Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase de avanzar no coñecemento daqueles procesos, grandes liñas evolutivas e conceptos que faciliten ao alumno unha comprensión global do século XX e que o capaciten intelectualmente para analizar de forma crítica o devir, tanto histórico como do tempo presente.
Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
Xenerar un coñecemento racional e crítico do pasado da Humanidade coa finalidade de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente.
Educar nos valores de igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estos valores nos diferentes momentos históricos.
Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
Analizar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender e/ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.
1. A Primeira Guerra Mundial (1914-18) e a nova configuración mundial
1. Antecedentes, causas e forzas en presencia.
2. Evolución e consecuencias do conflicto.
3. Os tratados de paz e o novo mapa político.
2. Cambios políticos e transformacións socioeconómicas, 1918-1939.
1. A revolución rusa e a construcción do socialismo.
2. A crise das democracias parlamentarias.
3. Fascismo e dictaduras.
4. A economía: reconstrucción, crecemento e crise.
5. As "nacións oscuras" no período de entreguerras.
3. Segunda Guerra Mundial e nova orde internacional, 1939-1991.
1. Evolución e consecuencias da II Guerra Mundial.
2. Estratexias, fases e principais conflictos da Guerra Fría.
3. O fin dos imperios e a formación de novos Estados.
ARACIL, R. et al.: El mundo actual. De la Segunda Guerra Mundial a nuestros días. Barcelona, UAB, 1998.
ARTOLA, M., PÉREZ LEDESMA, M.: Contemporánea. La historia desde 1776. Alianza, Madrid, 2005.
BELL, P.M.H.: The World since 1945. An International History. Arnold: London, 2001.
CASANOVA, J.: Europa contra Europa, 1914-45. Barcelona, Crítica, 2011.
COOK, C., STEVENSON, J.: Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid, Alianza, 1994.
COOK, C.: Diccionario de términos históricos, Madrid, Alianza, 1997.
DÍEZ ESPINOSA, J.R. et al.: Historia del mundo actual (desde 1945 hasta nuestros días). Valladolid, Universidad de Valladolid, 3ª edición, 2006.
FONTANA, J.: El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914. Barcelona, Crítica, 2017.
FONTANA, J.: Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945. Barcelona, Pasado y Presente, 2011.
GARCÍA DE CORTÁZAR, F. y LORENZO ESPINOSA, J.M.: Historia del mundo actual, 1945-1989. Madrid, Alianza Editorial, 1996.
HOBSBAWM, E.: Historia del siglo XX. Barcelona, Crítica, 1998.
KINDER, H., HILGEMANN, W.: Atlas Histórico Mundial, vol. II: De la Revolución Francesa a nuestros días, Madrid, Itsmo, 1996.
LACOSTE, Y.: Geopolítica. La larga historia del presente. Madrid: Síntesis, 2009.
MARTÍNEZ CARRERAS, J.U. et al.: Historia del mundo actual. Madrid, Marcial Pons, 1996.
MARTÍNEZ RUEDA, F.: Materiales para la historia del mundo actual. Madrid, Istmo, 2006.
JUDT, T.: Postguerra. Una Historia de Europa desde 1945. Madrid, Taurus, 2006.
PAREDES, J.: Historia Universal Contemporánea. Barcelona, Ariel, 2004.
PROCACCI, G.: Historia general del siglo XX. Barcelona, Crítica, 2001.
TOBOSO SÁNCHEZ, P.: Diccionario de historia del mundo actual. Madrid, Alianza, 2005.
VILLARES, R. y BAHAMONDE, A.: El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus, 2001.
ZAMAGNI, V.: Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica, 2001.
4.1. Específicas.
-Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade, conceptualizando os fenómenos históricos.
-Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construcción.
-Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
-Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinales a partir da formulación de preguntas, pranteamento de hipóteses e obxectivos, e desenvolvemento da argumentación correspondente.
-Capacidade para conceptualizar os fenómenos históricos da época e poder dilucidar as raíces históricas dos feitos presentes. Capacidade para relacionar e xerarquizar os coñecementos históricos.
-Coñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Contemporánea Universal desde a Primeira Guerra Mundial ata fins do seculo XX.
-Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas relativos ao período de estudo.
4.2. Transversais.
-Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, desenrolando capacidades de xestión da información, organización e planificación.
-Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
-Capacidade de síntese e concreción para a elaboración de traballos escritos; manexo dos aspectos formais e de presentación.
-Aprendizaxe na búsqueda e utilización da bibliografía xeral e específica recomendada polo profesor, así como dos recursos de información vinculados ás TIC’s.
-Desenvolvemento de competencias discursivas para a presentación oral dos traballos realizados.
4.3. Actitudinais.
-Achegamento a outros universos culturais, fomento do seu estudio e respecto polas diferencias.
- Sensibilidade cara os problemas centrais na historia universal, sobre todo os relativos a cuestións de igualdade, diversidade, dereitos humanos e medio ambiente.
-Disposición cara o aprendizaxe, o traballo persoal e a lectura de cara a cumprir cos obxectivos da materia.
-Disposición para o traballo en grupo e con responsabilidade compartida.
-Disposición cara o debate continuo (participación na aula) e específico (a partir do traballo propio), con capacidade para o razoamento, a exposición de argumentos e a autocrítica.
-As clases expositivas consistirán básicamente na explicación do temario da asignatura polo profesor co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TIC.
-As clases interactivas terán un carácter teórico-práctico e permitirán completar os contidos da materia mediante a lectura e interpretación de textos históricos, gráficas, cuadros e mapas.
-As tutorias individualizadas, ou en grupos moi reducidos, permitirán atender aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas tarefas encomendadas, resolver dudas ou ampliar a explicación sobre aspectos puntuais.
Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola Secretaría da Facultade, no que o alumno deberá responder as preguntas relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas e interactivas, computando o 60% da cualificación final. Para que esta nota sexa tida en conta, o alumno terá que obter no exame unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de non acadar esta nota, terá que volver a examinarse desta parte na segunda oportunidade.
O 40% restante obtense polas diferentes cualificacións obtidas nos controis escritos, non fixados no calendario, traballos, actitude e participación na aula e outras actividades. Para poder facer media coa cualificación do exame, o alumno ten que obter unha cualificación media global de 5 sobre 10. A realización das prácticas individuais é condición de obrigado cumprimento para poder presentarse aos exames de maio e xullo. Aqueles alumnos que non teñan acadado a nota esixida, terán que examinarse da parte práctica na segunda oportunidade.
Os alumnos con dispensa concedida teñen que facer o examen final da asignatura, na data indicada para o resto dos alumnos, e deberán de realizar unha serie de traballos de carácter individual que lle serán sinalados polo profesor ao comezo do curso.
A asistencia do alumno ás clases é obrigatoria, polo tanto, unha ausencia reiterada e inxustificada ás mesmas superior ao 20%, suporá a imposibilidade de que o alumno poida ser avaliado, o que se comunicará mediante a publicación dunha lista na que figuren os alumnos excluidos por ese motivo.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
- A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
Esta programación poderáse adaptar a cada un dos escenarios que se contemplan. Así, para os escenarios 2 e 3 establécense as seguintes modificacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA. Recoméndase o emprego dalgún dos seguintes manuais: FONTANA, J.: El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914. Barcelona, Crítica, 2017. HOBSBAWM, E.: Historia del siglo XX. Barcelona, Crítica, 1998.
PROCACCI, G.: Historia general del siglo XX. Barcelona: Crítica, 2001.
Ademáis, o profesorado proporcionará ás estudantes, a través da aula virtual, o material bibliográfico complementario para cada un dos temas.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA.
Escenario 2: A docencia presencial convivirá coa virtual, de acordo co que estableza a dirección do Centro.
Escenario 3: a docencia será exclusivamente virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE. Para ámbolos dous escenarios (2 e 3), mantense a avaliación continua formativa, combinada con proba final de carácter telemático.
Eduardo Rico Boquete
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812735
- Correo electrónico
- eduardo.rico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Telmo Otero Rodríguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- telmo.otero.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Martes | |||
17:15-19:15 | Grupo/CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
15:15-17:15 | Grupo/CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
11.01.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
02.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |