Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os aspectos e conceptos fundamentais que se integran baixo a consideración pasada e presente do patrimonio cultural
Comprender a evolución histórica na apreciación e conservación dos bens que integran o patrimonio cultural
Reflexionar sobre as implicacións da conservación do patrimonio cultural para a formación e actividade profesional dos historiadores da arte
Desenvolver unha visión crítica sobre a realidade e valor actual do patrimonio cultural
Tema 1. Historia da conservación do patrimonio cultural. Antecedentes. 1.1. A Antiguedade. As primeiras restauracións de monumentos. 1.2. A Idade Media. Reutilizacións positivas e negativas. 1.3. Do Renacemento ao século XVIII. Coleccionismo e restauracións miméticas. Alteracións en pinturas e esculturas. Criticas ás restauracións mimeticas. O recoñecemento do valor da pátina.
Tema 2. O culto aos monumentos e as primeiras teorías de restauración. 2.1. Da Ilustración á Revolución Francesa. Excavacións e estudio científico das antiguedades. A Revolución Francesa: destrucción e salvagarda do patrimonio. 2.2. Restauracións neoclásicas en Roma. Anastilosis e reconstrucción de ruinas. 2.3. O neogótico. Viollet e as restauracións en estilo. Teoría de restauración de Viollet: da aproximación pictórica ao estudo da lóxica estrutural. Intervencións de Viollet e seguidores. Difusión da restauración en estilo por Europa. 2.4. Teoría e posición antirrestauradora. John Ruskin e o "restauro romántico". Discípulos de Ruskin: William Morris e a SPAB.
Tema 3. Das teorías de restauración ás primeiras lexislacións. 3.1. A restauración científica ou filolóxica. Camillo Boito. Categorías de restauracións. 3.2. Gustavo Giovannoni e a protección das cidades históricas. 3.4. A reflexión de Riegl sobre os valores dos monumentos.
Tema 4. Introdución. Concepto de patrimonio cultural. 4.1. Definición e implicacións do patrimonio e da súa conservación. Tipos, medidas e graos de intervención sobre o patrimonio. 4.2. A conservación do patrimonio herdado. Recoñecemento e creación de novos patrimonios. Abandono, alteracións e destruccións. A dinámica da patrimonialización. Procesos de selección e activación patrimonial. Riscos e excesos na activación patrimonial. 4.3. O concepto actual do patrimonio cultural. Os bens culturais e os seus valores. Valores de uso, formais, estéticos e simbólicos.
Bibliografía básica (os libros marcados con * se considerarán, en caso de necesidade, como manuais da asignatura):
ANICO, M., PERALTA, E., Heritage and Identity. Engagement and Demission in the Contemporary World, Ashgate, Routledge, 2009.
BALLART, J., El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel, Barcelona, 1997.
CARUNCHIO, T., Dal restauro alla conservazione: introduzioni ai temi della conservazione del patrimonio architettonico, Kappa, Roma, 1996.
*CHOAY, F., Alegoría del patrimonio, Barcelona, GG, 2007 [1992].
FOURCADE, M.B., Patrimoine et patrimonialisation entre le matériel et l'immatériel, Presses de l'Université Laval, Québec, 2007.
GARCÍA CUETOS, M. P., El patrimonio cultural. Conceptos básicos, Universidad de Zaragoza, 2011.
GARCÍA MORALES, M.V., SOTO CABA, V., MARTÍNEZ PINO, J., El estudio del patrimonio cultural, UNED-Ramón Areces, 2017.
*GONZÁLEZ-VARAS, I., Conservación de bienes culturales. Teoría, historia, principios y normas, Cátedra, Madrid, 1999.
*GONZÁLEZ-VARAS, I., Patrimonio cultural. Conceptos, debates y problemas, Cátedra, Madrid, 2015.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., El patrimonio cultural: la memoria recuperada, Trea, Gijón, 2002.
*LOWENTHAL, D., El pasado es un país extraño. Akal, Madrid, 1998 [1985].
MOHEN, J.P., Les Sciences du Patrimoine. Identifier, conserver, restaurer, Odile Jacob, Paris, 1999.
TUGORES TRUYOL, F., PLANAS, R., Introducción al patrimonio cultural, Trea, Gijón, 2006.
VV.AA., Diccionario técnico Akal de conservación y restauración de bienes culturales, Akal, Madrid, 2003.
Bibliografía complementaria:
ALEGRE ÁVILA, J.M., Evolución y régimen jurídico del Patrimonio Histórico. Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.
ÁLVAREZ ARECES, M.A., Arqueología industrial. El pasado por venir, CICEES, 2007.
ANTIGÜEDAD DEL CASTILLO, Mª.D., Colecciones, expolio, museos y mercado artístico en España en los siglos XVIII y XIX, Fundación Ramón Areces, Madrid, 2011.
ARROYO SERRANO, S., Conservación y restauración del patrimonio industrial, Síntesis, 2018.
BANDARIN, F., VAN OERS, R., El paisaje urbano histórico. La gestión del patrimonio en un siglo urbano, Abada, Madrid, 2014.
BECK, J., DALEY, M., La restauración de obras de arte. Negocio y cultura, controversia y escándalo. Eds. del Serbal, Barcelona, 1997.
BELLIDO GANT, M.L., Difusión del Patrimonio Cultural y Nuevas Tecnologías, Universidad Internacional de Andalucía, Sevilla, 2008.
BERMÚDEZ, A. et. al., Intervención en el patrimonio cultural. Creación y gestión de proyectos, Síntesis, Madrid, 2004.
BEVAN, R., The destruction of memory. Architecture at war, London 2006.
CALLE VAQUERO, M. de la, La ciudad histórica como destino turístico, Ariel, Madrid, 2006.
CAPITEL, A., Metamorfosis de monumentos y teorías de la restauración. Alianza ed., Madrid, 1988.
CASTILLO, M.A., Centros históricos y conservación del patrimonio, Fundación Argentaria, Madrid, 1998.
CHOAY, F., Le patrimoine en question: Anthologie pour un combat, Seuil, Paris, 2009.
CUNO, J., Who owns antiquity ? Museums and the battle over our ancient heritage, Princeton University Press, 2008.
LA DESAMORTIZACIÓN: el expolio del patrimonio artístico y cultural de la Iglesia en España. Actas del Simposium, 6/9 IX 2007, Estudios Superiores del Escorial-RCU Escorial-Mª Cristina, 2007.
FERNÁNDEZ ARENAS, J., Introducción a la conservación del patrimonio y técnicas artísticas. Ariel, Barcelona, 1996.
FERNÁNDEZ ZAMORA, A., Turismo y Patrimonio Cultural, Universidad de Jaén, 2006.
GARCÍA CUETOS, Mª P., Humi
Competencias xenéricas:
Capacidade para sintetizar información a partir de distintas fontes textuais, tanto escritos teóricos e bibliografía especializada como artigos de prensa
Capacidade para traballar en grupo colaborando na aportación de propostas para os casos de estudio e comentarios plantexados
Manexo dos contidos e recursos sobre conservación do patrimonio no entorno da USC Virtual
Manexo dos contidos e recursos sobre conservación do patrimonio dispoñibles en Internet
Competencias específicas:
Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida á conservación e restauración dos bens do patrimonio cultural
Capacidade para relacionar os criterios teóricos sobre restauracións coas problemáticas, lexislacións e accións de tutela sobre o patrimonio cultural
Capacidade para valorar os retos e dificultades que esixe a conservación dos bens do patrimonio cultural
Docencia expositiva ou teórica nos escenarios presencial e de distanciamento (escenarios 1 e 2): desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase presencial participativa con axuda de materiais audiovisuais. Para unha mellor comprensión dos conceptos, xunto coa bibliografía recomendada no apartado correspondente o estudante dispoñerá de material docente complementario que será proporcionado polo profesor e que estará dispoñible na aula virtual da materia e tambén enlaces a contidos audiovisuais vistos durante as clases.
Docencia interactiva ou práctica nos escenarios presencial e de distanciamento (escenarios 1 e 2): clases presenciais a desenvolver en grupos de traballo de interactivas Traballo en equipo -equipos mínimo de 5 persoas-. O traballo en grupo terá como obxectivo realizar un informe para salientar e promover os valores de calquera ben do patrimonio cultural, de acordo co modelo de selección e promoción de bens do patrimonio da iniciativa European Heritage Label.
Cada equipo desenvolverá o seu traballo na aula, no horario asignado de interactivas ou na alternativa que se dispoña, coa orientación e tutela do profesor da materia. O desenvolvemento de cada traballo terá que respectar o seguinte cronograma orientativo, que implica que ao principio de cada clase semanal os grupos deberán ter completadas as tareas correspondentes á semana de traballo previa mediante a entrega dunha evidencia escrita (mínimo 1 páxina):
- Semana 1ª de interactivas: Presentación do European Heritage Label e posibles Sitios a seleccionar - individual, transnacional, temático - para o traballo. Orientacións a cargo do profesor. Formación de grupos.
-Semana 2ª: Propostas e selección do Sitio a estudiar por cada grupo. Presentación de datos básicos e argumentos para apoiar o valor simbólico europeo do Sitio seleccionado. Consulta de dúbidas. Entregar evidencia escrita ao comenzo da clase.
-Semana 3ª: Reparto de tareas/partes do traballo entre os membros do grupo. Aportación dunha primeira lista de bibliografía, recursos e documentación gráfica localizada. Primeiro avance de descripción de elementos de interese. Entregar evidencia escrita: Índice do formulario con asignación de tareas entre membros do grupo; bibliografía; ficha de Datos e Resumo candidatura en Formulario
-Semana 4ª: Presentación detallada dos datos descriptivos, historia e valores simbólicos para o Sitio elexido. Entregar evidencia escrita: Parte I. Seccións I.A, I.B., I.C; e Parte II. II.A. Valor simbólico no Formulario
-Semana 5ª: Presentación de todas as accións do proxecto para promoción do Sitio: sensibilización, actividades educativas, multilingüismo, participación en redes, novas tecnoloxías, e actividades artísticas e culturais. Entregar evidencia escrita: Formulario Parte II. Sección. II.B, apartados 1 a 7
- Semana 6ª Festivo (San José)
- Semana 7ª: Presentación de capacidade organizativa do Sitio: Xestión do Sitio (ver pautas no Formulario). Entregar evidencia escrita: Formulario. Parte II. Sección II.C, apartado 1
-Semana 8ª: Presentación de capacidade organizativa do Sitio: protección, instalación, acceso e atención a mozos. Entregar evidencia escrita: Formulario. Parte II. Sección II.C, apartados 2 a 5: Protección, Instalacións, Acceso e Atención a mozos
- Semana 9ª: Semana Santa
-Semana 10ª: Presentación da capacidade organizativa do Sitio: turismo sostenible, comunicación, xestión sostenible e divulgación internacional. Entregar evidencia escrita: Formulario. Parte II. Sección II.C, apartados 6 a 9
- Semana 11ª: sin interactivas (Práctica de campo)
- Semana 12ª: Exposición dos traballos completos (dous a tres grupos por hora). Exposicións con tempo de 20 minutos por traballo, máis 10 minutos finais para preguntas e comentarios do resto da clase
-Semana 13ª: Exposición dos traballos completos (dous a tres grupos por hora). Exposicións con tempo de 20 minutos por traballo, máis 10 minutos finais para preguntas e comentarios do resto da clase
-Semana 14ª: Exposición dos traballos completos (dous a tres grupos por hora). Exposicións con tempo de 20 minutos por traballo, máis 10 minutos finais para preguntas e comentarios do resto da clase
- 18 de mayo: Entrega final de traballos, cargando pdf na aula virtual
A realización das actividades propostas entre a terceira e a sétima semana terá que xustificarse coa entrega de evidencia escrita (mínimo 1 páxina). A partires da terceira semana un grupo de cada sesión interactiva, elexido ao azar, exporá os avances verificados durante a semana anterior ao comenzo de cada sesion. As últimas semanas de interactivas dedicaranse exclusivamente á exposición dos traballos completos, cun tempo de 15 a 20 minutos por traballo, máis 10 para preguntas e comentarios do resto de alumnos.
A realización de calquera traballo á marxe do control e presentación de resultados nas clases interactivas, incluíndo a exposición final en grupo, suporá que ese traballo non se terá en conta para avaliación na nota final. Os integrantes dos grupos poderán informar ao profesor dos casos de persoas que non aporten ou participen no traballo semanal do grupo, coa finalidade de diferenciar a súa nota da nota xeral do resto de membros do grupo.
A calificación dos traballos de curso desglosaráse en: traballo semanal e presentación de evidencias, 1,5 puntos; exposición oral o redacción escrita, 0,5 puntos; calidade de resultados do traballo, 1 punto.
Campus virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da materia dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas e os contidos audiovisuais inseridos na USC Virtual.
Visita de campo
Visita a algunha intervención de rehabilitación sobre bens do patrimonio cultural de Galicia ou ben a museos e monumentos de Galicia ou do resto do Estado, para analizar casos prácticos de problemática de conservación e xestión do patrimonio.
Adaptación á docencia non presencial no escenario de peche (escenario 3): como adaptación desta metodoloxía a unha situación non presencial, as clases expositivas se substitúen por clases gravadas en video e accesibles polo Campus Virtual, co complemento dos pdfs cos guións e imaxes explicadas, outros materiais como textos de manuais e titorías virtuais. O traballo das interactivas desenvolveráse semanalmente con control e revisión tanto en sesión online de grupo como en revisións e comentarios achegados vía email. Para complementar as explicacións teóricas e traballos en grupo poderanse suxerir actividades de comentario de casos prácticos a realizar e entregar individualmente.
A avaliación da aprendizaxe nesta materia comprende tanto o proceso diario e semanal de traballo como o resultado final obtido no exame da mesma. A avaliación levarase a cabo mediante un sistema de avaliación continua e constará dunha proba final (exame de análise de caso práctico), que abarcará tanto cuestións analizadas na docencia expositiva como interactiva, xunto coa realización e defensa dun traballo de curso obrigatorio. Non será posible superar a asignatura na primeira oportunidade de non ter participado ou realizado os traballos de curso desenvoltos semanalmente, agás os casos de dispensa de asistencia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira oportunidade da convocatoria cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns da imposibilidade, fixarase un procedemento singularizado, para poder cubrir esa parte da valoración final, a través de traballos individuais ou lecturas que o profesor lle indicará, e que deberán de ser entregados coa debida antelación para proceder á súa corrección, alomenos 15 días antes da data do examen do cuadrimestre. A recuperación de actividades desenvoltas ata a primeira oportunidade sólo afectará á posible compensación de traballos ou actividades individuais.
A avaliación continua terá un peso do 100 % da cualificación final, cunha desagregación de:
-Asistencia e participación nas clases (incluida práctica de campo e posibles actividades online): 10 % nota final
-Clases interactivas, presentación e entrega do traballo en grupo: 30%
-Exame: 60%. Análise de caso de restauración, por exemplo para aplicación de criterios e teorías de restauración a diferentes exemplos prácticos, completados cunha valoración persoal. Para superar a materia considérase requisito obrigatorio que o alumno acade no exercicio de exame a puntuación mínima de 3 sobre 10 ou 1,8 sobre 6.
A rúbrica de avaliación orientativa deste análise de caso, tal como se puntuará na entrega presencial ou na entrega online como tarea no Campus Virtual, terá en conta os seguintes baremos:
Aplicación de teorías de restauración: Criterios xerais e intervención analizadas con carencias ou erros (0 puntos) – Criterios xerais e intervencións plantexados en esquema pero sen desenvolver en todos os detalles (1 punto) – Criterios xerais e intervencións correctamente aplicados aínda que non en todas as posibilidades (2 puntos) - Criterios xerais e intervencións correctamente aplicados en todas as posibilidades e matices (3 puntos)
Reflexión persoal sobre o caso: Reflexión sen apoio noutros casos ou sen argumentar (0 puntos) – Reflexión esquemática e sen desenvolver (1 punto) – Reflexión apoiada e argumentada aínda que non en todas as posibilidades (2 puntos)- Reflexión correctamente apoiada e argumentada en todas as posibilidades (3 puntos)
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo traballo presencial estudiantes.- 47 horas
Docencia expositiva.- 32 horas
Docencia interactiva.- 16 horas
Titorías.- 3horas
Tempo de estudio e actividade persoal.- 103 horas
Estudio autónomo individual ou en grupo.- 60 horas
Lecturas propostas, actividades de biblioteca.- 28 horas
Preparación de presentacións.- 8 horas
Outras tareas.- 7 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas na modalidade presencial. Realización das diferentes prácticas interactivas semanais. Realización do traballo de curso. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual.
A asistencia ás sesións de clases expositivas e interactivas é fundamental para a superación da materia. Os estudiantes terán que realizar todas as actividades propostas ou compensatorias para superar con éxito a materia.
O material docente comentado nas clases expositivas e a bibliografía estarán a disposición dos estudiantes na aula do Campus Virtual da USC. É posible que se programen con antelación actividades alternativas para o desenvolvemento da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO (Escenario 2)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino - Clases expositivas realizaranse tentando combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) e asíncrona (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia. Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE PECHE (Escenario 3)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino - Clases expositivas e interactivas realizaranse tentando combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) e asíncrona (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en pdf, powerpoint, etc.) en función do desenvolvemento da docencia e adaptaranse aos horarios das clases. Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente.
Jesus Angel Sanchez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- jesusangel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Guillermo Rodríguez Alonso
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812729
- Correo electrónico
- guille.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Venres | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
27.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
27.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
08.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |