Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e do contexto cultural en España nas idades moderna e contemporánea.
2.- Saber diferenciar as características básicas e a súa evolución durante este período
3.- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais.
4.- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
5.- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
6.- Adquirir os coñecementos metodolóxicos e básicos para se introducir na actividade investigadora.
BLOQUE 1: IDADE MODERNA
Artes plásticas na Idade Moderna
Pintura do século de ouro español
Arquitectura e urbanismo na Idade Moderna
Teoría das artes na España dos seculos XVII e XVIII
Arte e arquitectura na España da Ilustración
BLOQUE 2: SÉCULO XIX
Arquitectura e urbanismo do s. XIX: a cidade burguesa
Escultura pública: estilo, valores, política
O retrato burgués na España do século XIX
Artes gráficas e fotografía
BLOQUE 3: SÉCULOS XX E XXI
Vangarda, política e conflito social
Arquitectura e políticas da vivenda en tempos do franquismo
Abstracción, realismo e arte conceptual: anos 60-70
As políticas culturais no cambo de milenio
Arte activista, implicado e recuperación do conceptual
DE REFERENCIA
Albarrán, J., Disputas sobre lo contemporáneo. Arte español entre el antifranquismo y la postmodernidad, Madrid, 2019.
Bozal, V., Historia del arte en España II. Desde Goya hasta nuestros días, Madrid, 1994.
Bustamante, A., El siglo XVII. Clasicismo y Barroco. Col. “Introducción al Arte Español”, Madrid, 1993.
Marías, F., El siglo XVI. Gótico y renacimiento. Col. “Introducción al Arte Español”, Madrid, 1993.
BIBLIOGRAFÍA
Albarrán, J., Disputas sobre lo contemporáneo, Madrid, 2019.
Bonet Correa, A. (coord.), Historia de las Artes Aplicadas e Industriales en España, Madrid, 1994.
Bonet Correa, A., Figuras, modelos e imágenes en los tratadistas españoles, Madrid, 1993.
Bozal, V., Arte del siglo XX en España, Madrid (colección Summa Artis), 1995.
Brea, J. L., Before and after the enthusiasm = antes y después del entusiasmo, The Hague, 1989.
Brown, J., Imágenes en la pintura española del siglo XVII, Madrid, 1995
Carrete, J., Vega, J., Fontbona, F, Bozal, V., El Grabado en España (Siglos XIX y XX), Summa Artis, XXXII, Madrid, 1988.
Carrillo, J. (ed.), Desacuerdos: sobre arte, políticas y esfera pública en el Estado español, vols. 1, 2, 3, 4 y 8, 2004-2014.
Díaz Sánchez, J., La idea de arte abstracto en la España de Franco, Madrid, 2013.
Gallego, J., Visión y símbolos en la pintura del siglo de oro, Madrid, 1972.
Fusi, J. P., Palafox, J., España, 1808-1996. El desafío de la modernidad, Madrid, 1997.
Labrador, G., Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986), Madrid, 2017.
Marías, F., El largo siglo XVI. Los usos artísticos del Renacimiento español, Madrid, 1989.
Martín González, J. J., Escultura barroca en España 1600-1700. Madrid, 1983
Marzo, J. L.; Mayayo, P., Arte en España (1939-2015) : ideas, prácticas, políticas, Madrid, 2015.
Pérez Sánchez, A., El Siglo de oro: sentimiento de lo barroco, Barcelona, 1996
Sebastián, S., García Gaínza, C., Buendía, R., El Renacimiento. Historia del Arte Hispánico, Madrid, 1978
1.- Contextualizar as diferentes manifestacións artísticas ao longo do discorrer histórico
2.- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos
3.- Utilizar as ferramentas historiográficas e ser conscientes das perspectivas teóricas
4.- Desenvolver un sentido crítico con respecto ás clasificacións e narrativas da arte española moderna e contemporáea
5.- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizásense as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia, especialmente a partir de comentarios de textos proporcionados previamente polo profesor.
- Tutoría personalizada.
- Práctica de campo coordinada coas restantes materias do primeiro semestre de 4º curso, para visitar Pontevedra, Tui, Valença de Minho, Ourense, Celanova e Lugo.
Nas clases expositivas e interactivas explicaranse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes dos temas que figuran no apartado de contidos, sendo en todo caso a totalidade do contido do programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases vaise incentivar a participación do alumnado e intentarase fomentar o pensamento crítico con respecto aos contidos.
TIPO DOCENCIA - TOTAL HORAS
Doc. expo: 32
Doc. inter: 16
Tutorización: 3
A avaliación global constará de dúas partes:
1) Parte teórica: proba escrita ou exercicio, correspondente aos contidos teóricos.
2) Parte práctica: participación nas clases interactivas, comentarios de textos e realización dun traballo en grupo.
- Parte teórica: o 60% da cualificación
- Parte práctica: o 40% restante (interactivas + traballo en grupo: 20% + 20%)
A nota definitiva alcánzase tras facer a suma, logo de superar o 50% en cada unha das partes.
Segunda oportunidade: A cualificación nesta opción obterase a partir dun exame escrito de todos os contidos da materia (teóricos e prácticos). O alumno que teña aprobadas as interactivas conservará a cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas. Quen non realizase ou suspendese devandita parte da docencia estará obrigado á realización dunha proba na que entrará a materia exposta tanto nas clases expositivas como nas interactivas.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará dunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Entre 45 y 60 minutos por hora teórica de clase.
- 3 horas de preparación por cada clase interactiva.
O alumnado debe estar atento nas primeiras semanas ás indicacións para os traballos en grupo e notificar ao profesor a composición e tema destes. É recomendable que se pregunte ao profesor e se desenvolvan encontros de titorias para avaliar o desenvolvemento e dificultades do traballos.
Recoméndase asi mesmo a consulta de bibliografía especializada como apoia aos contidos, e de páxinas web especializadas de museos.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO
Metodoloxía
En caso de que as circunstancias obriguen a adaptar a docencia a un escenario de docencia parcial, esta se desenvolverá do seguinte modo:
- Clases Expositivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica).
- Clases Interactivas na aula. Desenvolveremos sesións para debatir e analizar obras de arte e textos nas aulas (textos que serán subidos con antelación á Aula virtual da materia). Os profesores proporcionaremos as indicacións necesarias para as análises a desenvolver, tamén a través da Aula virtual.
Avaliación
Mantense o sistema de avaliación e a proporción entre as partes (50% participación e asistencia, 50% traballo en grupo), así como a realización de traballo final. Valorarase igualmente a participación nas interactivas, pero en caso de que algún alumno ou alumna non poida seguir estas clases (previa notificación ao profesor), habilitarase unha opción personalizada, con exercicios de comentario e análise propostos polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINGENCIA ESCENARIO DE PECHE
Metodoloxía
- Clases Expositivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica).
- Clases interactivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica), e con materiais proporcionados a través da aula virtual. Deberán realizar, ademais, algún exercicio a entregar a través da aula virtual.
Avaliación
Mantense o sistema e a proporción entre as partes (60% parte teórica, 40% parte práctica), así como a realización de traballo final. Valorarase igualmente a participación nas interactivas, pero en caso de que para algún alumno a asistencia ás clases de docencia remota sexa un problema, poderase substituír a participación pola realización de exercicios de comentario e análise propostos polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
Mércores | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
13.01.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
13.01.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
02.07.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |