Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Proporcionar ao estudantado os coñecementos elementais nos distintos tipos de argumentación así como o seu uso nos distintos ámbitos da vida.
- Dar unha formación sólida no uso de ferramentas argumentativas elementais para analizar calquera discurso argumentativo.
- Dotar ao estudantado das capacidades e as competencias para elaborar calquera tipo de argumentación, especialmente a filosófica.
- Mellorar as capacidades lectora, comprensiva, razoadora, heurística e de expresividade oral e escrita do estudantado.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Tema 1. Introdución á Teoría da Argumentación
1.1. Nocións fundamentais: argumento, argumentación, inferencia, razoamento
1.2. Aproximacións cognitivas á argumentación
1.3. Que é un argumento? Lóxica, dialéctica e retórica
Tema 2. Perspectiva lóxica
2.1. Nocións fundamentais: premisas e conclusión
2.2. Tipos de argumentos: dedución, indución e probabilidade, abdución, esquemas argumentativos
2.4. Lóxica formal e lóxica informal
Tema 3. Perspectiva retórica
3.1. Principios xerais da retórica: auditorio e persuasión
3.2. Tres modos de persuasión: ethos, logos e pathos
3.3. Retórica e a nova retórica
Tema 4. Perspectiva dialéctica
4.1. Tesis, razóns e garantías
4.2. Diálogos argumentativos
4.3. Pragma-dialéctica
Tema 5. Falacias
5.1. Concepto de falacia: non argumento vs. argumento falaz
5.2. Tipos e categorización de falacias
Tema 6. Argumentación e retórica na sociedade actual
6.2 Argumentación nos medios de comunicación
6.3 Desinformación, polarización e outros fenómenos comunicativos
DOCENCIA INTERACTIVA
Tema 1. Introdución á Teoría da Argumentación
1.1 Identificación de argumentos na linguaxe natural
1.2 Diagramación de argumentos
Tema 2. Perspectiva lóxica
2.1. Lóxica aristotélica e diagramas de Venn
2.2. Exercicios de lóxica formal
2.3. Exercicios de probabilidade
2.4. Analizar esquemas argumentativos e preguntas críticas
Tema 3. Perspectiva retórica
3.1. Análise de estratexias retóricas
3.2. Estudio de debates
Tema 4. Perspectiva dialéctica
4.1. Identificación de tipos de diálogo
4.2. Análise de falacias dialécticas
Tema 5. Falacias
4.1 Avaliación de argumentos e identificación de falacias
4.2. Elaboración de contra-argumentos
Tema 5. Argumentación e retórica na sociedade actual
5.1. Pensamento crítico
5.2. Identificación de fake news e desinformación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Tema 1, 2 e 6
o Marraud, H. (2013). ¿Es lógic@? Análisis y evaluación de argumentos (1. ed. ed.). Cátedra.
o Copi, l. M. (2019). Introducción a la lógica. Eudeba.
- Tema 3 e 6
o Aristóteles (1971): Retórica, ed. Antonio Tobar. Instituto de Estudios Políticos.
- Tema 4 e 6
o Gascón Salvador, J. Á, & Santibáñez, C. (2024). Manual de argumentación (2024th ed.). Plaza y Valdes Editores.
- Tema 5 e 6
o Bordes Solanas, M. (2011). Las trampas de Circe: Falacias lógicas y argumentación informal (1. ed. ed.). Cátedra.
.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Fontes orixinais
- Cicerón, M. T. (1991): El orador. Madrid: Alianza.
- Hamblin, C.L. (1970): Fallacies, Newport News, VI: Vale Press.
- Johnson, R.H. and J.A. Blair (1994): Logical Self-Defense, N.Y.: McGraw Hill.
- Perelman, Ch. y L. Olbrechts-Tyteca (1989): Tratado de la argumentación, Madrid: Gredos.
- Toulmin, S. (2007): Los usos de la argumentación, Barcelona: Península.
- Van Eemeren, F.H. and R. Grootendorst (2004): A Systematic Theory of Argumentation, Cambridge: C.U.P.
- Walton, D. (2008): Informal Logic: A Pragmatic Approach, Cambridge, C.U.P.
- Garrido, M. (2001). Lógica simbólica (4th ed.). Tecnos.
Outras monografías e artigos
- Bermejo Luque, L. (2013). Falacias y argumentación (1st ed.). Plaza y Valdés.
- Cialdini, R. B. (2021). Influence: The Psychology of Persuasion (New and expanded ed.). Harper Business.
- De Donato Rodríguez, X. (2013): “La noción de argumento y el problema de Mill”, Revista Iberoamericana de Argumentación nº 6, 1-13.
- Govier, T. (2005). A practical study of argument (7th ed.). Thomson/Wadsworth.
- Kneale, W., & Kneale, M. (1972). El Desarrollo de la lógica. Tecnos.
- Mercier, H. (2020). Not born yesterday : the science of who we trust and what we believe. Princeton University Press.
- Mercier, H., & Sperber, D. (2018). The enigma of reason. Penguin Books.
- Van Eemeren, F.H. (2012): Maniobras estratégicas en el discurso argumentativo, Madrid: Plaza y Valdés.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadores recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4 - Que estean capacitados por continuar coa súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, con un elevado grao de autonomía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional ou posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que os/as estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT01 – De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas e toma de decisións.
CT02 – Persoais: curiosidade e actividades intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 – Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante as novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 – Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE4 – Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 – Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 – Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 – Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
CE8 – Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
TRABALLO PRESENCIAL NAS CLASES
(1) Aulas expositivas. Clases a cargo do profesor con interacción mediante preguntas e debate ao final da exposición.
(2) Aulas interactivas. Nestas espérase a intervención dos estudantes que participarán facendo exposicións ou presentando e discutindo os exercicios e tarefas propostos polo profesor.
(3) Titorías de grupo programadas. Programaranse titorías de grupo co fin de resolver dúbidas e realizar e corrixir exercicios de clase.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ESTUDANTE
(1) Preparación dos temas presentados.
(2) Lecturas de textos sinalados e elaboración de exercicios periódicos.
REQUIRIMENTOS PARA AS CLASES
Participación activa durante as sesións expositivas e interactivas. Esta participación desenvólvese de acordo aos seguintes criterios:
- Todo estudante debe interactuar e participar.
· Seguirase un código elemental de boas prácticas: empezando por aprender a escoitar e non interromper as quendas de palabra.
· Fomento de actitudes respectuosas, eliminando calquera indicio de formas sexistas ou discriminatorias.
· O estudo da materia require unha actitude constante de traballo na realización dos exercicios destinados a obter as destrezas e competencias do curso.
· É esencial un traballo regular durante todo o semestre.
AVALIACIÓN DE 1ª OPORTUNIDADE E 2ª OPORTUNIDADE
- Exame (70% da cualificación final da materia). Exame final a realizar na data indicada no calendario académico da facultade. O exame estará composto por preguntas de resposta curta, resposta larga e exercicios análogos aos realizados nas sesións interactivas. A nota mínima que se debe alcanzar no exame para que se considere unha actividade avaliable é de un 4 sobre 10 puntos.
- Avaliación continua (20% da cualificación final da materia)
o 20% da cualificación: Realización e entrega de exercicios periódicos a realizar na casa e na aula e, eventualmente, realización de traballos en grupo.
- Asistencia (10% da cualificación): A asistencia pondérase na cualificación final da materia coa porcentaxe aquí establecida. Para aqueles/as estudantes que teñan máis de tres faltas sen xustificar ás sesións interactivas terán un 0 neste item da avaliación; a asistencia non será avaliable nas sesións expositivas.
AVALIACIÓN DE ESTUDANTES DE MATRÍCULAS SUCESIVAS
Aquel estudantado que xa estivera matriculado na materia en anos anteriores debe poñerse en contacto co coordinador da materia nas primeiras dúas semanas do curso para indicarlle se ten previsto asistir ás sesións interactivas ou non:
- Se confirma a súa asistencia, seguirá o mesmos sistema de avaliación ordinario para a 1ª e a 2ª oportunidade.
- Se confirma que non vai asistir, o sistema de avaliación será o seguinte: 70% Exame, 30% entrega de exercicios e tarefas segundo un calendario acordado co profesor.
No caso de contactar co profesor durante as dúas primeiras semanas do curso, asúmese que o estudante vai asistir a clase.
As competencias específicas avaliaranse a través do exame final, as competencias xerais, básicas e transversais avaliaranse mediante os boletíns de exercicios, da realización de traballos en grupo e da participación na clase.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASES PRESENCIAIS
Para os/ as alumnos/ as que dispoñan de dispensa académica de asistencia a clase, terán que poñerse en contacto co profesor durante as dúas primeiras semanas do curso para facer unha planificación do seu seguimento da materia e terán os seguintes elementos de avaliación:
- Exame final na data oficial (70% da cualificación).
- Entrega de tarefas e exercicios segundo o calendario acordado co profesor (30% da cualificación).
Lémbrase ao alumnado a penalización por plaxio na realización de traballos, recollida na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 no artigo 16, que di: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor.
Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos seus 6 créditos é:
Prevense catro horas semanais aproximadas de lecturas, reflexión e redacción e práctica oral.
Máis especificamente:
6 créditos ECTS. Traballo total do estudante: 150 horas.
Horas presenciais: 51 h.
Horas de Titorías 3 h.
Clases Expositivas 24 h.
Clase Interactiva 24 h.
Horas non presenciais: 99 h.
(1) Participación nas clases.
(2) Preparación de témalos/textos marcados seguindo as pautas indicadas.
(3) Consulta de dúbidas en clase ou en titorías.
(4) Asistencia regular a clase.
(5) Entrega regular das tarefas asignadas.
(6) Seguimento da axenda do curso.
(7) Actitude receptiva para ler textos en inglés.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Martin Pereira Fariña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enrique Latorre Ruiz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881813822
- Correo electrónico
- enrique.latorre.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Julio Ostale Garcia
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812510
- Correo electrónico
- julio.ostale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |