Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos básicos desta primeira materia do módulo de COÑECEMENTOS SISTEMÁTICOS E INTEGRADOS DO ACONTECEMENTO ARTÍSTICO son:
• Coñecemento e comprensión dos conceptos básicos relacionados coa arte como fenómeno humán, histórico e social.
• Coñecemento e comprensión dos conceptos básicos da teoría da arte e o seu desenvolvemento.
• O coñecemento dos múltiples enfoques e formas de abordar o feito artístico para comprendelo como fenómeno ou obxecto de análise.
O obxecto da historia da arte. Clasificacións das artes. A historia da arte como historia e retórica: conceptos da filosofía da historia e da teoría da literatura aplicados á historia da arte. O artista no marco da historia da arte. A historia da arte nos seus sistemas de produción: dos patróns ao mercado. A historia e a estética da recepción.
Palabras chave: arte, artista, imaxe, historia da arte, teoría da arte, recepción.
Temas:
1. Obxecto e obxectivos da historia da arte: a arte e o acontecemento artístico.
2. Clasificacións das artes: historia e fundamentos.
3. A arte e as belas artes: textos, figuras, imaxes e obxectos.
4. As linguaxes artísticas: arquitectura, escultura e pintura.
5. A historia da arte como disciplina: orixe, evolución e transformación.
6. A historia da arte como historia: conceptos da filosofía da historia e da teoría da literatura aplicados á historia da arte.
7. A Arte e os artistas: concepcións e estatuto.
8. A Arte e a producción: dos patróns ao mercado.
9. Historia e estética da recepción.
BIBLIOGRAFÍA XERAL:
Barasch, Mosche: Teorías del arte. De Platón a Winckelmann, Alianza Editorial, Madrid, 1999.
Bozal, V. (ed.), Historia de las ideas estéticas y de las teorías artísticas contemporáneas, Visor, Madrid, 2000
Jiménez, José: Teoría del arte, Tecnos, Madrid, 2002.
Marías, F.: Teoría del arte II, Historia 16, Madrid, 1996
Tatarkiewicz, Wladyslaw: Historia de seis ideas. Arte, belleza, forma, creatividad, mímesis, experiencia estética, Tecnos, Madrid, 1997.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA:
Bialostocki, J., Estilo e iconografía. Contribución a una ciencia de las artes, Barral Eds., Barcelona, 1972.
Bialostocki, J.,, The Message of Images. Studies in the History of Art, Viena, 1988.
Blunt, A., La teoría de las artes en Italia del 1450 a 1560. Madrid: Cátedra, 1979
Calabrese, O., El lenguaje del arte, Barcelona, 1991.
Cassirer, E., The Philosophy of Symbolic Forms, 3 vols., Yale University Press, 1955-1955.
Chipp, H.B.: Teorías del arte contemporáneo. Fuentes artísticas y opiniones críticas, Akal, Madrid, 1995.
Coomaraswamy, Ananda: La transformación de la naturaleza en arte, Kairós, Barcelona, 1997.
Didi-Huberman, G., Ante el tiempo. Historia del arte y anacronismo de las imágenes, Buenos Aires, 2006
Eco, U., Semiótica y filosofía del lenguaje, Barcelona, 1990.
Freedberg, D., El poder de las imágenes. Estudios sobre la historia y la teoría de la respuesta, Madrid, 1992.
Gombrich, E.H., Imágenes simbólicas, Estudios sobre el arte del Renacimiento Alianza Editorial, 1994
Gombrich, E. H., Aby Warburg: una biografía intelectual, Alianza Forma, Madrid, 1992.
Gombrich, E.H., Arte e ilusión, editorial Debate, 2003
Gombrich, E.H., Los usos de las imágenes, editorial Debate, 2003
Gombrich, E.H., El sentido del orden, editorial Debate, 2004
Gombrich, E.H., Norma y forma, editorial Debate, 2000
Gombrich, E.H., El legado de Apeles, editorial Debate, 2000
Gombrich, E.H., Gombrich esencial, editorial Debate, 2004
Harrison, Ch./Wood, P., Art in Theory 1900-2000: An Anthology of Changing Ideas, London, 2003
Holly, M. A., Panofsky and the Foundations of Art History, Cornell University Press, 1987.
Kubler, G. La Configuración del tiempo : observaciones sobre la historia de las cosas, Madrid : Nerea, D.L. 1988.
Panofsky, E. Idea. Contribución a la historia de la teoría del arte, Cátedra, Madrid, 1998.
Panofsky, E., Estudios sobre iconología, Alianza Universidad, Madrid, 1972.
Panofsky, E, El significado de las artes visuales, Madrid, 1979.
Panofsky, E, La perspectiva como “forma simbólica”, Tusquets, Barcelona, 1985.
Podro, M.: Los historiadores del arte críticos, Antonio Machado Libros, Madrid (col. La balsa de la medusa), 2001.
Ramírez, J. A., Ecositema y explosión de las artes, Anagrama, Barcelona, 1994
Serrano, S., La semiótica. Una introducción a la teoría de los signos, Barcelona, 1984.
Warburg, A., La rinascita del paganesimo antico, Florencia, 1991.
Yates, F. A., El arte de la memoria, Taurus, Madrid, 1974.
O alumno será capaz de comprender os conceptos básicos relacionados coa arte como fenómeno humano, histórico e social, coñecerá e comprenderá os conceptos básicos da teoría da arte e o seu desenvolvemento e estará familiarizado cos múltiples enfoques e formas de abordar o feito artístico para comprendelo como fenómeno ou obxecto de análise.
Ademáis, o alumno entrenarase en desenvolver a súa capacidade de análise, reflexión e crítica, adquirindo ferramentas de xuízo e traballando a súa capacidade de abstracción, discernimento e relación.
Isto materializarase de xeito efectivo na adquisición das destrezas básicas que require unha materia de tipo teórico como:
• Desenvolver unha capacidade de lectura e comprensión de textos e imaxes.
• Saber elaborar comentarios de ideas.
• Compoñer e redactar textos, comentarios e reseñas.
• Empregar e citar a bibliografía e os medios específicos da disciplina.
A ensinanza da materia descansará en gran medida na exposición teórica das clases maxistrais, básicas nunha materia destas características. A docencia expositiva consistirá na explicación dos contidos teóricos básicos da materia, co apoio de presentacións en power point e lectura de textos.
A esta unirase a docencia interactiva que consistirá na realización de talleres de formación para a adquisición das destrezas básicas necesarias propostas na programación e obxectivos da materia, e en seminarios sobre temas básicos da teoría da arte e da reflexión sobre a disciplina que abordaranse a través das fontes orixinais.
Isto implicará de maneira especial a participación activa do alumno que debe ter preparadas de antemán as tarefas propostas polo profesor.
O obxectivo dos talleres comprenderá a adquisición das seguintes capacidades:
• Comprensión de conceptos e comentario de ideas en relación coa arte, o corpus teórico e a historia da disciplina.
• Exposición oral sobre os contidos propios da materia e da disciplina.
• Composición e redacción de textos, comentarios e reseñas sobre os contidos propios da materia e da disciplina.
• Manexo axeitado e preciso do vocabulario científico e técnico propio da materia e da disciplina.
• Desenvolvemento da capacidade de lectura e comprensión da imaxe como feito artístico e síntoma cultural.
TIPO DE DOCENCIA TOTAL HORAS/MATERIA
DOCENCIA EXPOSITIVA: 32 horas.
1ª e 2ª semanas: 4 horas semanais.
3ª a 14ª semanas: 2 horas semanais.
DOCENCIA INTERACTIVA: 16 horas.
3ª a 14ª semanas: 1 hora semanal.
A avaliación realizarase por medio da asistencia ás clases expositivas (10%), a asistencia e a participación na docencia interactiva, consistente en seminarios e talleres (40%) e a proba teórica (50%).
A proba teórica será de tipo test en opcións múltiples.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sea concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba específica que suporá o 100% da calificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de calificacións.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas.
Docencia expositiva: 32 horas.
Docencia interactiva: 16 horas.
Titorías personalizadas: 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL: 99 horas.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 56 horas.
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca e similar: 28 horas.
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 horas.
Outras tarefas propostas polo profesor: 7 horas.
A asistencia ás sesión expositivas e interactivas é obrigatoria e fundamental para o seguimento e superación da materia.
O alumnado deberá realizar tódalas actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión e bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
É moi recomendable contar con coñecementos básicos de historia da arte, literatura e filosofía.
É altamente recomendable ter a capacidade de ler noutras linguas modernas -ademáis da lingua castelá e da lingua galega- e de xeito especial en lingua inglesa.
Está prohibido o uso de ordenadores portátiles e de teléfonos móbiles durante as clases expositivas.
Maria De Fatima Diez Platas
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812546
- Correo electrónico
- fatima.diez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miriam Elena Cortés López
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 982824736
- Correo electrónico
- miriamelena.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Sabela Valcarcel Lago
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- sabela.v.lago [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Xose Ramon Cisneros Perez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- xoseramon.cisneros.perez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
04.06.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
04.06.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
10.07.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |