Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento das diferentes etapas da Historia do pensamento filosófico da época helenística greco-romana e renacentista.
-Familiarización con traballos de investigación e exposición oral dos resultados dos mesmos.
-Dominio do léxico filosófico da época.
-Coñecemento das fontes, impresas e electrónicas, do pensamente deste periodio.
-Amais do seu contexto cultural e histórico: filosofía antiga e ciencia, arte e literatura.
Estudio da proxección histórica da filosofía helenística no periodo renacentista:
1.- O Humanismo cristián, Reforma e Utopías.
2. Do escepticismo helenístico a Montaigne.
3. Do epicureísmo helenístico a L. Valla e P. Gassendi.
4. Do estoicismo helenístico a J. Lipsio.
5. Do neoplatonismo helenístico a M. Ficino e G. Bruno.
6. Do aristotelismo helenístico a P. Pomponazzi.
7. A corrente libertina: presencia do averroísmo latino. Maquiavelo.
8.- Sir Francis Bacon, filósofo da era industrial.
9.- Mulleres filósofas do do Renacemento: Tullia d’Aragona, Isabel de Villena, Teresa de Ávila, Márie Le Jars de Gournay.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-REALE, G. y D. ANTISERI, "Historia del pensamiento filosófico y científico", Barcelona, Herder, 1991, vols. I y II (preferible a nova versión con textos e cadros sinópticos) (helenística, por un lado, y renacentista, por outro).
-GARCÍA GUAL, C. e IMAZ, Mª Jesús: La filosofía helenística. Madrid: Síntesis, 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-Manexaránse monografías específicas para escepticismo, estoicismo, cínicos e epicureísmo, que se irá indicando en clase, como, por exemplo, MONTAIGNE, M. de, Ensaios completos. Madrid; Cátedra, 2006
Seguindo a actualización de Memoria de Grao en Filosofía: Filosofia_modif_2015.pdf (usc.gal)
Competencias de tipo xeral:
CG1; CG2; CG4.
Competencias básicas:
CB1; CB2; CB3; CB4.
Competencias transversais:
CTO1; CT02, CT03.
Competencias de tipo específico:
CE1; CE3; CE6; CE7.
1.-Nas aulas expositivas, explícase un tema transversal, este curso será o da noción de «Intelecto», en Marsilio Ficino e o averroísmo latino. Irase revisando os diferentes grupos de autores, centrando a exposición no afondamento d este punto.
2.-Nos seminarios, comentarase un texto clásico: p.e., o texto de P. Pomponazzi sobre a inmortalidade da alma. .
3.- Préstase moito atención a análise do léxico das dúas épocas.
4.- Trabállase basicamente sobre problemas concretos de época.
5.- Pola natureza da materia, pulsaranse outros rexistros complementarios, da historia da arte (a estética do Clasicismo) a historia da ciencia (a revolución copernicana), da historia da literatura (o Humanismo, mesmo Montaigne e outros) a historia das relixión (pénsese no fenómeno da Reforma, de época, as reaccións anabaptistas, a mística, etc.; tócanse tamén, pois, temas de debate ideolóxico).
6.- Comentario de texto semanal en clase interactiva segundo Temario.
Para xs alumnxs dispensados de aulas: deberán examinarse do Temario, ben por parcias (cos demás), ben no exame final, ben acordando cx profesorx outro día para facerlo (neste punto x profesorx será flexible); os comentarios poderá entregalos mensualmente ou en bloque o día do exame, ao igual que a exposición do traballo.
-Dúas probas escritas: 1º) Filosofía Helenística (=ate 4 puntos, mínimo 2), y, 2º) Filosofía do Renacemento (=ate 4 puntos; 2 puntos, mínimo).
A asistencia a aulas valórase cun máximo de 2 puntos (para garantir a participación activa do alumnado na materia: preguntas, dúbidas, intervencións espontáneas, suxestións ao profesox sobre os temas, aportacións individuais) (empézase a contar a partir do 75%, e a metade equivalerá a 1 punto: ou sexa, 50 % asistencia) (ate 1 punto mínimo): 4+4+2 =10, sobresaliente; mínimo: 2+2+1 = 5, aprobado simple.
A revisión de exames farase ante testemuñas, enviaranse xs alumnxs en caso de reclamación escaneados os seus exames, con comentarios do profesor, aos que o alumno pode contraargumentar. A nota sairá deste intercambio. Sempre se porá contrastar co orixinal, garantizado polx profesorx.
Para xs alumnxs dispensados de aulas: deberán examinarse do Temario, ben por parciais (cos demais), ben no exame final, ben acordando cx profesorx outro día para facelo (neste punto x profesorx será flexible); os comentarios poderá entregalos mensualmente ou en bloque o día do exame, ao igual que a exposición do traballo.
As MH. se darán en atención a suma de criterios que o profesor considere relevantes en atención a evolución académica dx alumnx; tendo en conta, ademais, a asistencia a aulas. sen prexuízo dos mellores expedientes, cos que pode ou non coincidir (polo lo xeral, coincide con algún delxs). Como di a expresión, tratase dunha distinción de honra (bo expediente, traballo colaborativo, solidaridade con compañeirxs, iniciativa persoal, intuición, intelixencia creativa, uso de linguas estranxeiras, complemento de material básico, lecturas alternativas, asistencia a aulas, etc., as virtudes intelectuais, naturais e sociais de cada quen).
Todos estes procesos poderán facerse noutros idiomas modernos europeos, fora o español.
Respectarase estritamente o calendario oficial de exames.
A valoración de competencias será discrecional tomando como referencia o apartado correspondente, seguindo a actualización de Memoria de Grao en Filosofía: Filosofia_modif_2015.pdf (usc.gal)
Avaliación continua: CG1, CG4, CB1, CB4, CE1
Exame final: CG2, CB3, CE7
Traballo sobre unha obra: CB2, CB5, CE3, CE6
Clases teóricas: 30 h./ Seguimento do alumno: 35 horas.
Clases prácticas: 10 horas./ Preparación de actividades seminario (lectura, documentación) 35 h.
Titoría grupo: 3 h.
Exames 2 h./ estudio: 45 horas.
Total: (Traballo presencial do alumno): 45/ Traballo persoal do alumno: 105 horas.
En caso de apreciar plaxio nos traballos de investigación (corta/pega), o alumno suspenderá a materia de forma irrevogable e informarase ó Decanato da incidencia, por se procedera apertura de Expediente disciplinario, o para que tome as medidas procedentes e que lle competen.
Seguir a dinámica de clase, superando bloco a bloco, sen arrastrar materia.
Seguir as indicacións do profesor en bibliografía e temario.
A asistencia a aulas é prioritaria.
Esta materia compleméntase coas materias obrigatorias de "Historia de Filosofía Antiga" e "Historia da Filosofía Medieval".
De ser detecta realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC. Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado.
Martin Gonzalez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812517
- Correo electrónico
- martin.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
20.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
20.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
16.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
16.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |