Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais da materia.
1) Afondar na comprensión das actividades que se poden denominar respectivamente 'pensamento filosófico' e 'pensamento científico' e na interrelación entre ambas as dúas.
2) Coñecer os fitos principais no desenvolvemento da historia da filosofía e da historia da ciencia con especial atención á denominada 'revolución científica' e o subseguinte cambio epocal (paso da Idade Media ao Renacemento e á Modernidade).
3) Comprender os vencellos existentes entre unha determinada cosmovisión e a filosofía e a ciencia que se produce nese marco.
4) Comprender a repercusión cultural e social da ciencia e da filosofía.
5) Coñecer autores, textos, problemas e conceptos relevantes para a tematización da relación entre pensamento filosófico e científico.
6) Comprender a diferente visión da natureza na ciencia antiga e na ciencia moderna e contemporánea.
7) Desenvolver un punto de vista crítico sobre o desenvolvemento da ciencia e do binomio ciencia-tecnoloxía.
8) Dotarse de ferramentas para calibrar o alcance e a validez da reflexión filosófica en relación coa ciencia.
9) Desenvolver as destrezas de lectura, comprensión e explicación de textos filosóficos.
10) Fomentar a capacidade de diálogo/debate sobre temas, conceptos e problemas filosóficos (emprego do léxico axeitado, capacidade de argumentación, coñecemento das fontes, escoita atenta e activa dos argumentos contrarios, capacidade para formular réplicas que centren a análise dos temas evitando a dispersión, cultivo do respecto aos interlocutores, valoración do traballo no eido da filosofía como un esforzo real que require unha formación pertinente).
11) Poñer de manifesto a discriminación padecida pola muller na historia da ciencia.
Tema 1: O inicio da filosofía nos chamados físicos materialistas.
Aquí abordarase a concepción inicial da materia e da physis dos primeiros filósofos. Unha concepción que, lonxe do que máis tarde se entenderá como materialismo, non separa o material do espiritual nin o físico do psíquico.
Tema 2: Ciencia e metafísica de Platón.
Este tema céntrase en mostrar como en Platón a materia pasa de ser o que está antes do cosmos como matriz do ser, a ser o que está fronte o cosmos como caos negador do ser.
Tema 3: A concepción aristotélica da ciencia.
Explícase o modo no que Aristóteles desenvolve unha física cualitativa fronte á física cuantitativa de Platón. Móstrase igualmente como, fronte ao ideal platónico dunha ciencia dedutiva unificada, aparece a concepción dunha ciencia indutiva diversificada.
Tema 4: A ciencia na Patrística e a Escolástica.
Exponse o impacto da nova concepción da natureza e da historia que emerxe co monoteísmo e as transformacións que, observables na Baixa Idade Media, anuncian o advenimento dun novo espírito que se fará vivible na modernidade.
Tema 5: O Renacemento e a revolución científica.
Explícase o tránsito de paradigma que nos leva desde o fin da escolástica e a heterodoxia hermética ata o triunfo do paradigma matemático.
Tema 6: A fundamentación metafísica da física matemática en Descartes.
Detállase o modo no que Descartes ofrece unha fundamentación filosófica da ciencia moderna que outorga centralidade ao suxeito pensante e reduce a natureza aos caracteres xeométricos da res extensa.
Tema 7: A crise do paradigma newtoniano na teoría da relatividade.
Explícase o modo no que Einstein transforma a concepción newtoniana do espazo, o tempo e a gravidade.
Tema 8: A crise do paradigma cartesiano na mecánica cuántica.
Explícase o modo no que a mecánica cuántica cuestiona a división cartesiana res cogitans-res extensa e a separación suxeito-obxecto.
Tema 9: A crise do paradigma cartesiano na teoría do caos.
Explícase o modo no que a teoría do caos permite, máis aló do mecanicismo, unha reconsideración da concepción grega inicial da natureza como physis.
Bibliografía básica
HEISENBERG, W. “La ciencia y lo bello” y “El debate entre Platón y Demócrito”, en Cuestiones cuánticas, Kairós, Barcelona.
KOYRE, A. (1977) Estudios de historia del pensamiento científico, ed. Siglo XXI: Madrid.
KUHN, T. S. (1978): La revolución copernicana, Ariel, Barcelona.
REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder.
Bibliografía complementaria
ARISTOTELES (1996) Acerca del cielo. Meteorológicas, ed. Gredos: Madrid.
— (2007) Física, ed. Gredos: Madrid.
— (1982) Metafísica, ed. Gredos: Madrid.
-- (1978) Acerca del alma, ed. Gredos: Madrid.
— (1995) Segundos Analíticos, ed. Gredos: Madrid.
COHEN, B. (1983) La revolución newtoniana y la transformación de las ideas científicas, ed. Alianza: Madrid.
COPERNICO, N. (1997) Sobre las revoluciones, ed. Altaya: 1997.
CULIANU, I. P. (1999): Eros y magia en el Renacimiento, Siruela: Madrid.
EINSTEIN, A. & INFELD (2011): La física, aventura del pensamiento, Losada.
ELENA, A. (1985): Las quimeras de los cielos, Siglo XXI: Madrid.
GALILEO (2003): Diálogos acerca de dos nuevas ciencias, ed. Losada: Buenos Aires.
— (1986): Consideraciones y demostraciones matemáticas sobre dos nuevas ciencias, Editora Nacional: Madrid.
— (1981): El ensayador, Aguilar: Buenos Aires.
GARIN, E. (1981): Medioevo y Renacimiento, Madrid: Taurus.
GEYMONAT, L.: (1969) Galileo, ed. Península: Barcelona.
— (1983) Historia del pensamiento filosófico y científico, 3 vols., ed. Crítica: Barcelona.
HANSON, N. R. (1985): Constelaciones y conjeturas, Alianza: Madrid.
PLATÓN (1988): República, ed. Gredos: Madrid.
— (1992) Timeo, ed. Gredos: Madrid.
PRIGOGINE, I. (1983): ¿Tan sólo una ilusión?, Tusquets: Barcelona.
SOLIS, C & SELLES, M. (2005) Historia de la ciencia, ed. Espasa Calpe: Madrid.
TURRÓ, S. (1985) Descartes: del hermetismo a la nueva ciencia, ed. Anthropos: Barcelona.
Competencias Xerais
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
Competencias Básicas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias especificas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
Competencias transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e medioambientais.
Nas clases expositivas desenvolveranse as diversas formas nas que, ao longo do pensamento occidental, foise articulando a relación filosofía-ciencia. Como fío condutor empregarase o concepto de paradigma entendido como un marco de comprensión da totalidade do real que, cando sofre profundas modificacións, entra nun debate onde a ciencia descobre as súas raíces filosóficas. Tratarase de mostrar o modo no que o ser humano articula conceptualmente a súa aproximación aos feitos e como grandes revolucións conceptuais levan aparelladas grandes revoluciones observacionais. Cada sesión expositiva será acompañada por sesión interactivas nas que se traballará con textos, vídeos ou actividades ilustrativas que faciliten a comprensión das teorías e os pensadores abordados. Fomentarase en todo momento a participación do alumnado no contexto dunha actividade dialóxica que fomente tanto a capacidade hermenéutica como o distanciamento crítico.
Complementariamente as titorías no despacho servirán para resolver dúbidas de xeito máis personalizado.
Traballo autónomo do alumnado
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de cara ao exame final.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
AVALIACIÓN CONTINUA
Trátase dun sistema de avaliación ao que poderán acceder alumnas/os con unha asistencia regular a, cando menos, un 80% das sesións.
Nas clases interactivas traballaranse pormenorizadamente e de forma individual textos que ilustren as temáticas abordadas nas clases expositivas.
Co fin de verificar o grao de comprensión dos textos traballados nas interactivas e das temáticas desenvolvidas nas expositivas, o alumnado realizará unha proba escrita ao final do cuadrimestre consistente nun comentario individual sobre un ou varios textos dos traballados nas sesións interactivas e en responder a unha pregunta estritamente temática.
A maiores, poderá darse unha bonificación de ata un 10% para aqueles alumnos que acreditaran unha participación positiva durante as sesións interactivas.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
- Exclusivamente para o alumnado con exención de asistencia que opte por esta opción ou para ou alumnado que suspenda a avaliación continua ou non opte por esa opción. As datas oficiais dos exames (primeira e segunda oportunidade) pódense consultar na páxina web do Grao e na oficina administrativa.
Exame final. 100% da nota final.
O exame final constará dun texto para comentar e dúas preguntas temáticas.
AVALIACIÓN E COMPETENCIAS
Tipo de actividade Competencia avaliada
Asistencia e participación CX1; CX2; CX4; CX5 // CB1; CB2 CB3 CB4 CB5// CE5; CE6; CE7
Comentarios de texto CX1; CX2; CX4; CX5 // CB1; CB2 CB3 CB4 // CE1; CE8; CT1
Exame final CX1; CX2; CX4; CX5 // CB1; CB2 CB3 CB4 CB5// CE1; CT1
6 créditos ECTS, 150h.
• Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
• Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h Preparación do exame 24h.
1. Ler os textos metódica e atentamente no momento adecuado, evitando a acumulación.
2. Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3. Participación activa nas clases. Isto significa presentar textos, e participar na discusión dos mesmos con vistas á súa interpretación.
Preparación dos exames seguindo rigorosamente as pautas indicadas.
- O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Más información no email: sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
- Para calquera comunicación do docente da materia, esta realizarase por correo electrónico empregando obrigatoriamente a conta
de correo rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada desde unha conta de correo electrónico alleo á USC.
- O alumnado e profesorado está obrigado ao emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual da materia no Campus Virtual. Tan só permitiranse entregas por correo electrónico en casos de incidencias non previstas e previa comunicación ao docente da materia que debe autorizalo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos, segundo as recomendacións da USC para a introdución da perspectiva de xénero na docencia.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil ou outros dispositivos electrónicos, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado ou legal do mesmo.
- Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas clases sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal maneira que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
- Os materiais elaborados polos docentes están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal maneira que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización dos autores.
Benito Arbaizar Gil
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
18.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
23.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |