Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia de América
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
XENÉRICOS
- Coñecer a historia das sociedades americanas contemporáneas recoñecendo a diversidade histórica e cultural, de xeito que iso poida traducirse no inculcamento e desenvolvemento de valores de tolerancia, respecto, igualdade e non discriminación.
- Propiciar, partindo do exemplo da historia americana contemporánea, a reflexión en torno ao valor e importancia do medio ambiente, o significado do territorio e a relación do ser humano con este, moi especificamente no caso dos pobos autóctonos.
ESPECÍFICOS
- Introducción ao coñecemento dos principais procesos históricos e culturais do mundo americano contemporáneo nunha perspectiva diacrónica.
- Visión das liñas xerais para a comprensión da historia americana dos séculos XIX e XX, a súa particular inserción no contexto económico e político internacional, así como a evolución das súas estructuras sociais e culturais.
- Achegamento ás particularidades das sociedades americanas contemporáneas, con especial énfase na evolución da poboación en relación tanto aos seus compoñentes demográficos como a súa mobilidade rexional e intercontinental.
- Creación dun ámbito académico de debate continuado entre os estudantes e entre estes e o docente.
- Desenvolvemento da capacidade de análise, crítica e exposición razoada por parte dos estudantes.
- Adquisición das competencias básicas establecidas.
PRESENTACIÓN. América Latina como espazo e como problema historiográfico
PRIMEIRA PARTE
UNIDADE 1. INDEPENDENCIA e POST-INDEPENDENCIA (1810-1870)
1. Crisis da orde colonial e procesos de Independencia
2. A nova organización territorial postindependencia: herdanzas e limitacións
3. Cara á institucionalización republicana, 1820-1870. Política e economía
4. De súbditos a ciudadanos. Estructura social e conflictos de poder na post-independencia
UNIDADE 2. AMÉRICA LATINA REPUBLICANA (1870-1930)
1. A consolidación dos Estados e o pacto neocolonial
2. As grandes transformaciones políticas: reformismo e revolución en torno a 1900
3. Inserción no mercado internacional e desenvolvemento económico
4. O territorio en disputa: control do territorio, expansión e conflictos fronterizos
5. A sociedade republicana. Indíxenas, migracións, urbanización e novos actores sociais
UNIDADE 3. PRINCIPALES MOMENTOS E DEBATES DO “CORTO” SECULO XX LATINOAMERICANO (1930-1990)
1. Implicacións e consecuencias políticas da crisis de 1929: reformismos, populismos e autoritarismos
2. Implicacións e consecuencias económicas da crisis de 1929: desarrollismo, industrialismo e dependentismo
3. Grandes debates da segunda metade do século XX: Reforma agraria. Integración Rexional. Axuste estructural
4. A guerra fría en América Latina: Revolución versus Contrarrevolución. Democracia versus Autoritarismo
5. O drama social: desigualdade, exclusión, pobrerío. A violencia social
SEGUNDA PARTE
UNIDADe 4. MOVIMENTOS MIGRATORIOS EUROPA-AMÉRICA LATINA 1850-1970
1. As migracions interncionacionais como factor de cambio
2. Causas e mecanismos das migraciones en secuencia cronolóxica
3. Os factores de atración dos países latinoamericanos no contexto do capitalismo mundial
UNIDAD 5. RELACIONS DIPLOMÁTICAS E CULTURAiS ESPAÑA-AMÉRICA LATINA
1. Diplomacia e cultura 1880-1945
2. Estudios de caso por países
3. Diplomacia formal e diplomacia paralela
BÁSICA
BETHELL, Leslie: Historia de América Latina. Barcelona: Crítica, 1990-2002. 16 vols.
CARRERA DAMAS, Germán: Historia General de América Latina. Madrid-Paris: Trotta-UNESCO, 1999-2008. 9 vol.
COMPLEMENTARIA
ALCÁNTARA SAEZ, Manuel. Sistemas políticos de América Latina. 2 vols. Madrid: Tecnos, 1990.
ALCÁZAR, J., ANSALDI, W., CAETANO, G., CURZIO, L., DUTRENIT, S., LÓPEZ, S. (eds.): Historia Actual de América Latina, 1959-2009. Valencia: Tirant Lo Blanch, 2011.
ALTEZ, R. y CHUST, M. (eds.): Las revoluciones en el largo siglo XIX latinoamericano. Madrid: Iberoamericana-Vervuert, 2015.
AMORES CARREDANO, Juan B. (coord.): Historia de América. Barcelona, Ariel, 2006.
BÉRTOLA, L. y OCAMPO, J.A., Desarrollo, vaivenes y desigualdad. Una historia económica de América Latina desde la independencia. Madrid: SEGIB, 2013.
BETHELL, Leslie: Ideas and Ideologies in twentieth century Latin America. Madrid: ICI, 1990.
CAGIAO VILA, Pilar: Os galegos de Ultramar. Vol. 1. A Coruña: La Voz de Galicia, 2007.
CAGIAO VILA, P. y X. M. NÚÑEZ SEIXAS: Os galegos de Ultramar. Vol 2. A Coruña: La Voz de Galicia, 2007.
CAGIAO VILA, P. y J. M. PORTILLO VALDÉS: Entre imperio y naciones. Iberoamérica y el Caribe en torno a 1810. Santiago: USC, 2012.
CARMAGNANI, Marcelo: El otro Occidente. América Latina desde la invasión europea hasta la globalización. México: FCE, 2004.
DE LA FUENTE, J. R. y PÉREZ HERRERO, P. (coords.): El reconocimiento de las diferencias: Estados, naciones e identidades en la globalización. Madrid: IUIEL, U. Alcalá – M. Pons, 2016.
DEVÉS VALDÉS, E.: El pensamiento latinoamericano en el siglo XX. 3 tomos. Buenos Aires: Biblios, 2000.
DI TELLA, T. S. y P. GONZALEZ (comp.): Repertorio político latinoamericano. 4 vols. Buenos Aires: Siglo XXI – Inst. T. Di Tella, 2007.
HALPERÍN DONGHI, Tulio: Historia contemporánea de América Latina. Madrid: Alianza, 1990.
HENNESY, Alistair: The Frontier in Latin American History. Londres: Arnold, 1978.
MORÓN, Guillermo (dir.): Historia general de América. Caracas, 1991. Varios tomos.
MOYA PONS, Frank et al.: Historia del Caribe. Barcelona: Crítica, 2001.
NEILA, José L.: El destino manifiesto de una idea: EEUU y el sistema internacional. Madrid: UAM, 2018.
NÚÑEZ SEIXAS, Xosé M. (ed.): La Galicia Austral. La inmigración gallega en la Argentina. Buenos Aires: Biblos, 2001.
PASTOR, Rodolfo: Historia mínima de Centroamérica. Madrid: Turner – El Colegio de México, 2013.
SKIDMORE, T.E. y SMITH, P.H.: Historia contemporánea de América Latina. América Latina en el siglo XX. Barcelona: Crítica, 1996.
TABANERA, Nuria. Historia Internacional de América Latina. Madrid: Síntesis, 2017.
COGNITIVAS
- Coñecemento das principais correntes historiográficas sobre os temas tratados.
- Comprensión do paso do tempo nos países americanos a partir do coñecemento e análise dos seus procesos históricos contemporáneos.
- Achegamento aos principais rasgos culturais das sociedades latinoamericanas contemporáneas en perspectiva diacrónica e atendendo á súa diversidade e multiculturalidade.
- Asimilación das diversas categorías teóricas e metodolóxicas relativas ás problemáticas analizadas para cada período.
- Capacidade para identificar as características fundamentais de cada período estudiado.
- Que o alumno adquira facultades para vincular a evolución histórica latinoamericana coa de España, Europa, Estados Unidos e outras rexións.
PROCEDIMENTAIS / INSTRUMENTAIS
- Aprendizaxe na búsqueda e utilización da bibliografía xeral e específica recomendada polo profesor, así como dos recursos de información vinculados ás TIC’s.
- Comprensión e manexo da terminoloxía específica da historiografía americanista para os períodos analizados.
- Capacidade para o análise de fontes e recursos de información de cara á realización dun traballo escrito: formulación de preguntas, pranteamento de hipóteses e obxectivos, e desenvolvemento da argumentación correspondinte.
- Capacidade de síntese e concreción para a elaboración de traballos escritos; manexo dos aspectos formais e de presentación.
- Desenvolvemento de competencias discursivas para a presentación oral dos traballos realizados.
ACTITUDINAIS
- Achegamento a outros universos culturais, fomento do seu estudio e respecto polas diferencias.
- Sensibilidade cara os problemas centrais na historia latinoamericana, sobre todo os relativos a cuestións de igualdade, diversidade socio - cultural, dereitos humanos, e medio ambiente.
- Disposición cara o aprendizaxe, o traballo persoal e a lectura de cara a cumprir cos obxectivos da materia.
- Disposición para o traballo en grupo e con responsabilidade compartida.
- Disposición cara o debate continuo (participación na aula) e específico (a partir do traballo propio), con capacidade para o razoamento, a exposición de argumentos e a autocrítica.
DOCENCIA TEÓRICA
Impartida polo profesor en cada Unidade do temario. Ocupará aproximadamente o 60% da actividade docente xeral e, dado o calendario docente. Nas sesións expositivas abordaranse as cuestións fundamentais que o alumno debe coñecer para cada tema. A través das súas explicacións, as preguntas do alumnado ou os debates que se establezan, o profesor buscará ofrecer un marco interpretativo (non descritivo) e de coñecemento axeitado que será complementado polo estudante coas lecturas recomendadas. O profesor fará uso, tanto dentro coma fóra da aula, e para todas as Unidades do temario, de vos recursos que achegan as TIC's á aprendizaxe.
DOCENCIA PRÁCTICA
Desenvolverase aproximadamente no 40% da actividade docente xeral. Ten como obxectivo principal tanto a adquisición das competencias establecidas coma a ilustración dos contidos que se expliquen nas sesións expositivas. Para a súa preparación, os alumnos contarán previamente con material de lectura ou análise: artigos, documentos, material dixital, audiovisual, etc., accesible a través da Aula Virtual. Haberá dous tipos de actividades:
a) Docencia práctica das Unidades de contidos xerais: terá como obxecto fundamental a adquisición das destrezas básicas do historiador, o apoio os contenidos teóricos, a sua ilustración, e o aporte de elementos para a reflexión e o debate entre profesorado e alumnado. Dedicarase á análisise de documentos, textos ou materiais audiovisuais que se faciliten para profundizar na análisise dos contidos expositivos. Para o desenvolvemento das aulas interactivas é imprescindible consultar con anterioridade os materiais na Aula Virtual.
b) Entrega das trefas prácticas por parte do alumnado: ao longo do curso cada estudante entregará ate 3 pequenas tarefas prácticas de análise de fontes. Estarán relacionadas cos materiais prácticos vistos nas aulas, e o seu obxectivo é a avalición da adquisición das destrezas dos historiador. Se levarán a cabo a través da Aula Virtual.
TITORÍAS
As xornadas dedicadas a Tutorías serán as establecidas no Calendario Académico da Facultade para cada grupo. Cada un terá unha sesión de duas horas (mínimo) na aula establecida destinadas á valoración final do curso, a resolución de eventuais dúbidas sobre a materia ou a avaliación, ou outros temas que poida plantear o alumnado. Ademais, o docente estará a disposición do alumnado seis horas por semana, no horario de titorías establecido (publicado na web da Facultade), para a resolución de calquera dúbida relativa ao desenvolvemento da materia, ou asesoramiento nas actividades prácticas que realice o alumnado. A profesora colaboradora estará a disposición do alumnado tres horas por semana, no seu horario de titorías, para resolver dudas ou dar apoio nas tarefas da súa competencia.
AULA VIRTUAL
Será clave na materia para case todas as tarefas que se realicen: materiais para preparar as sesións interactivas, comunicacións a través do foro, organización do calendario de exposicións e traballos, subida dos traballos dos alumnos para que poidan ser compartidos por todos os compañeiros, e previsiblemente, realización de parte do exame da materia.
A cualificación final da materia terá catro compoñentes:
1. Asistencia. Requisito imprescindible asistencia a un mínimo do 80% das clases teóricas, ao 80% das clases prácticas, e á xornada de Prácticas de campo. A asistencia controlaranse mediante firmas e valorarase como Apto / Non Apto para a avaliación final. A segunda opción inhabilita para o exame na súa primeira data.
2. Participación activa e continuada: ha de ser activa e continuada en xeral, pero moi especialmente nas clases interactivas. Para unha cualificación positiva, será requisito imprescindible o traballo persoal cos materiais entregados previamente para cada actividade, demostrado a través da participación na aula en todas as sesións interactivas. Supoñerá un 30% da cualificación final.
3. Parte práctica: entrega das tarefas prácticas sinaladas a través da Aula Virtual. Supoñerá un 30% da cualificación final.
4. Proba escrita: acerca dos contidos da materia, desenvolvidos nas sesións tanto teóricas como prácticas de todas as Unidades. Terá lugar na data oficial establecida pola Facultade. Poderá ser tanto escrita como electrónica a través da aula Virtual. Supoñerá un 40% da cualificación.
*Non se realizarán medias se nalgún apartado non se obtén polo menos unha puntuación do 30% do especificado.
**Aqueles alumnos que non cumpran cos requisitos establecidos examinaranse de toda a materia en xullo, exame que comprenderá todos os contidos do temario (teóricos e prácticos) e as actividades realizadas ao longo do curso.
DISPENSA DE ASISTENCIA
No caso de estudantes a quen os que sexa concedida dispénsaa de asistencia ás clases polos motivos establecidos e regulados, ofertaráselles, sempre nas primeiras semanas do curso, a posibilidade de realizar un exame final no que se valore o conxunto da materia, parte expositiva e interactiva. Igualmente, terán a obrigatoriedad de realizar un traballo individual academicamente dirijido (non presencial) para cubrir a parte interactiva, a concretar co profesorado da materia a inicios de curso.
Segundo a Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudantado á materia é:
a) Presenciais (exposicións teóricas, aulas interactivas, titorías e avaliación): 50 horas
b) Traballo persoal (estudio, redacción de traballos, preparación de actividades): 100 horas
- Ter curiosidade e interese na aprendizaxe como bagaxe persoal, intelectual ehumano a adquirir, máis aló do mero feito da superación da materia e a cualificación a obter.
- Participación activa e consciente na aula, tanto nas exposicións teóricas como nas clases prácticas, como clave fundamental do proceso de aprendizaxe e de superación da materia.
- Aplicar desde o inicio das clases pautas regulares de traballo que permitan o seu seguimento continuado e un aproveitamento efectivo.
- Utilización da bibliografía de apoio en función das necesidades.
En función das previsións sanitarias, e cumprindo o sinalado pola Base Quinta (Medidas de adaptación da docencia”, del documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”, aprobado polo Consello de Goberno da USC o 19/06/2020, nesta materia se artellarán as medidas necesarias para cumprir co encargo docente en calquera dos tres escenarios que se proponen:
1) docencia fundamentalmente presencial;
2) convivencia da docencia presencial e a virtual;
3) docencia fundamentalmente virtual.
No caso do escenario 1, o curso se desenvolverá segundo o que se indica nesta Guía Docente. No caso dos escenarios 2 e 3 as medidas se comunicarán a través da Aula virtual, e incluirán os medios telemáticos para traballo telemático axeitados a cada escenario. Tanto o seguimento do curso, as súas tarefas e a avaliación se realizará consonte as directrices que nese caso establezca a USC, e a partires da experiencia na materia no curso 2019/2020. As titorías se realizarán a través de Teams, así como o seguimento das tarefas prácticas establecidas.
María Pilar Cagiao Vila
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Teléfono
- 881812503
- Correo electrónico
- mpilar.cagiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Rey Tristan
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia de América
- Teléfono
- 881812637
- Correo electrónico
- eduardo.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:15-17:15 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Martes | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
Mércores | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
Venres | |||
17:15-19:15 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
31.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
31.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Biblioteca |
06.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |