Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Música
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
. Estudar os diferentes parámetros e elementos que constitúen a linguaxe musical.
. Proporcionar ao alumno as ferramentas elementais para realizar unha análise formal e estilística da obra musical e a súa relación co resto das artes e as humanidades.
. Dotar ao alumno de capacidades de percepción e análise musical a través da audición.
. Preparar ao alumno na comprensión das bases teóricas sobre a grafía e conceptos fundamentais da música.
. Coñecer e usar adecuadamente o vocabulario técnico-musical como medio de expresión.
Tema 1. Conceptos e fontes da música
Tema 2. Os elementos da música
2.1 A textura: monodia, melodía acompañada, homofonía, polifonía
2.2 O ritmo. O ictus e o compás. Indicacións de tempo
2.3 A melodía. A frase melódica
2.4 A harmonía. O concepto de funcionalidade. Acordes. Cadencias
Tema 3. A notación musical e a súa evolución
Tema 4. Os instrumentos e a súa clasificación
Tema 5. A voz humana e a súa clasificación
Tema 6. A orquestra sinfónica, a banda e a música de cámara
Tema 7. Forma e xéneros (I): Suite, Concerto, Sinfonía
Tema 8. Forma e xéneros (II): Lied, Música de baile, Ópera
Tema 9. A práctica interpretativa
LECTURA OBLIGATORIA
AGAWU, KOFI (2012). La música como discurso. Aventuras semióticas en la música romántica. Buenos Aires: Eterna cadencia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
COOK, N. (2006). De Madonna al canto gregoriano: una muy breve introducción a la música. Madrid: Alianza
JOFRÉ Y FRADERA, J. (2003). El lenguaje musical. Claves para comprender y utilizar la ortografía y la gramática de la música. Barcelona: Ma non Troppo.
MICHELS, U. (2013). Atlas de Música, vol. I, Madrid: Alianza.
SALAZAR, A. (1997). Conceptos fundamentales de la Historia de la música. Madrid: Alianza Editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BENNETT, R. (1998). Investigando los estilos musicales. Barcelona. Akal
BENNETT, R. (1999). Forma y diseño. Barcelona: Akal
BENNETT, R. (1999). Los instrumentos de la orquesta. Barcelona: Akal.
BERNSTEIN. L. (2003). El maestro invita a un concierto: conciertos para jóvenes. Madrid: Siruela.
COPLAND, A. (1988). Cómo escuchar la música. México: Fondo de Cultura Económica.
DAHLHAUS, C. (1997). Fundamentos de la Historia de la música. Madrid: Gedisa editorial.
DENIZEAU, G. (2008): Los géneros musicales: una visión diferente de la Historia de la Música. Barcelona: Ma non Troppo.
O alumno será capaz de:
1. Analizar e sintetizar (por escrito e oralmente) coñecementos ligados a esta materia con suficientes comprensión e elaboración dos mesmos, dunha maneira autónoma.
2. Abordar a audición musical de modo analítico, orientada fundamentalmente ao recoñecemento de elementos e estruturas básicas do discurso musical.
3. Posuír e empregar adecuadamente o vocabulario técnico-musical.
4. Ser capaz de identificar, mediante a audición, as principais formas musicais.
O ensino desta materia combinará:
- Clases expositivas. Nelas asentaranse as bases teóricas para axudar a entender os diferentes elementos da linguaxe musical. A pesar de ser expositivas, nestas clases buscarase a participación frecuente dos alumnos, facendo uso constante da mayéutica.
- Clases interactivas na que se farán actividades prácticas que sirvan para poñer en valor e profundar o aprendido nas sesións expositivas. Darase unha especial atención á análise de audicións, comprensión, escritura e debate de textos e a aprender os procesos necesarios para que o alumno logre autonomía no coñecemento dos elementos da linguaxe musical e a súa aplicación.
- Tutorización personalizada na que se perfilarán as potencialidades e dificultades do alumnado, de maneira personalizada, ante os estímulos presentados e as posibles tarefas que se deriven. Potenciarase nas clases de pequenos grupos o exercicio da verbalización do fenómeno musical, tanto por escrito como oralmente, así como o traballo colaborativo.
A avaliación continua supoñerá o 50% da nota e estará formada polas seguintes actividades:
. Realización dun glosario (traballo colaborativo): 15%
. Escritura dun texto musical: 15%
. Exame parcial (audicións e comentario de lectura obligatoria): 20%
Exame final: 50%
Avaliación da segundad oportunidade:
. Escritura dun texto musical: 20%
. Traballo: 30%
. Exame final: 50%
O alumnado ao que lle sexa concedida DISPENSA de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2007 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase da seguinte maneira:
. Escritura dun texto musical: 20%
. Traballo: 30%
. Exame final: 50%
Estudo da materia impartida: 60 horas
Leituras, saídas a concertos, audicións, biblioteca, realización de traballos: 35 horas
Preparación de críticas, comentarios e debates: 4 horas.
TOTAL: 99 horas
. O alumnado debe manter un ritmo de traballo constante que lle permita unha aprendizaxe progresiva e tamén detectar a tempo as dificultades que lle poidan xurdir no estudo da materia.
. Débese asistir ás sesións, prestar atención e ser o máis participativo posible. Valórase especialmente tanto que sexa capaz de responder as preguntas que se fan habitualmente nas clases, como que expoña todo aquilo que non quedou claro na explicación ou que introduza novas formulacións.
. Lectura e estudo da bibliografía recomendada, unido ás audicións indicadas para cada tema.
. Uso e consulta habitual do campus virtual.
. Utilización das titorías personalizadas.
Montserrat Capelan Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- montserrat.capelan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Javier Gándara Feijóo
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812724
- Correo electrónico
- javier.gandara.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Sergio Camacho Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Correo electrónico
- sergio.camacho [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
31.05.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
31.05.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
07.07.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |