Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
'
DESCRIPTOR DA MATERIA
------------------------------
A materia aborda os principais procesos e factores históricos que incidiron na configuración da España actual no período que vai dende a Guerra da Independencia e as Cortes de Cádiz (1808-1814) ata o final do réxime da Restauración (1923):
(1) A Revolución Liberal: do radicalismo liberal gaditano, á consagración do réxime liberal moderado.
A nova articulación territorial e institucional do Estado.
(2) As ideoloxías e os sistemas políticos en pugna: Liberalismo 'versus' Absolutismo, Carlismo, Autoritarismo e Democracia. Republicanismo, Federalismo, Socialismo e Anarquismo.
(3) A construción da economía de mercado:
Desenvolvemento industrial e modernización agraria: bases; etapas; debate historiográfico.
(4) Xestación da sociedade de clases e conflitividade social: vellas e novas élites; a nova clase obreira e a cultura fabril; do proto-obreirismo de inspiración liberal radical, ao internacionalismo obreiro.
(5) A xénese da "cuestión nacional": Fuerismo, Federalismo, Rexionalismo, Nacionalismos periféricos.
OBXECTIVOS
----------------
O/A alumno/a deberá coñecer:
(O-1) A estrutura diacrónica xeral da historia contemporánea de España.
(O-2) Os procesos de continuidade e cambio –políticos, económicos, sociais e culturais-, incluíndo as variantes e peculiaridades territoriais que foron conformando a España contemporánea.
(O-3) Os factores/axentes que foron configurando a sociedade española contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
(O-4) As distintas perspectivas adoptadas e principais debates historiográficos producidos en torno a cuestións centrais da materia a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.
.
'
PRESENTACIÓN
------------------
DA CRISE Á QUEBRA DA MONARQUÍA ABSOLUTA NA ESPAÑA DE ENTRESÉCULOS
TEMA 1
---------
REVOLUCIÓN E CONSTRUCCIÓN DO ESTADO LIBERAL NA PRIMEIRA MITADE DO XIX
• A Guerra de Independencia e o fenómeno do Xuntismo.
• A Revolución: as Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
• Da Restauración Absolutista ó Estatuto Real: unha saída pactada pero insuficiente.
• As forzas políticas en liza. A Guerra Carlista.
• A consagración do réxime liberal. Da Revolución de 1836 ó triunfo do Moderantismo doutrinario na era isabelina.
• A Gloriosa Revolución e o Sexenio Democrático.
TEMA 2
---------
XESTACIÓN DA ECONOMÍA DE MERCADO E DA SOCIEDADE DE CLASES: PRINCIPAIS REFORMAS E BALANCE
• Os principios do Liberalismo económico.
• A reforma agraria liberal: a propiedade da terra.
• Liberalización da explotación dos recursos. A reforma fiscal.
• Cambios e inercias na marcha da economía española: comercio exterior, minería, banca, industria, agricultura.
• Vellas e Novas Élites: a nova oligarquía liberal. La nueva clase obrera.
TEMA 3
---------
O RÉXIME DA RESTAURACIÓN: A CULMINACIÓN DO DOMINIO DA OLIGARQUÍA
• A Restauración da Monarquía Liberal: proceso, axentes e fundamentos normativos.
• O sistema Canovista: Partidos dinásticos, Turnismo, e Centralismo clientelar.
• A fin do Imperio español: do esplendor das Antillas ó Desastre do 98.
• Os efectos desestabilizadores do 98: Rexeneracionismo, Republicanismo, Anticlericalismo, Obreirismo.
• Da crise á descomposición do réxime da Restauración baixo o reinado de Alfonso XIII.
TEMA 4
---------
MODERNIZACIÓN ECONÓMICA E "CAPITALISMO NACIONAL" ENTRE OS DOUS SÉCULOS
• Expansión e modernización da industria e as finanzas.
• Da crise finisecular á modernización do sector agrario.
• Transición demográfica e movementos migratorios.
• Asociacionismo e movilización obreira na longa duración. Do primeiro activismo ó sindicalismo da etapa internacionalista: estratexias de loita.
.
'
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
--------------------------
FUSI, J.P., PALAFOX, J., España 1808-1996. El desafío de la modernidad, Madrid, Espasa, 1997.
CANAL, J. (dir.), Historia contemporánea de España. Vol. 1: 1808-1931, Madrid, Maphre, 2017 => Ebook
ÁLVAREZ JUNCO, J., Nueva historia de la España contemporánea (1808-2018), Barcelona, Galaxia, 2018 => Ebook.
MARTORELL, M., JULIÁ, S., Manual de historia política y social de España (1808-2011), Barcelona, RBA, 2014 => Ebook.
TOWNSON, N, ¿Es España diferente? una mirada comparativa (siglos XIX y XX), Madrid, Taurus, 2010
BAHAMONDE, A., Historia de España: siglo XIX, Madrid, Cátedra, 1994.
CARRERAS, A., Historia económica de la España contemporánea, Crítica, Barcelona, 2003.
SHUBERT, A., Historia social de España (1800-1990), Madrid, Nerea, 1991.
CRUZ VALENCIANO, J., Surgimiento de la cultura burguesa en la España del S. XIX, Madrid, Siglo XXI, 2014.
FERNÁNDEZ SEBASTIÁN, J., (dir.), Diccionario político y social del siglo XIX español, Madrid, Alianza, 2002.
TEMA 1
--------
FONTANA, J., La época del liberalismo, Madrid, Marcial Pons, 2007.
FUENTES, J. Fr., El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2007.
VARELA SUANZES-CARPEGNA, J., Política y Constitución en España (1808-1978), Madrid, CEPC, 2007.
CABRERA, M., (coord.), La creación de las culturas políticas modernas, 1808-1833, Marcial Pons, 2014.
ROMERO, M. C. (coord.), La España liberal (1833-1874). Hª de las culturas políticas, vol. II, Marcial Pons, 2014.
CAFFIERO, M. et alii (coords.), Mujeres y culturas políticas en España, 1808-1845, Barcelona, Bellaterra, 2013.
AA.VV., El Carlismo y su tiempo: geografías de la contrarrevolución, Pamplona, 2008.
MARCUELLO, I., La práctica parlamentaria en el reinado de Isabel II, Madrid, Congreso de los Diputados, 1986.
TEMA 2
--------
BARCIELA, C. et alii (eds.), La historia económica en España y Francia (siglos XIX y XX), Alicante, Universidad, 2006.
SÁIZ, C., VIDAL, J., El fin del Antiguo Régimen: 1808-1868. Economía, Madrid, Síntesis, 1996.
NADAL, J., CARRERAS, A. (coords.), Pautas regionales de la industrialización española (siglos XIX-XX), Barcelona, 1990.
ROMERO MARÍN, J., La construcción de la cultura del oficio durante la industrialización, Barcelona, 1814-1860, Icaria, 2005.
TEMA 3
--------
SUÁREZ CORTINA, M., La España liberal (1868-1917). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2006.
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939). Política y Sociedad, Madrid, Síntesis, 2004.
MORENO LUZÓN, J. (ed.), De las urnas al hemiciclo. Elecciones y parlamentarismo … (1875-1926), Marcial Pons, 2015.
VARELA ORTEGA, J., Los amigos políticos. Partidos, elecciones y caciquismo en la Restauración..., Marcial Pons, 2001.
PAN MONTOJO, J. (coord.), Más se perdió en cuba. España, 1898 y la crisis de fin de siglo, Madrid, Alianza, 2006.
TEMA 4
--------
BERNAL, A.M., La España liberal (1868-1913). Economía, Madrid, Síntesis, 2001.
PAREJO BARRANCO, A., La modernización de España (1914-1939): Economía, Madrid, Síntesis, 2007.
CABRERA, M.A., El reformismo social en España (1870-1900), Valencia, Universidad, 2014.
CRUZ, R., Protestar en España, 1900-2013, Madrid, alianza, 2015.
PÉREZ MOREDA, V., et alii, La conquista de la salud. Mortalidad y modernización en la España contemporánea, Madrid, Marcial Pons, 2015.
.
'
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
----------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CE-1) Achegarse á historia contemporánea de España como una disciplina en construcción a partir dos principais debates suscitados a nivel historiográfico.
(CE-2) Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural da España contemporánea en xeral ou dalgún dos seus ámbitos espaciais en particular.
(CE-3) Analizar críticamente a partir dunha lectura reflexiva, e interpretar realidades sociais complexas pasadas e presentes da España contemporánea.
CE-3 Analizar críticamente, a partir de una lectura reflexiva, e interpretar de forma razonada y debidamente fundamentada realidades sociales complejas, pasadas y presentes, de la España contemporánea.
(CE-4) Explicar en termos históricos a diversidade que presenta territorialmente falando a sociedade da España contemporánea.
(CE-5) Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e diversidade que conforman os procesos evolutivos.
(CE-6) Dominar o emprego da base conceptual propia e particular dos procesos históricos referidos ó tránsito e máis ó ámbito da Contemporaneidade española.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
------------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CT-1) Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
(CT-2) Elaborar un traballo de síntese histórica co rigor e demais requisitos esixibles a nivel de contidos.
(CT-3) Presentar os traballos por escrito cumprindo cos requisitos formais e de proceder académico esixibles a toda obra científica.
(CT-4) Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva, mesmo en público.
.
'
1.- CLASES EXPOSITIVAS
----------------------------
Dedicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
Actividade presencial na aula.
2.- CLASES INTERACTIVAS
-----------------------------
Dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, e orientadas tanto a adquirir as destrezas contempladas no apartado sobre competencias -en especial as específicas- como a profundizar sobre aspectos tratados nas clases expositivas:
2.1.- Comentario de textos, gráficos, etc.
2.2.- Definición en termos históricos de conceptos fundamentais do período.
2.3.- Seminarios sobre as lecturas a realizar.
2.4.- Proxección de documentais.
Á súa vez, empregarase unha parte desas actividades para a realización de controis computables na "Avaliación continua", e que figurarán recollidos no cronograma da Guía Docente a entregar ao inicio do curso.
3.- ACTIVIDAD ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (A.A.D.)
------------------------------------------------------------
Lectura e elaboración por escrito para entregar nas datas estipuladas de varios artigos sobre cuestións transversais claves da materia, que poderán ser obxecto de seminario nalgunha das clases interactivas.
4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
----------------------------------------
Dedicada a orientar a elaboración dos traballos e a comentar o resultado dos mesmos.
5.- APOIATURA DA AULA VIRTUAL
--------------------------------------
Horario de Titorías => Pendente fixar a inicio de curso
.
'
A AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES
--------------------------------------------------
1) O 40% da calificación procederá da avaliación continua, computando a partes iguais os traballos a entregar ó longo do curso con cargo á AAD, e os exercicios presenciais que se vaian realizar nas clases interactivas.
2) O 60% restante procederá dunha proba escrita sobre as cuestións impartidas na aula.
AS CONDICIÓNS DA AVALIACIÓN
--------------------------------------
(1) A asistencia presencial é obrigatoria tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Non asistir ao mínimo do 80% das clases conleva perder o dereito a avaliarse na I Oportunidade -maio-.
(2) A realización de todas e cada una das prácticas é condición obrigada para poder presentarse ao examen.
(3) As prácticas entregadas fóra de prazo serán penalizadas cunha rebaixa da calificación obtida que estará en función do prazo transcorrido.
(4) Cando a calificación do exame ou das prácticas é inferior a 4,5, non se fará media coa parte aprobada, tendo que examinarse o alumno da parte suspensa -materia ou prácticas- na II Oportunidade -xullo-.
(5) Os alumnos con dispensa de asistencia a clase deberán realizar os mesmos traballos de AAD. seguíndose para a súa avaliación o mesmo sistema que para os demáis alumnos. Quedarian unicamente exentos dos exercicios prácticos presenciais asignados ás clases interactivas a efectos da calificción final.
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN
---------------------------------
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e de razonamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
.
'
DISTRIBUCIÓN DAS HORAS
-------------------------------
32 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
12 horas presenciais de clases interactivas
------------------------------------------------
60 horas de estudio persoal
44 horas de lecturas e de elaboración de traballos (AAD.)
----------------------------------------------------------------
2 horas de exame
--------------------
TOTAL: 150 horas
--------------------
.
'
> Ter cursado a materia de "Historia Contemporánea Universal"
> Ter cursado as materias correspondentes aos periodos históricos precedentes.
> Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
> Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico.
> Consulta dos manuais e monografías de apoio que permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa.
.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA OS ESCENARIOS 2 E 3 PREVISTOS NO DOCUMENTO:
----------------------------------------------------------------------------------------------
"Bases para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura, Curso 2020-2021", aprobado polo Consello
de Goberno o 19 de xuño de 2020 e dispoñible en, https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465
METODOLOXIA NOS ESCENARIOS 2 E 3
------------------------------------------------
A docencia asignada ás Clases Expositivas será explicada de forma telemática a través da plataforma Teams, acompañada de detalladas presentacións de cada tema en PowerPoint colgados na Aula Virtual, e sempre respectando o horario de docencia habitual.
A elaboración e seguimento dos traballos programados continuará facéndose a través da Aula Virtual e do correo da mesma. Prevese igualmente a posible reprogramación das actividades prácticas e do calendario das mesmas para adaptalas aos escenarios que poidan xordir.
As Titorías faranse tamén de modo telemático a través da Aula Virtual, o E-mail, etc.
SISTEMA DE AVALIACIÓN NOS ESCENARIOS 2 E 3
------------------------------------------------------------
Manterase o sistema de avaliación continua combinado cunha Proba final adaptada ao novo escenario. Os cambios principais previstos respecto do Escenario 1 son os seguintes:
=> Avaliación continua: pasa a representaar o 60% da calificación final.
Consistiría na realización de dous tipos de exercicios.
1) Exercicios propios das prácticas asociadas ás Clases Interactivas (3000 caractéres),
como o comentario de textos, gráficos, mapas, etc.
2) A elaboración de dúas disertacións a partir de lecturas de investigación que daranse
a coñecer na programación ou Guía de inicio de curso.
3) Asistencias.
=> Proba final: pasa a representar o 40% da calificación final.
A fin de adaptala ao novo escenario, prevese que consistirá nos seguintes exercicios:
1) Comentario de un documento -texto, gráfico, mapa, etc- sobre a materia explicada.
2) Cuestionario con preguntas curtas sobre a mesma.
A II Oportunidade farase nos prazos establecidos e con idénticos criterios.
.
Maria Jesus Baz Vicente
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812718
- Correo electrónico
- mjesus.baz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Telmo Otero Rodríguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- telmo.otero.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
15:15-17:15 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Mércores | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
Xoves | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
Venres | |||
17:15-19:15 | Grupo/CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
25.01.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
25.06.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |