Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para explicalos, aplicalos e incrementalos.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
I. FILOSOFÍA POLÍTICA CARA A UNHA INTRODUCIÓN.
1. Cuestións preliminares.
1.1. Filosofía, política e Filosofía política.
1.2. Ciencia política, ideoloxía e Filosofía política.
1.3. Ética e Filosofía Política.
1.4. Dereito e Filosofía Política.
1.5. Enfoques da Filosofía Política.
II. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.
2. A cidadanía.
2.1. Modelo liberal.
2.1.1. A liberdade dos antigos e dos modernos.
2.2. Modelo comunitarista.
2.3. Modelo republicano.
2.3.1. A liberdade como non dominación.
2.4. A crítica feminista.
2.5. A cidadanía: universal ou diferenciada?
2.6. Cidadanía e fronteiras.
3. A democracia.
3.1. A liberdade social.
3.1.1. O Estado.
3.2. Xustificacións da democracia.
3.3. Modelo liberal representativo.
3.4. Modelo participativo ou directo.
3.5. Modelo deliberativo.
3.6. Modelo radical e plural.
1. Bibliografía básica (lecturas obrigatorias).
(1) ARENDT, H.: ¿Qué es la política?, Barcelona: Paidós, 2024.
(2) BERLIN, I.: “Dos conceptos de libertad”, en Cuatro ensayos sobre la libertad, Madrid: Alianza, 1988, pp.187-243.
(3) COHEN, M. & CÓNDOR ORDUÑA, M.: Filosofía Política: de Platón a Mao, Madrid: Cátedra, 2002.
(4) MÁIZ, R.: Teorías políticas contemporáneas, Valencia: Tirant Lo Blanch, 2009.
(5) STRAUSS, L.: “¿Qué es filosofía política?”, en ¿Qué es filosofía política? y otros ensayos, Madrid: Alianza, 2014, pp. 77-153.
2. Bibliografía complementaria de carácter xeral.
(1) AGRA, María X. (2002), “Ciudadanía: el debate feminista”, en QUESADA (dir.), Naturaleza y sentido de la ciudadanía hoy, Madrid: Estudios UNED, páxs. 129-160.
(2) AMORÓS, Celia (2008), “El feminismo como proyecto filosófico-político”, en QUESADA Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid: Editorial Trotta, páxs. 69-87.
(3) FRANCISCO, Javier de (2003), “Teorías y modelos de democracia”, en ARTETA, GARCÍA GUITIÁN & MÁIZ (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 246-269.
(4) GARCÍA GUITIÁN, Elena (2003), “Problemas de la representación política”, en ARTETA, GARCÍA GUITIÁN & MÁIZ (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 387-401.
(5) KYMLICKA, Will (1995), “Feminismo”, en KYMLICKA Filosofía política contemporánea: una introducción, Barcelona: Ariel Ciencia Política, páxs. 259-315.
(6) LOIS, Marta (2009), “Ernesto Laclau y Chantal Mouffe: hacia una teoría radical de la democracia”, en MÁIZ (comp.), Teorías políticas contemporáneas, Valencia: Tirant Lo Blanch, páxs. 433-454.
(7) MERRIL, Roberto & BOURDEAU, Vincent (2008), “Republicanismo”, en CARDOSO ROSAS (org.), Manual de Filosofía Política, Coimbra: Edições Almedina, páxs. 109-127.
(8) PEÑA, Javier (2003), “La ciudadanía”, en ARTETA, GARCÍA GUITIÁN & MÁIZ (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 215-245.
(9) PEÑA, Javier (2008), “Nuevas perspectivas de la ciudadanía”, en QUESADA Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid: Editorial Trotta, páxs. 231-251.
(10) RODRÍGUEZ, Roberto (2008), “La tradición liberal”, en QUESADA Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid: Editorial Trotta, páxs. 07-30.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filo-sofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recen-tes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver pro-blemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solu-cións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou nou-tros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que impli-can coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou voca-ción dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha refle-xión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Reso-lución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capa-cidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capaci-dade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibi-lidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deli-berar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver pro-blemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creati-vidade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa, mediante exposición maxistral aberta á participación e ao debate.
(2) Aulas interactivas. Nas distintas sesións farase unha actividade por parte do alumnado relacionada cos textos a traballar. Ademais, unha vez realizada a tarefa a idea é poder debatelos nas aulas.
A actividade farase, tamén, ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte do alumnado. Tras estas, abrirase un debate sobre os textos traballados e a materia, orientado en base a varias preguntas que formulará o profesorado.
Hai dúas maneiras de superar a materia. A primeira, a través da avaliación continua, a segunda no exame final. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte práctica. Para superar a materia deste xeito hai que aprobar ambas partes.
PARTE TEÓRICA.
Será avaliada cun exame parcial programado na finalización da impartición dos seus contidos. O exame parcial consistirá en dúas preguntas de desenvolvemento (3 puntos cada unha) e un comentario de texto (4 puntos). Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE4, CE5, CE10.
PARTE PRÁCTICA.
Para superar a materia, en réxime de avaliación continua, será preciso (1) non ter máis de catro faltas non xustificadas nas aulas interactivas e (2) ter entregado as correspondentes tarefas (unha por clase interactiva) que se indicarán ao longo do cuadrimestre. A entrega das tarefas farase pola plataforma no día de asistencia á interactiva correspondente (cando non se realicen na aula). Para que estas, e a nota da participación oral, sexan tidas en conta é requisito cumprir coas dúas condicións: asistencia á clase interactiva e entrega da tarefa correspondente en tempo e forma. Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9.
DIMENSIÓN DA AVALIACIÓN.
Desta maneira, a distribución da nota fica como segue: Parte teórica (60%) + Parte práctica (40%). Cada unha das partes será avaliada sobre 10. A parte práctica será dividida nas seguintes porcentaxes: un 30% da entrega de tres comentarios de textos e un 10% das tarefas entregadas na aula. Nesta última suma a participación.
Tendo en conta que a programación da materia, en particular no seus aspectos metodolóxicos e avaliativos, ten sido concibida para o perfil do alumnado asistente regularmente ás aulas (e, na medida do posible, comprometido cunha participación activa no desenvolvemento das mesmas, que cómpre incentivar e promover, especialmente nas prácticas), a avaliación continua do alumnado representa o camiño mais axeitado para valorar o seu traballo e aprendizaxe dos contidos fundamentais da disciplina. Neste senso, incentívase a elaboración de resumos (dos temas), preparación dos comentarios de texto e recensións (dos textos de lectura obrigatoria) que, xunto as tarefas e intervencións orais nas aulas interactivas, constitúen instrumentos de avaliación regular e periódica do traballo persoal de cada estudante. Por iso, todas estas ferramentas, en conxunto, permiten a avaliación continuada do seus coñecementos, avaliados periodicamente. Con carácter xeral, os contidos desta materia contribúen a adquisición das competencias anteriormente consignadas propias do título.
Nos resumos, comentarios e resto de tarefas prácticas avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e de argumentación), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
Nos exames valorarase a exactitude e amplitude en coñecementos das respostas, avaliándose o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, mais tamén a capacidade de comprensión das fontes lidas e a capacidade de composición de textos. O alumnado exento de asistencia ás clases presenciais será avaliado, no que atinxe aos contidos teóricos da materia, no exame final programado polo Centro.
EXAME FINAL.
As persoas que non superen a materia consonte ao establecido para a avaliación continua poderán concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito carreta unha dificultade notábel considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Así, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (comentario de texto dun deles; ate 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, co/a alumno/a (dúas cuestión; ate 3 puntos cada una delas).
REQUIRIMENTO DE ORIXINALIDADE.
De alguén copiar en calquera momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algún texto escrito por outras persoas (en ensaios ou prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos ou estratexias similares que vulneren o principio de honestidade.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
- Aulas expositivas: 24 horas.
- Aulas interactivas: 24 horas.
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas.
(Total: 51 horas).
- Traballo persoal alumno: 99 horas.
1) Asistencia diaria e parcipativa nas clases. Participación nas presentación.
2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas.
3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia.
4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
O profesorado atoparase a disposición dos alumnos no seu despacho, no horario de tutorías, co obxecto de clarificar dun modo personalizado todas as cuestións referentes aos contidos da materia.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá da aula como nos tarefas académicas encomendadas.
Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.”
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai. Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñíbel na web do devandito servizo ou na secretaría virtual do alumnado.
Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Alberto Jose Franco Barrera
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Venres | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
28.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
03.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |