Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Lograr que o alumnado alcance o coñecemento dos aspectos esencias da Historia de Roma nos seus diversos ámbitos: político e institucional, social e económico, cultural ou relixioso; así como do marco xeográfico e cronolóxico de desenvolvemento do Imperio Romano, do valor do legado da cultura clásica, dos elementos culturais comúns na formación de Europa e das liñas actuais de investigación na materia.
1. Introdución.
2. A fundación de Roma. A Monarquía
O Lacio primitivo. Orixes de Roma: fontes (literarias e arqueolóxicas). A monarquía romana: o nacemento de Roma; institucións políticas. As reformas de Servio Tulio.
3. A formación da República romana. O estado patricio-plebeo
O conflito patricio-plebeo: factores e etapas. Sistema político: institucións, maxistraturas.
A anexión de Italia (493-272).
4. A expansión de Roma polo Mediterráneo
Cartago. As Guerras Púnicas. Roma e a Península Ibérica
5. A crise da República. A fin da República.
O problema agrario e os intentos de solución: os Gracos. Novos intentos de reforma: Mario, A. Saturnino, Livio Druso. A guerra social. A restauración de Sila. O primeiro triunvirato. A guerra entre César e Pompeio. César: reformas e réxime político. Segundo triunvirato. O triunfo de Octavio.
6. Augusto e a fundación do principado
Carácter, orixe e fundamentos dos poderes do Princeps. As reformas de Augusto. O problema da sucesión
7. Alto Imperio: dinastías
Xulio-Claudios, Flavios, Antoninos, Severos.
8. Alto Imperio: estrutura social e económica
9. A crise do século III (235-284).
Aspectos políticos: a militarización do imperio e a inestabilidade do trono. O perigo exterior e a presión nas fronteiras. Aspectos económicos e sociais: a crise demográfica, económica, monetaria e fiscal do Estado.
10.A restauración e a reforma (284-305): Diocleciano e a Tetrarquia.
As reformas de Diocleciano. A ruína da Tetrarquía e o ascenso de Constantino.
11. O Imperio Romano-Cristián: de Constantino a Teodosio (324-395).
12. A división do Imperio e a crise de Occidente (395-476).
13. A vida cotiá
Textos: Fontes. Atlas.
F. Beltrán e F. Marco Simón, Atlas de Historia antigua, Zaragoza, 1987, Pórtico.
Para consultar textos clásicos: Perseus (http://www.perseus.tufts.edu/hopper/), con tradución ao inglés. Tamén é moi útil a páxina da Universidade de Lovaina (con traduciós ao francés): http://mercure.fltr.ucl.ac.be/Hodoi/concordances/intro.htm.
En español, as edicións bilingües de Alma Mater (CSIC). Para traducións ao castelán: Biblioteca Clásica Gredos. Tamén hai boas edicións en Akal e Alianza Editorial.
Epigrafía:
P. López Barja, Epigrafía latina, Santiago, 1993, Tórculo.
Webs de epigrafía:
EAGLE: Electronic Archive of Greek and Latin Epigraphy
http://www.edr-edr.it/Italiano/index_it.php
Epigraphische Datenbank Heidelberg (G. Alföldy):
http://edh-www.adw.uni-heidelberg.de/home
Epigraphik Datenbank(M. Clauss):
http://www.manfredclauss.de/gb/index.html
Bibliografía xeral:
- P. López Barja e F.J. Lomas Salmonte, Historia de Roma, Madrid, Akal. 2004.
- J. Mangas, Historia Universal 1: Edad Antigua. Roma, Barcelona, Vicens Vives, 1999.
- C. Nicolet, Roma y la conquista del mundo mediterráneo, 2 vols., Barcelona, Taurus, 1984.
- A. M. Suárez Piñeiro. Roma antigua. Historia de un imperio global, Madrid, Akal, 2019.
Unidades didácticas (versión electrónica):
-A. M. Suárez Piñeiro. A República romana. Universidade de Santiago de Compostela, 2015.
A. M. Suárez Piñeiro. As orixes de Roma. USC, 2016
-A. M. Suárez Piñeiro. A Monarquía. USC, 2016.
-A. M. Suárez Piñeiro. O Alto Impeiro. USC, 2020.
Monografías:
- G. Alföldy, Nueva historia social de Roma, Sevilla, Universidad de Sevilla, 2012.
- M. Beard, El triunfo romano, Barcelona, Crítica, 2009.
- P. Brown, El mundo de la Antigüedad Tardía, Madrid, Taurus, 2021 (2ª ed.).
- E. Cantarella, La mujer romana, Santiago de Compostela, USC, 1991.
- F. Coarelli, Roma, Guide Archeologiche Laterza, Roma-Bari, 2008.
- T.J. Cornell, Los orígenes de Roma, Madrid, Crítica, 1999.
- A. Duplá, La República romana arcaica (509-264 a.C.), Madrid, Síntesis, 2003.
- M.I. Finley, La economía de la Antigüedad, Madrid, FCE, 1986.
- E. Gabba y U. Laffi, Sociedad y política en la Roma republicana (siglos III-I a.C.), Pisa, Pacini, 2003.
- P. Garnsey y R. Saller, El Imperio romano. Economía, sociedad, cultura, Barcelona, Crítica, 1990.
- A. Giardina (ed.), El hombre romano, Madrid, Alianza Editorial, 1991.
- W.V. Harris, Guerra e imperialismo en la República romana, Madrid, Siglo XXI, 1989.
- P. Heather, La caída del imperio romano, Barcelona, Crítica, 2005.
- K. Hopkins, Conquistadores y esclavos, Barcelona, Ediciones 62, 1981.
- P. López Barja y R. Cordeiro, Julio César: Muerte de una República, Madrid, Síntesis, 2020.
- S. Mas, Pensamiento romano, Valencia, Tirant lo Blanch, 2006.
- F. Pina Polo, La crisis de la República (133-44 a.C.), Madrid, Síntesis, 1999.
- M. Rostovtzeff, Historia social y económica del Imperio romano, Madrid, Espasa-Calpe, 1981.
- M. Sartre, El Oriente romano: provincias y sociedades provinciales del Mediterráneo oriental, de Augusto a los Severos, Madrid, Akal, 1994.
- J. Scheid, La religión en Roma, Madrid, Ediciones Clásicas, 1991.
- A.N. Sherwin-White, The Roman Citizenship, Oxford, OUP, 1973.
- R. Syme, La revolución romana, Madrid, Crítica, 2010 (2ª ed. esp.).
- M. Torelli, Historia de los etruscos, Barcelona, Crítica, 1996.
- P. Veyne, La sociedad romana, Madrid, Mondadori, 1991.
- P. Zanker, Augusto y el poder de las imágenes, Madrid, Alianza, 1992.
Ser capaz de localizar información utilizando a bibliografía especializada, pero tamén as novas tecnoloxías.
Ser capaz de elaborar un traballo cun certo rigor científico nos contidos e na expresión escrita, evitando incorrer en plaxio, citando adecuadamente a bibliografía e usando as notas ao pé de páxina correctamente,
Ser capaz de expor oralmente os contidos fundamentais dese traballo.
Desenvolver a capacidade crítica.
Docencia expositiva: exposición en clase dos contidos esenciais da materia, coa axuda de presentacións en power point e outros medios audiovisuais.
Docencia interactiva: para completar os contidos realizaranse comentarios de textos, mapas, lecturas de artigos, debates, exercicios de epigrafía; así como prácticas de campo, etc.
Lectura obrigatoria: M. Beard, El triunfo romano, Barcelona, Crítica, 2009.
-Unha proba final (40% da nota), que medirá os coñecementos das clases teóricas e prácticas.
- Prácticas (fontes textuais ou epigráficas, mapas, lecturas, debates, etc.): 25%
- Traballos: 25%
- Outras actividades: curso de competencias informacionais, participación na aula e práctica de campo: 10%
Terase en conta a participación nas actividades organizadas no marco do Centenario da facultade
Avaliación extraordinaria: mantendo as porcentaxes respectivas, repetirase aquela parte non superada e, de ser o caso, entregaranse os traballos demandados na convocatoria ordinaria.
Dispensa de asistencia: a proba final suporá o 100% da nota.
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica, 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de prácticas, 15 horas
Titorías en grupo moi reducido, isto é, de titorías personalizada, 2 horas
Avaliación 3 horas
Subtotal 50 horas
Traballo persoal:
Estudo 40 horas
Redacción de traballos 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido 30 horas
Subtotal 100 horas
TOTAL 150 horas
A asistencia regular a clase considérase imprescindible, así como o seguimento da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Pedro Manuel Lopez Barja De Quiroga
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812559
- Correo electrónico
- pedro.barjadequiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hector Paleo Paz
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Correo electrónico
- hector.paleo.paz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Ana Maria Suarez Piñeiro
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812567
- Correo electrónico
- ana.suarez.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Ana Arguelles Alvarez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Correo electrónico
- patricia.arguelles [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 08 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
22.05.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
22.05.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
30.06.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |