Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Obxectivos xerais:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Que coñezan as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
2. De maneira específica:
- Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.
- Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
1. Descritores da materia no Plano de Estudos
Estudo dos principais fitos na historia da Filosofía da Ciencia, desde os precedentes da institucionalización desta disciplina –institucionalización coincidente co xurdimento do neopositivismo– ata o xurdimento das propostas historicistas –con aportacións como as de Toulmin, Hanson e Kuhn (1ª fase)–.
2. Estrutura dos bloques de contidos
BLOQUE I: Introductorio
Tema 1: Ciencia, metaciencia e filosofía da ciencia.
1.1. Ciencia como actividade: produtos cognoscitivos e prácticas científicas.
1.2. A filosofía da ciencia como disciplina metacientífica.
1.3. Orixe histórico da filosofía da ciencia.
1.4. Mapa histórico da filosofía da ciencia e caracterización das distintas concepcións.
BLOQUE II: Enfoques clásicos
Tema 2: Concepción neopositivista.
2.1 Introdución histórica, introdución doutrinal e presupostos xerais da concepción neopositivista da ciencia.
2.2 Do positivismo lóxico ao empirismo lóxico: a linguaxe da ciencia e as súas implicacións epistemolóxicas. (Distincións analítico/sintético e a priori/a posteriori. Significación cognoscitiva e versións de criterio de significación empírica.)
2.3 A estrutura da ciencia na concepción neopositivista.
2.31 Estrutura axiomática das teorías científicas. A versión final da concepción neopositivista: a concepción herdada.
2.32 O desenvolvemento científico no marco da concepción neopositivista: redución de teorías.
Tema 3: Concepción popperiana.
3.1 Popper e o neopositivismo.
3.2 A inducción e o problema da demarcación.
3.21 O anti-inductivismo de Popper
3.22 O método hipotético deductivo en Popper.
3.23 A falsabilidade como criterio de demarcación.
3.24 Enunciados básicos e falsación.
3.3 As teorías científicas.
3.31 Estructura das teorías científicas.
3.32 Carácter conxetural das teorías científicas.
3.4. Desenvolvemento científico como eliminación de errores e aproximación á verdade.
3.5 A tese do terceiro mundo e o realismo crítico.
3.6 Epistemoloxía sen suxeito cognoscente.
BLOQUE III: Enfoques historicistas (1ª parte)
Tema 4: Toulmin e a concepción clásica da ciencia.
4.1 Toulmin como crítico da concepción clásica da filosofía de la ciencia.
4.11 Sistematicidade semántica frente a sistematicidade sintáctica.
4.12 Racionalidade científica e loxicidade.
4.2 Estrutura semántica das teorías.
4.21 Ideais de orden natural, fenómenos, leis e hipóteses.
4.23 Explicación e comprensión científicas.
4.24 Estatus cognoscitivo das leis e teorías: instrumentalismo.
4.3 Dinámica das teorías e desenvolvemento conceptual.
Tema 5: N. R. Hanson: observación e teorías.
5.1 A observación e a linguaxe observacional.
5.11 A “carga teórica” da observación.
5.2 Retroducción, contexto de descubrimento e teorías.
5.21 As teorías como gestalts conceptuais.
NOTAS:
O tema 4 non se traballará na aula. Apórtase a modo de complemento informativo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Tema 2
Lecturas a facer:
-Hempel, C.G. "Criterios empiristas de significación cognoscitiva: problemas y cambios", en HEMPEL, C.G. La explicación científica, Paidós, Buenos Aires, 1996, cap. IV.
- Carnap, R. "El carácter metodológico de los conceptos teóricos", en OLIVE, León y Ana Rosa PEREZ RANSANZ (compiladores): Filosofía de la ciencia: teoría y observación, México, Ed. S. XXI, 1989, pp. 71 - 115
- Nagel, E. La estructura de la ciencia, Paidós, Buenos Aires, 1968, pp. 310-335.
Tema 3
Lecturas a facer:
É lectura obrigatoria partes do seguinte traballo:
- Popper,K.: La lógica de la investigación científica, Madrid, Tecnos, 1962. (polo menos pp. 27-47, 289-294).
- Popper,K.: "La verdad, la racionalidad y el desarrollo del conocimiento científico", ensayo recogido como C. X en Conjeturas y refutaciones. El desarrollo del conocimiento científico, Buenos Aires, Paidos, 1983. (pp.251-289).
- Popper,K.: "Tres concepciones sobre el conocimiento humano", ensayo recogido como C. III en Conjeturas y refutaciones. El desarrollo del conocimiento científico, BB.AA., Paidos,1983 (pp.116-141).
- Popper,K.: "Epistemología sin sujeto cognoscente", ensayo recogido como C.III en Conocimiento objetivo, Madrid, Tecnos, 1982. (pp. 106-144).
Tema 4
Lecturas (voluntarias):
Toulmin, S. "From logical systems to conceptual populations" en R. Cohen y M. S. Buck (eds.): Boston Studies in Philosophy of Science, Vol. VIII, 1972 (pp. 552-564).
-Toulmin, S.: "Postcriptum: La estructura de las teorías científicas", en F. Suppe (ed.): La estructura de las teorías científicas, Madrid, Ed. Nacional, 1979 (pp. 656-671).
Tema 5
Lecturas a facer:
- Hanson, N. R. : Patrones de descubrimiento. Observación y explicación, Madrid, Alianza, 1977. Capítulos I e IV.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- BIRD, A. (1998): Philosophy of Science. UCL Press, London.
- DIEZ, J. A. y MOULINES, C. U. (1997): Fundamentos de filosofía de la ciencia, Barcelona, Ariel.
- ECHEVERRIA, J. (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Madrid, Cátedra.
- ESTANY, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
- GODFREY-SMITH, P. (2003): Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science, The University of Chicago Press, Chicago.
- HEMPEL, C. G. (1966): Philosophy of Natural Science, Englewood Cliffs, Prentice Hall. (vers. cast.: Filosofía de la ciencia natural, Madrid, Alianza, 1973).
- LOSEE, J. (1972): A Historical Introduction to the Philosophy of Science, Oxford, Oxford University Press. (vers. cast.: Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Madrid, Alianza, 1976).
- MOULINES, C.U. (2011): El desarrollo moderno de la Filosofía de la Ciencia. UNAM, México.
- RIVADULLA, A.: (1984): Filosofía actual de la ciencia, Madrid, Ed. Nacional. (2ª. ed., Madrid, Tecnos, 1986).
BÁSICAS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/o entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
OBTENCIÓN DE COMPETENCIAS
As lecturas obrigatorias, así como a contestación dos cuestionarios dispoñibles na Aula Virtual permitirán desenvolver as anteriores competencias. Tamén a través da participación nas sesións de aulas interactivas e nas titorías de grupo. Finalmente reflectirase nas probas, e no seu caso no exame final (en calquera das oportunidades).
O profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial de cada tema. Nas clases expositivas expoñerá as distintas temáticas, mentrEs nas clases interactivas se analizarán e discutirán os textos de lectura obrigatoria propiciando o debate argumentado con e entre os/as estudantes. Ademais, o profesor vai poñer a disposición dos/as estudantes información sobre a materia e sobre cada un dos temas, así como cuestionarios para facilitar o traballo sobre os textos de lectura obrigatoria. Para iso fará uso da plataforma do Campus Virtual da USC. Os/as estudantes deberán complementar os comentarios do profesor co traballo personalizado dos textos de lectura obrigatoria e a contestación nos prazos establecidos dos cuestionarios correspondentes aos diferentes temas. Nas clases interactivas se comentarán conxuntamente os textos, analizando criticamente os argumentos e as teses defendidas neles. Ao análise dos textos de lecturas obrigatorias nas clases interactivas deben servir para que os/as estudantes detecten erros nas súas respostas aos cuestionarios e os corrixan. Se dedicarán as titorías en grupo a aclarar dúbidas e a analizar algunhas das preguntas dos cuestionarios dispoñibles no Campus Virtual da USC.
Para seguir a avaliación continua requírese facer cada unha das tarefas (cuestionarios) nos prazos previstos, e asistir regularmente ás aulas expositivas e interactivas. Máis de catro faltas de asistencia a aulas expositivas o interactivas sen xustificar supoñen a perda do dereito á avaliación continua. A avaliación continua consistirá en 3 probas parciais presenciais (eliminatorias, se son superadas) de materia para o exame final, xa sexa na 1ª ou na 2ª convocatoria). Completan a avaliación continua a realización como tarefas dos cuestionarios, a asistencia a aulas e a participación nas aulas en forma de preguntas ou comentarios acerca dos contidos que esteemos traballando.
As respostas aos cuestionarios non serán obxeto dunha corrección pormenorizada, pero si servirán para unha estimación do esforzo realizado. A valoración global dada as respostas de cada cuestionario servirá ao/á alumno/a de maneira orientativa para que teña constancia do trabllo realizado. O/a alumno/a convén que revise as súas respostas luz do analizado nas aulas (especialmente nas interactivas).
Ao longo do curso haberá tres probas parciais presenciais. Para aprobar a materia mediante avaliación continua se deberá obter un mínimo de 5 puntos en cada unha das probas parciais. De non aprobar algunha proba parcial, pódese superar esa parte na data do exame final (1ª ou 2ª convocatoria), debendo obterse un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes a superar nesa ocasión para aprobar a materia.
Exame final (en 1ª y 2ª convocatoria):
- Conforme ao xa indicado quen non supere algunha das probas parciais da avaliación continua, poderá superar esa(s) parte(s) na data do exame final (1ª o 2ª convocatoria), debendo obter un mínimo de 5 puntos para cada parte previamente non superada para poder aprobar a materia.
- Quen non siga a avaliación continua, deberá superar a materia no exame final. Para elo no examen final se diferenciarán tres partes (correspondente cada parte aos contidos de cada unha das probas parciales contempladas para quen fan avaliación continua). Se deberá superar cada unha das tres partes do exame final cun mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
Dimensións da avaliación:
VARIABLE 1: Adquisición dos conceptos da materia
CRITERIOS: (i) Dominio dos conceptos, (ii) relación con outros conceptos vistos en outras materias; (iii) actitude crítica, (iv) aportacións persoais, reflexivas e creativas
INSTRUMENTO: (a) Tres probas presenciais parciais. Quen non supere con 5 puntos algunha das probas deberá intentar superar esa(s) parte(s) da materia na data do exame final (1ª o 2ª convocatoria) cun mínimo de 5 puntos para aprobar. (b) Quen non siga avaliación continua (xa sexa por non cumprir os requisitos previstos ou por estar exento de asistencia ás aulas presenciais), deberá superar cada unha das tres partes da materia cun mínimo de 5 puntos para aprobar.
PESO: 85% (no caso de superar cada parte da materia cun mínimo de 5 puntos xa sexa nas probas parciais ou a na sua recuperación na data do exame final, xa no exame final; no caso contrario se suspenderá a materia).
VARIABLE 2: Asistencia e participación
CRITERIOS: (i) Participación activa en la clase; (ii) Participación nos debates e discusións; (iii) Lectura dos materiais (textos obrigatorios); (iv) Asistencia a titorías
INSTRUMENTO: Constancias tomadas polo profesor.
PESO: 10% (so no caso de superar cada unha das partes da materia cun mínimo de 5 puntos, xa sexa nas probas parciais ou na súa recuperación na data do exame final, xa sexa no exame final).
VARIABLE 3: Contestación e presentación dos cuestionarios nos prazos establecidos.
CRITERIOS: A contestación e presentación dos cuestionarios sobre as lecturas nos prazos establecidos. .
INSTRUMENTO: Cuestionarios periódicos, fundamentalmente sobre textos de lectura obrigatoria.
PESO: 5% (so no caso de superar cada unha das partes da materia cun mínimo de 5 puntos, xa sexa nas probas parciais ou na súa recuperación na data do exame final, xa sexa no exame final).
AVALIACIÓN DE ALUMNOS/AS EXENTOS DE ASISTENCIA A AULAS PRESENCIAIS:
Estes/as estudantes deberán superar a materia nas convocatorias previstas de exame final. A superación da materia reqierirá obter unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha das tres partes do exame final.
TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Clases expositivas 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Titorías de grupo 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Seguimento (Estudo persoal, lecturas, documentación, indagación, tarefas, probas, traballos, etc.) 99
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO DO/A ESTUDANTE:
TOTAL GLOBAL 150
É imprescindible unha asistencia regular e a entrega das tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Polo tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e das tarefas previstas ao longo do cuatrimestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar dese xeito deberán superar a materia mediante un exame final.
- Tarefas: As tarefas realizadas polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da Aula Virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
José Luis Falguera López
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812536
- Correo electrónico
- joseluis.falguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |