Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar aos estudantes coñecementos globais e críticos da cultura e a producción artística do Renacemento e o Barroco.
2. Coñecer as linguaxes formais e visuais do Renacemento e o Barroco, así como as distintas técnicas artísticas empregadas para comprender mellor como estas condicionan e actúan no resultado final da obra de arte.
3. Coñecer específicamente as fontes, os contextos, os artistas e as obras máis importantes e representativas do Renacemento e o Barroco.
4. Recoñecer a diversidade de temáticas e xéneros no desenvolvemento da producción artística do Renacemento e do Barroco.
5. Coñecer os distintos enfoques e as diferentes metodoloxías que permiten a comprensión e análise dunha obra de arte do Renacemento e o Barroco.
INTRODUCCIÓN GENERAL
CULTURA E ARTE NO RENACEMENTO
Introducción.
1-Os descubrementos de Novos Mundos, a Xeografía e a Paisaxe
1.1-A paisaxe medieval e os seus símbolos
1.2-Topografías europeas. Durero
1.3-Un mundo de fantasía.
1.4-A Arcadia e a realidade idealizada
2-O desnudo e o concepto do cuerpo no Humanismo
2.1-O corpo apolíneo. Da Antigüidade á Ciencia
2.2-Venus e as Tres Gracias. Valoración da muller
2.3-A loita e a guerra. Os Traballos de Hércules
2.4-O sofrimiento. Cristo Crucificado, A expulsión do Paraíso e a Piedade
2.5-O pracer a través da danza
2.6-O desnudo anticlásico do Norte de Europa
3-O individuo e o desexo de honor e posteridade
3.1-A orixe do retrato. Da teoría de Pope Hennessy á de Pierre Francastel
3.2-As galerías de retratos nos murais italianos
3.3-O retrato independiente: de Pollaiuolo e Botticelli a Jan van Eyck
3.4-A medalla: usos, alegorías e significado
3.5-Os bustos en palacio
4-Arquitectura e cidade no Renacemento
4.1. “Por sempre güelfa”. A Florencia de Brunelleschi
4.2. De Alberti a Pienza. A idea da “arte cívica” e as consecuencias do humanismo toscano
4.3. Roma en tempos de Julio II
4.4. Arquitectura e humanismo na Venecia del século XVI. Palladio e o exemplo da Villa Barbaro
CULTURA E ARTE NO BARROCO
Introdución. Que é Barroco? Estilo, cultura, estrutura. Sentidos e procesos de valoración
5-Arte e arquitectura relixiosa nos Países do Sur
5.1. O Concilio de Trento e a arte como propaganda relixiosa. Il Gesù e as propostas dos moralistas
5.2. Roma a comezos do XVII. A relixión de Caravaggio e o papel dos Carracci
5.3. A “Propaganda Fide”. Bernini e o barroco pleno
5.4. Barroco relixioso en España. A. Ribera como xenio da tortura. B. A fe e a representación da fe na Sevilla barroca. C. O tema da morte na imaxinería hispana
6-Empirismo e burguesía nos Países Baixos
6.1. O retrato nas Provincias Unidas do Norte. A. A Escola de Haarlem e os retratos populares ou de costumes. B. Os retratos de grupo: Hals e Rembrandt. C. Vermeer e o interior burgués en Delft
6.2. A arte de describir no Século de Ouro. Evolución da paisaxe
7-Arte nas grandes cortes absolutistas
7.1. Introdución. Un palacio para o rei. Xestación do modelo arquitectónico absolutista
7.2. Mitoloxía e alegoría nos programas decorativos de Peter Paul Rubens e Pietro da Cortona
7.3. Velázquez, pintor de Felipe IV de España, vs. Van Dyck, pintor de Carlos I de Inglaterra
7.4. Versalles como obra de arte total
7.5. A “ fête galante” e vida cortesá do Rococó
Bibliografía básica:
Checa, Nieto Alcaide, Renacimiento, Madrid, Istmo, 1980.
Checa, Morán, Barroco, Madrid, Istmo, 1986.
Otra bibliografía básica:
G. C. Argan, Renacimiento y Barroco, 2 tomos, Akal, Madrid, 1988.
J. Castex, Renacimiento, barroco y clasicismo, Akal, Madrid, 1994.
Rupert Martin, Barroco, Madrid, Xarait, 1986.
J. Burckhardt, La cultura del Renacimiento en Italia, Madrid, Sarpe, 1985.
J. A. Maravall, La cultura del Barroco, Barcelona, Ariel, 2002.
Bibliografía complementaria:
S. Alpers, El arte de describir: el arte holandés en el siglo XVII, Barcelona, 1987.
S. Alpers, El taller de Rembrandt: la libertad, la pintura y el dinero, Madrid, Mondadori, 1992.
G.C. Argan, Brunelleschi, Madrid, 1981.
M. Baxandall, Pintura y vida cotidiana en el Renacimiento, Gustavo Gili, Barcelona, 1978.
G. Bazin, Barroco y rococó, Destino, Barcelona, 1992.
G. Beltrami, H. Burns, eds., Palladio. Cat. Exp. Fundación La Caixa, Barcelona, 2009.
R. Bentmann, M. Muller, La villa como arquitectura del poder, Seix Barral, Barcelona, 1975.
A. Blunt, La teoría de las artes en Italia (del 1450 a 1600), Cátedra, Madrid, 1972.
A. Blunt, Arte y arquitectura en Francia. 1500-1700, Cátedra, Madrid, 1977.
F. Borsi, Leon Battista Alberti, Milán, 1975.
R. Buendía, y J. Sureda, La España imperial. Renacimiento y Humanismo, Planeta, Barcelona, 1995.
P. Burke, El Renacimiento europeo, Crítica, Barcelona, 2000.
J. Burke, M. Bury, eds., Art and Identity in Early Modern Rome, Ashgate, 2008.
N. Buttner, R. Stockman, Landscape Painting: A History, Abbeville Press, 2006.
F. Calvo Serraller, Teoría de la pintura del siglo de oro, Cátedra, Madrid, 1981.
F. Calvo Serraller, Velázquez, Madrid, Fundación de Amigos del Museo del Prado, 2005.
A. Cámara, Formas del Barroco europeo, La Muralla, Madrid, 1996.
A. Cámara, A. Urquizar: Renacimiento, Madrid, Areces, 2017.
S.J. Campbell, M. W. Cole, A New History of Italian Renaissance Art, Thames and Hudson, London, 2012.
J. Cornette, A. Mérot, Histoire Artistique de l’Europe. Le XVIIe siècle, Seuil, Paris, 1999.
A. Chastel, Arte y Humanismo en Florencia en la época del Lorenzo el Magnífico, Cátedra, Madrid, 1982.
F. Checa, Coord., El Desnudo en el Museo del Prado, Barcelona, 1998.
K. Clark, El arte del paisaje, Seix Barral, Barcelona, 1971.
K. Clark, El desnudo. Un estudio de la forma ideal, Madrid, 1993.
T. Copplestone, Miguel Ángel, Lisma eds., 2007.
G. Duby, M. Laclotte, Ph. Sénéchal, Histoire artistique de l'Europe: La Renaissance, Seuil, Paris, 1997.
J. Elliott, J. Brown, Un palacio para el rey. El Buen Retiro y la corte de Felipe IV, Taurus, Madrid, 2003.
P. Fortini Brown, Arte y vida en la Venecia del Renacimiento, Akal, Madrid, 2008.
S. Freedberg, Pintura en Italia: 1500-1600, Cátedra, Madrid, 1978.
P. Gillgren, M. Snickare, Eds., Performativity and Performance in Baroque Rome, Ashgate, 2011.
W. Hansmann, Jardines del Renacimiento y el Barroco, Nerea, Madrid, 1989.
F. Haskell, Patronos y pintores. Arte y sociedad en la Italia barroca, Cátedra, Madrid, 1984.
R. Hughes, Roma. Una historia cultural, Crítica, Barcelona, 2011.
R. Toman, Ed., El Barroco, Konemann, Koln, 1998.
R. Toman, Ed., El Renacimiento en Italia, Konemann, Koln, 1999.
H. Wölfflin, Renacimiento y Barroco, Paidós ibérica, 2009.
Competencias xerais:
a.- Capacidade para analizar os períodos históricos do Renacemento e o Barroco
b.- Usar, ordenar e interpretar as fontes específicas para a historia e a historia da arte, desde textos ás propias obras de arte
c.- Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas
d.- Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
Competencias específicas:
a.-Analizar e interpretar os períodos do Renacemento e o Barroco valorando o papel das obras de arte como transmisoras de información cultural e histórica
b.-Coñecer e aplicar enfoques e metodoloxías propias da Historia da Arte
c.-Comprender e interpretar documentos orixinais, sendo capaces de elaborar textos historiográficos sobre a materia
d.-Manexar e extraer información de bases de datos e catálogos de fondos artísticos en internet
Docencia expositiva:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través da metodoloxía de clase maxistral participativa (30 horas).
Docencia interactiva:
Clases prácticas presenciais en grupos reducidos de interactivas, baseadas na análise e comentario de diferentes propostas para achegarse á arte do Renacemento e o Barroco: comentarios de obras de arte, de textos...
O traballo de curso consistirá na realización dunha exposición e un e-portfolio en formato electrónico no que se seleccione e comente un tema artístico virtual, representativo do Renacemento ou do Barroco.
Titorías presenciais:
Titorías personalizadas para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos exemplos analizados nas prácticas; tamén será el momento para abordar os posibles problemas relacionados coa realización do traballo dos e-portfolios.
Vexanse as observacións para o caso de entrar no escenario 2 ou 3 relacionados coa pandemia do Covid-19.
A avaliación levará a cabo ao longo do curso mediante control ou controis escritos ou prácticos dos contidos das clases expositivas e interactivas.
As actividades vinculadas coas sesións interactivas terán unha valoración do 30% da cualificación final.
Os contidos da materia das expositivas valoraranse co 70% da devandita cualificación final.
A nota definitiva alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes (sexa a parte interactiva, ou a parte das expositivas).
A asistencia a clase é obrigatoria. Unha ausencia excesiva poderá supoñer a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade. Nas clases interactivas pasarase lista aleatoriamente.
Vexanse as observacións para o caso de entrar no escenario 2 ou 3 relacionados coa pandemia do Covid-19.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo)
1.- Quen realice e aprobe as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non as aprobasen, terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia correspondente ás clases expositivas como ás clases interactivas.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Plaxios e outros. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudio total: 100 horas
- Tempo de estudio da materia teórica: 50 horas
- Tempo adicado á preparación das clases interactivas (comentarios e cuestionarios semanais): 30 horas
- Tempo adicado á preparación do traballo de curso (e-portfolio): 15 horas
- Outras actividades en relación coa docencia interactiva e visita de campo: 5 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas semanais (comentarios individuais). Realización do traballo de curso (e-portfolio). Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual (Moodle).
SOBRE O ESCENARIO 2 DE DISTANCIAMENTO E O ESCENARIO 3 DE PECHE DE INSTALACIÓNS
MÉTODO DA ENSINANZA NOS ESCENARIOS 2 OU 3
Escenario 2. Se a pandemia impide o desenvolvemento normal do curso adoptarase a presencialidade para interactivas e o modelo a teledocencia ou síncrona vía Teams ou asíncrona vía Aula virtual para expositivas.
Escenario 3. Se a pandemia impide o desenvolvemento normal do curso adoptarase o modelo de teledocencia vía Teams para as interactivas e o modelo ou síncrono (vía Teams) ou asíncrono (vía Aula virtual) para as expositivas. En xeral, os alumnos teran acceso aos recursos e ferramentas a través da aula Virtual da USC.
SISTEMA DE EVALUACIÓN NOS ESCENARIOS 2 OU 3
Escenario 2. O sistema de avaliación de interactivas manterase inalterado, o de expositivas substituirase por un modelo de avaliación continua por traballos.
Escenario 3. Adoptarase un modelo de avaliación continua por traballos tanto para as interactivas como para as expositivas, fórmulas como a elaboración quincenal ou mensual de tarefas na Aula virtual.
Miguel Tain Guzman
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812677
- Correo electrónico
- miguel.tain [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Federico Antonio Lopez Silvestre
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812605
- Correo electrónico
- federico.lopez.silvestre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Guillermo Rodríguez Alonso
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812729
- Correo electrónico
- guille.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luis Maria Alcala-Galiano Pareja
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- luis.alcala-galiano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:15-13:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
09:15-11:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Xoves | |||
09:15-11:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
11:15-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
20.01.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
30.06.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |