Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obtención, polo alumnado, dun bo coñecemento das culturas e procesos históricos da Antigüidade, con especial referencia á evolución cronolóxica e política das culturas antigas do Próximo Oriente, Grecia e Roma e ás distintas formas de organización económica, política e social que coñeceron as devanditas sociedades, así como á análise das interrelacións entre a arte e o desenvolvemento histórico-social das sociedades antigas e as liñas xerais da cultura nelas desenvolvida.
DOCENCIA EXPOSITIVA:
Contidos
ORIENTE
Tema 1: Mesopotamia: de Sumer á 3ª Dinastia de Ur.
Tema 2: Babilonios e Hititas
Tema 3: Exipto
Tema 4: Hebreos e Fenicios
Tema 5: Asirios e Persas
MUNDO HELENICO
Tema 6: A Creta Minoica
Tema 7: A Grecia Micénica
Tema 8: A Época Escura e a Sociedade Homérica
Tema 9: A Época Arcaica
Tema 10: A Época Clásica
Tema 11: Alexandre Magno e o Mundo Helenístico
MUNDO ROMANO
Tema 12. As orixes de Roma. A monarquia.
Tema 13. A República
Tema 14. O Alto Imperio
Tema 15: O século III
Tema 16. O Baixo Imperio
Manuais básicos de consulta:
Gómez Espelosín, F. J. Introducción a la Grecia antigua. 2ª Ed. Madrid: Alianza Ed., 2014.
López Barja, P. e F. J. Lomas Salmonte. Historia de Roma. Madrid: Akal, 2004.
Sanmartín, J. e Serrano, J.M. Historia Antigua del Próximo Oriente. Madrid: Akal, 1998.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Brewer, D. Historia de la civilización egipcia. Barcelona: Crítica, 2007.
Brown, P. El mundo de la Antigüedad tardía. Madrid: Taurus, 1989.
Bryce, T. El reino de los hititas. Cátedra, Madrid, 2001.
Carlier, P., Homero, Akal, Madrid, 2005.
Chadwick, J., El mundo micénico, Alianza Editorial, Madrid, 1985.
Crawford, M. La República romana. Taurus, Madrid, 1981.
Dandamaev, M. A. & Lukonin, V. G. Cultura y economía del Irán Antiguo, AUSA, Sabadell, 1990.
Dickinson, O., La Edad del Bronce egea, Akal, Madrid, 2000.
Domínguez Monedero, J., La polis y la expansión colonial griega, Madrid, 1991.
Fantar, M. H. Los fenicios en el Mediterráneo. Icaria, Barcelona, 1999.
Finkelstein I. e Silberman, N.A. La Biblia desenterrada: Una nueva visión arqueológica del antiguo Israel y de los orígenes de sus textos sagrados. Madrid, Siglo XXI, 2007.
Finley, M.I. El mundo de Odiseo. Madrid: F.C.E., 1982.
Garnsey, P. y R. R. Saller. El Imperio romano. Economía, sociedad, cultura. Crítica, Barcelona 1990.
Harris, W. V. Guerra e imperialismo en la Roma republicana 327-70 a.C. Siglo XXI, Madrid, 1989.
Leduc, C. e Lissarrague, F. Historia de las mujeres. 1. La Antigüedad. Madrid: Taurus,1991.
Lévêque, P. El mundo helenístico, Paidós, Barcelona, 2005.
Martínez-Pinna, J. Los orígenes de Roma. Síntesis, Madrid, 1999.
Montero, S., G. Bravo y J. Martínez Pinna. El Imperio romano, Visor, Madrid, 1991.
Murray, O., La Grecia Arcaica. Taurus, Madrid, 1981.
Pascual González, J. Grecia en el siglo IV a.C. Del imperialismo espartano a la muerte de Filipo de Macedonia. Síntesis, Madrid, 1997.
Pina Polo, F. La crisis de la República, Síntesis, Madrid, 1999.
Plácido, D., La sociedad ateniense, Crítica, Barcelona, 1997.
Postgate, N. La Mesopotamia arcaica. Madrid: Akal, 1999.
Shipley, G. El mundo griego después de Alejandro, 323-30 a.C. Crítica, Barcelona 2001.
Signes Codoñer, J. Escritura y literatura en la Grecia arcaica, Madrid, Akal, 2004.
Torelli, M. Historia de los etruscos. Crítica, Barcelona, 1996.
Will, E., Mossé, C. e Goukowsky, P. El mundo griego y el oriente.II El siglo IV y la época helenística. Madrid: Akal, 1998.
ESPECÍFICAS:
1.- Coñecer os fundamentos básicos das sociedades e culturas antigas
2.- Analisar e interpretar os procesos vividos polas sociedades antigas e as súas manifestacións culturais
3.- Desenvolver unha conciencia crítica con relación ás sociedades e culturas antigas.
XERAIS:
1.- Coñecer e analisar a estrutura diacrónica da Historia.
2.- Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3.- Coñecer e desenvolver habilidades no uso dos instrumentos de compilación da información (catálogos bibliográficos, repertorios electrónicos, etc.)
4.- Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas.
TRANSVERSAIS:
1.- Aplicar o pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
2.- Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos en ciencias sociais
3.- Traballar individualmente e en equipo de forma responsable.
4.- Comunicar información e ideas en público de forma clara e efectivo.
DOCENCIA PRESENCIAL: nas aulas asignadas polo decanato e cos grupos íntegros, mantendo a distancia de seguridade de 1.50 m. entre alumnos.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula. 32 horas por grupo.
- Clase interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. 16 horas por grupo.
- Tutorización personalizada. 3 horas por grupo.
OPCIÓNS DE DOCENCIA EN CASO DE EMERXENCIA SANITARIA:
1.- DOCENCIA SEMIPRESENCIAL: Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula e, segundo dispoña a reitoria desta universidade, tamén telemática usando como meios MS-Teams e Moodle (como aula virtual).
2.-. DOCENCIA VIRTUAL: docencia, tanto expositiva como interactiva, para todo o alumnado a través de Microsoft Teams e Moodle como aula virtual.
1) A proba escrita final será o 70% da cualificación fina. Para aprobar será necesario obter como mínimo un 5/10 na proba escrita. Se non se obtén un mínimo de 5, non se aprobará, independentemente das notas obtidas no resto dos items da nota.
2) Probas de xeografia do mundo oriental antigo e helénico: 1 ponto. En caso de imposibilidade de ser realizada polas condicións sanitarias, a proba dos mapas será sustituída por unha proba de leitura dunha obra e a sua correspondente proba co mesmo valor que os mapas
3) Unha exposición oral e colectiva dun tema asignado polo profesor: 1 ponto. Dadas a volátil situación sanitaria actual, no caso de ter que suspender a actividade plenamente presencial, esta actividade será substituída por outra.
4) Unha proba sobre as obras de literatura clásica de leitura obrigada.
Dado que a MGHA prescrebe o sistema de avaliación contínua, e que isto supón que o alumno é avaliado pola a sua actividade académica no decurso das aulas presenciais da cadeira, en todas as convocatórias correspondentes ao mesmo período de matrícula as cualificacións de avaliación contínua ( seminários e traballos persoais ou colectivos) serán loxicamente as obtidas durante as aulas xa que son o resultado actividade presencial nas aulas no decurso da matéria. Por outras palabras, a parte correspondente á nota prática en convocatórias diferentes à de Xaneiro/Febreiro será a mesma que nesta, sendo só diferente a do exame final. Denovo, nas actuais circunstancias fica supeditado á evolución da situación sanitária.
Os mecanismos que serán utilizados para o seguimento serán o proba escrita no caso dos contidos teóricos da cadeira. No caso da docencia interactiva o seguimento se fará pola participación nas aulas asi como o material (traballos, p. ex.) que estexan obrigados a apresentar. A ausencia xustificada ás aulas non eximirá da realización dos traballos, apresentación de material, etc. Non haberá, polo teor da matéria, prácticas de campo.
Canto a aqueles aos que se lles concedeu dispensa de asistencia, serán avaliados polo exame, que no seu caso se calificará sobre 10 puntos.
De acordo coa MGHA, a distribución de horas dedicadas polo estudante à cadeira son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de práticas 15 horas
Tutorias en grupo moi reducido, isto é, de tutorias personalizada 3 horas
Evaluación 3 horas
Traballo persoal:
Estudo 40 horas
Redacción de traballos 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido 30 horas
TOTAL 150 horas
Dado que tanto a ensinanza como a avaliación presupoñen un desenvolvimento eminentemente presencial, recomenda-se que as aulas non coincidan con nengunha outra actividade da/o estudante, for academica ou extra-academica.
Hai unha par de hábitos de conduta que tradicionalmente se daban por supostas e que, actualmente, parece que hai que especificar:
1) Durante as aulas non se pode ter o teléfono prendido, e, ainda menos, estar twitteando, intercambiando SMS ou usar calquer tipo de mensaxaria. O mesmo vale dicir para os ordenadores. O fin de asistir ás aulas é o de atender e tirar proveito das actividades que nelas se realizan, non ter unha mera presenza corporal.
2) O pláxio ou cópia de traballos académicos ou de exames constituen actos de deshonestidade académica suxeitos a penalizacións polas autoridades académicas e con unha forte influéncia negativa na nota. Que o pláxio se realice con material obtido na I-net non dimiue a gravidade do feito.
3) As notas finais daranse polo programa de notas por sms da USC, non persoalmente nen por correo electrónico. Por tanto,o estudante deberá asegurarse de estar dado de alta nese programa.
PLAN DE CONTINXENCIA:
A.- METODOLOXIA-OPCIÓNS DE DOCENCIA EN CASO DE EMERXENCIA SANITARIA:
(1) DOCENCIA SEMIPRESENCIAL, DISTANCIAMENTO E RESTRICIONS: Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula e, segundo dispoña a reitoria desta universidade, tamén telemática usando como meios MS-Teams e Moodle (como aula virtual).
(2) DOCENCIA CON INSTALACIÓNS FECHADAS: docencia, tanto expositiva como interactiva, para todo o alumnado a través de Microsoft Teams e Moodle como aula virtual.
B.- AVALIACION EN CASO DE EMERXENCIA SANITARIA
(1) DOCENCIA SEMIPRESENCIAL, DISTANCIAMENTO E RESTRICIONS. Avaliarase igual que no caso de docencia presencial coa excepción de que as exposicións presenciais serán sustituídas por outra proba co mesmo valor que as exposicións presenciais.
(2) DOCENCIA CON INSTALACIÓN FECHADAS: Avaliarase igual que no caso de docencia presencial coa excepción de que as exposicións presenciais serán sustituídas por outra proba co mesmo valor que as exposicións presenciais. E a proba dos mapas será sustituída por unha proba de leitura dunha obra e a sua correspondente proba co mesmo valor que os mapas
Jose Angel Fernandez Canosa
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812560
- Correo electrónico
- anxo.canosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nerea Terceiro Sanmartin
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Correo electrónico
- nerea.terceiro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Dolores Fontan Amoedo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Correo electrónico
- mariadolores.fontan [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 09 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 09 |
20.01.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.01.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
29.06.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |