Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dar a coñecer as grandes liñas evolutivas e os problemas centrais das distintas áreas dende unha perspectiva que supere o tradicional eurocentrismo e que combine a análise xeral cos estudos de caso de maior trascendencia histórica.
Búscase, así, que o alumno se familiarice cos acontecementos históricos principais, como tamén que adquira as claves conceptuais e interpretativas que lle permitan forxarse unha imaxe da traxectoria histórica da zona na longa duración así como do seu lugar no mundo actual dende una perspectiva crítica e de conxunto.
A partir de aí, os obxectivos marcados son:
(1) Coñecer os diferentes modelos de evolución que seguiron as sociedades e Estados da zona no marco dos procesos de colonización, descolonización e globalización actual.
(2) Poder explicar en termos históricos, de forma relacionada, e co rigor analítico e conceptual preciso tanto os avatares e conflictos históricos da zona como a súa evolución no mundo actual.
(3) Desenvolvemer unha visión analítica crítica que permita trascender visións tópicas e leer de forma crítica a publicística e prensa actuais sobre o sucedido nas distintas áreas da zona. A análise histórica rigurosa como antídoto contra explicacións simplistas e maniqueas.
(4) Familiarizarse cos principais debates históricos en torno á zona.
.
.
A asignatura organizarase en dúas partes: a primeira mitade do curso estará dedicada ás cuestións específicas da área do Extremo Oriente entendido nun sentido amplo (dende a India ata Xapón); a segunda centrarase no Próximo Oriente (de Exipto a Irán), área de profundas interconexións na época contemporánea.
I PARTE. O EXTREMO ORIENTE
-----------------------------------
1.- A India, China, Xapón e o Sureste Asiático diante da ofensiva imperialista occidental: unha evolución dispar. Loita política, efectos económicos e conflictos sociais.
2.- Nacionalismo e Autoritarismo no Extremo Oriente de Entreguerras.
3.- O Extremo Oriente das Nacións: da descolonización á crise da orde poscolonial.
4.- A converxencia económica do Extremo Oriente no Mundo Actual: vellas e novas potencias asiáticas.
II PARTE. O PROXIMO ORIENTE
-----------------------------------
1.-Presión europea e diversidade de procesos reformistas no s. XIX.
2.- En busca dun modelo alternativo ao control europeo (1900-1990): respostas tradicional (1880-1905); liberal (1914-1950); arabista (1930-1973); desarrollista (190-1973); e islamista (1973-1990).
3.- Hexemonía norteamericana (1990-2008) e pugna polo liderazgo rexional (2008-2020).
'
I PARTE. O EXTREMO ORIENTE
-----------------------------------
SELLIER, J., Atlas de los pueblos del Asia meridional y oriental, Madrid, Tecnos, 2003.
HOLCOMBE, Ch., Una historia de Asia Oriental..., México, Fondo de Cultura Económica, 2016 => Ebook.
RAMÍREZ RUIZ, Raúl, Historia de Asia contemporánea y actual, Madrid, Universitas, 2017.
MISHRA, P., De las ruinas de los Imperios..., Barcelona, Galaxia, 2014 => Ebook.
MORENO GARCÍA, J., El Extremo Oriente. Siglo XX, Madrid, Síntesis, 1992.
GINE DAVI, J., Asia marca el rumbo. Las claves estratégicas y económicas del siglo XXI, Barcelona, 2012.
KAPLAN, Robert, Monzón: un viaje por el futuro del océano Índico, Barcelona, 2012 => Ebook.
METCALF, B., Historia de la India, Madrid, Cambridge, 2003.
DEVILLERS, P., De Indochina a Vietnam, Madrid, 1985.
BEASLEY, W.G., Historia contemporánea del Japón, Madrid, Alianza, 1995.
MADRID I MORALES, Daniel et alii, Historia de Japón. Economía, política y sociedad, Barcelona, UOC, 2012 => Ebook.
YOSHIO, S., Una introducción a la sociedad japonesa, Barcelona, Bellaterra, 2016.
FAIRBANK, J., Historia de la China. Siglos XIX y XX, Madrid, Tecnos, 1990.
BAYLEY, P.J., China en el siglo XX, Barcelona, Crítica, 2002.
RÍOS, Xulio, China moderna. Una inmersión rápida, Barcelona, Tibidabo, 2017 => Ebook.
MAHBUBANI, K., El nuevo hemisferio asiático: el irresistible desplazamiento del poder global hacia el Oriente, México, Siglo XXI, 2014 => Ebook
BUSTELO, P., Estructura económica de Asia Oriental, Barcelona, Akal, 2004.
SUKUP, V., Asia frente al siglo XXi: ¿De los 'milagros' a las 'debacles'?, Buenos Aires, Corregidor, 2000.
II PARTE. O PROXIMO ORIENTE
-----------------------------------
ESPOSITO, J., Islam. Pasado y presente de las comunidades musulmanas, Barcelona, Paidós, 2004.
GRESH, A.; VIDAL, D., Cien claves para comprender Oriente Próximo, Barcelona, Paidós, 2004.
KHADER, B., El mundo árabe explicado a Europa: historia, imaginario, cultura, economía, geopolítica, Barcelona, Icaria, 2010.
SELLIER, J., Atlas de los pueblos de Oriente, Madrid, Acento, 1997.
AYUBI, N., 1996, Política y sociedad en Oriente Próximo. La hipertrofia del Estado árabe, Barcelona, Bellaterra.
CORM, G., 2016,Pensamiento y política en el mundo árabe. Contextos históricos y problemáticas, siglos XIX-XX, Barcelona, Bellaterra.
HAMIL, H., 2008, Palestina. Destrucción del presente, construcción del futuro, Barcelona, Bellaterra.
IZQUIERDO BRICHS, F.(ed.), 2009, Poder y regímenes en el mundo árabe contemporáneo, Barcelona, Bellaterra.
KEDDIE, N., 2006, Las raíces del Irán moderno, Barcelona, Belacqua.
KEPEL, G., 2001, La Yihad. Expansión y declive del islamismo, Barcelona, Península.
MASALHA, N., 2002, Israel: teorías d ela expansión teritorial, Barcelona, Bellaterra.
MARTIN MUÑOZ, G., 1999, El estado árabe. Crisis de legitimidad y contestación islamista, Barcelona, Bellaterra.
.. 2003, Iraq. Un fracaso de Occidente (1920-2003), Barcelona, Tusquets.
PAPPE, I., 2006, Historia de la Palestina moderna. Un territorio, dos pueblos, Madrid, Akal.
POMMIER, S., 2009, Egipto. Las cadenas de Prometeo, Barcelona.
ROGAN, E., 2015, Los árabes. Del imperio otomano a la actualidad, Barcelona, Crítica.
'
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
---------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CE-1) Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural das distintas áreas da zona.
(CE-2) Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes da zona.
(CE-3) Explicar en termos históricos a diversidade que presentan territorialmente falando os distintos Estados e sociedades da zona.
(CE-4) Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que presentan os procesos evolutivos.
(CE-5) Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos que conformaron a traxectoria contemporánea e actual dos países da zona.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
------------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CT-1) Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
(CT-2) Elaborar con rigor traballos de síntese histórica, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais dispoñibles.
(CT-3) Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
(CT-4) Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información dispoñible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
.
'
1.- CLASES EXPOSITIVAS
-----------------------------
Dedicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
Actividade presencial na aula.
2.- CLASES INTERACTIVAS
-------------------------------
Dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, orientaranse tanto a profundizar en aspectos concretos do abordado nas clases expositivas como a seguir avanzando no desenvolvemento das destrezas contempladas no apartado sobre competencias -en especial as específicas-:
2.1.- Comentario de textos, gráficos, etc.
2.2.- Proxección de documentais.
2.3.- Seminarios sobre as lecturas a realizar.
3.- ACTIVIDADE ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (A.A.D)
-------------------------------------------------------------
Lectura e elaboración por escrito para entregar nas datas estipuladas de varios artigos sobre algunha cuestión concreta do temario, que poderá ser obxecto de seminario nalgunha das clases interactivas.
4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
----------------------------------------
Dedicada a orientar a elaboración dos exercicios e a comentar o resultado dos mesmos.
(*) Non se contempla saída de campo.
.
'
A AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES
--------------------------------------------------
1) O 40% da calificación procederá da avaliación continua, computando a partes iguais os traballos a entregar con cargo á AAD. e os exercicios presenciais que se poidan realizar nas clases interactivas.
2) O 60% da avaliación procederá dunha proba escrita sobre as cuestións impartidas na aula.
AS CONDICIÓNS DA AVALIACIÓN
-------------------------------------
(1) A asistencia presencial é obrigatoria, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. A non asistencia ao mínimo do 80% das clases conlevará a perda do dereito a avaliarse na I Oportunidade -maio-.
(2) A realización de todas e cada unha das prácticas é condición obrigada para poder presentarse ó exame.
(3) As prácticas entregadas fóra de prazo serán penalizadas cunha rebaixa da calificación obtida en función do prazo transcorido.
(4) Cando a calificación do exame ou das prácticas sexa inferior a 5, non se fará media coa parte aprobada, tendo que examinarse o alumno da parte suspensa -materia ou prácticas- na II Oportunidade -xullo-.
(5) Os alumnos con dispensa de asistencia a clase deberán realizar os mesmos traballos de AAD., seguíndose para a súa avaliación o mesmo sistema que para os demais alumnos.
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN
---------------------------------
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de análise, de razonamento interpretativo, e de crítica.
4.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
5.- Capacidade para disertar argumentando de forma razonada en termos históricos.
6.- Capacidade de relación e/ou comparación, ssegundo proceda, á hora de elaborar un tema.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal de todo traballo académico.
.
'
DISTRIBUCIÓN DAS HORAS
--------------------------------
32 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
12 horas presenciais de clases interactivas
------------------------------------------------
60 horas de estudio
44 horas de lecturas, elaboración de traballos (AAD.) e preparación de seminarios
--------------------------------------------------------------------------------------------
2 horas de exame
---------------------
TOTAL: 150 horas
--------------------
.
'
1) Ter cursado as materias de "Historia Contemporánea Universal I" e "Historia contemporánea Universal II".
2) Consulta habitual dos atlas e manuais recomendados.
3) Seguimento de revistas históricas, prensa de calidade e webs sobre a zona.
4) Realización de cursos ofertados pola Biblioteca da Facultade.
.
'
Asistencia obrigatoria => Consonte ó establecido pola normativa do Plan Bologna, no caso de que non se asista a polo menos o 80% das clases, o alumno perderá o dereito a avaliarse na I Oportunidade -maio-.
PLAN DE CONTINXENCIA
---------------------------
METODOLOXIA:
-----------------
A docencia asignada ás Clases Expositivas será explicada de forma telemática a través da plataforma Teams, co apoio da Aula Virtual, e sempre respectando o horario de docencia habitual.
A elaboración e seguimento dos traballos programados continuará facéndose a través da Aula Virtual. Prevese igualmente a posible reprogramación das actividades prácticas e do calendario das mesmas para adaptalas aos escenarios que poidan xordir.
As titorías faranse tamén de modo telemático: Aula Virtual, E-mail, etc.
SISTEMA DE AVALIACIÓN:
----------------------------
Manterase o sistema de avaliación continua combinado cunha Proba final adaptada ao novo escenario. e segundo a Normativa que no seu momento estableza a USC.
Pra os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Maria Jesus Baz Vicente
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812718
- Correo electrónico
- mjesus.baz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Aurora Artiaga Rego
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- a.artiaga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 05 |
31.05.2022 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
06.07.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |