Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Introducir aos alumnos no coñecemento dos principais procesos demográficos, económicos, sociais, políticos e culturais da Europa do séculos XVI y primeira metade do XVII.
-Adquirir conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais.
O programa da materia estruturase en tres bloques, que comprenden: a) as bases socioeconómicas; b) o pensamento e a cultura e c) o goberno, a política interior e as relacións internacionais. Cada un dos bloques temáticos inclúe catro temas.
A- As bases socioeconómicas:
-1. O réxime demográfico do Antigo Réxime e evolución da poboación nos séculos XVI e XVII
-2. Economía. Agricultura e industria nos séculos XVI e XVII
-3. Comercio e técnicas capitalistas. O Mercantilismo
-4. A sociedade europea da Idade Moderna. Estructura e evolución
-
B- O pensamento e a cultura:
-5. Os conductos difusores da cultura
-6. Renacemento e Humanismo: as bases intelectuais e culturais do mundo moderno
-7. As reformas relixiosas
-8. Oríxes da Ciencia Moderna
C-O goberno, a política interior e as relacións internacionais
-9. Os oríxes do Estado Moderno
-10.O nacemento das novas monarquías e a pluralidade de formas políticas en Europa
-11. O avance do absolutismo no s. XVII. O Reino de Inglaterra e a República Holandesa
-12. As relacións internacionais (1500-1650)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
EIRAS ROEL, A., Historia Universal, 12. Siglo XVII, Barcelona, 1994.
FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, Ariel, 2015.
FORTEA PÉREZ, J.I., Historia Universal. 11. Siglo XVI, Barcelona, 1994.
HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, Ariel, 2001.
MOLAS RIBALTA, P. et al., Manual de historia moderna, Barcelona, Ariel, 1993.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-VIII, Barcelona, Crítica, 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BARDET, J.-P. y DUPÂQUIER, J. (dirs), Historia de las poblaciones de Europa, Síntesis, Madrid, 2001.
BÉLY, L., Lárt de la paix en Europe. Naissance de la diplomatie moderne XVIIe-XVIIIe siècle, Paris, 2007.
BURKE, P., El Renacimiento europeo, Crítica, Barcelona, 2000.
DEWALD, J., La nobleza europea, 1400-1800, Valencia, 2004.
DUPLESSIS, R.S., Transiciones al capitalismo en Europa durante la Edad Moderna, Zaragoza, 2001.
ELLIOT, J.H., Europa en la época de Felipe II (1559-1598), Crítica, Barcelona, 2000.
GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Ed. Eunate, Madrid, 2011.
KAMEN, H., La sociedad europea, 1500-1700, Madrid, 1986.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Alianza, Madrid, 2009.
MACKENNEY, R., La Europa del siglo XVI. Expansión y conflicto, Akal, Madrid, 1996.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Polifermo, Madrid, 2011.
REINHARD, W. (ed.), Las élites de poder y la construcción del Estado, Madrid, 1996.
RIVERO RODRÍGUEZ, M., Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la cristiandad al sistema europeo, 1453-1794, Madrid, 2000.
ROSSI, P., El nacimiento de la Ciencia Moderna en Europa, Crítica, Barcelona, 1997.
SCHULTZ, H., Historia económica de Europa (1500-1800). Artesanos, mercaderes y banqueros, Siglo XXI de España, Madrid, 2001.
Competencias específicas:
-Coñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Moderna Universal desde o século XVI ata a primeira metade do XVII.
-Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas.
Competencias transversais:
-Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, desenrolando capacidades de xestión da información, organización e planificación.
-Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
-As clases expositivas consistirán básicamente na explicación do temario da asignatura polo profesor co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TIC.
-As clases interactivas permitirán a adquisición de habilidades e posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumno –estudios, traballos, lecturas, exercicios, exposicións..., serán orientadas polo profesor e conducirán á realización e exposición de traballos en grupo ou individuais.
-Nas tutorias individualizadas ou en grupo moi reducido, atenderáse aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas tarefas oo para tratar de resolver cualquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
-A práctica de campo consistirá nunha actividade que será comunicada ao longo do curso, con antelación suficiente.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
a) Docencia expositiva e interactiva
— A docencia expositiva poderá realizarase total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos (videoconferencias: Teams), ben con asíncronos (Aula virtual, foros).
— Na docencia interactiva poderase combinar a presencialidade física e telemática (Teams e Aula virtual). Cada estudiante fará o comentario de varios materiais colgados na Aula virtual (textos, gráficas, táboas, artigos, etc.) facilitados polo profesor. O docente aportará a bibliografía dos temas, e, nos casos nos que se poida, os links para a súa consulta ou os textos dixitalizados.
b) Titorías: priorizarase a programación de titorías por vía telemática (por medio dos foros da aula virtual).
c) Prácticas de campo. A práctica de campo sustituiráse por outra actividade non presencial.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
a) Docencia expositiva e interactiva
— Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos (videoconferencias: Teams), ben con asíncronos (Aula virtual, foros).
b) Titorías
— A programación de titorías será exclusivamente por vía telemática
c) Prácticas de campo. A práctica de campo sustituiráse por outra actividade non presencial.
O 70% da cualificación final conséguese do modo seguinte:
Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola secretaría da facultade, no que o alumno deberá respostar a cuestións relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas, que computará por valor do 70% da cualificación final.
O 30% da calificación final conséguese do modo seguinte:
- Un 5% será o resultado das intervencións presenciais do alumno nas clases interactivas, ata un máximo de 0,5, e dita pontoación descenderá proporcionalmente ao número de intervencións. Os alumnos que faltasen a mais do 25% das horas de clases interactivas non se lle computará a pontoación das actividades prácticas, sendo a sua cualificación final de Suspenso en caso de presentarse ao exame.
- O 25% restante obtense polas diferentes calificacións do alumno nas probas e actividades relacionados coas clases interactivas. Puntuarase cun cero calqueira traballo ou actividade que non fose entregada.
- Para aprobar a materia o alumno deberá alcanzar a cualificación mínima de 5 puntos. Agora ben, para que se sumen e se compensen a nota do exame teórico coa das actividades interactivas o alumno deberá obter como mínimo catro puntos (4) sobre dez en cada unha destas partes (2,8 puntos sobre 7 no exame teórico; 1,2 puntos sobre 3 nas actividades prácticas). Se nalgunha das dúas partes o alumno non alcanza os catro puntos sobre dez, suspenderá a materia, independentemente de que en casos puntuais a súa nota fose igual ou superior a 5 puntos. Nestes casos, a cualificación será Suspenso e a súa puntuación, 4.9 puntos.
- A avaliación do alumno será continua, podendo o profesor solicitar materiais de exposcións, apuntes, etc.
-Só se considerarán non presentados aqueles alumnos que non realizasen o exame e ningunha das actividades ou tarefas da parte interactiva.
*Etapas de avaliación e convocatorias posteriores:
-En relación coas tarefas interactivas pontoadas en base a exposicións orais ou probas non escritas, o profesor indicará que tipo de actividade concreta sustitue a éstas na etapa de avaliación de xullo ou convocatorias posteriores.
-Os alumnos/as que obtiveran dispensa de asistencia a clase, serán avaliados/as a través dun exame (70 %) e de traballos prácticos obrigatorios (30 %).
-Se se dese o caso de que o aluno, no canto de reelaboralos traballos, decida presentar unha copia exacta destes xa pontoada en anteriores convocatorias polo memo profesor, deberá facer constar este extremo.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Avaliación continua combinada con exame final on line
-O exame final, de ser o caso, terá preferentemente carácter telemático.
Escenario 3: cierre de las instalaciones (imposibilidad de impartir docencia con presencialidad física)
Avaliación continua combinada con exame final on line
-O exame final, de ser o caso, terán carácter telemático.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) de unhas dúas horas.
Paralelamente estimase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da asignatura e as previsións antes indicadas, considerase que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería rondar as 150 horas.
- A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
As comunicacións entre os alumnos e os profesores da materia faránse exclusivamente a través da mensaxería da Aula virtual, e non a través do correo electrónico institucional.
Camilo Jesus Fernandez Cortizo
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812552
- Correo electrónico
- camilojesus.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Hortensio Sobrado Correa
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812606
- Correo electrónico
- hortensio.sobrado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Cebreiro Ares
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- francisco.cebreiro.ares [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Iago Castro Táboas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- iago.castro.taboas [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Daniel Steven Mena Acevedo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- danielsteven.mena.acevedo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Pablo Vázquez Bello
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- pablo.vazquez.bello [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:15-11:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
11:15-13:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
11:15-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
09:15-11:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
11.01.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
02.07.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |