Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten por obxectivo presentar a problemática asociada á aplicación da hermenéutica en canto interpretación e comprensión de textos filosóficos. Esta materia facilita a iniciación do alumnado no traballo de comprensión dos textos e xéneros filosóficos, na análise formal do discurso filosófico así como das estratexias e recursos para a escritura, creación e investigación filosófica que se desenvolverán de maneira transversal ao longo do Grao. Ao mesmo tempo, tamén ofrece unha introdución á Filosofía como disciplina.
Os obxectivos de aprendizaxe da materia son:
OA 1.- Coñecer o ámbito e contidos da interpretación e comprensión dos textos filosóficos.
OA 2.- Dominar a linguaxe específica da interpretación e comprensión dos textos filosóficos.
OA 3.- Coñecer a metodoloxía da investigación e creación filosófica.
OA 4.- Adquirir destreza na lectura e interpretación dos textos filosóficos.
OA 5.- Familiarizarse cos principais xéneros filosóficos.
A materia divídese en dous bloques. O primeiro bloque fomenta que o alumnado adquira habilidades e competencias nos seguintes campos: investigación en Filosofía, lectura crítica e interpretación de textos filosófico e competencias para a escritura filosófica. O segundo bloque opera como unha introdución á Filosofía: características, historia, competencias e habilidades e métodos.
Bloque I: Introdución á investigación en Filosofía e á escritura e lectura de textos filosóficos
Tema 1: Fuentes de información para a investigación en Filosofía.
Tema 2: Os xéneros filosóficos na Historia da Filosofía.
Tema 3: Lectura crítica e interpretación de textos filosóficos. A Hermenéutica Filosófica.
Tema 4: A escritura filosófica.
Bloque II: Introdución á Filosofía
Tema 5: Principais características da Filosofía.
Tema 6: Algunhas preguntas fundamentais da Filosofía occidental.
Tema 7: Algúns autores fundamentais da historia da Filosofía occidental.
Tema 8: Actitudes, competencias e habilidades para a Filosofía.
Tema 9: Filosofía e método.
Bibliografía básica
BONTEMPO, C. J., & ODELL, S. J. (Dirs.). (1979). La Lechuza de Minerva: ¿Qué es filosofía? Cátedra.
CHÂTELET, F. (dir.) (1976). Historia de la Filosofía. Ideas, doctrinas. 4 vols. Espasa-Calpe.
COPLESTON, F. (2011). Historia de la Filosofía. Ariel.
GARCÍA NORRO, J.J., (Coord.) (2012). Convirtiéndose en filósofo. Estudiar filosofía en el siglo XXI. Síntesis
GONZÁLEZ, M. (1987). Introducción al pensamiento filosófico: filosofía y modernidad. Tecnos.
MARÍAS, J. (2016) (1era ed. 1941). Historia de la filosofía. Alianza.
STANFORD ENCYCLOPEDIA OF PHILOSOPHY: https://plato.stanford.edu/index.html
Bibliografía complementaria
Bibliografía Bloque I
AGÍS VILLAVERDE, M. (2020). Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol. II. Historia da interpretación filosófica. Galaxia.
BECHOT, M., e ARENAS-DOLZ, F. (Dirs.) (2006). 10 palabras clave en Hermenéutica Filosófica. Verbo Divino.
CERVERA RODRÍGUEZ, A. (2019): Cómo elaborar trabajos académicos y científicos: TFG, TFM, tesis y artículos, Alianza Editoria.
FERRARIS, M. (2004). La hermenéutica. Cristiandad.
GEORGE, T, "Hermeneutics", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2025 Edition), Edward N. Zalta & Uri Nodelman (eds.). Consultable en línea.
GRONDIN, J. (2008) ¿Qué es la hermenéutica? Herder.
MACEIRAS, M. e TREBOLLE, J. (1995). La hermenéutica contemporánea. Cincel.
VV.AA. (2006). Diccionario de Hermenéutica. Universidad de Deusto.
Bibliografía Bloque II
BEEBEE, H. & RUSH, M. (2021). Filosofía: ¿Por qué importa? Alianza
CRAIG, E. (2002). Philosophy. A very short introduction. Oxford University Press.
DANTO, A. C., (1976). Qué es filosofía. Alianza Editorial.
DELEUZE, G., & GUATTARI, F. (1994). ¿Qué es la filosofía? Anagrama.
GARCÉS, M. (2020). Nueva ilustración radical. Anagrama.
MOULINES, C. U. (2009). “¿Es la filosofía una ciencia?”. Ágora: Papeles de Filosofía. 28 (2), 21-36
NAGEL, Th. (1996). ¿Qué significa todo esto? Fondo de Cultura Económica.
ORDINE, N. (2013). La utilidad de lo inútil: manifiesto. Acantilado.
ORTEGA Y GASSET, J. (1981). ¿Qué es filosofía? Espasa-Calpe.
RAFIN, F. (2011). Pequeña introducción a la filosofía. Alianza.
RUSSELL, B. (1981). Los Problemas de la filosofía. Labor.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3.- Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE2.- Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4.- Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5.- Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos filosóficos.
CE6. - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8.- Desenvolvemento do razoamento crítico.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na metodoloxía da investigación, lectura crítica e escritura filosófica a través do traballo activo individual e grupal de lectura e interpretación de textos filosóficos nos seus diversos xéneros e a través da realización de prácticas de investigación e escritura filosófica.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais e está orientada á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escritura dun comentario crítico de texto filosófico.
1. Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa.
2. Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos individuais e grupais de lectura crítica e análise dunha selección de textos filosóficos que servirán de base para a elaboración do comentario crítico de texto filosófico avaliable.
3. Nas titorías individuais e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas co docente sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración do comentario crítico de texto filosófico, e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
AULA DA MATERIA NO CAMPUS VIRTUAL DO USC
O material didáctico elaborado polo docente estará dispoñible na aula virtual da materia, onde tamén se poderán consultar e descargar os textos de lectura das sesións interactivas. Na aula virtual tamén estarán dispoñibles o resto de documentación necesaria para o seguimento da materia.
A entrega do comentario crítico de texto filosófico realizarase obrigatoriamente a través da aula virtual da materia antes de que finalice o período lectivo do primeiro cuadrimestre en decembro.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1.- Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. Para poder concorrer á avaliación continua, non se poderán acumular máis de 6 ausencias non xustificadas. Porcentaxe na cualificación final: 10 %
2.- Comentario crítico de texto filosófico. Elaboración de 1 comentario crítico de texto filosófico cunha extensión de entre 2.000 e 3.000 palabras sobre un texto filosófico seleccionado polo docente. Valorarase a capacidade de expoñer o problema filosófico que o filósofo expón no seu texto, e a hipótese que defende; expoñer a estrutura lóxica do texto; explicar os conceptos clave do texto e os seus argumentos e tomar distancia crítica cara á hipótese e/o os argumentos. Porcentaxe na cualificación final: 90 %.
3.- Entrega final: Consistirá na entrega na data da correspondente convocatoria de 1ª ou 2ª oportunidade do comentario crítico de texto filosófico que integra a avaliación da materia. Porcentaxe na cualificación final: 100%
Complementariamente, o alumnado que realice e supere coa cualificación de apto o curso de competencias informacións (básico) ofrecido pola Biblioteca da Facultade sumará 0,75 puntos á media da materia. O engadido destes 0,75 puntos queda condicionado a que a nota media da materia sexa de aprobado e sen que sirva para a superación desta.
A entrega do comentario crítico de texto filosófico realizarase obrigatoriamente a través da aula virtual da materia antes de que finalice o período lectivo do primeiro cuadrimestre en decembro.
En caso de non aprobar a materia pola avaliación continua, o alumno/a deberá realizar unha nova entrega do comentario crítico de texto filosófico suspenso nas datas oficiais dos exames de 1ª ou 2ª oportunidade.
O alumno/a que non estea exento de docencia e non asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e non entregue en prazo as tarefas vinculadas á avaliación continua deberá examinarse a través da entrega final que consistirá na entrega do comentario crítico de texto filosófico que integra a avaliación continua na data do exame final de 1ª ou 2ª convocatoria. O alumnado que perda o dereito á avaliación continua non poderá compensar as ausencias co uso das titorías do docente para aclarar cuestións vinculadas á realización do comentario crítico de texto filosófico.
A avaliación das competencias a través de cada unha das actividades distribúese da seguinte maneira:
a) Asistencia e participación: CG1; CG2; CG3 // CB1; CB4; CE2; CE5; CE6; CE8
b) Comentario crítico de texto filosófico: CG1; CG2; CG3; CG4; CB1; CB2; CB4; CB5; CE2; CE4; CE5; CE6; CE7; CE8
c) Entrega final: CG1; CG2; CG3; CG4; CB1; CB2; CB4; CB5; CE2; CE4; CE5; CE6; CE7; CE8
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
O alumnado poderá solicitar, ao principio de curso nas datas establecidas pola Facultade de Filosofía ou, posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevidas, dispensa de asistencia á clase, mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decanato segundo o disposto na Instrución nº1/2017 da Secretaría Xeral da USC.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a clase deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia. Este alumnado poderá concorrer á avaliación continua mediante a entrega do comentario crítico de texto filosófico na data establecida antes de que finalice o período lectivo do primeiro cuadrimestre en decembro ou ben será avaliado a través da entrega na data dos exames de 1ª ou 2ª convocatoria do comentario crítico de texto filosófico.
Para o seguimento do curso, terá os materiais empregados nas clases expositivas e interactivas dispoñibles na aula virtual da materia. O alumnado deberá comunicar ao docente responsable da materia por que modalidade de avaliación opta.
O tempo de traballo estimado para esta materia é de 150 horas en correspondencia cos 6 ECTS e coa seguinte distribución:
Traballo presencial do alumnado: 51 horas.
a) Clases teóricas: 24 horas
b) Clases interactivas: 24 horas
c) Titoría individual e grupal: 3 horas.
Traballo persoal do alumnado: 99 horas.
a) Seguimento (lecturas, documentación, ampliación etc): 14 horas.
b) Elaboración do comentario crítico de texto filosófico: 85 horas
1. É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para gozar dunha avaliación continua. O control de asistencia servirá de medición do interese pola materia. Por tanto, resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas obrigatorias e tarefas previstas, ao longo do semestre. Os estudantes que non procedan a traballar deste xeito non poderán superar a materia pola avaliación continua.
2. Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
3. Realizar exercicios de lectura crítica de textos filosóficos con base no modelo que facilitará o docente.
4. Realizar exercicios de práctica de escritura do comentario crítico de texto filosófico conforme ás indicacións do docente.
5. Realizar exercicios de autoavaliación conforme á rúbrica de valoración do comentario crítico de texto filosófico que será facilitada ao alumnado.
6. O alumnado deberá entregar xunto co comentario crítico de texto filosófico unha declaración persoal de ausencia de plaxio, uso directo de sistemas de intelixencia artificial, e orixinalidade que será facilitada polo docente e que se integra no modelo de comentario crítico de texto filosófico dispoñible na aula virtual. Este requisito compre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art.
1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixido na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
a) O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/o discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Más información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
b) Para calquera comunicación do docente da materia, esta realizarase por correo electrónico empregando obrigatoriamente a conta de correo rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual etc.)/ etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada desde unha conta de correo electrónico alleo á USC.
c) O alumnado e profesorado está obrigado ao emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
d) Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual da materia no Campus Virtual. Tan só permitiranse entregas por correo electrónico en casos de incidencias non previstas e previa comunicación ao docente da materia que debe autorizalo.
e) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
f) Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos, segundo as recomendacións da USC para a introdución da perspectiva de xénero na docencia.
g) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado ou legal do mesmo.
h) Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas clases sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal maneira que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
i) Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal maneira que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
Etienne Helmer
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- etienne.helmer [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |