Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dotar o alumno/a dunha visión plural e integradora da arte e a cultura contemporánea.
- Saber diferenciar as características básicas dos diversos movementos artísticos do período obxecto de estudo.
- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais que se dan neste período.
- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos apropiados en que se formou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo de época contemporánea e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
- Que o alumno/a adquira os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lle permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora.
TEMA 1: Arquitectura 1945-2010
O Movemento Moderno en arquitectura.
Arquitectura dos anos 50.
Novas opcións arquitectónicas nos anos sesenta.
Arquitectura Posmoderna.
Arquitectura Neorracionalista.
Arquitectura Deconstructivista.
Tendencias arquitectónicas para o século XXI.
TEMA 2: Artes plásticas 1945-2010
A abstracción americana e europea.
Arte e consumo: Neo Dada e Pop Art.
Minimalismo.
Pos-minimalismo.
Arte Povera.
Land Art.
Corpo e arte.
Arte e acción.
Arte Conceptual.
O arte de xénero.
Comic e arte urbano.
As novas tecnoloxías en arte.
ALARIO TRIGUEROS, M. T., Arte y feminismo, Donostia, Nerea, 2008.
ARGAN, G. C.: El arte moderno. Del Iluminismo a los movimientos contemporáneos. Madrid, Akal, 1991.
Arte del siglo XX. Diccionario Akal. Madrid, Akal, 1997.
ASTHON, D.: La Escuela de Nueva York. Madrid, Cátedra, 1988.
AZNAR ALMAZAN, S., El arte de acción, Hondarribia, Nerea, 2006.
BERNARDEZ SANCHIS, C., Joseph Beuys, Hondarribia, Nerea, 1999
DEMPSEY, A., Estilos, escuelas y movimientos. Barcelona, Blume, 2002.
Diccionario Akal de la Arquitectura del Siglo XX, Madrid, Akal, 2004.
FERNANDEZ POLANCO, A., Arte Povera, Hondarribia, Nerea, 1999.
LAILACH, M., Land Art, Colonia, Taschen, 2007.
LIPPARD, L. R.: El Pop Art, Barcelona, Destino, 1993.
LIVINGSTON, M.: Arte Pop. Madrid, 1991.
LUCIE-SMITH, E., Artes visuales en el siglo XX. Colonia, Könemann, 2000.
LUCIE-SMITH, E.: Movimientos artísticos desde 1945. Barcelona, Destino, 1995.
MARCHAN, S.: Del arte objetual al arte de concepto, 1960-1974. Madrid, 1986.
MARZONA, D., Arte conceptual, Colonia, Taschen, 2005.
MARZONA, D., Arte minimalista, Colonia, Taschen, 2004.
MOSZYNSKA, A.: El arte abstracto. Barcelona, Destino, 1996.
OSTERWOLD, T., Pop Art, Colonia, Taschen, 1992.
RAMÍREZ, J.A., Historia del Arte. Vol. 4. El mundo contemporáneo, Madrid, Alianza, 1996.
READ, H.: La escultura moderna. Barcelona, Destino, 1994.
RUHRBERG, K. y otros, Arte del siglo XX (2 vol.). Colonia, Taschen, 1999.
SAGER, P.: Nuevas formas de realismo. Madrid, 1986.
STANGOS, N.: Conceptos del arte moderno. Barcelona, Destino, 2000.
VV.AA., Arte desde 1900: modernidad, antimodernidad, posmodernidad, Madrid, Akal, 2006.
O alumno/a será capaz de:
- Desenvolver unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte Contemporánea e utilizar as ferramentas historiográficas máis axeitadas.
- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos.
- Capacidade para ler, analizar e interpretar unha obra de arte no período obxecto de estudo, incardinándoa nos contextos apropiados no que se formou e conectandoa con outras formas de expresión cultural.
- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural.
- Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas, nas que a través da lección maxistral e contando co apoio de imaxes, que ben poden ser por medio do power point, vídeos ou CDs, explicaranse os distintos temas que figuran no programa. Os sistemas multimedia que se utilizarán serán Power Point ou similares, vídeos ou CDs, e os contidos que o docente estime necesarios existentes na red.
- Clases interactivas, nelas o alumnado, en grupos reducidos, realizará traballos académicamente dirixidos sobre temas do programa; analizará aspectos/obras de arte representativas dos distintos movementos artísticos; así como de textos, vídeos e visitas a exposicións.
- Prácticas de campo, faránse co alumnado prácticas de campo consistentes en visitas a Museos, eventos expositivos importantes o percorridos culturais. Ditas actividades poderán realizarse tanto en Santiago de Compostela e outras localidades se fora posible.
- Tutorización personalizada.
Todo iso distribuirase da seguinte maneira:
TIPO DOCENCIA TOTAIS HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Tutorización personalizada.......... 3
Todo isto permitiralle ao alumnado adquirir os coñecementos necesarios para poder realizar unha avaliación entre o pensamento teórico da Arte Contemporánea e a súa expresión formal.
A avaliación dependerá dunha proba escrita (examen final), e da participación nas clases prácticas e seminarios e dos traballos colectivos. A proba escrita suporá o 60% da cualificación final. Ás clases prácticas, seminarios e traballos suporán o 40% da cualificación final. A nota definitiva alcanzarase unha vez superado o 50% da nota do exame final e o 50% da docencia interactiva.
Nunha situación normal as probas finais (exames finais) co un valor do 60% do total da nota final da asignatura ralizaranse na aula. No caso de non poder facer unha proba presencial (situación de confinamento por pandemia ou outras causas de forza maior), dita proba podería ser realizada na Aula Virtual, Teams ou outros sistemas semellantes, segundo o criterio do profesor da asignatura.
Dado que a avaliación e continua, a asistencia ao aula é obrigada. A falta de asistencia continuada ao aula, non xustificada, podería ser obxecto de penalización na nota final da asignatura.
Os alumnos que faltaran a máis do 30% das clases interactivas examinaránse na opción de xullo de todo-los temas das interactivas.
Para aprobar a asignatura o alumno terá que obter máis do 50% da hota de examen final e o 50% da docencia interactiva.
Xa que a avaliación é continua a asistencia as aulas e obrigatoria polo que unha ausencia reiterada as mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o alumno poidese ser avaliado.
Os alumnos que faltaran a máis do 30% das clases interactivas terán que examinarse na convocatoria de xullo de todos os temas tratados nelas.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Na segunda oportunidade da convocatoria:
1.- Nesta convocatoria conservaráselles a cualificación interactiva e só terán que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non realizaran as actividades correspondentes á docencia interactiva ou non superaran o 50% da súa nota, terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia exposta nas clases expositivas como nas clases interactivas.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: ..... 51 horas
Asistencia ás clases expositivas: ..... 32 horas
Asistencia ás clases interactivas: .... 16 "
Titorías: ...................................... 3 "
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL:................. 103 horas
Estudo da materia impartida nas clases expositivas:..... 60 "
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, etc: .. 35 "
Preparacion de presentacións, debates, etc ................... 8 "
- Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos recollidos na aula e completalos valéndose da bibliografía recomendada.
- Asistencia ás sesións interactivas, algo imprescindible para a superación da materia.
- Lectura detida dos textos que se indiquen na aula.
- Utilización das horas de titoría.
Programaranse actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc.
Poderanse programar actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc., dependendo da oferta cultural existente.
PLAN DE CONTINXENCIA. ESCENARIO II DE DISTANCIAMENTO.
Obxectivos:
Manteranse iguais que no escenario I de presencialidad.
Competencias:
Manteranse iguais que no escenario I de presencialidad.
Metodologia:
Docencia expositiva: Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico prácticos dos contidos, apoyandose en presentacioes dixitais escritas e/ou multimedia. A aula virtual tomára maior protagonismo para a comunicación co alumando e a distribución de material de contidos da materia. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografia recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario na aula virtual. Ou horario e frecuencia será a mesma que no caso do escenario I de presencialidad.
Docencia interactiva: As sesións de docencia interactiva levarán a cabo de maneira presencial ou a través da aula virtual e correo electrónico do profesor no horario fixado polo centro.
Sistema de avaliación.
A avaliación de aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O rendemento do estudante na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio estudante. O exame avalía o resultado obtido pero non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Este proceso, a través dos créditos ECTS, axústase a unha avaliación continua que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado para seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación.
A avaliación levaráse a cabo mediante tres actuacións conxuntas e complementarias: avaliación continua, proba final e traballo de grupo voluntario.
A primeira desenvolverase coa avaliación periódica das interactivas.
Esta porcentaxe distribuirase do seguinte modo:
1.- Participación na aula: 20%.
2.- Realización de traballo: 20%.
A proba final terá unha valoración do 60% da valoración final. Nesta proba deberase conseguir unha cualificación superior a 2 sobre 6. Dita proba consistirá nun exame a través aula virtual con 90 minutos de duración.
A valoración do traballo en grupo equivalerá; 20 % dá nota final acadada polo/a estudante.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase, avaliaráselle cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINXENCIA. ESCENARIO III DE PECHE.
Obxectivos:
Mantéñense iguais que no escenario I de presencialidade
Competencias:
Mantéñense iguais que no escenario de I de presencialidade
Docencia expositiva:
Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións dixitais escritas e/ou multimedia. A aula virtual tomará maior protagonismo para a comunicación co alumnado e a distribución de material de contidos da materia. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá; do material docente complementario na aula virtual. O horario e frecuencia será a mesma que no caso do escenario I de presencialidad.
Docencia interactiva: As sesións interactivas levarán a cabo a través da aula virtual con sesión de videoconferencia ou probas escritas.
Traballo fin de curso:
Traballo a desenvolver en grupo.
Sistema de avaliación:
20% da nota final da materia será coa suma dos exercicios e probas de interactividade realizadas durante o curso.
20% da nota final corresponderá á parte correspondente de cada alumno do traballo en grupo de curso.
O 60% restante liquidarase coa proba final. Nesta proba deberá conseguir o alumno polo menos unha cualificación superior de 2 sobre 6 puntos.
Dispensa:
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia a clase, avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Antonio Garrido Moreno
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812713
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pedro De Llano Neira
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- pedro.dellano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Xoves | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
18.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
16.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |