Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente.
2. Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
3. Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análises do historiador.
A aprendizaxe mediante a ACTIVIDADE DOCENTE EXPOSITIVA e o traballo persoal iníciase coa presentación dun longo período de 1200 anos (INTRODUCIÓN Á IDADE MEDIA) fundamental para entender a estrutura diacrónica xeneral do pasado (Obxectivo 1).
A continuación abórdanse dous bloques temporais, nos que o tempo histórico segue ritmos diferentes. Ao facer fincapé na relación coas coordenadas espaciais, o estudante pode adquirir conciencia das coordenadas espazo-temporais e un coñecemento preciso dos acontecementos e procesos de cambio e continuidade desde unha perspectiva diacrónica (Obxectivo 2).
A actividade expositiva e o traballo persoal asociado contribuirán a que o estudante desenvolva especialmente dúas competencias xerais: coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia (CG-1) e usar, ordenar e interpretar as fontes históricas (CG2).
O primeiro bloque de ANTIGÜIDADE TARDÍA E TEMPERÁ IDADE MEDIA (ss. IV-VIII) desenvólvese en cinco leccións:
1.- A herdanza baixoimperial no mundo mediterráneo: o cristianismo, os pobos xermánicos e o fin do mundo antigo
2.- Economía e sociedade nos primeiros séculos medievais
3.- Os reinos bárbaros e as súas estruturas políticas
4.- A Igrexa romana como factor de unidade en Occidente
5.- A cultura no Occidente bárbaro
O segundo bloque, dedicado á Alta Idade Media (ss. VIII-X) en seis:
6.- A Europa de Carlomagno
7.- As segundas invasións e a crise política carolinxia
8.- Europa occidental nos séculos VIII-X. Economía e sociedade
9.- Consolidación eclesiástica e vida relixiosa na Alta Idade Media
10.- Do renacemento carolinxio ao otoniano
11.- A ampliación e estabilización política do espazo europeo
Bibliografía básica:
ÁLVAREZ PALENZUELA, V. Á. (coord.), Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2013 (1ª ed. 2002).
CLARAMUNT, S., PORTELA, E., GONZÁLEZ, M. y MITRE, E., Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 1992 (1ª ed.), 1995 (2ª ed.), 2006 (7ª reimp. de 2ª ed.), 2008.
COLLINS, R., La Europa de la Alta Edad Media: 300-1000, Akal, Madrid, 2000 (1ª ed. 1991).
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A., SESMA MUÑOZ, J. A., Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza, 2008 (revisión de Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa, Madrid, 1997).
KAPLAN, M. (dir.), Edad Media. Siglos IV-X, Granada, Universidad de Granada, 2004.
LADERO QUESADA, M.A., Historia Universal. Edad Media, Barcelona, 1992 (2ª ed.).
LE GOFF, J., La civilización del occidente medieval, Barcelona, 1999.
MACKAY, A., DITCHBURN, D. (eds.), Atlas de Europa Medieval, Madrid, 1999.
McKITTERICK, R., La Alta Edad Media, Barcelona, Crítica, 2001.
MITRE FERNÁNDEZ, E., Textos y documentos de época medieval, Barcelona, 1998.
MITRE, E., GARCÍA MORENO, L. A., LADERO, M. A., GONZÁLEZ, M., SARASA, E. y BELTRÁN, F., Manual de Historia Medieval Universal. 3. Alta Edad Media, Madrid, Historia 16, 1994.
MITRE, E., La primera Europa: Romanos, cristianos y germanos 400-1000, Madrid, 2000.
PICARD, C. y ZIMMERMANN, M., Edad Media: Siglos IV-X, Granada, 2004.
The New Cambridge Medieval History, vols. 1, 2 e 3, Cambridge, Cambridge University Press, 1995-2005.
VERGER, J., La Alta Edad Media, Madrid, Sarpe, 1986.
WALLACE-HADRILL, J. M., The Barbarian West, 400-1000, Oxford, Basil Blackwell, 2000.
WICKHAM, C., Una historia nueva de la Alta Edad Media: Europa y el mundo mediterráneo (400-800 d.C.), Barcelona, Crítica, 2008.
Bibliografía complementaria:
BONNASSIE, P., Del esclavismo al feudalismo en la Europa Occidental, Barcelona, 1993.
BOUGARD, F. (dir.), Le Christianisme en Occident du début du VIIe au milieu du XIe siècle, Paris, 1997.
BROWN, P., El mundo en la Antigüedad tardía, Madrid, 1989.
COUPLAND, S., “The Carolingian army and the struggle against the Vikings”, Viator, 35 (2004), 49-79.
FLEMING, R., Britain after Rome. The Fall and Rise, 400-1070, London, 2011.
FREEDMAN, P., “Siervos, campesinos y cambio social”, en Señores, siervos, vasallos en la Alta Edad Media, Pamplona, 2002, 127-146.
GARCÍA MORENO, L., “Los bárbaros y los orígenes de las naciones europeas”, Cuadernos de Historia de España, 80 (2006), 7-23.
GOFFART, W., Barbarians and Romans, A.D. 418-584. The techniques of accommodation, Princeton, 1980.
HENNING, J., “Slavery or freedom? The causes of early medieval Europe’s economic advancement”, EME, 12:3 (2003), 269-277.
HERRIN, J., The formation of Christendom, Princeton, 1987.
ISLA, A., La Europa de los carolingios, Madrid, 1993.
MIDDLETON, N., “Early medieval port customs, tolls and controls on foreign trade”, EME, 13:4 (2005), 313-358.
Nascita dell’Europa ed Europa carolingia: un equazione da verificare, Spoleto, 1981.
RICHÉ, P., Écoles et enseignement dans le haut Moyen Âge. Fin du Ve siècle – debut du XIe siècle, 2ª ed., París, 1989.
RICHÉ, P., Les Carolingiens. Une famille qui fit l’Europe, París, 1983.
WICKHAM, C., “Space and society in early medieval peasant conflicts”, en Uomo e spazio nell’Alto Medioevo, Spoleto, 2003, 551-587.
Xerais:
1. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3. Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos e referencias electrónicas.
Específicas:
1. Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio.
2. Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.
7. Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua.
Transversais:
1. Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
2. Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
4. Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.
Metodoloxía da ensinanza
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia, utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que, preferentemente, farase a explicación dos contidos teóricos básicos da materia. Trátase dunha actividade presencial en aula.
- Clases interactivas: dedicaranse a sesións de traballo en cada grupo reducido. As sesións estarán dedicadas á discusión de lecturas e textos previamente seleccionados polo/a profesor/a e realizadas polos/as alumnos/as, así como por un pequeno traballo final. O contido das clases interactivas terá como obxectivo o afondamento no coñecemento de temas de especial relevancia para a comprensión da evolución de diferentes aspectos de Alta Idade Media.
- Abrirase un curso no Campus Virtual no que se contará con diversos materiais de apoio e con programación de actividades.
- Titorización personalizada para o seguimento das actividades programadas.
Sistema de avaliación
Prevese como criterio de avaliación a avaliación continua combinada cunha proba final.
Prevese como criterio de avaliación a avaliación continua combinada cunha proba final. Esta proba final celebrarase na data fixada pola Facultade de Xeografía e Historia para ese efecto.
Cómputo da cualificación final:
A proba escrita (tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria) suporá o 40% da cualificación final.
As clases interactivas suporán o 60% da cualificación final. A participación na aula suporá o 20% da cualificación final e o 40% o traballo final.
A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: proba escrita ou tarefas (40%) e parte interactiva ou tarefas (60%).
Dado que a avaliación é continuada e a asistencia ás clases é obrigatoria, unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20% (tanto en interactivas como en expositivas), suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a poida ser avaliado.
A cualificación da convocatoria de segunda oportunidade obterase a partir dunha proba escrita de todos os contidos da materia. En canto á parte correspondente ás clases interactivas, o/a alumno/a terá que entregar todos os traballos e actividades desenvolvidos nas clases. Os/as alumnos/as que ao longo do curso entregasen todos os traballos prácticos non teñen obriga de volver a presentar os devanditos traballos, tendo que superar, unicamente, o exame da convocatoria correspondente. Non obstante poderán, se así o desexan, reelaborar o traballo para mellorar a cualificación.
Para as persoas con dispensa unicamente computarán o traballo (50%) e o exame (50%) e terán a obriga de acudir a unha titoría personalizada ao menos unha vez cada mes, previa cita co/a profesor/a da materia.
Cada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada por un traballo complementario do/a alumno/a de unhas dúas horas coa axuda do material bibliográfico, co fin de ler atentamente os contidos teóricos e asimilalos.
Paralelamente, para cada unha das horas de docencia interactiva, o/a alumno/a deberá empregar como mínimo unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, considérase que o tempo de traballo persoal do/a alumno/a debería rondar as 150 horas
Aínda que non é necesaria ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en historia en xeral e a matrícula desta materia en particular, é recomendable que a formación do/a alumno/a sexa de perfil humanístico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Fernando Maria Lorenzo Lopez Alsina
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812623
- Correo electrónico
- fernando.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xose Manoel Sanchez Sanchez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- xosemanuel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
13.01.2023 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
13.01.2023 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
23.06.2023 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |