Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
OBXECTIVOS XERAIS DO GRAO
1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo.
2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.
4) Fornecer capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe, aplicables ademais ao longo da vida.
5) Fundamentar os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
1. Adquirir os conceptos fundamentais da teoría semiótica e comprender a súa función na construción do sentido e da cultura:
Comprender que se entende por Semiótica —tamén denominada Semioloxía—, disciplina que ten como obxecto de estudo os signos e os sistemas de signos. A súa orixe vincúlase tanto coa lóxica e a filosofía como coa lingüística e as ciencias sociais, o que pon de relevo a súa natureza marcadamente interdisciplinar, unha das claves da súa relevancia. A parte expositiva do curso ten como finalidade que o alumnado adquira as ferramentas teóricas e conceptuais necesarias para abordar algúns dos problemas centrais do pensamento semiótico: que é un signo, cal é a súa natureza, que tipos existen, etc. De xeito especial, preténdese poñer o foco na función do signo como xerador de sentido e, por tanto, como elemento constitutivo da cultura. Estes obxectivos concrétanse no estudo dos dous fenómenos fundamentais que aborda a semiótica: a significación e a comunicación. Para comprendelos é preciso dominar certas nocións básicas como signo, canle, código, información ou entropía, así como coñecer as principais propostas teóricas que fundaron a disciplina: desde F. de Saussure en Europa e C.S. Peirce en América, ata proxectos clásicos como os de C. Morris ou R. Barthes, sen esquecer perspectivas máis recentes como a de U. Eco.
2. Aplicar a análise semiótica a manifestacións culturais contemporáneas a través de actividades prácticas:
A semiótica aplica os seus métodos a un campo moi amplo, mais céntrase especialmente na análise dos aspectos culturais máis salientables da nosa época, como o cine, a televisión, os cómics, o xornalismo ou os medios de comunicación en xeral. É dicir, traballa con aquelas expresións fundamentais da cultura nas que o signo e o sentido se manifestan a través de múltiples linguaxes e discursos: artísticos, cotiáns, ideolóxicos, literarios, estéticos, etc. Por iso, outro dos obxectivos da materia é que o alumnado leve a cabo unha actividade práctica no ámbito da semiótica aplicada, que pode incluír a análise de linguaxes como a das historietas ou cómics, a prensa, a publicidade ou o cine. A través deste exercicio, o alumnado non só se achega a estes formatos culturais, senón que tamén ten un primeiro contacto coas complexidades e retos propios da análise semiótica.
3: Obter unha visión ampla e actualizada do campo da semiótica:
Finalmente, búscase ofrecer unha visión ampla, xeral e integrada do estado actual da semiótica. Para acadar este obxectivo, o alumnado realizará lecturas complementarias á docencia expositiva, que constituirán unha parte central da docencia interactiva da materia.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Tema 1. Introdución á Semiótica
Definición de semiótica (ou semioloxía): obxecto de estudo, usos e perspectivas
Os signos e os sistemas de signos como fundamento da significación e da comunicación
Interdisciplinariedade da semiótica: relación coa lóxica, a filosofía, a lingüística e as ciencias sociais
A semiótica como ciencia do sentido: función cultural dos signos
Aplicacións contemporáneas da semiótica: medios, cultura visual, discurso, arte, ideoloxía
Tema 2. Semiótica filosófica: historia e fundamentos
O logos presocrático e os primeiros interrogantes sobre a significación
Naturalismo e convencionalismo na filosofía antiga (Platón, Aristóteles, Estoicos)
A semiótica estoica: sinais naturais, signos convencionais, indicacións
A tradición medieval: signo, representación e intención (Agostiño, Ockham)
John Locke e a semiótica como terceira parte do coñecemento humano (De Signis)
Wilhelm von Humboldt e a relación entre linguaxe, pensamento e cultura
A hipótese do relativismo lingüístico: Sapir-Whorf
Modelos do signo en Saussure (lingüística estrutural) e Peirce (semiose e tricotomía peirciana)
Tema 3. O texto e a estrutura da significación
O texto como unidade semiótica: estrutura, relacións e funcións
Dimensión sintagmática e paradigmática da significación textual
A literalidade e os seus límites: polisemia, ambigüidade e interpretación
A noción de código e o seu papel nos procesos de codificación/descodificación
A interacción textual como base da comunicación
Enfoques filosóficos da significación: referencia, sentido, interpretación e hermenéutica
O papel do suxeito na produción de sentido: intención, contexto e uso
Deconstrución e crítica do sentido fixo: Derrida, Barthes e o xiro posestruturalista
Tema 4. As fronteiras da semiótica
Comunicación animal e límites da linguaxe simbólica
Comunicación non verbal: xestos, expresións, imaxes, silencios
Multimodalidade e transmedialidade: novos soportes, novas formas de sentido
A cultura como sistema semiótico: signos sociais, mitos, ideoloxías
A semiótica da cultura: Barthes, Lotman, Eco
Fronteiras da semiótica na era dixital: memes, redes sociais, algoritmos e signos non humanos
DOCENCIA INTERACTIVA
Tema 5. Metodoloxía e escritura filosófica
Sesións iniciais dedicadas a introducir as ferramentas básicas para a elaboración de traballos académicos
A lectura e a escritura filosófica
Planificación, redacción e entrega dun traballo individual: criterios, fases e consellos
Nocións básicas de edición, presentación e estilo académico: claridade, estrutura, referencias
Tema 6. Lecturas clásicas e contemporáneas en semiótica filosófica
Sesións dedicadas á lectura guiada, análise e discusión crítica dunha selección de fragmentos de textos fundacionais e influentes na historia da semiótica, que permiten comprender a evolución das nocións de signo, sentido e linguaxe desde unha perspectiva filosófica.
Autores e textos (esta lista pode verse alterada según as necesidades do curso):
Platón, Cratilo: o debate entre naturalismo e convencionalismo na linguaxe
Aristóteles, Sobre a interpretación: a teoría da significación e a estrutura do discurso
San Agostiño, De magistro: a relación entre signos, cousas e coñecemento
John Locke, Ensayo sobre el entendimiento humano (libro III): a linguaxe como instrumento imperfecto do pensamento
Ferdinand de Saussure, Curso de lingüística xeral: linguaxe como sistema, signo arbitrario
Charles S. Peirce, seleccións da súa obra lóxico-semiótica: tricotomía icónico-indicial-simbólico, semiose ilimitada
Roland Barthes, Mitoloxías e A morte do autor: crítica ideolóxica e desestabilización do sentido
Jacques Derrida, De la gramatoloxía: escritura, trazo e desconstrución
Umberto Eco, Tratado de semiótica xeral e A estrutura ausente: código, interpretación, cultura
Teresa de Lauretis, Tecnologías de género: discurso, cine e subxectividade
Tema 7. Semiótica aplicada: cultura, medios e linguaxes contemporáneas
Actividade práctica centrada na análise de obxectos culturais actuais empregando ferramentas semióticas. Cada grupo poderá escoller un ámbito e un corpus específico, combinando teoría e creatividade na súa análise.
Algúns exemplos:
Banda deseñada e cómic: análise de narrativas visuais, identidades heroicas e convencións gráficas
Publicidade: estudo de campañas virais, retóricas persuasivas e signos ideolóxicos
Cine e televisión: interpretación de representacións culturais, xénero e narrativa audiovisual
Música e cultura pop: análise de imaxes sonoras, videoclips e performances musicais
Internet e redes sociais: lectura de memes, TikToks, emojis e linguaxes dixitais
O alumnado aplicará modelos teóricos estudados nos temas anteriores a estes fenómenos, desenvolvendo unha análise crítica e reflexiva sobre os mecanismos de produción de sentido na cultura contemporánea.
Tema 8. Lectura e redacción dunha recensión filosófica
Actividade individual centrada na lectura crítica e na escritura académica sobre unha obra de referencia no ámbito da semiótica e a análise cultural. O obxectivo é exercitar a capacidade de síntese, contextualización e avaliación crítica dun texto teórico.
Lecturas propostas (escoller unha das seguintes):
Umberto Eco, Apocalípticos e integrados
Teresa de Lauretis, Tecnologías de género
Roland Barthes, El sistema de la moda
O alumnado poderá propoñer outro libro alternativo, sempre que sexa previamente acordado co profesorado.
Bibliografía básica:
Chandler, D. (2003). Semiotics: The Basics. Routledge.
Danesi, M. (1999). Of Cigarettes, High Heels, and Other Interesting Things: An Introduction to Semiotics. Macmillan.
Eco, U. (1988). Tratado de semiótica general. Lumen.
Bibliografía complementaria
Adler, M. J. & Doren, C. V. (1996). Cómo leer un libro. Debate.
Agawu, K. (2012). La música como discurso. Eterna Cadencia.
Aristóteles. Sobre la interpretación.
Aston, E. & Savona, G. (1991). Theatre as Sign System. Routledge.
Barthes, R. (1967). El sistema de la moda.
Barthes, R.(1970). Mitologías.
Barthes, R. (1983). Ensayos críticos. Seix Barral.
Barthes, R. (1990). La aventura semiológica. Paidós.
Bolivar Botía, A. (1985). El estructuralismo: de Levi-Strauss a Derrida. Cincel.
Bornay, E. (1990). Las hijas de Lilith. Cátedra.
Bortolussi, M. (1985). Análisis teórico del cuento infantil. Alhambra.
Carmona, R. (1991). Cómo se comenta un texto fílmico. Cátedra.
Casetti, F. (1980). Introducción a la semiótica. Fontanella.
Castells, M. (2001). La galaxia Internet. Plaza & Janés.
Davis, F. (1985). La comunicación no verbal. Alianza.
DeFleur, M. L. & Ball-Rokeach, S. (1982). Teorías de comunicación de masas. Paidós Comunicación.
De Lauretis, T. (1987). Tecnologías de género.
Derrida, J. (1967). De la gramatología.
Durandin, G. (1983). La mentira en la propaganda política y en la publicidad. Paidós Comunicación.
Echeverría, J. (1994). Telépolis. Destino.
Echeverría, J. (1995). Cosmopolitas domésticos. Anagrama.
Echeverría, J. (2000). Un mundo virtual. Plaza & Janés.
Echeverría, J. (2013). Entre cavernas. De Platón al cerebro pasando por internet. Triacastela.
Eco, U. (1979). Obra abierta. Ariel.
Eco, U. (1980). Signo. Labor.
Eco, U. (1984). Apocalípticos e integrados. Lumen.
Fontcuberta, M. de (1993). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Paidós.
García Meseguer, A. (1994). ¿Es sexista la lengua española?. Paidós.
García Soto, L. (2015). Barthes filósofo. Galaxia.
Gubern, R. (1974). El lenguaje de los cómics. Península.
Gubern, R. (1988). Mensajes icónicos en la cultura de masas. Lumen.
Gubern, R. (1989). La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas. Akal.
Hall, E. T. (1989). El lenguaje silencioso. Alianza.
Knapp, M. L. (1985). La comunicación no verbal. Paidós Comunicación.
Kristeva, J. (1974). La revolución del lenguaje poético.
Locke, J. Ensayo sobre el entendimiento humano (libro III).
Lotman, Y. M. (1979). Estética y semiótica del cine. G. Gili.
Martín, M. (1996). El lenguaje del cine. Gedisa.
McLuhan, M. (1985). Guerra y paz en la aldea global. Planeta-Agostini.
McLuhan, M. & Fiore, Q. (s.f.). El medio es el masaje. Paidós.
Morris, C. (1985). Fundamentos de la teoría de los signos. Paidós Comunicación.
Mounin, G. (1971). Saussure. Anagrama.
Mounin, G. (1972). Introducción a la semiología. Anagrama.
Mounin, G. (1988). El hombre, un signo. Crítica.
Pancorbo, L. (1977). Ecoloquio con U. Eco. Anagrama.
Peirce, C. S. (1987). Obra lógico-semiótica. Taurus.
Pérez Carreño, F. (1988). Los placeres del parecido. Icono y representación. Visor.
Platón. Cratilo.
Propp, V. (1981). Morfología del cuento. Fundamentos.
Pross, H. (1987). La violencia de los símbolos sociales. Anthropos.
Saborit, J. (1988). La imagen publicitaria en televisión. Cátedra.
Saussure, F. de (1980). Curso de lingüística general. Akal.
Serrano, S. (1981). Signos, lengua y cultura. Anagrama.
Serrano, S. (1984). La semiótica. Montesinos.
Competencias
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS E ESPECÍFICAS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
Estes obxectivos e competencias alcánzase co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia, e serán avaliados a través das probas previstas para a avaliación da docencia expositiva e a docencia interactiva.
Metodoloxía de ensinanza
A metodoloxía da materia Semiótica combina sesións expositivas de carácter teórico cunha ampla variedade de actividades interactivas orientadas á análise crítica, á aplicación práctica e ao desenvolvemento das habilidades de lectura e escritura filosófica. A estrutura metodolóxica responde ao carácter interdisciplinar e reflexivo da semiótica, e busca promover unha aprendizaxe activa, autónoma e cooperativa.
Docencia expositiva
As sesións expositivas terán un enfoque dialóxico e aberto á participación. Alternaranse explicacións conceptuais co comentario de exemplos ilustrativos e co debate guiado sobre os contidos tratados. O obxectivo destas sesións é proporcionar ao alumnado un marco teórico sólido para comprender a semiótica como disciplina filosófica, así como dotalo das ferramentas conceptuais necesarias para abordar os fenómenos de significación e comunicación desde diferentes perspectivas.
Durante estas sesións:
Introduciranse os contidos teóricos recollidos nos Temas 1 a 4.
Fomentarase a participación mediante preguntas, exemplos compartidos e pequenas discusións.
Animarase ao alumnado a vincular os conceptos coas súas propias experiencias culturais e comunicativas.
Docencia interactiva
As sesións interactivas están pensadas para consolidar os contidos teóricos mediante a súa aplicación práctica, a lectura crítica de textos e a produción de traballos individuais e colaborativos. Estas sesións permitirán desenvolver competencias metodolóxicas, comunicativas e filosóficas, poñendo o foco na análise de obxectos culturais concretos, na elaboración de argumentos e na capacidade de interpretar discursos e signos en contextos diversos.
As actividades da docencia interactiva inclúen:
Lecturas guiadas de textos clásicos e contemporáneos (Tema 6), co apoio dun comentario colectivo na aula.
Proxectos de análise semiótica aplicada en grupo (Tema 7), cun seguimento personalizado en sesións de titoría.
Elaboración dunha recensión filosófica individual (Tema 8), con posibilidade de escolla entre varias obras propostas.
Formación metodolóxica inicial (Tema 5), orientada a mellorar a planificación, redacción e presentación dos traballos.
Ao longo do semestre, o alumnado disporá de orientación específica para cada tarefa, rúbricas de avaliación, e espazos para resolver dúbidas tanto en titorías individuais como grupais.
Sistema de avaliación
A avaliación da materia contempla distintos escenarios segundo a situación académica do/a estudante. A modalidade ordinaria será a avaliación continua, que require asistencia regular. Tamén se contempla unha avaliación única, así como modalidades específicas para alumnado con dispensa académica e para estudantes de matrícula sucesiva.
(i) Avaliación continua
Para optar pola avaliación continua é obrigatoria a asistencia a, polo menos, o 80% das sesións presenciais. Esta modalidade inclúe os seguintes elementos:
Exame final – 60%
Proba escrita que terá lugar na data oficial fixada pola Facultade. Avaliará os contidos teóricos traballados nas sesións expositivas, así como as lecturas obrigatorias da docencia interactiva. Poderá incluír preguntas de definición, análise conceptual e interpretación de exemplos.
Recensión filosófica individual – 15%
Cada estudante deberá redactar unha recensión crítica sobre unha das seguintes obras:
Apocalípticos e integrados, de Umberto Eco
Tecnologías de género, de Teresa de Lauretis
El sistema de la moda, de Roland Barthes
Poderase propoñer outra obra, sempre en diálogo co profesorado. A recensión debe incluír contextualización, síntese e valoración crítica. A extensión recomendada será entre 1.500 e 2.000 palabras.
Cuestionarios de lectura e actividades de semiótica aplicada – 25%
Ao longo do curso realizaranse cuestionarios breves sobre os contidos teóricos e os textos traballados, así como exercicios de análise semiótica aplicando os conceptos estudados. Estas tarefas permitirán avaliar a comprensión, a capacidade de aplicar marcos teóricos e a expresión filosófica escrita.
(ii) Avaliación única
Por elección do alumnado ou en caso de perda da avaliación continua.
Exame final escrito – 100%
Terá lugar na data oficial fixada pola Facultade. Avaliará o conxunto dos contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo conceptos, modelos e aplicacións.
(iii) Alumnado con dispensa académica de asistencia a clase
O estudantado con dispensa oficial deberá poñerse en contacto co profesor nas dúas primeiras semanas do curso para establecer un plan individualizado. A avaliación consistirá en:
Exame final escrito – 60%
Avaliará os contidos teóricos e prácticos da materia. Terá lugar na data oficial.
Entrega dun portfolio de tarefas – 40%
Inclúe exercicios de análise, lecturas e actividades substitutivas da participación presencial. Entregarase segundo o calendario acordado co profesorado.
(iv) Estudantes de matrícula sucesiva
O alumnado que se matricule por segunda ou posteriores veces deberá contactar co profesorado nas dúas primeiras semanas para indicar se prevé asistir regularmente ás sesións.
Se confirma a súa asistencia, aplicarase o mesmo sistema de avaliación continua que ao resto do alumnado.
Se non prevé asistir, aplicarase o seguinte sistema:
Exame final escrito – 60%
Entrega dun portfolio de tarefas – 40%
A falta de contacto nas dúas primeiras semanas considerarase como intención de seguir a avaliación continua con asistencia regular ás clases.
6 créditos ECTS
Clases expositivas: 24 h
Clases interactivas: 24 h
Horas de titorías: 3 h
Horas presenciais: 51 h
Horas non presenciais: 99 h
Traballo total do estudante: 150 h
Docencia expositiva: 24 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia a clase) e 45 horas de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diario do visto na aula, elaboración de esquemas, estudo regular da materia e preparación do exame final).
Docencia interactiva: 24 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia ás clases e participación activa nas mesmas) e 50 horas dedicadas á lectura dos textos propostos, á redacción da recensión filosófica, á realización de cuestionarios e á elaboración dos exercicios de semiótica aplicada.
Actividades titoriais: 3 horas para o seguimento individualizado das tarefas, resolución de dúbidas e orientación metodolóxica na preparación do exame e da recensión.
Total: 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo persoal.
Para superar a materia Semiótica, recoméndase un seguimento constante ao longo do semestre, cunha dedicación regular tanto á comprensión dos contidos teóricos como á realización das tarefas prácticas e de lectura propostas.
A materia require unha lectura atenta e interpretativa dos textos asignados, moitos deles pertencentes á tradición filosófica. A disposición para analizalos e discutilos de forma crítica nas sesións presenciais será clave para consolidar os conceptos fundamentais e familiarizarse co enfoque semiótico.
É importante comezar con antelación suficiente a redacción da recensión filosófica, elixindo o libro con tempo e aproveitando as titorías para recibir orientación sobre a estrutura e o enfoque argumentativo. Do mesmo modo, é recomendable realizar os cuestionarios e exercicios de análise aplicando con precisión os marcos teóricos traballados na materia.
A participación activa nas sesións interactivas, nos foros virtuais e nas actividades colaborativas contribúe de maneira decisiva ao desenvolvemento das competencias analíticas, comunicativas e críticas que a materia busca fomentar.
Requírese tamén un bo manexo da lectura académica en español, e resulta recomendable ter familiaridade coa lectura en inglés, xa que parte da bibliografía complementaria pode estar nesta lingua.
O alumnado con dispensa académica ou situacións particulares deberá contactar co profesorado nas primeiras semanas do curso para establecer un plan individualizado de seguimento.
O uso da conta institucional da USC (rai.usc) é obrigatorio para acceder aos servizos universitarios (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se atenderán comunicacións enviadas desde contas de correo externas á USC.
O emprego de dispositivos electrónicos (teléfono móbil, ordenador, tableta ou similares) nas sesións docentes só estará permitido como ferramenta de traballo, segundo as indicacións do profesorado. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun uso inapropiado.
O estudantado deberá respectar a normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
Os materiais elaborados polo profesorado están protexidos pola lexislación sobre propiedade intelectual e dereitos de autor, polo que non se poden divulgar nin facer accesibles a terceiros sen autorización expresa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións da USC.
A materia intégrase nunha perspectiva de xénero coherente coas recomendacións institucionais. Recoméndase o uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo habitual de aula como nos traballos escritos.
O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá contactar co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na Secretaría Virtual do alumnado.
Máis información: sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) | 881 812 859 / 881 812 858
Enrique Latorre Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881813822
- Correo electrónico
- enrique.latorre.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Julio Ostale Garcia
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812510
- Correo electrónico
- julio.ostale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Venres | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
26.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
01.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |