Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Comprender a significación que o problema do fundamento ten en cada época e ser quen de explicar os rasgos mais salientables das transformacións epocais do pensamento.
2) Coñecer os autores, textos, problemas e conceptos característicos da modernidade.
3) Desenvolver a capacidade de análise, comprensión e explicación de textos fonte da filosofía.
4) Desenvolver a capacidade de debate encol de temas filosóficos.
Tema 1) Concepto e cronoloxía da modernidade filosófica.
Tema 2) Crise da cosmovisión durante o Renacemento: humanismo, Reforma protestante, revolución na astronomía.
Tema 3) Francis Bacon: renovación antiaristótélica da filosofía e necesidade dun novo comenzo.
Tema 4) Galileo Galilei: destrución do modelo da física aristotélica e nova base epistemontolóxica da ciencia moderna.
Tema 5) A razón como fundamento: Descartes (razón e certeza), Spinoza (razón e felicidade), Leibniz (razón e forza).
Tema 6) O punto de partida na experiencia: Locke (experiencia e certeza), Berkeley (a teoloxización da experiencia), Hume
(alcance e límites do empirismo).
Tema 7) Kant: ontoloxía da experiencia e metafísica da liberdade.
Tema 8) A crítica da modernidade ilustrada e o descobrimento da razón histórica: Hegel.
OS TITULOS MARCADOS CUN ASTERISCO (5 TITULOS) CONSIDERANSE BIBL. BASICA, O RESTO SON BIBL. COMPLEMENTARIA
ARANA, J. (2005) Los filósofos y la libertad, ed. Síntesis: Madrid.
ATKINSON, J. (1985) Lutero y el nacimiento del protestantismo. Alianza.
BACON, F. (1985) Descripción y sumario de la segunda parte de la Instauratio/Refutación de las filosofías. CSIC.
BERKELEY, G. (1990) Tratado sobre los principios del conocimiento humano. Gredos.
BERMUDO AVILA, J. M. (1983) La filosofía moderna y su proyección contemporánea. Barcanova.
— El empirismo: de la pasión del filósofo a la paz del sabio. Montesinos. Barcelona.
BURTT, E. M. (1960) Los fundamentos metafísicos de la ciencia moderna, Ed. Sudamericana.
*CASSIRER, E. (1986) El problema del conocimiento en la filosofía y la ciencia modernas, 4 vols. FCE.
CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000) Diccionario de filosofía en cd-rom. Herder.
DELEUZE, G, (1986) Empirismo y subjetividad, ed. Gedisa, Barcelona.
*- (1999) Spinoza y el problema de la expresión. Atajos.
- (2009) Spinoza. Filosofía práctica. Tusquets.
DESCARTES, R. (1977): Meditaciones Metafísicas con objeciones y respuestas. Alfaguara. Madrid.
DUSSEL, E. (1992) 1492. O encubrimento do Outro. A orixe do mito da modernidade, Monografías de Encrucillada, Graficolor Minerva.
GALILEI, G. (1981) El ensayador. Aguilar.
— Carta a Cristina de Lorena y otros escritos sobre la ciencia y la religión. Alianza.
*GEBHARDT, C. (2007) Spinoza. Losada.
HABERMAS, J. (1989) El discurso filosófico de la modernidad. Taurus.
HAMPSHIRE, S. (1982) Spinoza, ed. Alianza.
HEIDEGGER, M. (1996) La época de la imagen del mundo. Alianza.
HUME, D. (1981) Autobiografía y Tratado de la naturaleza humana. Editora Nacional.
JUNQUEIRA SMITH, P. (1998 El empirismo británico, en Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía, vol. 17: Concepciones de la metafísica. Trotta.
KANT, I. (1996) Crítica de la Razón Pura. Alfaguara.
KOYRE, A. (1989) Del mundo cerrado al universo infinito. Siglo XXI.
LEIBNIZ, G. W. (1982) Escritos filosóficos. Charcas.
LOCKE, J. (1980) Ensayo sobre el entendimiento humano. Editora Nacional.
MARTINEZ MARZOA, F. (1973) Historia de la filosofía, 2. vols. Istmo.
— (1974) Iniciación a la filosofía. Istmo.
MINGUEZ PEREZ, C. (1989) De Ockham a Newton: la formación de la ciencia moderna. Cincel.
MONDER, S. (2000) La filosofía de la experiencia en Hume, en: Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía, vol. 21: Del Renacimiento a la Ilustración II. Trotta.
RABADE, S. (1971) Descartes y la gnoseología moderna. Toro.
— (1975) Hume y el fenomenismo moderno. Gredos.
*— (1987) Spinoza: razón y felicidad. Cincel.
— (1988) Método y pensamiento en la modernidad. Madrid.
REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico. Herder.
*SPINOZA, B. (2011) Ética demostrada según el orden geométrico. Gredos.
TURRÓ TOMAS, S. (1985) Descartes: del hermetismo a la nueva ciencia, ed. Anthropos: Barcelona.
— (2016) Filosofia i Modernitat. La reconstrucció de l’ordre del món, Edicions UB: Bar-celona.
TORRETTI, R. (1980) Manuel Kant, Estudio sobre los fundamentos de la filosofía crítica, ed. Charcas, Buenos Aires.
VILLACAÑAS, J. L. (1990) La quiebra de la razón ilustrada, ed. Cincel: Madrid.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posuan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluindo as suas doutrinas, teorías, métodos e aplicacions, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSÁIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisions.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacions interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e esprito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
As sesións EXPOSITIVAS adicaranse a desenvolver os contidos dos temas da materia por parte da profesora, que colgará na aula virtual materiais acaídos para o estudo de cada tema, complementarios da exposición na aula e fará as indicacións pertinentes para o seu estudo.
As sesións INTERACTIVAS adicaranse ao traballo de comentario/discusión do texto, na modalidade de seminario, da Ética demostrada ao xeito xeométrico, de Spinoza. A profesora realizará unha introdución aos contidos fundamentáis desta obra e a súa posición no contexto da modernidade e posterior influencia. Realizará asemade unha introdución á metodoloxía de SEMINARIO (lectura-comentario de textos FONTE). Co gallo de facilitar a participación do alumnado, ao principio de curso propoñeranse un conxunto de temas que se corresponden con diferentes apartados chave da Etica demostrada ao xeito xeométrico. Os alumnos/as deberán escoller un deses apartados e deberán responsabilizarse de facer unha pequena presentación do mesmo, de non máis de 10 minutos, na sesión interactiva que corresponda. Esta actividade computa para a avaliación continua. Na presentación deben explicar os conceptos e problemas mais importantes do apartado e tamén sinalar o que non entenderon ou onde atoparon dificultades, para que a profesora ou os alumnos/as da sesión interactiva podan axudar a resolver ditas dificultades.
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Na oportunidade de xuño existen dúas modalidades de avaliación: continua e non-continua, tal como se detalla a continuación.
AVALIACIÓN CONTINUA
ASISTENCIA: Non computa para a nota pero é un requisito para a avaliación continua. Realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 6 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
A avaliación continua realizarase atendendo a 3 probas:
EXAME TIPO TEST (VALOR: 30 % da nota): sobre conceptos da Ethica de Spinoza. A data fixarase de acordo coa coordinación do grao durante a PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO. O test constará de 30 preguntas, cada resposta correcta conta 0.10 pt. e os erros non descontan.
BREVE PRESENTACION NA AULA (VALOR: 20 % da nota): de non máis de 10 minutos de duración, sobre un fragmento previamente seleccionado da Ethica de Spinoza na sesión interactiva que corresponda.
EXAME FINAL ESCRITO (VALOR: 50 % da nota): este constará de tres preguntas teóricas sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas. Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
A avaliación realizarase mediante 3 probas:
EXAME TIPO TEST (VALOR: 30 % da nota): sobre conceptos da Ética de Spinoza. A data fixarase de acordo coa coordinación do grao durante a PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO. O test constará de 30 preguntas, cada resposta correcta conta 0.10 pt. e os erros non descontan.
TRABALLO (VALOR: 30 % da nota): Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito que desenvolva algún aspecto significativo do pensamento da Ética de Spinoza. O traballo terá unha extensión máxima de 10 pxs. (Tipo de letra: Times New Roman, interliñado 1,5). Para a entrega do mesmo habilitarase a ferramenta “tarefa” na aula virtual. A profesora fará indicacións de bibliografia complementaria e dos aspectos a avaliar mediante unha rúbrica que estará colgada na aula virtual.
EXAME ESCRITO (VALOR: 40 % da nota): constará de 4 preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas e dun comentario de texto da Ética de Spinoza.
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA
Idem avaliación non-continua.
OPORTUNIDADE DE XULLO
A avaliación de xullo realizarase mediante unha única proba: EXAME ESCRITO (100 %) da nota, consistente en 2 preguntas teóricas sobre os contidos explicados nas sesións expositivas e un comentario de texto dun fragmento da Ética de Spinoza. As persoas que acadaran o aprobado (1,5 pt.) no exame tipo testo de outubro poden gardar esa nota e o exame pasaría a valer o 70 % da cualificación total.
Segundo a memoria do grao, máximo 105 (enténdese que é unha aproximación).
ACTITUDE PROACTIVA de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula e á consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral (na aula) como escrita (nos traballos e no exame). Cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
Incluiense aquí o conxunto de observacións recomendadas polo Departamento de Filosofía e Antropoloxía para as modificacións dos programas das materias (curso 2025-2026).
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non hai obriga de respostar a ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tableta ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais
e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario
dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
12.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
08.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |