Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudo xeral e global dos principais elementos da Xeografía da Sociedade Humana, das súas relacións internas e dos seus elementos significativos.
Lección 1.- A Xeografía Humana. Obxecto. Evolución
Lección 2.- Xeografía da Poboación. A poboación mundial: evolución
Lección 3.- Xeografía da Poboación. A distribución da poboación mundial
Lección 4.- Xeografía da Poboación. O movemento natural
Lección 5.- Xeografía da Poboación. A mobilidade espacial
Lección 6.- Xeografía da Poboación. A estrutura demográfica
Lección 7.- Poboación. Recursos e medio ambiente
Lección 8.- Cartografía. Evolución histórica da representación territorial.
Lección 9.- Sistemas de organización territorial. Elementos para un modelo.
Lección 10.- O espazo Rural
Lección 11.- O espazo Urbano
Lección 12.- A paisaxe e os servizos ecosistémicos. Liñas de traballo para a xestión adaptativa da sociedade.
ZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2005): Geografía Humana. Sociedad, economía y territorio. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
AGUILERA ARILLA, Mª J. et al (2000): Geografía General, T. II: Geografía Humana. Madrid, UNED.
BIELZA, V. (ed.): Geografía General, Tomo II. Madrid, Ed. Taurus.
CARRERAS VERDAGUER, C. (1998): Geografía Humana. Barcelona, Universitat.
CHARVET, J.P. (dir) (2002): Géographie Humaine. Paris, Armand Colin.
FELLMANN, J. et al. (1990): Human Geography. Dubuque, C. Brown.
MERLIN, P. (1997): Géographie Humaine. Paris, P.U.F.
PUYOL, R. et al.: Geografía Humana. Madrid, Ed. Cátedra.
ROMERO, J. (coor.) (2007): Geografía Humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel.
SEGRELLES SERRANO, J.A. (dir) (2002): Geografía humana. Fundamentos, métodos y conceptos. Alicante, Ed. Club Universitario.
WACKERMANN, G. (2000): Géographie Humaine. Paris, Ellipses.
ZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2006): Glosario y prácticas de Geografía Humana. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
O obxectivo principal é que o alumno, que cursa o Grao de Historia, obteña o coñecemento dos conceptos básicos dunha materia interesante para os historiadores. Especialmente, incidirase no valor da dimensión espacial dos feitos. Para iso farase un estudio xeral e global dos principais elementos da Xeografía humana, das relacións entre estes e o seu territorio, así como dos seus elementos significativos coa finalidade de que os alumnos aprendan a buscar, elaborar e interpretar informacións de interese xeográfico.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, etc.).
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Empregarase a Aula Virtual para docencia síncrona e asíncrona.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarase un calendario de entregas de informes e traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 40%; e exame, 60%. Seguirantes estes criterios
1. O 40% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. As entregas referidas ás aulas interactivas terán que realizarse nas datas que indique o profesor, polo xeral, no prazo dunha semana desde a finalización da actividade.
2. O 60% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia; no caso de preguntas de tipo test, as respostas equivocadas restarán.
3. Para superar a materia é preciso ter como mínimo un 4,5 no exame e un 5 nas entregas. O alumnado deberá superar ambas as dúas partes. Os criterios de avaliación na proba extraordinaria consitirá na realización dun examen o día establecido pola Facultade de Xeografía e Historia.
4. Aos/ás alumnos/as coa dispensa concedida polo Centro, seguindo o recollido na Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
A materia consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Asistencia regular a clases con participación nestas. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías.
Jose Balsa Barreiro
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- jose.balsa.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Jose Suarez Otero
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- josesuarez.otero [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Diego Cidras Fernandez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 11 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 08 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 11 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 08 |
16.01.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
16.01.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
25.06.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |