Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Conseguir que o alumnado adquira o coñecemento das etapas fundamentais da Historia do Cinema.
Interpretación das diferentes claves (cines nacionais, movementos, xéneros, cineastas fundamentais) que se integran nesa historia.
Alcanzar unha visión global da evolución histórica deste medio e as súas relacións co entorno social e as outras artes audiovisuais.
I.- EPOCA SILENTE
• A orixe da sétima arte
• A imaxe en movemento
• A transformación da narración
• O cinema y as vangardas artísticas
• A dialéctica do cinema soviético
II.- EPOCA SONORA
• O clasicismo cinematográfico
• Xéneros e star-system
• Inflexións no clasicismo: Renoir, Hitchcock, Welles
• O neorrealismo italiano
• Novos estilos fronte a vellos relatos.
• A Nova Onda francesa
• Os Novos Cinemas dos 60
• A ruptura xeracional no cinema estadounidense
• A dispersión universal
• O cinema postmoderno
III.- ERA DIXITAL
• A versatilidade do audiovisual
Bibliografía básica
Gubern, Román: Historia del cine. Barcelona, Lumen, 1989.
Sánchez Noriega, José Luis: Historia del cine. Teoría y géneros cinematográficos, fotografía y televisión. Madrid, Alianza, 2002.
VV. AA.: Historia general del cine. Madrid, Cátedra, 1995-1998 (12 vols.)
Bibliografía complementaria
Bordwell, David / Staiger, Janet / Thompson, Kristin: El cine clásico de Hollywood: estilo cinematográfico y modo de producción hasta 1960. Barcelona, Paidós, 1997.
Bordwell, David y Thompson, Kristin: El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona, Paidós 1995
Brunetta, Gian Piero (dir.): Historia mundial del cine I. Estados Unidos I. Madrid, Akal, 2011.
Brunetta, Gian Piero (dir.): Historia mundial del cine I. Estados Unidos II. Madrid, Akal, 2012.
Cousins, Mark: Historia del cine. Barcelona, Ed. Blume, 2005.
Cousins, Mark: La historia del cine: Una odisea (The Story of Film: An Odyssey), 5 DVD, 2011.
Hueso, Angel Luis: El cine y el siglo XX. Barcelona, Ariel, 1998.
Sadoul, Georges: Historia del cine mundial. Desde los orígenes a nuestros días. México, Siglo XXI, 1976 .
Wyver, John: La imagen en movimiento. Aproximación a una historia de los medios audiovisuales. Valencia, Filmoteca de la Generalitat Valenciana, 1991.
Zubiaur Carreño, Francisco Javier: Historia del cine y otros medios audiovisuales. Pamplona, EUNSA, 1999.
Algúns temas concretos contarán con outra bibliografía específica que se indicará no seu momento.
Coñecer os trazos representativos do cinema nos seus diferentes momentos ao longo do século XX.
Comprender o cinema como o resultado da fusión de aspectos estéticos, históricos, sociolóxicos e industriais.
Recoñecer as relacións do cine con outras manifestacións artísticas contemporáneas.
Situar as obras cinematográficas nos seus contextos históricos concretos.
Dada a peculiar característica do medio estudiado, non existe unha diferenciación radical entre as sesións expositivas e interactivas. Por iso é polo que algunhas sesións interactivas converteranse nun complemento da materia vista nas expositivas a través da análise de aquelos exemplos más sobresaintes, e outras serán dedicadas á exposición de traballos elaborados por grupos sobre determinados temas
Para unha mellor comprensión e seguimento da materia, o alumnado terá que visionar obrigatoriamente os fims da listaxe que se suba á aula virtual.
Titorías personalizadas:
As titorías están destinadas ao seguimiento da aprendizaxe dos alumnos por parte do profesor encargado da docencia e á resolución de dúbidas derivadas da confección dos traballos.
Desagrégase en dous apartados complementarios
a) A realización dunha proba final que terá un dobre carácter teórico e práctico. Estará formada por unha pregunta relacionada coa materia explicada nas expositivas e o análise dun filme (ou fragmento do mesmo) dende o punto de vista histórico. Valoración: 60% da nota final
b) Elaboración de dous traballos de entrega obrigatoria: a análise dunha corrente, escola ou director/a, realizado en grupo reducido, e a súa exposición na clase interactiva, e o comentario individual dun filme a elixir dunha listaxe que se facilitará (Valoración: 25% e 15%, respectivamente, da nota final).
Deberá conseguirse o 50% en cada un dos apartados anteriores para superar a asignatura.
Sistema de recuperación da avaliación:
O alumnado que non superase o primeiro apartado realizará unha nova proba semellante a anterior.
O alumnado que non superase o segundo apartado deberá entregar catro comentarios sobre a temática que se lle indique e no tempo sinalado.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da calificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A dedicación ás clases presenciais será de 51 horas. A dedicación persoal do alumno (estudo teórico, visionado de películas, realización de traballos en grupos e individuais) será de 99 horas ao longo do cuadrimestre.
Ao tratarse dunha materia que vén marcada polo carácter de espectáculo que posúe o cinema, deberá facerse un esforzo para conseguir un achegamento científico ao estudo e visionado dos filmes.
Cómpre salientar que se trata dunha materia que posúe un alto grao de novidade para moitos alumnos, o que debe considerarse como positivo para conseguir un maior interese á hora de acceder a ela. Nembargantes, isto comporta tamén un esforzo de asistencia asidua ás sesións teóricas e prácticas da mesma.
O programa anterior é válido en caso de aplicarse o PLAN DE CONTINXENCIA salvo as puntuais modificacións que se expoñen a continuación:
* Escenarios de distanciamento e peche das instalacións.
Metodoloxía do ensino
No caso das clases expositivas e interactivas optarase pola sincronía e, só de forma excepcional pola asincronía, mediante as plataformas virtuais Teams ou Zoom. A presencialidad será obrigatoria. Tamén se recorrerá á aula virtual para incluír lecturas específicas ou visionado de films a través links ou ligazóns que faciliten a preparación de determinados temas.
As titorías levarán a través das plataformas Teams ou Zoom, previa cita por correo electrónico
* Escenario de peche das instalacións
Sistema de avaliación
Comprende dous apartados complementarios:
Unha proba final tipo test sobre a materia exposta nas clases expositivas. Valoración 50% da nota final.
A elaboración e exposición dun traballo obrigatorio, en grupo reducido, sobre unha corrente, escola ou director/a (25 % da nota final). Así como unha proba tipo test sobre o contido exposto nos anteriores traballos (25% da nota final)
Deberá conseguirse o 50% en cada un dos apartados anteriores para superar a materia.
Sistema de recuperación da avaliación:
O alumnado que non superase a primeira parte realizará unha nova proba semellante á indicada.
O alumnado que non fixese o traballo de grupo deberá entregar obrigatoriamente catro comentarios sobre as temáticas que se lle indique (30% da nota final) e terá que superar unha proba tipo test sobre os contidos expostos nas clases interactivas (20% da nota final)
Deberá conseguirse o 50% en cada un dos apartados anteriores para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispénsaa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba final específica que supoñerá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Fernando Pérez Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812596
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luis Maria Alcala-Galiano Pareja
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- luis.alcalagaliano [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Venres | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
18.01.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
18.01.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
23.06.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |