Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 136 Horas de Titorías: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Arqueoloxía, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia de América, Historia Medieval, Historia Moderna, Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente.
Contribuír ó recoñecemento crítico da diversidade histórica e cultural
Contribuír á inculcación de actitudes de tolerancia e respecto polos puntos de vista que se derivan de tradicións históricas e culturais.
Educar nos valores da igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estes valores nos diferentes momentos históricos.
Contribuír ó desenvolvemento dunha conciencia cívica.
Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análises do historiador.
Dentro destes obxectivos xerais, queremos destacar os que están máis relacionados coas actividades profesionais ás que acceden os graduados en Historia:
Explicar o pasado desde o estudo dos seus restos, arqueolóxicos, documentais ou artísticos: a finalidade é poder facelo posteriormente en medios diferentes como o da docencia, o traballo en centros públicos de difusión do coñecemento como son os museos, os arquivos ou empresas públicas e privadas de patrimonio arqueolóxico e turístico.
Ordenar, organizar, definir ou sintetizar a información de fontes documentais, arqueolóxicas ou bibliográficas: para traballar en calquera arquivo privado, administración pública e privada, ou como documentalista.
Analizar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.
O obxectivo final é formar pensadores da conduta humana en sociedade, facendo un instrumento persoal e profesional da comprensión do onte para afrontar o estudo, a explicación ou ata a solución de feitos presentes e pasados.
O TFG é un traballo autónomo e individual de cada estudante. Consistirá na elaboración dun traballo no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación
Competencias xerais:
Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia.
Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas.
Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias Humanas.
Competencias específicas:
Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio.
Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.
Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción.
Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico.
Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
Coñecemento das principais claves explicativas das sociedades do pasado (clase, etnia, xénero...).
Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua.
Analizar e interpretar o rexistro arqueolóxico.
Competencias transversais:
Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade compartida.
Comunicar información e ideas de xeito claro e efectiva en público.
Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun director ou dunha directora que oriente e asista ao/á estudante. O/a director/a programará sesións de traballo con cada estudante, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor ao/á estudante as características do TFG, e de axudalo no seu desenvolvemento, na procura da consecución dos obxectivos propostos; e de emitir un informe do TFG que teña tutelado. A CCC poderá, excepcionalmente e de forma motivada, nomear un/ha codirector/a coas funcións que lles asigne.
O/a director/a será Persoal Docente e Investigador (PDI) con docencia no Grao en Xeografía e Ordeación do Territorio ou na Facultade de Xeografía e Historia. Tamén poderá ser PDI adscrito a Departamentos con créditos de formación básica ou obrigatoria no Grao en Xeografía e Ordeación do Territorio. Os TFG poden desenvolverse no marco de convenios con empresas ou institucións.
Os TFG desenvolvidos por estudantes da USC noutros centros universitarios, no marco de convenios de intercambio de estudantes (ERASMUS, SICUE, ....), terán como director/a ao/á coordinador/a do intercambio.
Os traballos serán avaliados por un tribunal composto por tres profesores da USC que impartan docencia no Grao en Xeografía e Ordeación do Territorio, do que non poderá formar parte o director/a do traballo. Nomearase un mesmo Tribunal para TFG con contidos afíns. Os membros dos Tribunais encargados de avaliar os TFG, e os suplentes, serán nomeados polo decano/a, a proposta da CCC.
A CCC aprobará e publicará, xunto coa convocatoria oficial de exames de cada curso académico, o período das exposicións.
Entre a solicitude de defensa e a exposición do traballo deben mediar, polo menos, 7 días naturais.
A exposición do TFG realizado terá unha duración máxima de 30 minutos por estudante, e terá carácter de acto público. O Tribunal poderá formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes trala exposición do estudiante; esta non superará os 10 minutos. A dinámica do resto do debate quedará baixo criterio do presidente/a do Tribunal.
O Tribunal poderá invitar ás deliberacións ao/á director/a. Os membros do Tribunal realizarán un informe, segundo o modelo que se elaborará para estes efectos, no que avaliarán os seguintes aspectos:
a) Calidade do Proxecto;
b) Presentación escrita do TFG;
c) Presentación Oral;
d) Observacións.
Grao de Historia: 6 créditos ECTS, 150 h.
Véxase o Regulamento do Traballo Fin de Grao
http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/regulamentos.html
http://www.usc.es/export/sites/default/en/centros/xeohistoria/descargas…