Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O/A alumno/a coñecerá e comprenderá razoadamente :
-1 A fraxilidade da democracia e os seus valores como sistema e a historicidade de ambos. O conflito ditadura-democracia na España do s. XX.
- -2 A importancia dos factores de contexto, os procesos e os acontecementos para explicar as mudanzas históricas, democracia – fascismo - volta á democracia, entre 1920 e 1980.
-3 A capacidade de manipulación dos Estados totalitarios contemporáneos e os instrumentos de dominio e control empregados
-4 Como manexar interpretacións diferentes e como contrastalas para construír unha propia, atendendo na medida do posible ás fontes empregadas e ao seu tratamento.
-5 O emprego da cronoloxía e a contextualización como instrumentos para compartimentar, definir e comprender a historia e os seus procesos
Palabras chave: Democratización / República / Golpe/ Guerra / Transición/ Democracia / Nacionalismos / Autarquía/ Desenrolismo / Modernización/ Atraso/ Fascismo/ Xenocidio / Ditadura
Abordamos o colapso do réxime liberal da Restauración no contexto de crise dos sistemas liberais europeos coa Iª Guerra Mundial (1917-1923); o fracaso da vía autoritaria da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1929);a vía democratizadora da IIª República(1931) bloqueada co golpe de estado de 1936
O golpe, a guerra que remata en 1939 coa derrota republicana e a Ditadura posterior constitúen parte central da materia. Especialmente o coñecemento do Franquismo: a súa construción e transformación durante catro décadas, evoluíndo do fascismo ao desenrolismo tecnocrático.
A ollada á Transición democrática e á actual España constitucional estarán presentes todo o curso.
Traballaremos as claves interpretativas da Historia da España do século XX : debates historiográficos e procesos económicos, sociais, políticos e culturais. Pensando crítica e historicamente o presente e deconstruíndo as visións míticas e propagandísticas do pasado.
Requírese o coñecemento dos datos básicos do período manexados en materias de bacharelato que deben actualizarse a través das explicacións na aula e usando a bibliografía recomendada.
O/a alumno/a terá que coñecer:
1 Historiografía século XX español: modernización/atraso, ditadura/democracia, nación/nacionalismos.
2 A crise do liberalismo e a democracia en entreguerras e as súas saídas: Ditadura e República.
3 Golpe de estado que provoca a guerra civil, matanzas e destrución da democracia liberal
4 Franquismo: ditadura europea do século XX anormalmente longa.
5 Transición e configuración da actual España constitucional
PROGRAMA
Introducción: As claves históricas do s. XX español.
I.- O colapso da Restauración 1920-1923.
II.- A ruptura autoritaria. Ditadura de Primo de Rivera, 1923-1930.
III.- A II República, 1931-1936:
IV.- O Golpe de estado de 1936 e a guerra civil de 1936-1939.
V.- O réxime de Franco durante a IIª Guerra Mundial 1939-1945.
VI.- A consolidación do Réxime na guerra fría. 1946-1959.
VII.- A economía do franquismo: da autarquía do fascismo ao “desarrollismo” autoritario.
VIII.- A Ditadura madura do desarrollismo e o franquismo final.
IX. A Transición á democracia, 1975-1982
Bibliografía básica
OBRAS XERAIS
CANAL, J. (dir.)(2017): Historia Contemporánea de España, I (1808-1931), II (1931-2017). Madrid, Taurus CANAL, Jordi (ed.), La apertura al mundo. 1880-1930. Tomo 3
GONZÁLEZ CALLEJA, Eduardo. (ed.), Mirando hacia dentro. 1930-1960. Tomo 4
PAN-MONTOJO, Juan (ed.), La búsqueda de la democracia, 1960-2010. Tomo 5
CASANOVA, J.; GIL ANDRES, C. (2009): Historia de España en el siglo XX, Barcelona. Ariel.
FERNÁNDEZ. L, MÍGUEZ, A; VILAVEDRA, D (eds.) (2020): 1936 Un nuevo relato. Zaragoza. PUZ
FONTANA, J. y VILLARES, R. (dirs.) Historia de España, Barcelona, Crítica.
CASANOVA, J. (2007): República y guerra civil, vol. 8.
RIQUER, B. de (2010): La dictadura de Franco, vol.9.
NUÑEZ SEIXAS, X.M. et. al. (2017): España en democracia, 1975-2011, vol.10.
FUSI, J.P.; GARCÍA DELGADO, J.L. Y JULIA, S (2001): Un siglo de España. Madrid, Marcial Pons.
BIBLIOGRAFIA POR PERíODOS:
DITADURA de Primo de Rivera (1923-1930)
QUIROGA, A. (2008): Haciendo españoles: la nacionalización de las masas en la dictadura de Primo de Rivera (1923-1930), Madrid, C. E. Políticos Constitucionales.
GONZALEZ CALLEJA, E. (2005): La España de Primo de Rivera. La modernización autoritaria 1923-1930, Madrid, Alianza Editorial.
IIª REPÚBLICA (1931-1939)
GONZÁLEZ, E., COBO, F., MARTÍNEZ, ANA, SÁNCHEZ, F. (2015), La Segunda República española, Barcelona, Pasado & Presente.
GOLPE Y GUERRA (1936-1939)
ESPINOSA, F. (ed.) (2010): Violencia roja y azul: España, 1936-1950, Barcelona, Crítica.
FERNÁNDEZ PRIETO, L e A. ARTIAGA REGO (2014): Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura. Historia para un pasado incómodo. Madrid, La Catarata.
GIL ANDRES, C. (2014): Españoles en guerra: la guerra civil en 39 episodios, Barcelona, Planeta.
LEIRA CASTIÑEIRA, F.J. (2020): Soldados de Franco, Madrid, Siglo XXI.
VIÑAS, A. et. al. (2014): Los mitos del 18 de julio, Barcelona. Crítica.
FRANQUISMO (1939-1975)
CAZORLA, A. (2000): Las políticas de la victoria (1938-1953) La consolidación del nuevo estado franquista (1938-1953). Madrid, Marcial Pons.
CAZORLA, A. (2015): Miedo y Progreso: los españoles de a pie bajo el franquismo, 1939-1975, Madrid, Alianza.
MOLINERO, C.; YSAS, P. (2008): La anatomía del franquismo. De la supervivencia a la agonía, 1945-1977. Barcelona, Crítica.
MORADIELLOS, E..(2000): La España de Franco (1939-1975). Política y sociedad, Madrid, Síntesis.
NICOLÁS, E. (2005): La libertad encadenada. España en la Dictadura franquista, 1939-1975. Madrid, Alianza.
PRESTON, P. (1998/2011): Franco: Caudillo de España, Barcelona, de bolsillo
Outros:
BAHAMONDE, A. (Coord.) (2000): Historia de España s. XX (1875-1939), Madrid, Cátedra .
BALFOUR, S. (2002): Abrazo mortal. De la guerra colonial a la guerra civil (1909-1939), Península.
BARCIELA, C. et al. (2001): La España de Franco, 1939-1975. Economía. Madrid, Ed. Síntesis.
CARRERAS, A. e X. TAFUNELL (2010): Historia económica de la España contemporánea (1789-2009), Crítica.
IZQUIERDO, J., SANCHEZ LEON, P. (2006): La guerra que nos han contado. 1936 y nosotros. Madrid, Alianza
MARTINEZ, J.A. (1999): Historia de España s. XX(1939-1996), Madrid, Cátedra.
PEREZ LEDESMA, M., SAZ, I. (eds.):Del franquismo a la democracia 1936-2013. Zaragoza. PUZ.
QUIROGA, A: (2008): Haciendo españoles: la nacionalización de las masas en la dictad
Específicas:
O/A alumno/a será capaz de:
-1 Identificar no presente as continuidades do pasado e analizar as relacións entre asuntos, problemas ou procesos do período con situacións e problemas actuais.
-2 Empregar materiais documentais, gráficos, hemerográficos, cartográficos e fílmicos para entender e interpretar problemas ou contextos históricos.
-3 A partir da lectura crítica de materiais historiográficos diferentes, elaborar unha síntese interpretativa propia sobre os asuntos centrais do período.
-4 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos do período.
-5 Procurar materiais documentais (p. ex. fontes da propia familia: orais, epistolares, etc..) como complemento de fundamento da materia do curso
Transversais:
O/A alumno/a será capaz de:
-1 Facer preguntas ben construídas e desenvolver discusións sobre cuestións relativas á materia.
-2 Traballar en equipa, como medio para acrecentar as posibilidades de coñecemento.
-3 Manexar criticamente novos soportes, sistemas e tecnoloxías de información e comunicación
-4 Desenvolver o pensamento analítico: distinguir as partes do todo, enumerar e xerarquizar. E máis o relacional: establecer vinculacións entre procesos, acontecementos, pasado e presente...
-5 Expresar correctamente ideas empregando a palabra, a escrita, a imaxe, para elaborar sínteses rigorosas, seleccionando información e materiais de forma crítica.
-6 Traballar os valores da democracia, os dereitos humanos, así como coas perspectivas ambientais e de xénero
A materia desenvolverase en:
-Aulas expositivas para a explicación dos contidos. Presencial na aula
-Aulas interactivas prácticas sobre os contidos da materia: presentación e comentario de lecturas en seminario; prácticas sobre textos, gráficos, mapas, audiovisuais e outros materiais; conferencias
-Titorización. atención personalizada nas horas de titoría e revisión obrigatoria de traballos en grupo.
- Opción Práctica de Campo: visita ao Arquivo Mlitar Intermedio da Región Noroeste, Ferrol, acceso a documentación diversa, do fondo xudicial como administrativo, relativa á guerra civil e inmediata posguerra. Arsenal e Castelo de San Felipe (lugares da memoria). O alumno deberá realizar unha breve memoria
Quen non asistan realizarán un traballo alternativo sobre lecturas da materia, a determinar no seu momento.
- Realización de 2 traballos escritos 1 individual: comentario dun artigo académico e outro en grupos de 3 sobre aspectos da materia que inclúe a presentación na aula e escrita. Evitarase o resume de contidos en favor dunha mirada crítica que relacione os traballos e a lectura cos contidos explicados e comentados na aula. Os contidos dos traballos formarán parte do material avaliable
TIPO DOCENCIA TOTAL HORAS/MATERIA
Doc. Exp. 30
Doc. Interact. 22
Titorización pers. 2
Sistema de avaliación: Valórase a capacidade relacional e de síntese, a claridade conceptual, evitar a retórica en beneficio da claridade expositiva e o razoamento fronte á reprodución memorística.
A avaliación final descomponse en 2 partes:
1ª: Exame: 60% da cualificación final. Consta dunha pregunta longa, que pode estar apoiada en materiais (textos, mapas, gráficas..) e varias preguntas curtas para testar o coñecemento dos contidos do curso. Non se valoran para a nota final exames cunha cualificación inferior a 5. As dúas oportunidades (maio/xullo) están condicionadas á realización do resto de probas avaliables.
2ª: Prácticas, actividades da avaliación contínua: 40% da cualificación final: Traballos individuais, comentario, traballos das interactivas e traballo en equipa (2 Trab. equipo/ 1 comentario lectura obrigatoria), un 10% vinculado a participación, asistencia e no seu caso Práctica de Campo.
O alumnado repetidor coas prácticas aprobadas noutros anos só terá que realizar os traballos das interactivas e algún outro que se lle indique para superar a parte 2ª(Prácticas).
Sendo a avaliación continua, a asistencia ás aulas é obrigada. A ausencia reiterada e inxustificada superior ao 20% suporá a imposibilidade de ser avaliado.
Os alumnos con dispensa de asistencia serán avaliados coas seguintes porcentaxes: 60% do exame e 40% dos traballos obrigatorios establecidos ao inicio do curso.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 16 horas *
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
* Práctica de campo, incluída.
- Ter cursado Historia Contemporánea de España I.
- Ter cursado as materias relativas aos períodos históricos precedentes.
- Consulta habitual dun atlas e dun dicionario histórico e manexo de materiais en portais webs de rigor contrastado contrastado.
- Consulta dos manuais e das monografías de apoio que lle permitan ao alumno relacionar informacións de procedencia diversa e ter una base "manual" coa que contrastar/ampliar as explicacións da aula.
- Claridade sobre os conceptos económicos, politolóxicos, sociolóxicos e demográficos que foron explicados nas materias transversais
Sobre todo é mui recomendable ter cursado previamente as materias que se ocupan do século XIX para España e do período de Entreguerras en Europa, así como as que garanten o coñecer de conceptos e términos imprescindibles para esta materia: capitalismo, fascismo, democracia, industrialización, dictadura, militarismo, etc...
Recursos en rede: amais de wikipedia....
www.busc.es / www.nomesevoces.net / http://histagra.usc.es/gl/
www.csbg.org /
https://www.youtube.com/user/Cliphistoria
http://www.aehe.net/docencia-seccion/manuales_hist_econ_espana.html
http://www.ahistcon.org/revistaayer.html /
www.hispanianova.rediris.es / www.historia-actual.com
http://www.h-net.org / http://www.historycooperative.org
PLAN DE CONTINXENCIA polo andazo da coronavid-19
METODOLOXÏA:
A matéria será explicada nos escenarios de continxencia, a través de Teams con detalladas presentacións de cada tema en Power Point na Aula Virtual, adaptado aos escenarios 2 e 3
A elaboración e seguimento dos traballos programados continuará facéndose a través da AV e o correo-e da mesma. As entregas dos traballos reprogramaranse.
As titorías faranse tamén a través da AV.
No caso de estudantes que non poidan seguir telemáticamente estas fórmulas arbitraremos vías específicas alternativas.
- SISTEMA DE AVALIACIÓN
Mantendo o sistema de avaliación contínua. Para as dúas oportunidades de avaliación final os criterios, adaptados á nova situación e condicións do confinamento son as mesmas
A avaliación contínua componse para o 60 % da nota de:
- Un número de TAREFAS CURTAS a definir en virtude da situacion: comentários de textos, gráficos e outros materiais (3000 caracteres/ tarefa); farán a metade das mesmas quen realicen os traballos en grupo e repetidores coas tarefas aprobadas de anos anteriores.
- 1 Traballo de grupo cuxa entrega prográmase co profesorado.
- 1 Comentario crítico dun artigo de investigación, programado o 1º dia de classe, entrega 26 de abril.
- Asistencias e outros traballos
Haberá unha proba final, par o 40% da nota final, consistente em duas tarefas
- 1 Comentário de texto sobre a matéria explicada.
- 1 Cuestionario de 5 preguntas curtas 2 da matéria explicada
A segunda oportunidade farase nos prazos establecidos.
Avaliación final: Valores das tarefas
A programación orixinal do curso establece a porcentaxe:
60% exame
40% prácticas traballos (2 Trab. equipo/ 1 lectura obrigatoria/1 resto (asistencia, participación...)
Mantendo a coherencia cos presupostos de partida, suprimindo o exame e incorporando 2 novas probas, mantendo a mesma proporción pero inversa. Os valores serían:
Avaliación sen traballo en grupo
-- Tarefas curtas, participación, actitude: 5 puntos
-- 1 Comentario artigo: 1
-- 2 tarefas novas (1 Comentario de textos; 1 cuestionario de 4 preguntas curtas): 4
Total 10 puntos
Avaliación con traballo en grupo (+ repetidores con tarefas aprobadas en cursos previos)
-- ½ Tarefas curtas participación, actitude: 3 puntos
-- Traballo en equipa: 2 (+1)
-- Comentario artigo: 1
-- 2 tarefas novas (comentario e cuestionario): 4
Total 10 puntos
Maria Aurora Artiaga Rego
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- a.artiaga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lourenzo Fernandez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812578
- Correo electrónico
- lourenzo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Aldara Cidrás Fuentes
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- aldara.cidras.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Jessica Nogueira Castro
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- jessica.nogueira.castro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Mércores | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Xoves | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
24.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
24.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
24.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
24.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
12.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
12.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |