Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Formular liñas de desenvolvemento para unha análise da historia do cinema español.
- Analizar distintas aportacións dos cineastas máis relevantes da historia do cinema español.
- Ofrecer unha visión histórica e interdisciplinar do cinema español en relación ás diferentes artes: arquitectura, estudos urbanos, paisaxe, música, pintura ou literatura.
- Indagar nas distintas cinematografías do Estado español, en relación con contextos concretos: vasco, catalán, galego.
As primeiras imaxes en movemento.
Os anos nos que o cinema era mudo.
A chegada do sonoro.
O cinema español da postguerra nos anos 40.
O cinema español dos anos 50.
O “novo cinema” español dos anos 60.
O cinema español tardofranquista dos anos 70.
O cinema español no período democrático.
DE REFERENCIA
BENET, Vicente J., El cine español. Una historia cultural. Paidós, Barcelona, 2012.
VV.AA., Historia del cine español. Cátedra, Madrid, 2010, 7ª ed.
VV.AA., La nueva memoria: historia(s) del cine español (1939-2000). Vía Láctea, A Coruña, 2005.
BIBLIOGRAFÍA
CAPARRÓS LERA, José Mª, El cine español de la democracia. De la muerte de Franco al “cambio” socialista (1975-1989). Barcelona, Anthropos, 1992.
CAPARRÓS LERA, J. Mª., Historia del cine español, T&B, Madrid, 2007.
CASTRO DE PAZ, José Luis, Un cinema herido. Los turbios años cuarenta en el cine español (1939-1950). Barcelona, Paidós, 2002.
FERNÁNDEZ COLORADO, L., COUTO, P.(eds.), La herida de las sombras. El cine español en los años 40. Cuadernos de la Academia, 9, 2001.
HOPEWELL, John, El cine español después de Franco. 1973-1988. Madrid, Ediciones El Arquero, 1989.
EDWARDS, G.: Indecent exposures: Buñuel, Saura, Erice & Almodóvar. Londres, Marion Boyars, 1995.
MÉNDEZ-LEITE, F., Historia del cine español. Rialp, Madrid, 1965, 2 vs.
MONTERDE, José Enrique, Veinte años de cine español (1973-1992). Un cine bajo la paradoja. Barcelona, Paidós, 1993.
PÉREZ PERUCHA, Julio (ed.): Antología crítica del cine español 1906-1995. Flor en la sombra. Madrid, Cátedra / Filmoteca Española, 1997.
PÉREZ PERUCHA, J. / GÓMEZ TARÍN, F. J. / RUBIO ALCOVER, A. (Eds.), Olas rotas. El cine español de los sesenta y las rupturas de la modernidad. Madrid, Asociación Española de Historiadores del Cine / Ediciones El Imán, 2009.
PÉREZ PERUCHA, Julio / RUBIO ALCOVER (Eds.), Faros y torres vigía. El cine español durante la Segunda República. A Coruña, Asociación Española de Historiadores del Cine / Vía Láctea Editorial, 2016.
SÁNCHEZ NORIEGA, José Luis (Ed.), Imaginarios y figuras en el cine de la postransición. Barcelona, Laertes, 2019.
SEGUIN, J.C., Historia del cine español. Acento, Madrid, 1995.
SMITH, Paul J., Las leyes del deseo. La homosexualidad en la literatura y el cine español. 1960-1990. Barcelona, Ediciones de la Tempestad, 1998.
VILARÓS, TERESA M., El mono del desencanto. Una crítica cultural de la transición española (1973-1993). Madrid, Siglo XXI, 1998.
VV.AA., Escritos sobre el cine español. 1973-1987. Valencia, Filmoteca de la Generalitat Valenciana, 1989.
ZUNZUNEGUI, Santos, Los felices sesenta: aventuras y desventuras del cine español (1959-1971). Barcelona, Paidós, 2005.
ZUNZUNEGUI, Santos, Historias de España. De qué hablamos cuando hablamos de cine español. (Edición ampliada y revista). Santander, Shangrila, 2018.
- Adquirir ideas sobre a evolución da nosa cinematografía desde un enfoque novo e intermedial.
- Saber distinguir tendencias e dinámicas propias da cinematografía española ao longo do tempo.
- Saber vincular temáticas e historias con factores contextuais propios da cultura e evolución histórica do Estado español.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia utilizásense as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas –sempre relacionadas cos contidos teóricos da materia-, implicando ao alumnado na realización de comentarios de películas e de textos proporcionados previamente polo profesor.
- Tutoría personalizada.
Nas clases expositivas e interactivas explicaranse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes dos temas que figuran no apartado de contidos, sendo en todo caso a totalidade do contido do programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases vaise incentivar a participación do alumnado e intentarase fomentar o pensamento crítico con respecto aos contidos.
A avaliación global constará de dúas partes:
1) Parte teórica: proba escrita ou exercicio, correspondente aos contidos teóricos.
2) Parte práctica: participación nas clases interactivas, comentarios de fragmentos de películas, textos e realización dun traballo en grupo.
- Parte teórica: o 60% da cualificación
- Parte práctica: o 40% restante (interactivas + traballo en grupo: 20% + 20%)
A nota definitiva alcánzase tras facer a suma, logo de superar o 50% en cada unha das partes.
Segunda oportunidade: A cualificación nesta opción obterase a partir dunha proba escrita de todos os contidos da materia (teóricos e prácticos). O alumno que teña aprobadas as interactivas conservará a cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas. Quen non realizase ou suspendese devandita parte da docencia estará obrigado á realización dunha proba na que entrará a materia exposta tanto nas clases expositivas como nas interactivas.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará dunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Considérase que é suficiente unha media de 3 horas semanais para o estudo da materia, que deberán quedar plasmadas na confección do traballo e na realización das demais actividades participativas.
O alumnado debe estar atento nas primeiras semanas ás indicacións para os traballos en grupo e notificar ao profesor a composición e tema destes. É recomendable que se pregunte ao profesor e se desenvolvan encontros de titorias para avaliar o desenvolvemento e dificultades do traballos.
Recoméndase asi mesmo a consulta de bibliografía especializada como apoia aos contidos, e de páxinas web especializadas.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO
Metodoloxía
En caso de que as circunstancias obriguen a adaptar a docencia a un escenario de docencia parcial, esta se desenvolverá do seguinte modo:
- Clases Expositivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica).
- Clases Interactivas na aula. Desenvolveremos sesións para debatir e analizar películas e textos nas aulas (textos que serán subidos con antelación á Aula virtual da materia). Os profesores proporcionaremos as indicacións necesarias para as análises a desenvolver, tamén a través da Aula virtual.
Avaliación
Mantense o sistema de avaliación e a proporción entre as partes (50% participación e asistencia, 50% traballo en grupo), así como a realización de traballo final. Valorarase igualmente a participación nas interactivas, pero en caso de que algún alumno ou alumna non poida seguir estas clases (previa notificación ao profesor), habilitarase unha opción personalizada, con exercicios de comentario e análise propostos polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINGENCIA ESCENARIO DE PECHE
Metodoloxía
- Clases Expositivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica).
- Clases interactivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica), e con materiais proporcionados a través da aula virtual. Deberán realizar, ademais, algún exercicio a entregar a través da aula virtual.
Avaliación
Mantense o sistema e a proporción entre as partes (60% parte teórica, 40% parte práctica), así como a realización de traballo final. Valorarase igualmente a participación nas interactivas, pero en caso de que para algún alumno a asistencia ás clases de docencia remota sexa un problema, poderase substituír a participación pola realización de exercicios de comentario e análise propostos polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sergio Meijide Casas
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812724
- Correo electrónico
- sergio.meijide.casas [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Mércores | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
27.05.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
27.05.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
08.07.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |