Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico da materia “Literatura e Arte no mundo antigo e medieval” é familiarizar ao estudante de Historia da Arte con algúns dos principais problemas asociados á produción letrada do periodo en cuestión. Non se trata de ofrecer unha apretada sinopse da historia da literatura durante a Antiguidade grecolatina e o Medievo, senón de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras clásicas e medievais tendo en conta que non existe unha separación neta entre o discurso verbal e visual, como mecanismos de representación. Antes ben, ambos supoñen dúas realidades que se complementan e interfiren.
CLASES EXPOSITIVAS
1.- Introdución teórica:
a) A relación entre a lingua e a imaxe: signo verbal e signo visual.
2. - A literatura e a arte na mundo antigo:
a) Conceptos e actitudes na Antigüidade respecto á relación texto-imaxe.
b) A literatura antiga e a súa representación visual.
3.- A literatura e a arte no mundo medieval:
a) A transmisión da cultura clásica na Idade Media. O xurdimento da arte cristiá.
b) A relación texto-imaxe no pensamento medieval.
c) A literatura medieval: características esenciais no marco da relación texto-imaxe.
d) Modos de representación iconográfica da literatura medieval.
CLASES INTERACTIVAS
A parte interactiva da materia estruturarase a partir da lectura de obras, necesaria para poder participar e realizar tanto o traballo como o exame.
As lecturas serán analizadas no contexto antigo e medieval do Occidente de Europa, tendo en conta o seu valor na historia da literatura e do pensamento, así como a súa pegada na produción artística do momento e posterior.
Cada persoa deberá ler, como mínimo, dúas obras seleccionadas, xunto coas lecturas obrigatorias de cada clase.
As clases interactivas inclúen unha práctica de campo no día sinalado no calendario da materia. Terá unha duración de 5h e a asistencia non é obrigatoria.
Dado o límite do espazo proporcionado, ofrécense aquí tan só algunhas referencias básicas:
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (lecturas):
Poema de Gilgamesh
Homero, A Odisea
Virxilio, A Eneida
Ovidio, As Metamorfoses
Tristán e Iseo. Versión de Béroul, Thomas of Britan, Eilhart von Olberg ou Gottfried von Strassburg.
O Cantar de Roldán (versión de Oxford)
Christine de Pizan, A Cidade das Damas
Dante Alighieri, A Divina Comedia
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1.- Auerbach, Erich, Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Fondo de Cultura Económica, México, 1993 (1ª ed. 1946), 2 vols.
2.- Baschet, Jérôme, y Dittmar, Pierre-Olivier (dirs.), Les images dans l'Occident médiéval, Brepols, Turnhout, 2015.
3.- Garnier, François, Le langage de l'image au Moyen Âge. Signification et symbolique, Le Léopard d'Or, Paris, 1988.
4.- Gerke, Friedrich, La fin de l'art antique et les débuts de l'art chrétien, Michel Albin, Paris, 1973.
5.- Highet, Gilbert, La tradición clásica: influencias griegas y romanas en la literatura occidental, Fondo de Cultura Económica, México, 1978 (1ª ed. 1949), 2 vols.
Meneghetti, Maria Luisa, Storie al muro : temi e personaggi della letteratura profana nell'arte medievale, Einaudi, Torino, 2015.
Panofsky, Erwin, Idea: contribución a la historia de la teoría del arte, Cátedra, Madrid, 1989, 7ª ed.
6.- Sánchez Ameijeiras, Rocío, Los rostros de las palabras : imágenes y teoría literaria en el Occidente medieval, Akal, Madrid, 2014.
7.- Schapiro, Meyer, Palabras, escritos e imágenes : semiótica del lenguaje visual, Ediciones Encuentro, Madrid, 1998
8.- Testo e immagine nell'Alto Medioevo. Settimane di Studio del Centro Italiano di Studi sull'Alto Medioevo (41ª Settimana, 15-21 aprile 1993, Spoleto), Spoleto : Presso la sede del Centro, 1994.
9.- Wirth, Jean, L'Image médiévale. Naissance et développements (VIe-XVe), Méridiens Klinsieck, Paris, 1989.
• Estudo dos conceptos e coñecementos básicos da estrutura diacrónica do pasado.
• Consciencia crítica das relacións que se establecen entre a literatura e a arte.
• Estudo e análise da literatura así como da súa relación e reflexo na arquitectura, artes plásticas e música no desenvolvemento da historia da humanidade.
• Abordaranse as coincidencias sincrónicas: intereses comúns, traducións estilísticas entre os diferentes medios, variacións temáticas, etc.
Tanto a distribución en tres tipos de actividades (sesións expositivas, sesións interactivas e titorial) como o número de horas presenciais fixado para cada unha destas actividades responden ás directrices do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 43 horas dedicaranse a actividades formativas presenciais e as outras 107 horas a traballo libre por parte dos alumnos.
As 43 horas formativas presenciais distribúense en 1) sesións expositivas (30 horas), 2) sesións interactivas (11 horas) e 3) titorial (2 horas).
Por sesión expositiva, á que asiste o grupo na súa totalidade, enténdese unha sesión de dúas horas na que o profesor explica os contidos básicos da materia con apoio de diversos materiais. Para o axeitado seguimento de cada sesión expositiva é imprescindíbel a asistencia na aula e a realización daqueles traballos e tarefas que o profesor propoña ao longo do curso.
Por sesión interactiva, organizadas en grupos máis reducidos, enténdese unha sesión dunha hora na que os estudantes expoñen, discuten e presentan os resultados das lecturas e actividades fixadas para o día en cuestión, incluídas as probas non fixadas con calendario.
Por titorial faise referencia a dúas sesións, dunha hora cada unha, destinadas á preparación doutras tarefas formativas (busca de fontes, modelos de referencias bibliográficas, composición de ensaios, etc.).
1.- Un 65 % da cualificación final corresponde ás sesións expositivas e dependerá da realización dun exame e/ou doutros exercicios. O outro 35% corresponde ás sesións interactivas e dependerá da realización de traballos e outros exercicios, que serán expostos nas propias clases, con preparación previa por parte do alumnado. A asistencia é obrigatoria. Resérvase a posibilidade de valorar así mesmo a participación en distintas actividades, como conferencias, que se poidan programar eventualmente ao longo do período lectivo. O tema dos exercicios debe ser aprobado polo profesor.
2.- A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria, esixíndose unha actitude activa do alumnado no desenvolvemento das clases.
3.- Para aprobar a materia cómpre obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das partes (clases expositivas e interactivas).
4.- Observación importante: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
5.- AVALIACIÓN ALTERNATIVA E SEGUNDA OPORTUNIDADE: Os alumnos que non superen a avaliación continua ou tivesen dispensa de asistencia ás clases poderán presentarse a un exame final escrito, nas datas fixadas pola Facultade tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. En calquera caso, non variarán os criterios indicados polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica.
O sistema de avaliación consiste nunha proba escrita para as expositivas, que sirva de recapitulación e aplicación dos contidos desenvolvidos ao longo do curso. No caso das interactivas, seguirase o sistema de avaliación continua, coa realización de traballos e tarefas ao longo do cuatrimestre, propostas pola profesora, que se debatirán nas clases; aqueles estudantes que, por algún dos motivos contemplados na normativa vixente, non participasen nas clases interactivas terán a posibilidade de facer no exame escrito un comentario similar aos realizados ao longo do curso.
Os estudantes que teñan que volver a matricularse da materia deben ter en conta que o requisito de asistencia segue vixente e, en consecuencia, non se aceptará a inasistencia por incompatibilidade horaria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
A proposta de horas de traballo persoal do estudantes para cada unha das actividades constitúe unha estimación, cuxa translación á realidade pode verse alterada por diversas variables persoais.
1.- Sesións expositivas: 30 horas. Recoméndase que o estudante invista 50 horas de estudo autónomo para a asimilación dos contidos.
2.- Sesións interactivas: 11 horas. Recoméndase que o estudante prepare durante 61 horas os materiais solicitados para o desenvolvemento destas sesións.
3.- Titorial: 2 horas. Recoméndase se reserven 6 horas por parte do estudante para a preparación das actividades previstas no titorial.
No marco da materia "Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval", é aconsellable unha competencia lectora o máis ampla posíbel, tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo en relación coas distintas culturas e tradicións literarias. Só deste modo os contidos teórico-comparados poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica.
Requisitos da materia:
1. Normativa sobre asistencia: de acordo coa Memoria do Grao en Historia da Arte, "en todas as materias, no novo plan, a avaliación continua é obrigada", o que supón que "a actividade do alumno definida en créditos ECTS leva consigo unha esixencia de traballo persoal deste". O devandito traballo persoal expoñerase e/ou presentará nas clases, sexa nas sesións expositivas, nas sesións interactivas ou no titorial de acordo co Cronograma (véxase Guía docente), polo que a asistencia a clase se considera un "requisito preceptivo" para a superación da materia mediante o procedemento de avaliación continua en función do estipulado pola Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010).
1.1. Dado que o Centro non ten definido un sistema para o seguimento e control da asistencia, en cumprimento do estipulado pola Normativa de asistencia a clase en las enseñanzas adaptadas al Espacio Europeo de Educación Superior en el Artículo 2 (“o docente encargado da materia […] indicará o sistema de control de asistencia”), arbitraranse os mecanismos oportunos para levar a cabo dito control).
2. Normativa sobre participación: de acordo coa Memoria do Grao en Historia da Arte, "a avaliación continua farase por medio de controis escritos, traballos [... e] participación do estudante". A secuencia dos devanditos controis escritos, traballos e participación detállase no Cronograma. Os devanditos controis, traballos e participación entregados en clase de acordo co calendario estipulado considéranse "constancia documental", nos termos formulados pola Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, de asistencia a clase. Tamén se considera parte da participación a realización de probas non fixadas con calendario.
PLAN DE CONTINXENCIA de acordo coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021" da USC:
A. Escenario 2 (distanciamento):
1. Metodoloxía da ensinanza:
A docencia expositiva será impartida maioritariamente de forma virtual mediante os recursos tecnolóxicos habilitados pola USC (campus virtual, correo electrónico, MS Teams) e de xeito secuencial, segundo o ritmo previsto de desenvolvemento das clases no escenario 1 (docencia presencial). Os profesores proporcionaranlles aos estudantes os diferentes materiais e recursos necesarios para o seguimento dos contidos teóricos ou indicaranlles a maneira de acceder a eles.
As actividades prácticas desenvolveránse sobre todo nas clases presenciais, de acordo co explicado máis arriba, no apartado “Metodoloxía”.
As titorías realizaranse prioritariamente por vía telemática.
2. Sistema de avaliación nas dúas oportunidades:
Manterase o sistema de avaliación continua nas dúas oportunidades atendendo aos seguintes elementos:
- A participación activa nas clases presenciais e o seguimento continuado e pertinente das actividades virtuais representará o 35% da cualificación.
- O 65% restante da cualificación final corresponderalle á realización da proba final, de acordo co exposto máis arriba, no apartado "Sistema de avaliación da aprendizaxe".
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia serán avaliados mediante dúas probas finais, cada unha correspondente ás clases expositivas e interactivas, manténdose a porcentaxe xa citada para cada unha delas, de 65% e 35%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación as directrices previstas na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
B. Escenario 3: (peche das instalacións):
1. Metodoloxía da ensinanza:
Tanto a docencia expositiva como a docencia práctica interactiva serán desenvolvidas de forma virtual mediante os recursos tecnolóxicos dispostos pola USC (campus virtual, correo electrónico, MS Teams) e de xeito secuencial, segundo o ritmo previsto de desenvolvemento das clases no escenario 1 (docencia presencial). Os profesores proporcionaranlles aos estudantes os diferentes materiais e recursos necesarios para o seguemento dos contidos teóricos e prácticos ou indicaranlles a maneira de acceder a eles.
As titorías realizaranse por vía telemática.
2. Sistema de avaliación:
Nas dúas oportunidades manterase unha proporción do 65% da nota final correspondente á parte expositiva e 35% á parte interactiva. No caso das expositivas, a nota final obterase mediante unha proba final individual realizada de xeito telemático, mentres que nas interactivas a nota final otorgarase pola continuidade no seguimento das diferentes actividades que se propoñan, así como pola cualidade dos resultados desas actividades, de acordo cos principios da avaliación continua.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia serán avaliados mediante dúas probas finais, cada unha correspondente á parte expositiva e interactiva do curso, da que se obterá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación as directrices previstas na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Santiago Gutierrez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Manuel Escourido Muriel
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 09 |
Martes | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Mércores | |||
17:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 09 |
Venres | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
13.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
13.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
25.06.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |