alguén con necesidades especiais, que falará previamente co profesor).
Hai tres maneiras de superar a materia. As dúas primeiras, no transcurso do curso; a terceira, no exame final. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte prática. Para superar a materia no transcurso do curso hai que aprovar ambas partes.
PARTE TEÓRICA
A parte teórica pode ser superada de dúas maneiras:
(1) Mediante a entrega de dous ensaios sobre o contido impartido no curso, cada un destes virase corresponder con blocos distintos da materia. Este é o método recomendado polo profesor para aproveitar mellor o curso e obter as maiores competencias neste..
Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9 C2 e C3.
Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos:
-Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
- Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
- Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algun dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está disponíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
- Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
- Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
(2)Mediante a realización de dous exames (un no medio do curso e outro no final deste). Como no caso dos traballos, cada un contará 3.
Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE4, CE5, CE10.
PARTE PRÁTICA
Nesta parte avaliaranse os resumos e as recensións entregadas ao final de cada unha as aulas interactivas conxuntamente coa participación nestas. Nesta parte 3 pontos da avaliación a constituirán os traballos entregados e 1 a participación activa na aula. Cada prática á que non se asiste reduce puntuación, se estas baixan da precisa para aprobar a parte prática da materia iso supón que non se pode superar a materia. ). Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9 C2 e C3.
Realizaremos o plan previsto con carácter xeral no escenario 1 (normalidad adaptada, aulas presenciales), combinando no escenario 2 (limitacións parciais da presencialidad física) ca realización de lecturas e presentacións das aulas interactivas on line, que sempre poderían ser eliminadas, si fose preciso, en beneficio, únicamente, dos ensaios, como acontecería sen dúbida no escenario 3, onde a pechadura do centro impediría a realización de exames presenciales.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Desta maneira, de se faceren os ensaios ou exames a distribuición da nota fica como segue:
1º ensaio/exame: 3 + 2º ensaio/exame: 3 + Práticas: 4 (resumos: 3 + participación activa: 1)
En ambos casos para superar o curso resulta obrigatorio ter aprobado as prácticas.
Tendo en conta que a programación da materia, en particular no seus aspectos metodolóxicos e avaliativos, ten sido concebida para o perfil do alumno asistente regularmente ás aulas (e, na medida do posibel, comprometido cunha participación activa no desenvolvemento das mesmas, que cómpre incentivar e promover, especialmente nas práticas), a avaliación contínua dos estudantes representa o camiño mais axeitado para valorar o seu traballo e aprendizaxe dos contidos fundamentais da disciplina. Neste senso, incentivase a preparación de ensaios (aínda que os alumnos poden tamén, voluntariamente, si o prefiren, realizar exames parciais da programación teórica impartida), así como a elaboración de resumos (dos temas) e reseñas (dos textos de lectura obrigatoria) que, xunto as presentacións e intervencións orais nas aulas interactivas, constitúen instrumentos de avaliación regular e periódica do traballo personal de cada un dos alumnos. Por iso, todas estas ferramentas, en conxunto, permiten a avaliación continuada do seus coñecimentos, evaluados periódicamente. No límite, dende a perspectiva porcentual, a avaliación contínua debe representar, no mellor dos casos, unha porcentaxe tendente ao 100% da cualificación final e, nunha hipótese mais imperfecta, uuha parte aínda importante desa avaliación que, neste suposto, deberíase completar ca recuperación da parte pendente da materia no correspondente exame final.
Nos resumos e ensaios avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
Con carácter xeral, os contidos desta materia constribúen a adquisición das competencias anteriormente consignadas propias do título.
Sobre a avaliación das competencias dos alumnos, cómpre consignar, en primeiro lugar, que a experiencia na presentación oral, desenrolada en particular nas aulas interactivas, permitirán avaliar a adquisición desta competencia xeral. Nos exames valorarase a exactitude e amplitude en coñecementos das respostas, avaliándose o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, mais tamén a capacidade de comprensión das fontes lidas e a capacidade de composición de textos.
Os alumnos exentos de asistencia ás clases presenciais serán avaliados, no que atinxe ós contidos teóricos da materia, no exame final programado polo Centro, no cál poderán facer entrega ao profesor do material básico elaborado para as aulas interactivas (ou, no seu caso, o traballo práctico alternativo acordado en persoa co profesor).
EXAME FINAL
As persoas que non den superado a materia consonte ás dúas maneiras anteriores poderán concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito conleva unha dificuldade notábel considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Asi, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Quen teña dispoensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (comentario de texto dun deles; ate 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaldas nunha primeira titoría, ao comenzó do curso, co/a aluno/a (dúas cuestión; ate 3 puntos cada una delas).
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calqueira momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas (en ensaios ou práticas); (b) respostar a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos.
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
- Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas (Total: 51 horas)
- Traballo persoal alumno: 99 horas
RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
(1) Asistencia diaria e parcipativa nas clases. Participación nas presentación
(2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
(3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia
(4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Actividade tutorial:
O profesor atoparase a disposición dos alumnos no seu despacho, no horario de tutorías (que se consignará na páxina do campus virtual da USC), con obxecto de clarificar dun modo personalizado todas as cuestións referentes aos contidos da materia, e supervisará periodicamente o traballo persoal dos alumnos, en orde a maximizar os seus esforzos de aprendizaxe e dispor dun mellor e máis amplo (xunto ás probas obxectivas realizadas nas clases teóricas e nas aulas interactivas) coñecemento dos seus progresos. Ademais, organizará actividades tutoriales en grupos (en particular, nas primeiras semanas de clase), en orde a explicar convenientemente todos os aspectos relativos aos modos (formais) de composición dos ensaios e a preparación dos exámenes, así como á organización das actividades propias das clases interactivas, estructurando metodolóxicamente o desenvolvemento das mesmas.
- Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Alberto Jose Franco Barrera
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
08.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
08.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
26.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |