Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Obter un coñecemento amplo do espazo terrestre e da vida dos seres humanos sobre a Terra.
2. Entender e explicar as regras de funcionamento dos territorios a diferentes escalas, así como das sociedades humanas
3. Entender as relacións entre o sistema natural e o medio humano.
4. Coñecer os elementos e comprender os procesos que explican o funcionamento da paisaxe, desde a óptica do medio xeográfico.
5. Comprender a dimensión espazo-temporal dos fenómenos.
6. Iniciación nas técnicas de análise cartográfica e na elaboración e interpretación de gráficos e diagramas de uso normal en Xeografía.
7. Estudo dos fundamentos que articulan a Xeografía como unha ciencia social, as súas relacións con outras ciencias, os seus conceptos básicos e as fontes empregadas na análise xeográfica.
1. Introdución á xeografía: conceptos chave e evolución.
2. A poboación: dinámicas e tendencias a diferentes escalas.
3. O medioambiente: recursos e desafíos.
4. A cidade e o sistema urbano.
5. O mundo rural en transformación.
6. A arte como elemento da paisaxe e fundamento da identidade cultural.
Bibliografía básica
FARINÓS, J., OLCINA CANTOS, J. (Coords.) (2017). Geografía regional de España. València, Universitat de València, Tirant Humanidades.
FERNÁNDEZ CUESTA, G. (Coord.) (2019). Atlas de Geografía Humana de España. Madrid, Paraninfo.
HIERNAUX, D., LINDÓN, A. (Coords.) (2006). Tratado de Geografía Humana. México, Anthropos.
HOLT JENSEN, A. (1992). Geografía. Historia y conceptos. Barcelona. Vicens Vives.
LÓPEZ PALOMEQUE, F., PLAZA GUTIÉRREZ, J.I. (Coords.) (2019). Geografía de Europa. Estructura, procesos y dinámicas territoriales. Valencia, Tirant Humanidades.
MATA, R., SANZ, C. (Corods.) (2003). Atlas de los paisajes de España, Madrid, Ministerio de Medioambiente.
MURPHY, A. (2018). Geografía: Por qué importa?. Madrid, Alianza Editorial.
NOGUÉ, J.; ROMERO, J. (Coords.) (2006). Las otras geografías. Valencia, Tirant Lo Blanch.
OBSERVATORIO DEL PAISAJE (2006). Prototipus de catàleg de paisatge. Documento de trabajo, Olot y Barcelona. http://www.catpaisatge.net/fitxers/Prototipus2006.pdf
ORTEGA VALCÁRCEL, J. (2000). Los horizontes de la Geografía: teoría de la Geografía. Barcelona, Ariel.
ROGER, A. (2007). Breve tratado del paisaje. Madrid, Biblioteca Nueva.
ROMERO, J. (Coord.) (2007). Geografía humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel.
ROMERO, J. (Coord.) (2016). Geografía humana de España. València, Universitat de València, Tirant Humanidades.
ROMERO, J. (Coord.) (2007). Geografía Humana. Barcelona, Ariel, 2ª ed.
ZÁRATE MARTÍN, M.A.; RUBIO BENITO, M.T. (2006). Geografía Humana. Sociedad, economía y territorio. Madrid, Editorial Universitaria ramón Areces.
ZÁRATE, M.; RUBIO, M. (2005). Geografía Humana. Madrid, Ed. Ramón Areces.
ZÁRATE, M.; RUBIO, M. (2006). Glosario y prácticas de Geografía Humana. Madrid, Ed. Ramón Areces
Bibliografía complementaria
BAILLY, A., BÉGUIN, H. (2001). Introduction à la gèographie humaine. París, Armand Colin, 8ª ed.
CIATTONI, A., Veyret, Y. (2003). Les Fondamentaux de la géographie. Armand Colin. Paris.
HAGGETT, P. (1983). Geography: A Modern Synthesis. Harper & Row. New York. (trad. cast.: Geografía. Una síntesis moderna. Omega. Barcelona, 1988).
HOLLOWAY, S.L., RICE, S.P., VALENTINE, G. (2003). Key concepts in Geography. Londres, Sage.
JOHNSTON, R., et al. (2000). The Dictionary of Human Geography. Oxford, Blackwell, 8ª ed.
MAYHEW, S. (1997). Dictionary of Geography. Oxford, Oxford University Press.
ROGERS, A., VILES, H.A. (Coords.) (2003). The Student´s Companion to Geography. Blackwell Publishers.
SEGRELLES, J. (Coord.) (2002). Geografía Humana. Alicante, Editorial Club Universitario.
DURING, R. (2010). Cultural Heritage Discourses and Europeanisation. Wageningen, Alterra.
HAWKINS, H. (2021). Geography, Art, Research. Artistic Research in Geohumanitites. New York, Routledge.
LEWIS, M.W., WIGEN, K.E. (1997). The Myth of Continents: a Critique of Metageography. Berkeley, University of California Press.
MARSHALL, T. (2020). El mundo explicado en 12 sencillos mapas. Barcelona, Editorial GeoPlaneta.
MUZAINI, H., MINCA, C. (2020). After heritage, critical perspectives on heritage from below. Cheltenham, UK, Northampton, MA, USA, Edward Elgar Publishing.
Xerais:
-Capacidade de organización e planificación.
-Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
-Capacidade de análise e síntese.
-Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección e presentación de toda clase de información.
-Coñecementos de informática aplicables ao campo de estudio.
-Usar eficientemente as tecnoloxías da información e da comunicación.
-Coñecemento de outras culturas e costumes. Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
-Habilidades nas relacións interpersoais. Creatividade. Toma de decisións.
-Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
-Sensibilidade cara os diferentes entornos sociais, culturais e medioambientais; prestando especial atención ás cuestións de xénero, do medioambiente, os valores da paz e a convivencia pacífica e a non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, opinión e por razóns de discapacidade.
-Ofrecer novos usos a saberes tradicionais.
-Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.
Específicas:
-Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
-Interpretar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
-Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada.
-Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
-Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
-Comprender as relacións espaciais.
-Analizar e interpretar as paisaxes.
-Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
-Coñecer os fundamentos da planificación territorial e saber interpretar un documento de Ordenación do Territorio.
Dende o comezo do curso estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas á estudos de casos prácticos e traballos das materias que serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, faráse un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
Atenderáse as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais. Tamén estará activo na Aula Virtual un “Foro de titoría pública”.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en dúas compoñentes obrigatorias:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data establecida pola Facultade de Xeografía e Historia, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria á avaliación continua) sobre os coñecementos traballados. Computará o 40% da nota final
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presenciais, que serán de tipo individual e grupal. Computará o 60% da nota final. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas clases.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para o alumnado coa dispensa académica concedida, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas de traballo presencial do alumnado:
Clase teóricas: 32 horas
Clases prácticas: 16 horas
Tutorías personalizadas: 3 horas
Total de horas presenciais do alumno: 51 horas
Horas de traballo persoal do alumno:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similares: 25 horas
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 horas
Outras tarefas propostas polo profesor: 7 horas
Total de horas de traballo personal do alumno: 100 horas
- Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
- Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
- Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
- Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
- Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Lucrezia Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ramon Lopez Rodriguez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Maria Ines Gusman Correia Araujo Barbosa
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- mariaines.gusmancorreia [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Roberto Vila Lage
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- roberto.vila.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo/CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 05 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo/CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 05 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 12 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 12 |
31.05.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
31.05.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
08.07.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |