Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o alumno coñeza as características, funcións, técnicas e as liñas básicas da arte hispanoamericana nas súas diferentes manifestacións, ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII, así como as causas primordiais desas características, funcións e evolución, incardinando sempre a obra de arte no contexto social, político, ideolóxico, relixioso e individual no que se xerou.
Descriptor
Estudo e desenvolvemento da arte hispanoamericana durante os séculos XVI, XVII e XVIII, explicando as súas conexións co mundo europeo e as achegas particulares que se producen en América, tanto para dar solucións a novos problemas, como ter en conta a herdanza prehispánica.
Temario
1. O encontro entre dous Mundos. Marco físico e contextos histórico, relixioso e artístico.
2. A cidade: teoría, norma e realidade. Principais exemplos de ordenación e transformación urbanística.
3. A arquitectura militar: enclaves e evolución das defensas.
4. Os grandes complexos catedralicios.
5. Da evanxelización á devoción: as órdenes relixiosas e seu legado artístico.
6. Arquitectura institucional. Arte e status social.
Bibliografía básica
- GUTIÉRREZ, R., Arquitectura y Urbanismo en Iberoamérica, Madrid: Cátedra, 1983.
- GUTIÉRREZ, R. (coord.), Pintura, escultura y artes útiles en Iberoamérica, 1500-1825, Madrid, Cátedra, 1995.
- GUTIERREZ, R. y GUTIERREZ VIÑUALES, R., Historia del arte iberoamericano, Barcelona, Lunwerg Editores, 2000.
- GUTIÉRREZ, R., Fortificaciones en Iberoamérica, Madrid: Fundación Iberdrola, 2005.
- NIETO, V. y CAMARA, A., Arte colonial en Iberoamérica, Madrid, Historia 16,1989.
- SANZ CAMAÑES, P., Las Ciudades en la América hispana: siglos XV al XVIII, Madrid, Sílex, 2004.
- SEBASTIAN LOPEZ, S., MESA, J. y GISBERT, T., Arte iberoamericano desde la colonización a la independencia, “Summa Artis”, vols. XXVIII y XXIX, Madrid, Espasa Calpe, 1985.
- VV. AA., AA.VV. Historia del Arte en lberoamérica y Filipinas. Materiales didácticos I. Culturas prehispánicas, Granada, Universidad de Granada, 2003.
- VV. AA., Historia del Arte en Iberoamérica y Filipinas. Materiales didácticos II: Arquitectura y urbanismo, Granada, Universidad de Granada, 2003.
- VV. AA., Historia del Arte en Iberoamérica y Filipinas. Materiales didácticos III: Artes plásticas, Granada, Universidad de Granada, 2003.
Obras específicas
- BERCHEZ, J., Arquitectura mexicana de los siglos XVII y XVIII, México, Italia, Grupo Azabache, 1992.
- GUTIERREZ, R., Barroco Iberoamericano de los Andes a las Pampas, Barcelona, Lunwerg Editores, 1997.
- VV. AA., Los Siglos de Oro en los Virreinatos de América, 1550-1700, Madrid, 1999.
- VV. AA., Barroco Iberoamericano: territorio, arte, espacio y sociedad, 2 vols, Giralda, 2005.
Disciplinares
- Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais e das interrelacións xeográficas e culturais da Historia da Arte Hispanoamericana.
- Coñecemento das distintas metodoloxías de aproximación á Historia da Arte aplicada ao caso Hispanoamericano.
- Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes (arquitectura e urbanismo, escultura, pintura, etc.), procedementos e técnicas da produción artística en Hispanoamérica.
- Coñecementos de iconografía.
Aplicadas
- Coñecemento práctico dos procesos básicos da metodoloxía científica en Historia da Arte: estados da cuestión, análises integrais da obra de arte, reconsideración de problemas, procura de información e procesos críticos de sínteses.
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial no aula.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Titoría personalizada.
Distribución das actividades
Doc. Expo. -32
Doc. Interac. -16
Titorización pers. -3
A avaliación constará de tres partes: probas escritas, asistencia-participación na aula/seminarios e realización-exposición de traballos persoais ou en grupo.
As probas escritas suporán un 70% da cualificación final.
A asistencia-participación na aula/seminarios (5%) e a realización-exposición de traballos (25%) suporán o 30% restante.
Para aprobar a asignatura haberá que superar o 50% de cada unha das tres partes anteriores.
Xa que a avaliación é continua e a asistencia ás clases é obligatoria, unha ausencia ao aula superior ao 20% supondrá a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade.
Na oportunidade de xullo realizaranse un control escrito (70% da cualificación final) e, en caso de non realizar e expoñer o traballo asignado, deberan entregarse varios traballos (30% restante)
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial - horas
Clases teóricas - 32
Clases prácticas - 11
Seminarios prácticos - 5
Titorías personalizadas - 5
Total horas de traballo presencial do alumno - 50
Traballo persoal do alumno - horas
Estudio autónomo individual ou en grupo - 60
Lecturas recomendadas - 25
Preparación presentaciones orais, debates, etc. - 8
Otras tarefas propostas polo profesor - 7
Total horas de traballo persoal do alumno - 100
- É recomendable ter cursado as materias de Historia da Arte do Renacemento e Historia da Arte do Barroco.
- Facer uso das titorías para resolver calquera dubida relacionada coa materia.
- Coñecementos de inglés e informática.
- Dispor dunha conexión web de alta velocidade (pódese utilizar as salas de informática da USC) e acceso á plataforma educativa do Campus Virtual da USC.
E
Fernando Pérez Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812596
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
29.05.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
05.07.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |