Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou das seguintes competencias:
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
1. Conceptos básicos en ética
1.1. Teoría do valor e teoría normativa
1.2. Concepcións do benestar (e malestar)
1.3. Paradigmas normativos
2. Imparcialidade e xustiza
2.1. Éticas e distintas concepcións da xustiza
2.2. Consideración moral e discriminación
2.3. O debate entre parcialidades e imparcialidade
3. Éticas da inmigración: argumentos para pechar as fronteiras
3.1. Preservación da cultura
3.2. Sostibilidade económica
3.3. Estabilidade política
3.4. Seguridade
3.5. Democracia e autodeterminación
4. Éticas da inmigración: argumentos para abrir as fronteiras
4.1. Igualitarismo cosmopolita
4.2. Democracia
4.3. Dereitos Humanos
5. Éticas da inmigración: cuestións aplicadas
5.1. Refuxiados
5.2. Traballadores temporais
5.3. Criterios de selección
6. Distintas teorías éticas
6.1. Posicións encadradas no consecuencialismo ou o deontoloxismo
6.2. Posicións do carácter ou pluralistas
7. Familias de teorías éticas
7.1. Concepcións feministas
7.2. Teorías igualitaristas
7.3. Éticas centradas no sufrimento
8. Ética da intelixencia artificial
8.1. Usos lesivos dos sistemas de IA
8.2. O treinamento ético dos LLMs
8.3. A consideración moral das IAs
9. Ética da guerra
9.1. Belicismo, pacifismo e teoría da guerra xusta
9.2. Concepcións do ius ad bellum e do ius in bello clásicas vs. contemporáneas
10. Imputabilidade
10.1. Responsabilidade
10.2. A sorte moral
10.3. O perdón
10.4. A gratitude
Os textos básicos a traballar na materia, de lectura obrigada, serán os materiais subidos á aula virtual. Alén destes, a bibliografía complementaria da materia é a seguinte:
EN GALEGO/PORTUGUÉS
Soto, Luís G., Guerra, paz e violencia, A Coruña: Espiral Maior, 2003.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Sidgwick, Henry, Os métodos da ética, Lisboa: Gulbenkian, 2013.
Singer, Peter, Escritos sobre uma vida ética, Lisboa: Dom Quixote, 2000.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS)
Benhabib, Seyla (2005), Los Derechos de los otros. Extranjeros, residentes y ciudadanos, Barcelona: GEDISA.
Canto-Sperber, Monique (dir.), Diccionario de ética y de filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2001.
Gómez Franco, Irene, Deudas pendientes: la justicia entre generaciones, Madrid: Plaza y Valdés, 2020.
Horta, Oscar, Trenes y brújulas: introducción a la ética, Madrid: Plaza y Valdés, 2025.
Lara, Francisco & Francés, Pedro, Ética sin dogmas: racionalidad, consecuencias y bienestar en el utilitarismo contemporáneo, Madrid: Biblioteca Nueva, 2004.
McMahan, Killing in war, Oxford: Oxford University Press, 2009.
Parfit, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
Williams, B. & Nagel, T. (2013) La suerte moral, Oviedo: Krk.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN)
Abizadeh, Arash, "Democratic Theory and Border Coercion: No Right to Unilaterally Control Your Own Borders," Political Theory, 36: 37-65, 2008.
Baumann, Tobias, Avoiding the Worst: How to Prevent a Moral Catastrophe, Londres: Center for Reducing Suffering, 2022.
Carens, Joseph, The Ethics of Immigration, Oxford: Oxford University Press, 2013.
Crisp, Roger, Reasons and the good, Oxford: Oxford University Press, 2006.
de Lazari-Radek, Katarzyna, & Singer, Peter, The point of view of the universe: Sidgwick and contemporary ethics, Oxford: Oxford University Press, 2014.
Fieser, James & Dowden, Bradley, Internet encyclopedia of philosophy, 1995-2015, http://www.iep.utm.edu.
Griswold, C. L. (2007) Forgiveness: A Philosophical Exploration, New York: Cambridge University Press.
Holtug, Nils & Lippert-Rasmussen, Kasper (eds.), Egalitarianism: new essays on the nature and value of equality, Oxford: Oxford University Press, 2006.
Lippert-Rasmussen, Kasper, Born free and equal? a philosophical inquiry into the nature of discrimination, Oxford: Oxford University Press, 2014.
Long, Robert. et al. (2024) “Taking AI Welfare Seriously”, Eleos AI Research, https://eleosai.org/papers/20241104_Taking_AI_Welfare_Seriously.pdf.
Mayerfeld, Jamie, Suffering and moral responsibility, Oxford: Oxford University Press, 2002.
Temkin, Larry S., Inequality, New York: Oxford University Press, 1993.
Unger, Peter, Living High and Letting Die: Our Illusion of Innocence, Oxford: Oxford University, 1996.
Vinding, Magnus, Suffering-Focused Ethics: Defense and Implications, Cophenague: Ratio Ethica, 2020.
Weston, Anthony, A practical companion to ethics, New York: Oxford University Press, 1997.
Winter, Elke, "Passing the Test? From Immigrant to Citizen in a Multicultural Country," Social Inclusion, 6, 229-236, 2018.
Ypi, Lea, "A Permissive Theory of Territorial Rights," European Journal of Philosophy, 22(2): 288-312, 2012.
Zalta, Edward N. (ed.), Stanford encyclopedia of philosophy, 1995-2015, http://plato.stanford.edu.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da
investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
AULAS EXPOSITIVAS
O fin das aulas expositivas é a apresentación dos problemas tratados na materia, e a clarificación da natureza destes, na aula. Ainda que o profesor expoña certos contidos e poida orientar a discusión, a clarificación para o alunado deses contidos non pode ser levada acadada sen a participación activa do alunado nas aulas expositivas. Na aula expositiva de cada semana será exposto un tema que logo será discutido na aula interactiva da semana seguinte.
AULAS INTERACTIVAS
As aulas interactivas teñen como obxecto o traballo colectivo nos contidos impartidos coa participación activa do estudantado.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
A participación na aula levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:
· Non se falará cando outra persoa estexa a facelo.
· Na participación na aula ningunha clase de actitude irrespectuosa co resto que se detecte será aceptada. Pode ser, sen dúbida, que teñan lugar actitudes dese tipo que pasen sen seren detectadas. Mais toda actitude sexista ou discriminatoria doutra maneira co resto do alunado que sexa detectada será considerada inaceptábel, e se actuará en consecuencia.
· Hai que ter en conta que distintas personas expoñen as súas posicións de distintas maneiras. Hai xente máis asertiva e segura de si propria, que fala sen problema en primeira persoa e que sinten urxencia por expresar as súas ideas. Hai outras persoas que someten a forte autocrítica as súas opinións antes de expresalas, que valoran escuitar o que as outras persoas teñen que dicer e que poden expresar o que pensan de maneira moi dubitativa. A priorización da atención as posicións expresadas de maneira mais asertivas resulta de maneira xeral perxudicial para unha parte importante do grupo dunha maneira non xustificada, dado que maior asertividade non implica maior interese ou competencia. As opinións expresadas por aquelas persoas que falen de maneira mais prudente ou tímida non son menos correctas ou menos interesantes que as de quen se exprese de xeito mais asertivo. E tais opinións son igualmente merecedoras ou mais de seren escuitadas e receberen atención.
Á luz disto, na aula atenderase a todas as opinións, sexan expostas dun modo ou outro, e potenciarase que todo o mundo poida expresar os seus pontos de vista. As persoas con maior tendencia a falar en público e expor as súas opinións deberán facer iso limitándose a si proprias para deixaren espazo para que as outras persoas que non teñan esa disposición, e ás que lles resulte menos doado o falar en público e expresar os seus puntos de vista poidan tamén facelo. No debate terase que prestar atención a non dar maior importancia ás opinións expresadas de maneira mais asertiva, en voz alta e con maior seguridade que as presentadas de maneira mais dubitativa, humilde, en voz baixa, mediante perguntas retóricas, etc.
· De xeito relacionado co anterior, non será aceptábel na discusión o uso de instrumentos retóricos externos á propria discusión das ideias deste para defender unha certa posición como o uso do proprio tono de voz ou de argumentacións ad hominem para tal fin.
· As opinións que parezan estrañas ou aparentemente moi erradas deberán ser obxecto de consideración e atención tanto como as que estexan mais en liña co que comunmente pensamos ou que parezan correctas de maneira mais aparente.
TRABALLO PREVIO ÁS AULAS INTERACTIVAS
Para que as aulas interactivas poidan levarse adiante é preciso que nelas o tempo inicial adicado á clarificación do problema non se alongue en exceso. Do contrario non se pode dispór do tempo suficiente para o resto da sesión. Para iso, é preciso que na aula expositiva prévia se traballe e se expoñan as dúbidas, e que entre a aula expositiva e a seguinte interactiva se repasen as cuestións repasándose os apuntamentos tomados nas aulas expositivas, para non chegar á interactiva sen teren ideia do contido a tratar nesta.
TITORÍAS DE GRUPO
Para a preparación dos ensaios terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía práctica a seguir para superar a materia e se exporá a bilbiografía que se pode empregar para a preparación do traballo para a superación do curso. Estas terán lugar na metade do curso.
Haberá tres xeitos de superar a materia. A asistencia ás expositivas non é obrigatoria en ningún dos casos, aínda que recomendábel, a realización das tarefas das interactivas (que implican necesariamente a asistencia) será proporcional á nota obtida nestas:
(1) O estudantado que se atope en situación de dispensa académica ou non remate con éxito as sesións interactivas da materia será avaliado nun exame na data oficial da materia. Os contidos que entrarán nese exame estarán disponíbeis na aula virtual. Haberá unha pregunta dos temas 3-5, que contará 3 puntos, e máis outra dos restantes temas, que contará 7.
(2) O estudantado que asista á materia ao longo do curso poderá avaliarse na data oficial da materia cun exame máis doado que contará 4 puntos, onde non entrarán os temas 3-5. Alén disto, deberá facer as interactivas da materia, que contarán outros 6 puntos. As interactivas consistirán nunha serie de tarefas que serán entregadas ao longo do curso en base ao traballo realizado nas sesións interactivas.
Para superar a materia no transcurso do curso hai que obter un mínimo de 4 en cada unha das partes, e máis aprobar as interactivas dos temas 3-5. O estudantado que non obteña un mínimo de 4 nas interactivas terá que ir ao exame conforme á opción 1.
(3) O estudantado que asista á materia ao longo do curso poderá tamén superar a materia mediante a entrega dun ensaio sobre o contido impartido no curso, sobre cuestións indicadas polo profesor, que contará 4 puntos, xunto ao que deberá facer as interactivas da materia. Quen non obteña un mínimo de 4 nas interactivas terá que ir ao exame conforme á opción 1, mesmo que teña feito o ensaio.
O ensaio será redactado de maneira presencial, nun día habilitado para iso durante o curso.
Para o ensaio haberá unha rubrica que será subida á aula virtual onde se exporán polo miúdo os critérios para a avaliación.
Os contidos (de maneira xeral) dos ensaios deberán recibir a aprobación previa por parte do profesor.
Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos (o seu non cumprimento imposibilitará superar a materia):
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida.
Na avaliación, os ensaios e resumos amosarán o coñecemento dos conceptos básicos e o carácter específico da ética. Tamén amosarán a capacidade para analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos. A participación na aula amosará isto último, asi como o aprecio do valor da ética na formación, e o coñecemento dos principios de respecto e igualdade.
Coa participación nas prácticas e cos resumos e as recensións das prácticas avaliarase a capacidade para explicar os seus coñecementos, a de analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, a de saber expresarse, comunicar, debater e dialogar, a de tomar decisións, e presentar e resolver problemas, e o dominio do razoamento crítico.
Deste xeito, cos ensaios avaliaráse o conxunto das competencias xerais, básicas e específicas. Nas tarefas das interactivas avaliaráse o conxunto das competencias xerais, básicas e transversais.
Se alguén copia no exame, suspenderá o curso. O mesmo se plaxia, isto é, se tenta facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas (en ensaios ou interactivas). Para os casos de realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo estimado para esta materia, en correspondencia cos 6 créditos que ten, é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
- Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas
(Total: 51 horas)
- Traballo persoal alumno: 99 horas
1) Asistencia diaria e parcipativa nas clases. Participación nas presentacións.
2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas.
3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia.
4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
Reprodúcense aquí as observacións transmitidas polo Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC:
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego daconta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou diversidade funcional deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago@usc
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Jose Franco Barrera
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |