Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos básicos desta materia do módulo de COÑECEMENTOS SISTEMÁTICOS DO FEITO ARTÍSTICO son de dous tipos:
Xenerais:
- Coñecer as distintas metodoloxías para abordar o estudo da arte como feito técnico, cultural e intelectual.
- Reflexionar sobre o problema da interpretación da obra de arte.
- Proporcionar as ferramentas para comprender as relacións entre as distintas metodoloxías da Historia da Arte e as doutras disciplinas.
Específicos:
- Introducir ao alumnado, de xeito especial, nos aspectos teóricos e prácticos do método iconográfico, a súa historia e desenvolvemento, a súa situación actual e o valor da súa aplicación na tarefa do historiador da arte.
- Fomentar a súa capacidade crítica a través do estudo dos grandes teóricos no eido da iconografía.
-Introducir o alumnado na problemática da xénese, desenvolvemento e transmisión do mito griego
- Familiarizar o alumno co repertorio mitolóxico da arte occidental e, de xeito concreto, co derivado das Metamorfoses de Ovidio.
PARTE I: INTRODUCIÓN AOS MÉTODOS PARA A HISTORIA DA ARTE
Tema 1.- A arte como principio.
1.1.- O concepto de arte.
1.2.- Os valores da arte.
1.3.- A secuncia histórica.
Tema 2. Métodos e enfoques: entre formas, imaxes e interpretación
2.1.- O estudo da iconografía na historia da arte. Imaxes, xestos e código
2.2.- Iconografía e iconoloxía. Definición, historia e usos
2.3.- A linguaxe das imaxes
2.4.- O método iconolóxico de E. Panofsky e E. Gombrich: a interpretación integral da historia da arte.
2.5.- Os procesos de creación e desenvolvemento das imaxes: vida, linguaxe, sintaxe e estilo
PARTE II: INTRODUCIÓN Á ICONOGRÁFICA CLÁSICA Y CRISTIANA
Tema 3.- Introdución á iconografía clásica: os deuses eo mito
3.1.- A mitoloxía grega como sistema e linguaxe: fontes artísticas e fontes literarias.
3.2.- A iconografía do mito: xénese, transmisión e supervivencia.
3.3.- Mito e figuración: historia, texto e imaxe no mundo grego.
3.4.- Os deuses do Olimpo: o panteón grego ea súa representación.
3.5.- A recepción do mito e a súa imaxe en Roma: Ovidio eo poema das metamorfoses.
3.6.- Tradición e supervivencia: a vida do mito na Idade Media e do Renacemento.
Tema 4.- Introducción á iconografía cristiana: da Idade Media ao mundo contemporáneo.
4.1. Iconografía cristiana e as súas fontes textuais. Figuras bíblicas. Orixe e formulación.
4.2. Imaxes de santidade. Lecturas a través da historia.
4.3. Escenografías para difundir modelos de santidade.
PRÁCTICA DE CAMPO.
Visita programada a museos e monumentos
Algunhas referencias bibliográficas están marcadas cun asterisco para empregarse como manuais se fora necesario:
Aghion, I., Barbillon, C., Lissarrague, F., Guía iconográfica de los héroes y dioses de la Antigüedad, Alianza Editorial, Madrid, 1997 (1ª ed. fr. París, 1994).
Angulo Iñiguez, D., La mitología y el arte español del Renacimiento, B.R.A.H., 1952.
Art History and its Methods. A Critical anthology. Selection and commentary by Eric Fernie, Phaidon Press, London, Phaidon Press, 2009
*Bialostocki, J., Estilo e iconografía. Contribución a una ciencia de las artes, Barral Eds., Barcelona, 1972.
*Idem, The Message of Images. Studies in the History of Art, Viena, 1988.
Carmona Muela, J., Iconografía Clásica. Guía básica para estudiantes, Istmo Ed., Madrid, 2000.
Carpenter, H., Art and Myth in Ancient Greece. A Handbook, Londres, 1991. (Edición española: Carpenter, Th., Arte y Mito en la Grecia antigua, Destino, Madrid, 2001).
*Castiñeiras, M. A., Introdución al método iconográfico, Ariel, Barcelona, 1998.
Davidson Reid, J., The Oxford Guide to Classical Mythology in the Arts 1300-1990 s, I, Nueva York-Oxford, 1993.
Didi-Huberman, G., Ante el tiempo. Historia del arte y anacronismo de las imágenes, Buenos Aires, 2006
*Díez Platas, F., Imágenes para un texto. Guía iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio, Tórculo, Santiago, 2000.
Eco, U., Semiótica y filosofía del lenguaje, Barcelona, 1990.
Eliade, M., Imágenes y símbolos, Taurus, Madrid, 1974.Freedberg, D., El poder de las imágenes. Estudios sobre la historia y la teoría de la respuesta, Madrid, 1992.
Elvira Barba, M. A., Arte y Mito. Manual de Iconografía clásica, Silex Ediciones, Madrid, 2008
Enciclopedia dell’arte antica classica ed orientale, Istituto dell’Enciclopedia Italiana, Roma, 1958-1966.
Esteban Lorente, J. F., Tratado de Iconografía, Istmo Ed., Madrid, 1998.
Gombrich, E. H., Aby Warburg: una biografía intelectual, Alianza Forma, Madrid, 1992.
*Gombrich, E.H., Imágenes simbólicas, Estudios sobre el arte del Renacimiento Alianza Editorial, 1994
*Grabar, A., Las vías de la creación de la iconografía cristiana, A. F., Madrid, 1991.
Harrison, Ch./Wood, P., Art in Theory 1900-2000: An Anthology of Changing Ideas, London, 2003
Holly, M. A., Panofsky and the Foundations of Art History, Cornell University Press, 1987.
Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae, Zurich-Munich, 1988-1995, (8 vols.).
López Torrijos, R., La mitología en la pintura española de los siglos XVI Y XVII, Madrid, 1982.
Moormann, E. M. y Uitterhoeve, W., De Acteón a Zeus. Akal Ediciones, Madrid, 1997
Moralejo, S., Formas elocuentes. Reflexiones sobre la teoría de la representación. Ediciones Akal, Madrid, 2004.
*Panofsky, E., Estudios sobre iconología, Alianza Universidad, Madrid, 1972.
Idem, El significado de las artes visuales, Madrid, 1979.
*Idem, Renacimiento y renacimientos en el arte occidental, Alianza Universidad, Madrid, 1981.
*Saxl, F., La vida de las imágenes, Alianza Forma, Madrid, 1989.
*Seznec, J., Los dioses de la Antigüedad en la Edad Media y en el Renacimiento, Madrid, 1983.
Shapiro, H. A., Myth and Art. Poet and Painter in Classical Greek, Londres-Nueva York, 1994.
Warburg, A.,La rinascita del paganesimo antico, Florencia, 1991.
Wind, E., Los misterios paganos del Renacimiento, Barral Ed., Barcelona, 1976.
Yates, F. A., El arte de la memoria, Taurus, Madrid, 1974.
O alumno será capaz de:
- Comprender e reflexionar sobre os distintos métodos de análise e interpretación do feito artístico.
- Analizar, organizar e interpretar informacións procedentes de diferentes fontes bibliográficas, así como doutras fontes de información sobre estas materias artísticas.
- Analizar, relacionar e sintetizar os coñecementos adquiridos.
- Analizar e interpretar imaxes facendo uso da metodoloxía axeitada.
- Expoñer por escrito e de xeito oral os seus coñecementos e reflexións sobre os métodos da disciplina, utilizando de xeito correcto o vocabulario técnico da materia.
- Aplicar os coñecementos de modo rigoroso a través das novas tecnoloxías.
- Clases expositivas nas se explicarán os contidos teóricos.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. Será necesaria a lectura de textos e a aplicación práctica do método iconográfico a través da análise e interpretación de imaxes.
- As clases prácticas incluirán unha práctica de campo, que poderá consistir nunha saída para coñecer e analizar programas iconográficos complexos.
-Titorías personalizadas.
A avaliación será continua e constará de dúas partes:
1. Participación nas clases prácticas e seminarios e realización de traballos persoais. Suporá o 60% da cualificación final.
2. Traballo de curso avaliado sobre o 40% da cualificación final.
Como a avaliación é continua, a asistencia é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada superior ao 20% suporá a imposibilidade de que o alumno sexa avaliado na primeira oportunidade.
Si os exercicios e probas se realizan de modo fraudulento será de aplicación o recollido ao respecto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Segunda oportunidade da convocatoria:
Nesta segunda oportunidade conservaráselles a cualificación da parte aprobada (prácticas de interactivas o traballo de curso) se fora o caso.
ALUMNOS CON DISPENSA: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará coa entrega das tarefas e prácticas realizadas nas clases interactivas e un traballo de curso. Estas tarefas suporán o 100% da cualificación final.
TEMPO DE DOCENCIA PRESENCIAL POR ALUMNO: 51 h.
- Docencia expostiva: 32 horas.
- Docencia interactiva: 16 horas.
- Titorías personalizadas: 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL:
- Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
- Tres horas de preparación por clase práctica.
- A asistencia tanto ás clases expositivas como a participación nas clases interactivas, non só é obrigatoria, se non que é ademais esencial para a comprensión, o seguimento e a superación da materia.
- Todos os materiais de traballo e complementarios estarán a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC.
- É altamente recomendable a capacidade de ler noutras linguas moderna, á parte da lingua castelá e a galega, e de xeito especial en lingua inglesa.
PLAN DE CONTINXENCIA
A metodoloxía da ensinanza adaptarase aos escenarios de docencia semipresencial e docencia non presencial, si fose necesario:
A) Plan de continxencia escenario de distanciamento con docencia semipresencial
B) Plan de continxencia escenario de peche coa docencia non presencial
Os CONTIDOS da materia serán iguales para tódolos escenarios.
A) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO: docencia semipresencial
Metodoloxía:
Clases expositivas: a docencia será telemática e impartirase intentando combinar as modalidades sincrónica (para todolos alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) en función do desarrollo da docencia.
Empregaranse os seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente
Clases interactivas: Impartiranse na aula, de modo presencial.
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Traballo final de curso entregado a través da aula virtual. Suporá o 40% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 2 neste traballo de curso para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 2 terá que presentar un novo traballo na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e tarefas propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados. Esta parte suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3 nesta parte para poder facer media coa nota do Traballo final de curso.
Quen non consiga esta nota mínima de 3 terá que presentar outras tarefas similares na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará coa entrega das tarefas e practicas realizadas nas clases interactivas e un traballo de curso. Estas tarefas suporán o 100% da cualificación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
B) PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE CIERRE: docencia non presencial
Metodoloxía:
Clases expositivas: a docencia será telemática e impartirase intentando combinar as modalidades sincrónica (para todolos alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia-) e asíncrona (entrega de materiais: powerpoint, pdf, etc.) en función do desarrollo da docencia.
Empregaranse os seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente
Clases interactivas: Impartiranse tamén a través da Aula Virtual e Tems
Sistema de avaliación:
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Traballo final de curso entregado a través da aula virtual. Suporá o 40% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 2 neste traballo de curso para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 2 terá que presentar un novo traballo na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Avaliación continua da participación nos debates, seminarios, prácticas e tarefas propostos polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados. Esta parte suporá o 60% da nota total (6 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3 nesta parte para poder facer media coa nota do Traballo final de curso.
Quen non consiga esta nota mínima de 3 terá que presentar outras tarefas similares na segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
3. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará coa entrega das tarefas e practicas realizadas nas clases interactivas e un traballo de curso. Estas tarefas suporán o 100% da cualificación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria De Fatima Diez Platas
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812546
- Correo electrónico
- fatima.diez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Dolores Fraga Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812598
- Correo electrónico
- mdolores.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Guillermo Rodríguez Alonso
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812729
- Correo electrónico
- guille.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Venres | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
21.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
14.07.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |