Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA
Obxectivos da materia
Iniciar ao alumnado no coñecemento da arte do Renacemento, familiarizalo cos seus códigos figurativos e arquitectónicos e destacarlle os logros máis relevantes dunha época cuxa primeira fase ía ditar os parámetros culturais da civilización occidental ata o século XX.
Tras analizar a especificidade do Renacemento, farase especial fincapé na creación dun novo código figurativo e dunha nova linguaxe arquitectónica chamadas a ter unha grande vixencia na arte occidental, ao tempo que se estudarán as máis importante propostas artísticas da época, fundamentalmente en Italia.
Desenvolvemento do temario:
Tema I. Renacemento: concepto e significación. Renacemento e renacementos. Arte e ciencia. O modelo da antigüidade clásica. Artistas e clientes.
Tema II. A arquitectura en Italia. O século XV: Das “primeiras luces” ao amencer. Brunelleschi e Alberti.- Século XVI: A plenitude do sistema regular e a licenza. Vignola e a regra. A renovación veneciana.
Tema III. As artes figurativas en Italia. O Quattrocento: Indefinición estilística e investigación normativa. Florencia na primeira metade do século. A última xeración florentina. Padua. Ferrara. Venecia.- O Cinquecento: O alto renacemento ou a época dos xenios. Anticlasicismo e manierismo. Venecia.
Tema IV. A difusión do Renacemento en Europa.
BÁSICA: Freedberg, S. J., Pintura en Italia 1500-1600, Madrid, 1978. Heydenreich, L.H. y Lotz, W., Arquitectura en Italia 1400-1600, Madrid, 1991. Nieto Alcaide, V. El arte del Renacimiento, Madrid, 1996. Ídem y Checa Cremades, F., El renacimiento. Formación y crisis del modelo clásico, Madrid, 1980. Pope-Hennessy, J., La escultura italiana en el Renacimiento, Madrid, 1989. Ídem, Italian High Renaissance and Baroque Sculpture, Nueva York, 1985.
COMPLEMENTARIA: Antal, F., El mundo florentino y su ambiente social. La república burguesa anterior a Cosme de Médicis: siglos XIV-XV, Madrid, 1987. Argan ,G.C., Renacimiento y Barroco, Madrid, 1987. Blunt, A., Arte y arquitectura en Francia, 1500-1700, Madrid, 1977. Ídem, La teoría de las artes en Italia 1450-1600, Madrid, 1979. Burke, P., El renacimiento italiano. Cultura y sociedad en Italia, 1450-1600, Madrid, 1993. Chastel, A., El renacimiento meridional 1460-1500, Madrid, 1965. Ídem, El gran taller de Italia 1460-1500, Madrid 1966. Ídem, Arte y humanismo en Florencia en la época de Lorenzo el Magnífico, Madrid, 1982. Ídem, El saco de Roma, Madrid, 1986. Ídem y R. Klein, El humanismos, Madrid, 1971. Checa Cremades, F, Pintura y escultura del Renacimiento en España, Madrid, 1983. Fusco R., El Quattrocento en Italia, Madrid, 1999. Gombrich, E. H., El lagado de Apeles. Estidios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1982.Ídem, Imágenes simbólicas. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1983. Ídem, Norma y forma. Estudios sobre el arte del renacimiento, Madrid 1984. Ídem, Nuevas visiones de viejos maestros. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1987. Heydenreich, L.H., Eclosión del Renacimiento. Italia 1400-1460, Madrid, 1972. Ídem y Passavant, G., La época de los genios.Renacimiento italiano 1500-1540, Madrid, 1974. Keller, M., El renacimiento italiano, Madrid, s.a. Marías, F., El largo siglo XVI. Los usos artísticos del Renacimiento español, Madrid, 1989. Murray, P., Arquitectura del Renacimiento, Madrid, 1972. Murray, L., El Alto Renacimiento y el Manierismo, Barcelona, 1995. Murray, P. y L., El arte del Renacimiento, Mexico, 1965. Paleotti, J. T. y Radke, G. M., El arte en la Italia del Renacimiento, Madrid, 2002. Panofsky, E., Estudios sobre iconología, Madrid, 1972. Ídem, La perspectiva como forma simbólica, Barcelona, 1973.Ídem, Renacimiento y renacimientos en el arte occidental, Madrid, 1975. Ídem, Los primitivos flamencos, Madrid 1998. Ramirez, J.A. (coord.), Historia del Arte, vol. 3, Madrid, 1997. Rowe C. y Satkowski L., La arquitectura del siglo XVI en Italia, Barcelona, 2013. Shermann, J., Manierismo, Bilbao, 1984. Warburg, A., El Renacimiento del paganismo. Aportaciones a la historia cultural del Renacimiento europeo, Madrid, 2005. Waterhouse, E. Pintura en Gran Bretaña 1530-1790, Madrid, 1993 (primera parte). Wilde, J., La pintura veneciana de Bellini a Ticiano, Madrid, 1988. Wind, E., Los misterios paganos del Renacimiento, Bercelona 1872. Wittkower, R., Los fundamentos de la arquitectura en la edad del humanismo, Madrid, 1995. Wölfflin, H., Conceptos fundamentales de la historia del arte, Madrid, 1970. Ídem, El arte clásico. Una introducción al renacimiento italiano, Madrid, 1982.
- Familiarizarse cun momento crucial da nosa civilización occidental.
- Recoñecer as diferentes especificacións lingüísticas nas que o Renacemento se expresa e ver a importancia das testemuñas escritas coma fundamento de aproximación ao fenómeno artístico.
- Comprobar as posibilidades de distintos modos de aproximación ao produto artístico en relación cunha época que foi o campo privilexiado da experimentación metodolóxica da disciplina da Historia da Arte.
- Perfeccionar a análise da obra de arte.
O responsable docente nas clases expositivas realizará unha aproximación aos temas dende unha perspectiva multidisciplinar que permita o estudo da obra de arte como totalidade, insistindo nos aspectos culturais –para que se poidan contextualizar as obras obxecto de análise–, iconográficos –co obxecto de que poida comprender o seu sentido– e formais –co fin de sensibilizar o ollo en relación cunhas determinadas formas de expresión.
As clases interactivas, por unha banda, centraranse na análise e comentario de diferentes obras relacionadas coa materia desenvolvida polo profesor, co fin de que o alumnado instrumentalice os coñecementos que vaia adquirindo, é dicir, o que se pretende é que aprenda a “ver” e a contextualizar o fenómeno artístico, resolvendo todos os problemas que lle xurdan na fase de aprendizaxe; por outra, o alumnado, individualmente ou en grupo, poderá levar a cabo recensións de artigos ou capítulos de libros, que serán expostas e discutidas en clase; comentarios de texto e lecturas razoadas, que tamén serán obxecto de discusión en clase; e traballos relacionados con determinadas partes da materia que deberá preparar e que será obxecto de discusión entre o alumnado e co profesor.
É aconsellable a consulta dos manuais antes de adentrarse na preparación de calquera parte da materia que deba ser obxecto de comentario e discusión nas clases co fin de facerse unha idea xeral do tema do que se trata.
Titorías
Prevese levalas a cabo de forma virtual a través da plataforma Microsoft Teams, no día e franxa horaria establecida, previa cita por correo electrónico.
Na primeira oportunidade a avaliación dependerá duha proba escrita presencial de toda a materia vista nas clases expositivas e interactivas, da participación nestas últimas e dos traballos persoais no caso de que se esixan. A proba escrita suporá o 70% da cualificación final. A participación nas actividades das clases interactivas poderá alcanzar ata o 30% da cualificación final. A nota definitiva obterase unha vez superado o 50% en cada unha das partes. Na segunda oportunidade, o alumnado someterase tamén a una proba escrita presencial de toda a materia vista nas clases expositivas e interactivas, aínda que nesta ocasión a puntuación suporá o 100% da nota final. En ambas oportunidades a proba escrita poderá incluír dende un comentario de texto e/ou a análise de determinas obras a preguntas curtas e/ou desenvolvemento dun tema.
A asistencia á aula é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada non debidamente xustificada, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que se poida ser avaliado na primeira oportunidade.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TEMPO PRESENCIAL
- Docencia expositiva 51 horas.
- Docencia interactiva 24 horas.
- Titorías persoalizadas 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO
- Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
- 3 horas de preparación por cada clase interactiva.
- 15 horas para o traballo escrito no caso de que se esixa.
-O alumnado está obrigado, a partir da segunda semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de xeito dosificado, sexan obxecto de discusión nas interactivas, pois, do contrario, anúlase a operatividade das mesmas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.
- Solicitar do profesor, en calquera momento, as aclaracións que estime oportunas en relación con aqueles aspectos que no transcurso da exposición teórica ou nas clases interactivas non quedaran suficientemente explicados, pois non se deberá nunca abandonar a aula sen ter perfectamente clarificado o tema obxecto de exposición e/ou discusión.
- Implicarse plenamente nas clases interactivas por medio da participación.
- Facer uso das titorías para resolver calquera problema que lle xurda en relación coa materia.
Observacións
PLAN DE CONTINXENCIA
Supoñendo que a “normalidade adaptada” no fora viable, a USC contempla dous posibles escenarios, un deles, o do “distanciamento”, e outro, o do “peche das instalacións”.
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO
PROGRAMACIÓN
Manterase a programación contemplada para o primeiro esenario o de normalidade adaptada, a excepción dos cambios introducidos tanto no apartado metodolóxico coma no sistema de avaliación e que se reseñan deseguido.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Optarase pola sincronía como norma habitual e a presencialidade será obrigatoria. Utilizarase en xeral, como instrumento de apoio, a bibliografía básica, aínda que se poidan incluír lecturas específicas, sobre todo para as clases interactivas.
Para as clases expositivas prevese o formato da clase maxistral, aínda que se poida contemplar a posibilidade de que o alumnado prepare, expoña e defenda, preferentemente en grupos reducidos, que o profesor establecerá, un determinado número de temas, sendo este o encargado de determinar en quen recaia ou recaian a responsabilidade de exposición e defensa dentro do grupo. Cada un deses temas será preparado por varios grupos co fin de que a información sexa o máis completa posible, encargándose uns da exposición e outros da réplica e contrarréplica. O conxunto dos temas expostos polo alumnado será materia de exame, polo que se deberán tomar as nota que se consideren oportunas. Excepcionalmente, algún destes temas poderá ser preparado individualmente por toda a clase e discutido nela.
As clases interactivas poderían incluír: por una banda, a recensión de artigos ou capítulos de libros; comentarios de textos e lecturas razoadas, que serán obxecto de discusión en clase; e, pola outra, o que se prevé máis habitual, a preparación de certos temas e a análise de obras.
Ante a imposibilidade de poder facer intervir á totalidade do alumnado e para que se poida estar en igualdade de condicións, o profesor, a principio de curso, dividirá a clase en grupos, que serán inamovibles e cuxos membros deberán traballar conxuntamente. En base a estes grupos, o profesor irá escollendo libremente de cada un deles a un ou a varios dos seus membros como interlocutores, de forma que a nota que se lle/s asigne se trasladará ao resto. Isto supón, polo tanto, que cada alumno/a debe estar preparado para defender, en nome dos seus compañeiros, o tema de discusión. Como a materia tratada será tema de exame, é aconsellable que no transcurso desa discusión en clase se corrixa e poña ao día.
É importante non esquecer que poderá haber diferencias de puntuacións entre os membros dun mesmo grupo, pois as notas grupais que se vaian asignando ao longo do curso non impide que se poidan establecer diferencias en función de ausencias -en cuxo caso non se puntúa a esa persoa-, ou do grao de preparación demostrado nas intervencións.
TITORÍAS
Levaranse a cabo a través da plataforma Microsoft Teams previa cita por correo electrónico.
AVALIACIÓN
Tamén nesta situación a avaliación dependerá dunha proba escrita presencial de toda a materia vista nas clases expositivas e interactivas, da participación nestas últimas e, de ser o caso, nas expositivas, e dos traballos persoais, se se levasen a cabo. A proba escrita suporá o 70% da cualificación final. Só na primeira oportunidade, a participación nas clases interactivas poderá alcanzar ata o 30% da cualificación final. A nota definitiva obterase unha vez superado o 50% en cada unha das partes. As ausencias non debidamente xustificadas, serán penalizadas con retirada de puntos e máis alá dun 20% o alumnado declina o seu dereito a ser avaliado na primeira oportunidade.
Para a segunda oportunidade o alumnado someterase a unha proba escrita presencial de toda a materia vista nas clases expositivas e interactivas, aínda que nesta ocasión a puntuación suporá o 100% da nota final.
En ambas oportunidades a proba escrita poderá incluír dende un comentario de texto e/ou a análise de determinadas obras a preguntas curtas e/ou o desenvolvemento dun tema.
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS
PROGRAMACIÓN
Manterase a programación contemplada para o segundo escenario o de distanciamento, a excepción dos cambios introducidos no sistema de avaliación que queda como segue.
Tanto para a primeira como para a segunda oportunidade o alumnado someterase a unha proba escrita de toda a materia vista nas clases expositivas e interactivas, aínda que na primeira oportunidade se alterará a proporcionalidade da nota entre expositivas e interactivas, que pasará do 70 e 30%, respectivamente, ao 60 e 40%. A proba escrita suporá o 60% da calificación final. Só na primeira oportunidade, a participación nas actividades das clases interactivas poderá alcanzar ata o 40% da cualificación final, pero a nota definitiva obterase unha vez superado o 50% en cada unha das partes. As ausencias non debidamente xustificadas, serán penalizadas coa retirada de puntos e máis alá dun 20% o alumnado declina o seu dereito a ser avaliado na primeira oportunidade. Na segunda oportunidade o alumnado someterase tamén a unha proba escrita de toda a materia vista nas clases expositivas e interactivas, pero nesta ocasión a puntuación suporá o 100% da nota final.
En ambas oportunidades a proba escrita poderá incluír dende un comentario de texto e/ou a análise de determinadas obras a preguntas curtas e/ou o desenvolvemento dun tema.
É importante non esquecer que poderá haber diferencias de puntuacións entre os membros dun mesmo grupo, pois as notas grupais que se vaian asignando ao longo do curso non impide que se poidan establecer diferencias en función de ausencias -en cuxo caso non se puntúa a esa persoa-, ou do grao de preparación demostrado nas intervencións.
CANLES DE COMUNICACIÓN
Os medios de comunicación previstos serán: as plataformas Microsoft Teams e Aula Virtual, e o servizo de correo electrónico.
Andres Antonio Rosende Valdes
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812596
- Correo electrónico
- andres.rosende [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
10.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
10.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
20.06.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |