Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os criterios cos que se auto identifican as sociedades antigas son obxecto de discusión incesante entre os especialistas. Entre as certezas ás que podemos aferrarnos figura que os criterios de raza comúns na actualidade non tiñan apenas incidencia. A identidade expresábase a través da lingua, #cuestión que é allea a esta materia, e sobre todo mediante o feito de compartir os ritos en honra de divindades organizadas en panteóns estruturados. Agora ben, a configuración deses panteóns, así como os cultos que reciben os deuses de forma illada ou mediante diferentes agrupamentos, non son homoxéneos ao longo da Antigüidade. Ademais, procesos históricos e culturais diferenciados fan que as fontes accesibles para o coñecemento concreto dos procesos relixiosos e as súas mutacións varíen de lugar a lugar e de período a período. A materia ocuparase de mostrar a través de seis temas seleccionados a variedade das formas en que se articulan un pasado remoto máis ou menos discernible (coñecido a través da arqueoloxía e a mitoloxía comparada), ata a floración de formas singulares de vida relixiosa en momentos concretos para terminar disolvéndose co triunfo do cristianismo.
Insistirase na singularidade do feito histórico que supón a aparición da cidade como forma de organización da vida social. A aparición da cidade supón unha modulación singular das formas da vida relixiosa co xurdimento de novas identidades armadas con claves específicas para cada cidade concreta en cada momento histórico.
En paralelo, os sistemas políticos e cidadáns chocan ou se mesturan con comunidades con formas de vida social diferente cuxa definición difícil é obxecto de discusións. A pesar diso, estas comunidades étnicas non políticas, polo menos no sentido máis clásico e etimolóxico, tamén teñen identidades expresadas en formas de vida relixiosa que, en ocasións, chegamos a coñecer, peor do que nos gustaría, en relación coas formas políticas clásicas.
Así pois, as formas adoptadas polas relixións antigas exprésanse mediante elaboracións ideolóxicas herdadas (tradición indoeuropea nos casos que nos ocuparán), innovadoras (a filosofía grega, a vida política), ou unha mestura orixinal entre herdanza temática e novidade formal (os mitos romanos). Un contido transversal da materia será mostrar a singular forma de relación entre tradición e innovación que opera ao longo da historia do mundo antigo ata a súa disolución no monoteísmo cristián.
1.1. Temario
1.1.1. Identidades múltiples da Roma primitiva
A. Xeopolítica da identidade: latinos, etruscos e gregos.
B. A comunidade latina e os ritos de Xúpiter Latino.
C. Os mitos fundacionais: o fratricidio, o asilo e o rapto (o seu sentido histórico e relixioso).
D. Os reis de Roma entre o mito e a historia.
E. A cosmología e a urbigonía romanas: Saturno, o mundus e o miliario aureo.
Alföldi, A. 1961. Early Rome and the Latins. Ann Arbor.
Bettini, M. 2011. “Missing Cosmogonies. The Roman Case?” Archiv für Religonsgeschichte 13: 69-92.
Briquel, D. 2018. Romulus. Jumeau et roi. Réalités d’une légende. París.
Carandini, A., Capelli, R. eds. 2000. Roma. Romolo Remo e la fondazione della città. Milán.
Dumézil, G. 1987. La religion romaine archaïque. Paris (1ª ed. 1966).
García Quintela, M.V. 2007. Le pendu et le noyé des monts Albains. Recherches comparatives autour des mythes et rites Albains. Bruselas.
A. César González-García, Marco V. García Quintela, Andrea Rodríguez-Antón & David Espinosa-Espinosa. 2022. “The Winter Solstice as a Roman Cultural Fingerprint from the Mythical Origins of Rome to Augustus”, Environmental Archaeology, https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/14614103.2022.2053825?src=
Poucet, J. 2000. Les Rois de Rome. Tradition et histoire. Bruselas.
Woodard, R.D. 2006. Indo-European Sacred Space. Vedic and Roman Cult. Urbana-Chicago.
1.1.2. A relixión grega.
A. Fontes e métodos para o estudo da relixión grega.
B. Homero e Hesíodo ou Pausanias: mitoloxía grega e ciclos mitolóxicos locais.
C. O panteón: definición dos deuses nun sistema politeísta
D. En torno ao sacrificio e a definición das identidades.
Burkert, W. 2007. Religión griega: arcaica y clásica. Madrid: Abada.
Cole, S.G. 2004. Landscapes, Gender, and Ritual Space: The Ancient Greek Experience. Berkeley & Los Angeles (Cal.), Londres.
Collection of Greek Ritual Norms http://cgrn.ulg.ac.be/
Detienne, M. 1997. “Expérimenter dans le champ des polythéismes”. Kernos [En ligne] DOI: 10.4000/kernos.645 http://kernos.revues.org/645
Detienne, M. 2001. “Rentrer au village”. L’Homme [En ligne], 157. http://lhomme.revues.org/93
Naiden, F.S. 2012. Smoke Signals of the Gods. Ancient Greek Sacrifice form the Archaic through Roman Periods. Oxford, New York.
Ogden, D. 2007. A companion to Greek Religion. Oxford: Blackwell.
Rice, D.G., Stambaugh, J.E. 2009. Sources for the Study of Greek Religion. Corrected Edition. Society of Biblical Literature.
1.1.3. Identidades da Atenas democrática
A. Por que Atenas? Unha mitoloxía democrática.
B. As múltiples fundacións de Atenas: Cécrope, Erictonio e a autoctonía, Teseo.
C. Atenas como cosmovisión: paisaxe urbana, paisaxe relixiosa e paisaxe celeste.
D. O mito de Protágoras e a urbigonía ateniense.
E. Os filósofos e a cuestión relixiosa.
Blok, J.H. 2017. Citizenship in Classical Athens. Cambridge.
García Quintela, M.V. 1997. “Le dernier roi d’Athènes: entre le mythe et le rite”. Kernos 10, 135-51 https://journals.openedition.org/kernos/653
García Quintela, M.V. 2009. “The Phonological Politics of Plato and the Myth of Protagoras.” Metis N.S. 7:247-76. https://books.openedition.org/editionsehess/2482?lang=en
García Quintela, Marco V. 2022. “En torno al surgimiento de la figura social del filósofo en las ciudades griegas”. Gerión. Revista de Historia Antigua, 40(1), 35-70. https://dx.doi.org/10.5209/geri.79215
Gottesman, A. 2014. Politics and the Street in Democratic Athens. Cambridge.
Ismard, P. 2013. L’événement Socrate. París : Flammarion.
Macé, A. éd. 2013. Le Savoir public, la vocation politique du savoir en Grèce ancienne. Besançon.
Ober, J. 2008. Democracy and Knowledge: Innovation and Learning in Classical Athens, Princeton and Oxford.
Parker, R. 2005. Polytheism and society at Athens. Oxford.
Shear, T.L. 2016. Trophies of Victory: Public Building in Periklean Athens. Princeton.
Vlassopoulos, K. 2007. “Free spaces: identity, experience, and democracy in classical Athens”. Classical Quarterly 57.1:33–52 https://www.jstor.org/stable/4493470
1.1.4. A fundación dunha colonia romana: Lugdunum entre o mito e a topografía
A. Galia baixo Augusto.
B. A fundación colonial entre o acto xurídico e o mito fundacional.
C. Identidades galas: lingua, imaxe, paisaxes celestes.
D. Identidades en conflito: a creación de novas realidades.
E. Estruturas: relato, imaxe e paisaxe
Darblade-Audoin, M.-P., Ph. Thirion, P. André. 2009. “Les sculptures du clos du Verbe Incarné et du plateau de La Sarra à Lyon : apports à la connaissance du sanctuaire et du quartier antiques.” Revue Archaeologique de l’Est 58: 381-416. https://journals.openedition.org/rae/5934
Esmonde-Cleary, S. 2007. Rome in the Pyrenees. Lugdunum and the Convenae from the First Century B.C. to the Seventh Century A.D. London: Routledge.
Fishwick, D. 1987. The Imperial Cult in the Latin West: Studies in the Ruler Cult of the Western Provinces of the Roman Empire, vol. I.1. Leiden.
García Quintela, M.V., Gonzalez Garcia, A.C. 2014. “The 1st of August at Lugdunum: Astronomy and Imperial Cult in Galia”, Mediterranean Archaeology and Archaeometry, 14/3, 2014, pp. 83-91 http://maajournal.com/Issues/2014/Vol14-3/Full8.pdf
García Quintela, M.V. 2017. “Du Mercure gaulois à la colonie romaine de Lugdunum: un système ‘canonique’ de transformations?” Dialogues d’Histoire Ancienne 43.2: 91-116. https://www.persee.fr/doc/dha_0755-7256_2017_num_43_2_4549
García Quintela, M.V. 2022. Le mythe de fondation de Lugdunum. Paris : Classiques Garnier.
García Quintela, M.V., A.C. González-García, 2017. “Archaeological footprints of the Celtic calendar?” Journal of Skyscape Archaeology 3/1, 2017, 49-78 https://doi.org/10.1558/jsa.31039
García Quintela, M.V., A.C. González-García, D. Espinosa, A. Rodríguez Antón, J.A. Belmonte, 2022. “An archaeology of the sky in Gaul in the Augustan Period”. Journal of Skyscape Archaeology 8/2, pp. 163-207. https://doi.org/10.1558/jsa.21048
Le Roux, F., Guyonvarc’h, Ch.-J. 1995. Les Fêtes celtiques. Rennes.
1.1.5. Arqueoloxía dunha relixión discreta: a relixión dos galaicos
A. Castrexos ou galaicos.
B. Fuentes para o estudo da relixión galaica.
C. Sacrificios: do exhibido ao oculto.
D. Saunas galaicas e cosmovisión.
E. Paisaxes celestes entre a Idade do Ferro e o cristianismo.
Álvarez González, Y., López, L.F., García Quintela, M.V., Fernández-Götz, M. 2017. “El oppidum de San Cibrán de Las y el papel de la religión en los procesos de centralización en la Edad del Hierro”. CuPAUAM 43: 217-39. https://revistas.uam.es/cupauam/article/view/9042
García Quintela, M.V. 1992. “El Sacrificio Lusitano. Estudio Comparativo”. Latomus 51.2: 337-54. https://www.jstor.org/stable/41541300
García Quintela, M.V. 2016. “Sobre las saunas de la Edad del Hierro en la Península ibérica: novedades, tipología e interpretaciones”. Complutum 27.1: 109-130 https://revistas.ucm.es/index.php/CMPL/article/view/53219
García Quintela, M.V. 2019. “Sacrificio y adivinación en el área galaico-lusitana de Iberia”, En Santiago Montero y Jorge García Cardiel (coords.) Santuarios Oraculares, Ritos y Prácticas Adivinatorias en la Hispania Antigua. Madrid: 53-86. https://www.academia.edu/38787173/Sacrificio_y_adivinaci%C3%B3n_en_el_%…
García Quintela, M.V. 2021. El sacrificio animal galaico-lusitano. Estudio comparativo de historia de las religiones. Sevilla: Editorial Universidad de Sevilla. https://editorial.us.es/es/detalle-libro/720281/el-sacrificio-animal-ga…
García Quintela, M.V., González García, A.C. 2016. “Entre el cielo, el mar y la tierra: el santuario rupestre del castro de Baroña (Porto do Son, A Coruña)”. Gallaecia 35: 1-38. https ://doi.org/10.15304/gall.35.3904 https://revistas.usc.gal/index.php/gallaecia/article/view/3904
García Quintela, M.V., Santos Estévez, M. 2007. Santuarios de la Galicia Céltica. Arqueología del paisaje y religiones comparadas en la Edad del Hierro. Madrid: Abada.
García Quintela, M.V., Santos Estévez, M. 2015. “The Iron Age Saunas of Northern Portugal: State of the Art and Research Perspectives”. Oxford Journal of Archaeology 34.1: 67-95. https://doi.org/10.1111/ojoa.12049 https://onlinelibrary.wiley.com/doi/abs/10.1111/ojoa.12049
García Quintela, M.V., Seoane-Veiga, Y. 2013. “Entre Naturaleza y cultura: La arquitectura Ambigua en la Edad del Hierro del Noroeste de la Península Ibérica”. Gallaecia 32: 47-86. https://doi.org/10.15304/gall.32.1383 https://revistas.usc.gal/index.php/gallaecia/article/view/1383
González García, F.J., García Quintela, M.V. 2005. “De la Idolatría en el Occidente Peninsular Prerromano”. Ilu 10:27-62. https://revistas.ucm.es/index.php/ILUR/article/view/ILUR0505110027A
Olivares Pedreño, J. C. 2002. Los dioses de la Hispania celtica. Madrid.
Prósper, B.M. 2002. Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la Península Ibérica. Salamanca.
1.1.6. A construción da paisaxe cristiá de Galicia
A. Pegadas do cristianismo primitivo.
B. Identidades relixiosas e paisaxe: que nos din as igrexas antigas?
C. Contra a conversión: a cristianización da vida cotiá.
D. Unha santa en dous lugares: Mariña en Auguas Santas e Alise-Ste-Reine.
García Quintela, M.V., 2014. “Marina concubina, Marina virgen, Boand adúltera: fecundidad extramarital y creación de paisajes”. En María Tausiet, Hélène Tropé (eds.), Folclore y leyendas en la península ibérica. En torno a la obra de François Delpech. Madrid: 57-80. https://www.academia.edu/7538380/2014_Marina_concubina_Marina_virgen_Bo…
García Quintela, M.V., 2014. “Paisajes duales en la Galicia tradicional: estructura, génesis y transformación.” Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Antropología. Etnografía. Folklore 69.1: 29-52. https://doi.org/10.3989/rdtp.2014.01.002 https://dra.revistas.csic.es/index.php/dra/article/view/312
García Quintela, M.V., 2018. “Dualisme celtique et paysages Galiciens entre l’Age de Fer et le Christianisme.” Nouvelle Mythologie Comparé 4, http://nouvellemythologiecomparee.hautetfort.com/archive/2018/05/24/mar…
García Quintela, M.V., 2022. “One story for two places: a comparative study on the making of Christian landscapes”. Culture and History Digital Journal 11(2) https://doi.org/10.3989/chdj.2022.021 https://cultureandhistory.revistas.csic.es/index.php/cultureandhistory/…
García Quintela, M.V., González García, A.C. 2016. “From Hagiography to Celtic Cosmology: Archaeoastronomy and Christian Landscape in Ourense (NW Spain)”, Mediterranean Archaeology and Archaeometry 16.4: 447-454. http://maajournal.com/Issues/2016/Vol16-4/Full60.pdf
García Quintela, M.V., González García, A.C., y Seoane-Veiga, Y. 2014. “De los solsticios en los castros a los santos cristianos: la creación del paisaje cristiano en Galicia”. Madrider Mitteilungen 55: 443-485. https://www.academia.edu/20822336/DE_LOS_SOLSTICIOS_EN_LOS_CASTROS_A_LO…
García Quintela, M.V., J.C. Sánchez-Pardo, 2020. "Landscape, Christianization and social power in Late Antique and early medieval Galicia", in: Sacred Landscapes in Antiquity: Creation, Manipulation, Transformation. Edited by Ralph Häussler and Gian Franco Chiai. Oxford and Philadelphia: Oxbow, p. 179-193
Sánchez Pardo, J.C.; García Quintela, M.V. 2020. “Ecclesiastical landscapes in Early Medieval Galicia: physical and symbolic transformations”. In: Sánchez-Pardo, J. C.; Marron, E.; Tiplic, M. E. (Eds.), Ecclesiastical landscapes in medieval Europe: a comparative approach, Oxford: Archaeopress, p. 182-196
1.1.7. Espazos e identidades da Atenas democrática.
Se se consegue manter a dinámica da docencia expositiva programada os días 9, 15 e 16 de maio quedarán dispoñibles cun total de 4,5h expositivas. Se é así se presentará unha temática complementaria do tema 4 cos seguintes contidos O ágora, As bibliotecas, A celaxe.
Bruit Zaidman, Louise; Schmitt Pantel, Pauline 2002. La Religión griega en la polis de época clásica (trad. Fátima Díez Platas), Madrid: Akal
García Quintela, M.V. 1999. Georges Dumézil (1898-1986). Madrid: ed. del Orto. https://www.academia.edu/1457559/1999_Dum%C3%A9zil_1898_1986_
García Quintela, M.V. 2006. “El Estructuralismo en Historia de las Religiones”, en Mª Cruz Marín Ceballos, Jesús San Bernardino Coronil (eds.), Teoría de la Historia de las Religiones: Las Escuelas Recientes, Sevilla: Universidad de Sevilla, 2006, p. 69-122 https://www.academia.edu/1469424/2006_El_Estructuralismo_en_Historia_de…
Grimal, P. 2010. Diccionario de mitología griega y romana. Ed. rev. con bibliografia actualizada por el autor. Barcelona: Paidós.
Rüpke, J. 2021. Panteón. Una nueva historia de la religión romana (trad. Ana Useros). Akal: Madrid. https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/lc/busc/titulos/205208
Sissa, G., Detienne, M. 1990. La Vida cotidiana de los dioses griegos. Madrid: Temas de Hoy.
Scheid, J. 1991. La Religión en Roma. Madrid: Ediciones Clásicas.
1. Identificar as fontes relacionadas cos contidos da materia no mundo Antigo.
2. Familiarización co vocabulario básico da historia das relixións.
3. Identificar os trazos máis relevantes de tres relixións: grega, romana: monoteísmo cristián.
4. Identificar os elementos de cultura material susceptibles de explotación para o estudo dos contidos da materia.
A docencia expositiva desenvolverase en trinta e dúas horas de clases presenciais.
A docencia interactiva desenvolverase en forma dun seminario titulado: "Fontes para o estudo das relixións e as identidades na Antigüedade".
Desenvolverase durante oito semanas (16 horas por cada grupo de docencia interactiva). Leranse entre 4 e 6 obras dun tamaño axustado ao tempo de traballo de preparación requirido (Eurípides, Hipólito e/o Bacantes; Platón, Apoloxía e/o Ión; Estrabón, Libros 3, 4 e/o 13; Tito Livio, Libro 1; algunha outra máis ou alternativa).
Para cada obra lida os estudantes, previamente á súa discusión en clase presentarán un ensaio centrado en responder á cuestión que achega a obra lida ao coñecemento dos contidos da materia: Relixión, Ideoloxía, Identidades.
Saída de Campo. O curso que vén conmemórase o centenario do inicio da andaina do Seminario de Estudos Galegos, unha das súas primeiras actividades foi a realización dunha viaxe ao norte de Portugal en abril do ano 1924. A saída de campo replicará o itinerario visitándose varios xacementos arqueolóxicos onde se incidirá en cuestións relacionadas co contido da materia. Esta saída coordinarase coa profesora Carme López Calderón, responsable da materia “Arte e Cultura na Idade Contemporánea” https://nubeusc-my.sharepoint.com/:w:/g/persoal/carme_lopez_usc_é/Eah5g…
O seguimento da docencia expositiva farase nun exame final consistente nun test para avaliar obxectivamente os coñecementos básicos (50% da nota do exame); un comentario de imaxes (25%), e un comentario de texto (25 %). O exame será o 60% da nota final.
A docencia interactiva avaliarase fará a partir dos comentarios escritos presentados nas sesións de docencia interactiva (30% da nota final), valorándose a participación nas clases (10% da nota final). O traballo interactivo será o 40 % da nota final.
Convocatoria de xullo: Os estudantes que realicen e aproben as actividades de Docencia Interactiva durante o semestre conservarán a cualificación e só terán que facer a proba teórica na segunda convocatoria. Os estudantes que suspendan a Docencia Interactiva ou que non a realizaron nin entregaran os traballos teñen o deber de presentalos antes da proba de xullo.
Sesións expositivas 32h
Sesións de seminario 16 h por tres grupos
Sesións de avaliación 6
Total 80 h
Estudo e preparación de actividades programadas en clase 70
Realización de traballos 15
Preparación de exames 15
Total de horas de actividade non presencial 100
Coñecementos de linguas modernas e clásicas
CALENDARIO
TEMA 1. MARZO días 6-7 = 4h
TEMA 2. MARZO días 13-14 = 4h
TEMA 3. MARZO días 20-21-3 ABRIL = 4h30
TEMA 4. ABRIL días 4-10-11 = 4h30
TEMA 5. ABRIL días 17-18-24 = 4h30
TEMA 6. ABRIL días 25-2-8 MAYO = 4h30
CONTENIDOS EXTRA: LUGARES E IDENTIDADES DA ATENAS DEMOCRÁTICA
9 mayo: O ágora
15 mayo: As bibliotecas
16 mayo: O celaxe
Marco Virgilio Garcia Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812558
- Correo electrónico
- marco.garcia.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
28.05.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
05.07.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |