Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Trazar liñas de desenvolvemento para unha análise da historia do cinema español.
- Analizar diferentes aportacións dos cineastas máis relevantes da historia do cinema español.
- Ofrecer unha visión histórica e interdisciplinar do cinema español en relación coas diferentes artes: arquitectura, estudios urbanos, paisaxe, música, pintura ou literatura.
- Investigar sobre as diferentes cinematografías do Estado español, en relación con contextos concretos: vasco, catalán, galego.
As primeiras imaxes en movemento.
Os anos nos que o cinema era mudo.
A chegada do cinema sonoro.
O cinema español da posguerra nos anos 40.
O cinema español dos anos 50.
O “novo cinema” español dos anos 60.
O cinema español tardofranquista dos anos 70.
Cinema desde a Transición ata hoxe.
DE REFERENCIA
BENET, Vicente J., El cine español. Una historia cultural. Paidós, Barcelona, 2012.
VV.AA., Historia del cine español. Cátedra, Madrid, 2010, 7ª ed.
VV.AA., La nueva memoria: historia(s) del cine español (1939-2000). Vía Láctea, A Coruña, 2005.
BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA
CAPARRÓS LERA, José Mª, El cine español de la democracia. De la muerte de Franco al “cambio” socialista (1975-1989). Barcelona, Anthropos, 1992.
CAPARRÓS LERA, J. Mª, Historia del cine español, T&B, Madrid, 2007.
CASTRO DE PAZ, José Luis, Un cinema herido. Los turbios años cuarenta en el cine español (1939-1950). Barcelona, Paidós, 2002.
CASTRO DE PAZ, José Luis, Cine español. Otro trayecto histórico: Nuevos puntos de vista. Una aproximación sintética. Valencia, Filmoteca Valenciana, 2005.
FAULKNER, Sally, Una historia del cine español: cine y sociedad, 1910-2010. Madrid, Iberoamericana-Vervuert, 2017.
FERNÁNDEZ COLORADO, L., COUTO, P. (eds.), La herida de las sombras. El cine español en los años 40. Cuadernos de la Academia, 9, 2001.
HEREDERO, Carlos F., Biblioteca del cine español: fuentes literarias, 1900-2005. Madrid, Cátedra, 2010.
HOPEWELL, John, El cine español después de Franco. 1973-1988. Madrid, Ediciones El Arquero, 1989.
EDWARDS, G.: Indecent exposures: Buñuel, Saura, Erice & Almodóvar. Londres, Marion Boyars, 1995.
MÉNDEZ-LEITE, F., Historia del cine español. Rialp, Madrid, 1965, 2 vs.
MONTERDE, José Enrique, Veinte años de cine español (1973-1992). Un cine bajo la paradoja. Barcelona, Paidós, 1993.
PÉREZ PERUCHA, Julio (ed.), Antología crítica del cine español 1906-1995. Flor en la sombra. Madrid, Cátedra / Filmoteca Española, 1997.
PÉREZ PERUCHA, J. / GÓMEZ TARÍN, F. J. / RUBIO ALCOVER, A. (Eds.), Olas rotas. El cine español de los sesenta y las rupturas de la modernidad. Madrid, Asociación Española de Historiadores del Cine / Ediciones El Imán, 2009.
PÉREZ PERUCHA, Julio / RUBIO ALCOVER (Eds.), Faros y torres vigía. El cine español durante la Segunda República. A Coruña, Asociación Española de Historiadores del Cine / Vía Láctea Editorial, 2016.
SÁNCHEZ NORIEGA, José Luis (Ed.), Imaginarios y figuras en el cine de la postransición. Barcelona, Laertes, 2019.
SEGUIN, J.C., Historia del cine español. Acento, Madrid, 1995.
SMITH, Paul J., Las leyes del deseo. La homosexualidad en la literatura y el cine español. 1960-1990. Barcelona, Ediciones de la Tempestad, 1998.
VILARÓS, TERESA M., El mono del desencanto. Una crítica cultural de la transición española (1973-1993). Madrid, Siglo XXI, 1998.
VV.AA., Directoras de cine español: ayer, hoy y mañana, mostrando talentos, Sevilla, Universidad de Sevilla, 2012.
VV.AA., Escritos sobre el cine español. 1973-1987. Valencia, Filmoteca de la Generalitat Valenciana, 1989.
ZUNZUNEGUI, Santos, Los felices sesenta: aventuras y desventuras del cine español (1959-1971). Barcelona, Paidós, 2005.
ZUNZUNEGUI, Santos, Historias de España. De qué hablamos cuando hablamos de cine español. (Edición ampliada y revista). Santander, Shangrila, 2018.
- Adquirir ideas sobre a evolución da nosa cinematografía desde un enfoque novo e intermedial.
- Saber distinguir tendencias e dinámicas propias do cinema español ao longo do tempo.
- Saber vencellar temas e historias con factores contextuais específicos da cultura e da evolución histórica do Estado español.
Para facilitar e racionalizar o ensino desta materia, utilizaranse as seguintes estratexias:
- Palestras que se explicarán os contidos teóricos.
- Aulas interactivas nas que as actividades serán prácticas -sempre relacionadas cos contidos teóricos da materia-, involucrando aos alumnos na realización de comentarios de filmes e textos seleccionados previamente pola profesora.
- Titorías personalizadas.
Nas aulas expositivas e interactivas exporanse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes para a materia, que aparecen na sección de contidos, sendo en todo caso la totalidade deste programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases, incentivarase a participación dos estudantes e tentará fomentarse a súa reflexión crítica acerca dos contidos.
A avaliación comporase de dúas partes:
1) Parte teórica: proba escrita ou exercicio, correspondente aos contidos teóricos.
2) Parte práctica: participación nas aulas interactivas, comentarios sobre fragmentos de filmes, textos e realización dun traballo grupal.
- Parte teórica: 60% de la cualificación.
- Parte práctica: el 40% restante (traballo interactivo + grupal: 20% + 20%)
A cualificación final resulta da suma das dúas avaliacións. Hase de superar o 50% en cada unha de las partes.
Segunda oportunidade. A cualificación nesta opción obterase a partir dun exame escrito de todos os contidos da materia (teóricos e prácticos). O alumno que teña superado os créditos interactivos manterá a cualificación e só terá que ser examinado da materia impartida nas aulas expositivas. Aqueles que non superaran ou non presentaran esta parte da materia estarán obrigados a facer un exame que incluirá o tema presentado nas aulas expositivas e interactivas.
Dispensa: os estudantes aos que se lles outorgue unha Dispensa de asistencia (seguindo a Instrución No. 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a aulas en certas circunstancias), serán avaliados para unha proba final específica que representará o 100% de la cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
Considérase que é suficiente unha media de 3 horas semanais para o estudo da materia, que deberán empregarse na confección do traballo e na realización das demais actividades participativas.
Os estudantes deben pór atención nas primeiras semanas ás indicacións relativas ao traballo en grupo e notificar a súa composición e tema. É recomendábel preguntar á profesora calquera dúbida e concertar reunións de titorías para avaliar o desenvolvemento do traballo.
Tamén é recomendábel consultar a bibliografía seleccionada e páxinas web especializadas.
Xose Ivan Villarmea Alvarez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.villarmea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Laura Calvo Gens
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812724
- Correo electrónico
- l.calvo.gens [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
31.05.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
06.07.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |